División administrativa

Os termos división administrativa, política administrativa, demarcación administrativa, subdivisión administrativa, entidade subestatal, entidade subnacional e outros similares aplícanse de maneira xenérica para designar as entidades políticas que funcionan como demarcacións ou divisións do territorio de cada estado, realizadas con carácter formal para o seu organización territorial, e as institucións que as administran. Créanse e funcionan a distintos niveis, desde o superior ou rexional ata o inferior ou local, pasando por niveis intermedios (provincial, comarcal, etcétera). As divisións de carácter político-administrativo poden coincidir ou non coas que se realizan para outros fins (militares, eclesiásticos, xudiciais) ou coas que se realizan en estudos xeográficos (geocoras).

A Unión Europea considera tres niveis de divisións administrativas, inferiores aos estados membros e superiores aos concellos, denominadas NUTS (Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas). Tamén existen os conceptos de eurorrexión (transfronteiriza entre estados membros) ou o de rexión ultraperiférica (as xeograficamente afastadas do continente europeo, pero pertencentes a un país membro).

O grao de autogoberno de cada unha destas entidades depende da concepción centralista ou descentralizada do estado. Diferente consideración teñen os territorios dependentes (por exemplo as colonias dun imperio colonial), que non forman parte do núcleo dun estado-nación.

O termo xenérico utilizado para identificar á entidade estatal ou nacional á que tales demarcacións pertencen pode ser moi diverso. Á súa condición de entidade xeográfica ("país") ou política ("estado" ou "nación", conceptos-termos de moi complexa identificación ou diferenciación), engádese a súa forma de estado en canto á relación ou articulación que se establece entre territorio, poboación e poder (Estado unitario, Estado complexo, Estado composto, Estado rexional ou das autonomías, Estado integral, federación, confederación, unión, imperio, mancomunidade e moitas outras).

World administrative levels
O territorio de cada estado divídese en distintos niveis de demarcacións administrativas.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazons externas

  • Statoids, an international convention with standardized two-letter-based multi-level summaries of administrative divisions worldwide.(en inglés)
Ampudia

Ampudia é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 621 habitantes (INE 2011).

Barrio

O termo barrio designa unha parte dunha cidade que reúne unhas características construtivas, funcionais etc. que a identifican e a singularizan dentro da cidade. En ocasións o barrio é, ademais, unha división administrativa da cidade.

Noutro senso tamén podemos referirnos a barrio como a unha zona periférica da poboación, fronte a centro.

Cantón

Un cantón é unha división administrativa empregada polos estados de moi diverso xeito. Así, na Bolivia refírese a grandes parroquias e en Suíza, os cantóns son os estados que conforman a confederación.

Chiba

Chiba (千葉市, ちばし, Chiba-shi) é un concello xaponés, capital da prefectura de Chiba. Está situada no centro-sur da rexión de Kanto e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshu. Ten 272,08 km² de superficie e unha poboación de 949.730 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 3.490 hab./km².

O concello de Chiba limita cos concellos de Narashino, Yachiyo, Sakura, Yotsukaidō, Yachimata, Tōgane, Ōamishirasato, Mobara e Ichihara.

Condado

Na antigüídade, un condado era o territorio rexido por un Conde.

Esta denominación tamén se refire a unha forma de división administrativa dun territorio, utilizada frecuentemente polos pobos anglosaxóns, como o Reino Unido, Canadá ou os EUA. En Luisiana a parroquia (en inglés: parish) e en Alasca o borough, representan a mesma entidade que o condado baixo distintas denominacións.

Distritos de Francia

Os 100 departamentos franceses (départements) a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en 342 distritos (arrondissements) que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.

Entre 1790 e 1800 en Francia, os districts foron o primeiro nivel de subdivisión dos départements, e foron posteriormente substituídos polos arrondissements. Durante parte do século XX, denominouse district a unha forma de mancomunidade de concellos.

A capital dun distrito chámase sous-préfecture (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.

Os distritos agrupan a un número determinado de comunas, a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes cantóns, organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscrición electoral.

Nas cidades de París, Lión e Marsella tamén denomínanse arrondissements ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).

Freguesía

A freguesía, en portugués freguesia, é a menor división administrativa do territorio en Portugal e no antigo Imperio Portugués, que comprende tanto ao poder político como ao relixioso.

Hampshire

Hampshire é un condado do sur de Inglaterra, Reino Unido. É coñecido por ser o condado da escritora Jane Austen, que aparece con frecuencia como contexto das súas novelas.

Hessen

Hessen é un estado libre entre os 16 Estados federados de Alemaña. Atravesado polo bosque de Hessen e situado no centro xeográfico do país. Algunhas cidades importantes deste estado son Frankfurt, Wiesbaden (capital), Kassel, Darmstadt, Marburg e Wetzlar.

O estado limita ó norte co estado de Baixa Saxonia ó nordés e ó leste co estado de Renania do Norte-Westfalia, ó oeste co estado de Turinxia, polo suroeste co estado de Baviera, ó sur co estado de Baden-Württemberg et polo leste co estado de Renania-Palatinado.

Iocoama

Iocoama, ou Yokohama, (横浜市, よこはまし, Yokohama-shi) é a capital da prefectura de Kanagawa, na rexión de Kantō, na illa de Honshū, no Xapón. Forma parte da Área do Gran Toquio. O concello ten 437.35 km² de superficie e conta cunha poboación de 3 631 773 habitantes (2008). En orixe unha vila mariñeira, a cidade desenvolveuse como un importante porto tras a fin do illamento do Xapón a finais do século XIX e a apertura do seu porto aos estranxeiros o 2 de xuño de 1859. Iocoama converteuse nunha importante base do comercio exterior co Xapón, os estranxeiros ocuparon un barrio da cidade, chamado "Kannai", onde estaban protexidos por un status de extraterritorialidade. Tras a restauración Meiji en 1868, a cidade cambiou rapidamente, construíronse liñas de ferrocarril para enlazar a cidade con Shinagawa and Shinbashi en Toquio.

Osorno la Mayor

Osorno la Mayor é un municipio e localidade capital da comarca de Tierra de Campos, na provincia de Palencia, en Castela e León. Ten unha poboación de 1.482 habitantes (2008).

Paquistán

Paquistán (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán, (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.

O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.

Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüísticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional, e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Renania do Norte-Westfalia

Renania do Norte-Westfalia (en alemán: Nordrhein-Westfalen, [ˈnɔʁtʁaɪ̯n vɛstˈfaːlən] (AFI), escoitar; abreviado habitualmente coma NRW, e oficialmente coma NW), ás veces escrito Renania do Norte-Vestfalia, é o máis occidental e grande -en termos de poboación e economía- Estado de Alemaña.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Sakai, Osaka

Sakai (堺市, さかいし, Sakai-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado no centro-sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Izumi, ao centro da rexión de Kinki, no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 149,99 km² de superficie, unha poboación de 836.510 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 5.580 hab./km².

O concello de Sakai limita cos concellos de Takaishi, Izumi, Kawachinagano, Ōsakasayama, Tondabayashi, Habikino, Matsubara e Osaca.

Sapporo

Sapporo (en xaponés, 札幌市, さっぽろし, Sapporo-shi) é a quinta maior cidade do Xapón, situada na illa de Hokkaidō. É a capital da prefectura de Hokkaidō. Ten preto de 2.25 millóns de habitantes. Foi designada cidade por mandato gobernamental o 1 de abril de 1972. É servida polo Aeroporto de Chitose.

Organizou os primeiros Xogos Olímpicos de Inverno da Asia, que comezaron o 3 de febreiro de 1972.

O maior evento anual de Sapporo é o Festival de neve en febreiro, coñecido pola súa competición de esculturas no xeo.

No Xapón, Sapporo é coñecido como a sede da cervexa Sapporo e do ramen con sabor a miso. O barrio de diversións e entretemento de Susukino está entre os maiores e máis coñecidos do Xapón.

Áraba

Áraba, segundo outras fontes Araba ou Álava (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións cooficiais), é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma.

A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.