Diwan

Diwan ("xermolo" ou "semente" en lingua bretoa) é unha rede de escolas asociativas, laicas, de balde e abertas a todo o mundo, creadas no ano 1977 e que se basean nun sistema de ensino por inmersión lingüística en lingua bretoa. O proceso de ensinanza e aprendizaxe faise enteiramente en bretón e teñen unha metodoloxía alternativa.

As escolas Diwan forman xunto coa Calandreta, La Bressola, a Seaska e as escolas ABCM-Zweisprachigkeit, a confederación de escolas bilingües en Francia.

Diwan lorient herrieu1
Escola Diwan Loeiz Herrieu en Lorient.

Orixe e recoñecemento

No ano 1977 abren as dúas primeiras escolas-gardería Diwan en Kemper e Bro Leon, cun total de sete cativos, inspiradas nas ikastolas vascas, as ysgolion meithrin galesas e as Gaelscoil irlandesas. En abril de 1979 xa había 11 escolas cun cento de rapaces, e en 1980 abren os primeiros centros de ensino primario; a primeira escola pública abriuse en Saint Rivoal en 1982 e a primeira católica en Gwened en 1990. Deste xeito, en 1983, a rede Diwan dispuña de 19 centro de educación infantil e 4 escolas de primaria, con máis de 300 alumnos. Calculábase que 21 centros máis foran bloqueados en toda Bretaña baixo escusas administrativas e de carácter económico.

Nese mesmo ano, as escolas Diwan foron recoñecidas polo Ministerio de Educación de Francia, e en 1985 son incorporadas ó sistema educativo público, á vez que comezaron a recibir algunhas subvencións oficiais dos organismos rexionais. En 1988 abriuse en Brest o primeiro instituto trilingüe de bacharelato. Porén, o 5 de maio de 1990, os mestres Diwan de Roazhon manifestáronse porque só un cuarto deles recibían o seu soldo do ministerio. En xullo do mesmo ano, conseguiron que os daquela 51 mestres Diwan fosen pagados polo Estado francés, mais non os considera como funcionarios nin asume a súa formación. En 1991 xa eran 822 alumnos en 22 escolas.

Organización

No ano 1994, a rede Diwan, dirixida daquela por J.P. Couteller, dispuña de 24 centros repartidos polos cinco departamentos da Bretaña histórica con 175 mestres e 1.100 alumnos. Destes centros, 23 son de educación infantil e primaria e un de secundaria (de 11 a 15 anos) en Brest. Respecto ós mestres, fórmanse de 7 a 8 cada ano e requíreselles a titulación oficial de maxisterio máis dous anos de formación en bretón. O sistema de inmersión lingüística que se emprega é o utilizado no Quebec para o francés, e son frecuentes os contactos educativos con centros de Gales, País Vasco, Quebec e Cataluña. Ós sete anos introdúcese o francés como segunda lingua, ós 11 introdúcese o inglés como terceira e ós 13 o alemán ou o castelán como cuarto idioma. Tamén reciben algunhas subvencións dos departamentos, do Conseil Régional de Bretagne e da Comisión Europea. Calcúlase que cada ano aumentan entre un 15-16 % as matriculacións en centros Diwan. Segundo datos do ano 2003, había 8.874 estudantes.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ali-Shir Nava'i

Ali-Shir Nava'i, nado en Herat o 9 de febreiro de 1441 e finado na mesma cidade o 3 de xaneiro de 1501, tamén coñecido como Nizām-al-Din ʿAlisher Herawī (chagatai/persa: نظام‌الدین علی‌شیر نوایی‎‎) foi un escritor, político, lingüista e místico.

do Imperio Timúrido. Está considerado o máis recoñecido representante da literatura chagatai .

Nava'i cría que o turco era superior ao persa para a creación literaria, algo desusado na época, e mesmo escribiu unha obra, Muhakamat al-Lughatay, defendendo esta tese.Está considerado no mundo turcófono como o fundador da primitiva literatura turca, e moitos lugares e institucións en Asia central levan o seu nome.

Ar Redadeg

Ar Redadeg (en bretón, A carreira) é un colectivo que organiza unha carreira homónima reivindicativa por toda Bretaña, co obxectivo de recoller fondos en favor da lingua bretoa. A primeira edición da carreira, o ano 2008, percorreu 600 quilómetros desde o 30 de abril ata o 3 de maio, desde Nantes ata Karaez, pasando polos departamentos de Ille e Vilaine, Loira Atlántico, Morbihan, Finistère e Côtes-d'Armor.

A carreira non ten carácter competitivo, senón que quere promover a revitalización da lingua bretoa: Os participantes (tomando o modelo da Korrika) pagan 100 euros polo dereito a levar un testemuño durante 1 quilómetro. Este testemuño leva no interior unha mensaxe que non se le ata chegar a Karaez, onde coincide coa celebración do aniversario das escolas Diwan.

Auray

Auray (An Alre en bretón) é un concello de Bretaña, Francia. Pertence ao departamento de Morbihan.

Famosa foi a batalla de Auray (1364), derradeira da guerra de sucesión de Bretaña.

Azucre ácido

Os azucres ácidos son monosacáridos que levan un grupo carboxilo (COOH), que se orixina pola oxidación dalgún dos grupos orixinais OH ou aldehido . Segundo en que parte da molécula se produza esta oxidación distinguimos varios tipos de azucres ácidos.

Corrección de probas (bioloxía)

O termo corrección de probas ou revisión de probas (do inglés proofreading) utilízase en bioloxía molecular para referirse aos procesos de corrección de erros, propostos orixinalmente por John Hopfield e Jacques Ninio, que se producen na replicación do ADN, especificidade do sistema inmunitario, recoñecemento encima-substrato e outros procesos, que requiren unha gran especificidade pero nos que se poden cometer inicialmente erros. Os mecanismos de corrección de probas de Hopfield e Ninio son procesos activos de non equilibrio que consomen ATP para mellorar a especificidade de varias reaccións bioquímicas.

Nas bacterias, as súas tres ADN polimerases (a I, II e III) teñen capacidade de corrección de probas, para o cal utilizan unha actividade exonuclease 3’ → 5’. Cando a ADN polimerase recoñece que se colocou un par de bases incorrecto (non complementario co seu molde), a ADN polimerase inverte a súa dirección recuando un par de bases no ADN e escinde a base mal apareada. Despois da escisión da base, a polimerase pode reinserir a base correcta e a replicación continúa.

En eucariotas só ten capacidade e corrección de probas (actividade exonuclease 3’ → 5’) a polimerase que realiza a elongación (delta e epsilon).A corrección de probas ocorre tamén na tradución do ARNm para a síntese de proteínas. Neste caso, un mecanismo é a liberación de calquera aminoacil-ARNt incorrecto antes da formación do enlace peptídico.A extensión da corrección de probas na replicación do ADN determina a taxa de mutación, e é diferente en distintas especies.

Por exemplo, a perda da corrección de probas debido a mutacións no xene da ADN polimerase epsilon ten como resultado un xenotipo hipermutado con >100 mutacións por Mbase de ADN nos cancros colorrectais humanos.A extensión da corrección de probas noutros procesos moleculares pode depender do tamaño efectivo de poboación das especies e do número de xenes afectados polo mesmo mecanismo de corrección de probas.

Delhi

Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India. Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km2. Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas, sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns. A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo as Nacións Unidas.

Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India.

Delhi é a segunda cidade india máis rica despois de Bombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o século -VI. Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a un estado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno. Nova Delhi é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiáticos en 1951 e 1982, respectivamente, así como sede da reunión Movemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Críquet de 2011.

Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.

Forte de Agra

O Forte de Agra é un monumento duns 380.000 metros cadrados, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1983. Situado na cidade de Agra, na beira do río Yamuna, a 2,5 quilómetros ó noroeste do Taj Mahal, foi construído polo emperador mogol Akbar entre os anos 1565 e 1573.

Trátase dun complexo palaciano amurallado que encerra no seu interior un conxunto de palacios, edificios señoriais e xardíns, dun xeito semellante á Alhambra de Granada ou á Cidade Prohibida de Pequín, agás pola variedade de estilos arquitectónicos que se poden atopar nel.

Glicóxeno fosforilase

A glicóxeno fosforilase é un encima fosforilase (EC 2.4.1.1) que cataliza a liberación de moléculas de glicosa 1-fosfato da molécula de glicóxeno. Este é o paso limitante da glicoxenólise nos animais. As glicosas libéranse nos enlaces glicosídicos terminais alfa-1,4 das cadeas de glicóxeno. A glicóxeno fosforilase estúdase tamén como unha proteína modelo regulada por fosforilación reversible (unión covalente reversible) e por efectos alostéricos.

Imadaddin Nasimi

‘Alī ‘Imādu d-Dīn Nasīmī ( azarí: Seyid Əli İmadəddin Nəsimi عمادالدین نسیمی árabe: عمادالدین نسیمی ع,), Imaddadin Nasimi, ou Nesimi, nado en 1369 e finado en 1417 en Alepo foi un poeta turcomán ou azarí. Compuxo un diwan en azarí, outro en persa e varios poemas en árabe. Considerado un dos grandes poetas místicos islámicos de fins do XIV e primeiros do XV.

Ismail I

Ismail I, nado en Ardabil o 17 de xullo de 1487 e finado preto de Tabriz o 23 de maio de 1524, foi rei (xa) de Irán, o fundador da dinastía safávida.

Johann Wolfgang von Goethe

Johann Wolfgang von Goethe ( [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas. Ademais, consérvanse numerosos fragmentos literarios e científicos, máis de 10.000 cartas, e preto de 3.000 debuxos.

Unha celebridade literaria á idade de 25 anos, Goethe foi ennobrecido polo Duque de Saxonia-Weimar, Carl August en 1782 despois de tomar a súa residencia alí en novembro de 1775 tralo éxito da súa primeira novela, As mágoas do mozo Werther. Foi participante no movemento literario Sturm und Drang. Durante os seus primeiros dez anos en Weimar, Goethe serviu como membro do consello privado do duque, polo que tomou parte nas comisións de guerra, supervisou a apertura das minas de prata nos arredores de Ilmenau, e implantou unha serie de reformas administrativas na Universidade de Jena. Tamén contribuíu na creación do parque botánico de Weimar e na reconstrución do palacio ducal, que en 1998 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.Despois de volver dunha xira por Italia en 1788, publicou o seu mellor traballo científico, a Metamorfose das plantas. En 1791 converteuse en director do teatro de Weimar, e en 1794 comezou a amizade co dramaturgo, historiador e filósofo Friedrich Schiller, cuxas obras estreou ata a morte de Schiller en 1805. Durante este período, Goethe publicou a súa segunda novela, Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister, o verso épico Hermann e Dorothea, e en 1808, a primeira parte do seu celebrado drama, Fausto. As súas conversas e empresas comúns durante a década de 1790 con Schiller, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder, Alexander von Humboldt, Wilhelm von Humboldt, August e Friedrich Schlegel teñen sido denominados colectivamente Clasicismo de Weimar.

Arthur Schopenhauer citou a Wilhelm Meister's Apprenticeship como unha das catro novelas máis grandes xamais escritas, e Ralph Waldo Emerson seleccionou a Goethe, xunto con Platón, Napoleón e William Shakespeare, como un dos seis "Homes Representativos" na súa obra homónima. Os comentarios e observacións de Goethe son a base de numerosos traballos biográficos, sendo o máis notable Conversations with Goethe de Johann Peter Eckermann. Hai frecuentes referencias ós proverbios e máximas de Goethe ó longo do traballo de Friedrich Nietzsche e numerosas alusións a Goethe nas novelas de Hermann Hesse e Thomas Mann, así como nos escritos psicolóxicos de Jung. Os poemas de Goethe foron usados polos grandes compositores do século XVIII e XIX, como Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Robert Schumann, Johannes Brahms, Charles Gounod, Richard Wagner, Hugo Wolf e Gustav Mahler.

Khushal Khattak

Khushāl Khān Khattak (en paxto: خوشحال خان خټک ) tamén coñecido como Khushāl Bābā (paxto: خوشحال بابا‎), nado en Akora Khattak en 1613 e finado en Tirah o 25 de febreiro de 1689, foi un poeta, erudito e guerreiro paxto, xefe da tribo khattak. Khushal predicou a unión de tódolos paxtos, e animou á revolta contra o Imperio Mogol, promovendo a unidade pasthu por medio da poesía. Está considerado o "pai da literatura paxta" e o poeta nacional de Afganistán.

Lena Louarn

Lena Louarn, nada o 13 de agosto de 1950 en Villeneuve-Saint-Georges, no departamento de Val do Marne, é unha militante e personalidade política bretoa.

Lingua bretoa

O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.

A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.

Muhammad Alí de Exipto

Muhammad Ali Pasha al-Mas'ud ibn Agha (en turco otomán: محمد علی پاشا المسعود بن آغا; en árabe: محمد علي باشا / ALA-LC: Muḥammad ‘Alī Bāshā; en albanés: Mehmet Ali Pasha; en turco: Kavalalı Mehmet Ali Paşa; nado en Kavala o 4 de marzo de 1769 e finado en Alexandría o 2 de agosto de 1849, foi un comandante otomán albanés que chegou ao rango de Pasha, e converteuse en valí, autodeclarado Khedive de Exipto e Sudán coa aprobación temporal dos otománs. A pesar de non ser un nacionalista moderno, está considerado o fundador do Exipto moderno polas reformas no exército, na economía e nas esferas culturais que instituíu. Tamén gobernou sobre territorios orientais fóra de Exipto. A dinastía que instituíu gobernou o baixo e o alto Exipto e o Sudán ata a revolución exipcia de 1952 liderada por Muhammad Naguib e Gamal Abdel Nasser.

Rumi

Jalāl ad-Dīn Muhammad Rūmī (en persa: جلال‌الدین محمد رومی), tamén coñecido como Jalāl ad-Dīn Muhammad Balkhī (en persa: جلال‌الدین محمد بلخى), Mawlānā/Mevlânâ (en persa: مولانا, "o noso mestre"), Mevlevî/Mawlawī (en persa: مولوی, "o meu mestre"), e máis popularmente coñecido como Rumi, nado en 1207 e finado o 17 de decembro de 1273, foi un poeta, xurista, mestre islámico, teólogo e místico sufí persa do século XIII. A influencia de Rumi transcendeu as fronteiras e as diferenzas étnicas: persas, taxicos, turcos, gregos capadocios, pashtuns, outros musulmáns de Asia central e os musulmáns de Asia Meridional apreciaron durante séculos o seu legado espiritual. Os seus poemas foron traducidos a moitas linguas do mundo e traspostos en varios formatos. Rumi ten sido descrito como o "máis popular poeta" e o "poeta que mellor vende" nos Estados Unidos.

Síntese de ácidos graxos

A síntese de ácidos graxos é un proceso metabólico que consiste na formación de ácidos graxos a partir de precursores como o acetil-CoA e malonil-CoA en reaccións catalizadas por encimas denominados ácido graxo sintases. Esta síntese é unha importante parte da lipoxénese, a cal, xunto coa glicólise, orixina graxas a partir do azucre sanguíneo nos seres vivos.

Céltico continental
Céltico insular
Mesturadas
Áreas celta-falantes
Educación inmersiva
Reconstrución

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.