División territorial de España en 1833

A división territorial de España de 1833 foi un proceso de reordenación administrativa do territorio do reino de España (excluíndo as colonias) nun estado centralizado dividido en 49 provincias.

España - División provincial y regional de 1833
Mapa da división territorial por rexións de España en 1833.

Historia

O 29 de setembro de 1833, inmediatamente despois da morte de Fernando VII[1], a rexente María Cristina de Borbón tratou de chegar a un acordo cos partidarios de Carlos María Isidro de Borbón sen perder, por outra parte, o apoio dos liberais. Aínda que os esforzos por conciliar aos carlistas foron vans, o goberno emprendeu unha reforma de grande envergadura que segue vixente na actualidade[2][3]

Confioulle a misión a Francisco Cea Bermúdez, líder dun goberno que durou apenas tres meses. Mediante unha simple circular en novembro de 1833, o seu secretario de estado de Fomento, Javier de Burgos, creou un estado centralizado[4] dividido en 49 provincias. As provincias recibiron o nome das súas capitais, agás catro que conservaron as antigas denominacións: Navarra, con capital en Pamplona, Áraba con Gasteiz, Guipúscoa con Donostia e Biscaia con Bilbao.[5]

O proxecto de Javier de Burgos é practicamente o mesmo que o de 1822, pero sen as provincias de Calatayud, Bierzo e Xàtiva; amais, outras provincias cambian de nome ao mudar a capital[6].

Organización territorial

A división provincial de Javier de Burgos de 1833 incluía 49 provincias agrupadas en rexións históricas, se ben non se pretendía crear ningún nivel administrativo superior ao provincial. Así, as rexións definidas non tiñan ningún tipo de competencia ou órgano administrativo ou xurisdicional común ás provincias que agrupaba, tendo a adscrición a rexións un carácter clasificatorio, sen pretensións de operatividade administrativa[7].

Cuatro Reinos de Andalucía
Os catro reinos de Andalucía.

Amais do proposto de 1822, o modelo de Javier de Burgos eran os departamentos franceses[4][8] e se ben moitas das decisións de límites e adscricións a provincias puideron parecer arbitrarias (de acordo a criterios históricos e xeográficos), non o foron tanto, posto que seguían certos criterios «racionais»: extensión (desde o punto máis afastado da provincia debería poder chegarse á capital nun día), poboación (as provincias deberían ter entre 100.000 e 400.000 habitantes) e coherencia xeográfica[8]. Á cabeza de cada provincia, o goberno do estado designaba un representante, que ostentaba o título de «xefe político»[9].

Recupéranse os nomes tradicionais das provincias do País Vasco, pero persisten moi poucos enclaves, sendo os máis importantes o Rincón de Ademuz (provincia de Valencia) e o Condado de Treviño (provincia de Burgos)[10].

Esta división provincial consolidouse e triunfou rapidamente[10][11][12], pois inmediatamente dotouse ás capitais de provincias das institucións de goberno básicas[12], creándose ao tempo a figura dos xefes políticos (posteriormente gobernadores civís, actualmente delegados e subdelegados do Goberno)[9]. Amais, a división provincial converteuse no soporte para todas as ramas da administración pública[12] e as futuras divisións[10][12]. Todos os concellos, e a súa periferia debían estar integramente dentro dunha provincia.

En 1834 dividíronse as provincias en partidos xudiciais, localizándose nas capitais dos mesmos os xulgados de primeira instancia e instrución, e máis tarde deron pé aos distritos electorais e a contribución[12]. En 1868 existían 463 partidos xudiciais e uns 8.000 municipios. Nas eleccións municipais de 1999 había 8.037 concellos, algúns deles de recente creación[12].

Modificacións posteriores

Esta división sufriu leves modificacións dos límites e da nomenclatura[9].

  • En 1836 ampliouse Valencia á custa de Alacant, e esta última á custa de Albacete (Villena) e Murcia (Sax)[13].
  • En 1841 ampliouse temporalmente a provincia de Logroño[14].
  • Entre 1844 e 1854 a capital de Guipúscoa pasou de Donostia a Tolosa[15].
  • En 1846 rectificáronse os límites entre Cidade Real e Albacete, coa incorporación de Villarrobledo a esta última.[13]
  • En 1851 Requena e Utiel pasan de Cuenca a Valencia.[16].
  • En 1927 dividíronse as illas Canarias nas dúas provincias actuais. (R.D. nº 1586 de 21 de setembro), As Palmas e Santa Cruz de Tenerife, aumentándose así o número de provincias de 49 a 50.
  • En 1980 mudou a denominación da provincia de Logroño pola de provincia de La Rioja[17][18]
  • En 1982, como parte da transformación en comunidade autónoma, modificouse a denominación da provincia de Santander pola de provincia de Cantabria[19].
  • En 1983 mudou a denominación da provincia de Oviedo pola de provincia de Asturias[20].
  • En 1986 aprobouse a lei que permite o cambio de denominación das provincias.
  • Até 1992 as provincias de Girona e Lleida tiñan o exopónimo castelán de "Gerona" e "Lérida"[21]. Isto implicou o cambio das letras identificativas da placa de matrícula en Girona, pasando de ser GE a GI[22].
  • En 1995 o municipio de Gátova pasou da provincia de Castelló á de Valencia[23]
  • En 1997 a provincia de Baleares pasou a chamarse provincia de Illes Balears[24]. Do mesmo modo a placa de matrícula quedou modificada cambiando as siglas PM por IB[25].
  • En 1998 mudou a denominación oficial das provincias da Coruña e Ourense, que até entón conservaban o exónimo castelán de "La Coruña" e "Orense"[26]. A matrícula da provincia de Ourense cambiou de OR a OU[27].
  • En 2011 modificouse a denominación oficial das provincias de "Álava", "Guipúzcoa" e "Vizcaya" polas de Álava/Araba, Gipuzkoa e Bizkaia.[28]

Vixencia

As provincias definidas en 1833 seguen sendo, de acordo coa Constitución Española de 1978, pezas básicas da organización territorial de España (artigo 141), base das circunscricións electorais (artigo 68) e as unidades das que se compoñen as comunidades autónomas (artigo 143).

O Estatuto de Autonomía de Cataluña, que entrou en vigor en agosto de 2006, obvia a división provincial, considerando a división tradicional en sete vigairías.[29], pero non se prevé que tal división modifique a división provincial vixente para os cometidos do Estado, para non alterar asuntos como o número de senadores ou deputados de Cataluña nas Cortes Xerais.

Notas

  1. Fernando VII, La Monarquía Hispánica. Na Biblioteca Virtual Miguel Cervantes. Acceso o 30 de decembro de 2000. (en castelán).
  2. "Calle Cea Bermúdez"; ABC, 6 de xuño de 1954, p. 17. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  3. Carlos Marichal: Spain, 1834-1844: A New Society (1970). Coleccion Tamesis Serie A Monografias, Volume 72, ISBN 0-7293-0057-9, p. 52 et. seq. La fuente usa intercambiable los apellidos his surnames inconsistently as Cea Bermúdez o Zea Bermúdez.
  4. 4,0 4,1 Luis Moreno: "Ethnoterritorial Concurrence and Imperfect Federalism in Spain" Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine., Instituto de Estudios Sociales Avanzados (CSIC) Working Paper 93-10, p. 12. Acceso 30 de decembro de 2000. (en inglés).
  5. 5,0 5,1 Real Decreto de 30 de noviembre de 1833 (en castelán).
  6. Jesús Larios Martín: Dinastías reales de España: Geografía política y eclesiástica (1986), Ediciones Hidalguia. p. 48. (en castelán).
  7. Mariano González Clavero: Fuerzas políticas en el proceso autonómico de Castilla y León: 1975–1983 (tese doutoral), p. 60. (en castelán).
  8. 8,0 8,1 Pérez, Joseph (1999). Historia de España. Barcelona: Crítica. p. 464. ISBN 84-8432-091-X.
  9. 9,0 9,1 9,2 "Jefes Políticos y Gobernadores Civiles" Arquivado 26 de decembro de 2009 en Wayback Machine., Deputación de Albacete. Data de acceso 2000-12-30.
  10. 10,0 10,1 10,2 Eduardo Barrenechea: "Los 'gibraltares' de unas regiones en otras: Treviño, Llivia, Rincón de Ademuz...", El País, 8 de febreiro de 1983. Acceso 30 de decembro de 2000. (en castelán).
  11. Daniele Conversi, "The Spanish Federalist Tradition and the 1978 Constitution" Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine., p. 12, nota a pé de páxina 63. Acceso 31 de decembro de 2000. (en inglés).
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Santiago Pastrana: "El siglo XIX y la revolución liberal" Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine. en Páginas didácticas sobre geografía.
  13. 13,0 13,1 "División provincial de Javier de Burgos de 1833", na web de Jarique. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  14. 1833. "Restablecimiento de la provincia de Logroño" Arquivado 13 de maio de 2010 en Wayback Machine., www.bermemar.com. Acceso 31 de decembro de 2009.
  15. "Historia" Arquivado 28 de marzo de 2009 en Wayback Machine., web do concello de Tolosa. Acceso 31 de decembro de 2009 (en castelán).
  16. Ignacio Latorre Zacarés: "El Archivo Municipal de Requena Abre sus Puertas", web da biblioteca pública de Requena. Acceso 31 de decembro de 2009. (en castelán).
  17. "The Autonomy Process of La Rioja" Arquivado 15 de xuño de 2010 en Wayback Machine., SiSpain.org. Acceso 2009-12-31. (en inglés).
  18. "La Rioja: the Autonomous Community" Arquivado 05 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., TypicallySpanish.com. Acceso 2009-12-31. (en inglés).
  19. Ley Orgánica 8/1981, de 30 de diciembre, de Estatuto de Autonomía para Cantabria Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is, BOE, 11 de xaneiro de 1982. (BOE-A-1982-635). Aínda que a lei foi aprobada en decembro de 1981, publicouse e entrou en vigor en 1982
  20. Ley 1/1983, de 5 de abril, sobre cambio de denominación de la actual provincia de Oviedo por la de provincia de Asturias.
  21. Ley 2/1992, de 28 de febrero, por la que pasan a denominarse oficialmente Girona y Lleida las provincias de Gerona y Lérida Arquivado 10 de xullo de 2010 en Wayback Machine..
  22. Real Decreto 567/1992, de 29 de mayo, por el que se cambian las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matricula de los automóviles de la provincia de Girona, modificando el artículo 233 del Código de la Circulación.
  23. Ley Orgánica 15/1995, de 27 de diciembre, sobre alteración de los límites provinciales consistente en la segregación del municipio de Gátova de la provincia de Castellón y su agregación a la de Valencia.
  24. Ley 13/1997, de 25 de abril, por la que pasa a denominarse oficialmente Illes Balears la provincia de Baleares.
  25. Real Decreto 1209/1997, de 18 de julio por el que se modifican las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matrícula de los vehículos de la provincia de Illes Balears, modificando el artículo 233 del Código de la Circulación.
  26. Ley 2/1998, de 3 de marzo, sobre el cambio de denominación de las provincias de La Coruña y Orense.
  27. Real Decreto 1735/1998, de 31 de julio, por el que se modifica el artículo 233 del Código de la Circulación, para cambiar las siglas de los permisos de circulación y de las placas oficiales de matrícula de los vehículos de la provincia de Ourense.
  28. [1]
  29. Esther Celma Reus: "El Govern confirma que la llei territorial queda aparcada", El Periódico, 9 de febreiro de 2007 (en catalán).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Baralla

Baralla é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca dos Ancares. Segundo o IGE en 2014 tiña 2774 habitantes (2889 no 2011, 2955 no 2009, 3100 no 2006, 3134 no 2005, 3193 no 2004, 3242 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barallés.

Briallos, Portas

San Cristovo de Briallos é unha parroquia que se localiza no concello de Portas. Segundo o INE en 2010 tiña 422 habitantes (227 mulleres e 195 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 473 habitantes.

Ten unha extensión de 3,7 km², o que a converten na parroquia máis pequena de Portas. Até a creación dos concellos coa División territorial de España en 1833, pertenceu á xurisdición de Peñaflor.

Colectivo Ciudadanos del Reino de León

Colectivo Ciudadanos del Reino de León (CCRL) ("Colleutivu Ciudadanos del Reinu de Llión", oficialmente y en leonés, mentres que en galego é Colectivo Cidadáns do Reino de León) é unha asociación de carácter leonesista que aspira a conseguir a creación dunha comunidade autónoma do País Leonés formada polas provincias de Salamanca, Zamora e León, marco territorial correspondente coa rexión do Reino de León na división territorial de España en 1833.

Conxo, Santiago de Compostela

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 502 habitantes (252 mulleres e 250 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 576 habitantes.

Irixoa

Irixoa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.421 habitantes. O seu xentilicio (non oficial) é irixoés.

Masoucos, Castroverde

Santiago de Masoucos é unha parroquia que se localiza no concello lugués de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 47 habitantes (27 homes e 20 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 54 habitantes. Amais dos lugares de Masoucos e Trascastro, no Barreal hai unhas 5 casas e unha acea, separadas claramente do núcleo de Masoucos.

O Pino

O Pino é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Limita ao norte con Frades e Oroso, ao sur con Touro e Boqueixón, ao leste con Arzúa e ao oeste con Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2015 tiña 4706 habitantes.

Provincia de Betanzos

A Provincia de Betanzos era unha das sete provincias históricas nas que se dividía o territorio de Galicia na Idade Moderna, entre finais do século XV até a división territorial de España en 1833 feita por Javier de Burgos.

Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Reino de Córdoba

O reino de Córdoba foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un do catro reinos de Andalucía.

Reino de Sevilla

O reino de Sevilla foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Foi un dos catro reinos de Andalucía. Estendíase aproximadamente polo territorio das actuais provincias de Huelva, Sevilla e Cádiz e a depresión de Antequera, englobando ademais algúns municipios na actual provincia estremeña de Badaxoz. As localidades que o compuñan segundo o Catastro de Ensenada poden verse na lista de localidades do Reino de Sevilla.

Desde o punto de vista xurisdiccional o territorio do reino de Xaén era tanto reguengo como señorial, existindo nel señoríos tanto laicos como eclesiásticos. Entre os primeiros atopábanse os territorios da Casa de Medina-Sidonia, a Casa de Arcos, a Casa de Alcalá, a Casa de Osuna, a Casa de Olivares, a Casa de Sanlúcar la Mayor, do Marquesado de Estepa, do Marquesado de Gibraleón e do Marquesado de Ayamonte, ademais doutros moitos de menor importancia. Entre os segundos había propiedades do Arcebispado de Sevilla, a Orde de San Xoán e o Mosteiro de San Isidoro del Campo.

No século XVIII en territorios do reino de Sevilla fundáronse algunhas das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a Provincia de Sevilla, que se formou unindo localidades do reino homónimo, excepto as que pasaron a formar parte da Provincia de Cádiz e da Provincia de Huelva. Así mesmo, a nova provincia de Sevilla incorporou Guadalcanal, que até entón pertencía a Estremadura, e perdío as poboacións do Bodonal, Fregenal de la Sierra e Higuera la Real, que pasaron a formar parte da provincia de Badaxoz, en Estremadura. Actualmente a provincia está composta polos municipios que poden verse na lista de concellos da provincia de Sevilla:.

Reino de Xaén

O reino de Xaén foi unha xurisdición territorial da Coroa de Castela desde a súa incorporación no século XIII até a División territorial de España en 1833. Coñecido como o "Santo Reino", comprendeu un territorio que coincide aproximadamente coa actual provincia de Xaén e foi un do catro reinos de Andalucía.

Tras a reconquista do territorio, a primeira idea da monarquía foi crear un reino ao redor de Baeza, o que dese continuidade á Taifa de Baeza e servise para restaurar a desaparecida diocese de Cástulo-Baeza. Con todo, finalmente elixiuse Xaén, que anteriormente fora capital da Taifa de Xaén. Os principais concellos do reino de Xaén foron Andújar, Úbeda, Baeza, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Desde o punto de vista xurisdicional o territorio do reino de Xaén era tanto de reguengo como señorial, existindo nel señoríos tanto laicos como eclesiásticos. Entre os primeiros atopábanse os territorios da Casa de Santisteban del Puerto, a Casa de Alburquerque, a Casa dos Cobos e da Casa de Arcos. Entre os segundos estaban o Adiantamento de Cazorla e a Encomenda de Martos, propiedade do Bispado de Toledo e da Orde de Calatrava respectivamente, así como Albanchez, da Orde de Santiago.

O Reino de Xaén posuía dous enclaves territoriais situados no Reino de Córdoba, que eran Bélmez e Villafranca de Córdoba. Pola contra, o Reino de Granada tiña un enclave no Reino de Xaén, formado por Bélmez de la Moraleda e Solera.

No século XVIII en territorios do reino de Xaén fundáronse algunhas das Novas Poboacións de Andalucía e Serra Morena.

O Real Decreto de 30 de novembro de 1833 creou a provincia de Xaén, que se formou unindo as localidades do reino homónimo, algunhas localidades do reino de Murcia, e dúas poboacións que até entón pertencían á Mancha: Beas de Segura e Chiclana de Segura. Os lugares do reino de Murcia que se incorporaron a Xaén foron Benatae, Génave, Orcera, Santiago de la Espada, Segura de la Sierra (cos agregados da Porta e de Bujaraiza), Siles, Torres e Villarrodrigo. Así mesmo a nova provincia incorporou os dous enclaves do reino de Granada que existían no reino de Xaén: Bélmez de la Moraleda e Solera, que era un municipio independente (hoxe integrado no de Huelma). Actualmente a provincia ten os seguintes municipios.

Rexión de León

A rexión de León ou rexión leonesa foi unha rexión histórica española definida tras a división territorial de España en 1833. Agrupaba as provincias de León, Salamanca e Zamora. Como o resto de rexións definidas en devandita división territorial, carecía de calquera tipo de competencias nin órganos comúns ás provincias que agrupaba, tendo un carácter clasificatorio, sen pretensións de operatividade administrativa.En calquera dos períodos da historia moderna de España nos que existiu un intento de descentralización rexional (xa fose tras as constitucións de 1812, 1931 e 1978) estas tres provincias sempre formaron parte do mesmo territorio. Os Pactos autonómicos de 1981 do 31 de xullo de 1981, impón a unión das provincias leonesas cos restos de Castela a Vella, formando a comunidade autónoma de Castela e León. As forzas políticas do leonesismo reclaman desde entón o autogoberno para estas provincias leonesas, tal e como recoñécelles a Constitución española de 1978.

Rábade

Rábade é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 1604 habitantes (1668 no 2006, 1668 no 2005, 1630 no 2004, 1626 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é rabadense.

Sarreaus

Sarreaus é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o Padrón municipal de habitantes en 2015 tiña 1.283 habitantes (1.845 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario): «sarreaus».

Terra de Trasancos

Terra de Trasancos é o nome co que se designaba o territorio hoxe ocupado polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, San Sadurniño, Neda e Fene. O topónimo ten a súa orixe en clave de PCP, Paradigma da Continuidade Paleolítica, no Neolitico, e mantivo o seu nome até a desaparición do Antigo réxime a comezos do século XIX, coa división territorial de España en 1833, organizando o territorio en concellos. Dá nome ás actuais parroquias de Santa Cecilia de Trasancos (Ferrol) e Trasancos (Narón).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.