Ditadura

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou ás veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Mussolini and Hitler 1940 (retouched)
De esquerda a dereita: Benito Mussolini e Adolf Hitler. As políticas de Hitler e as súas ordes provocaron directa ou indirectamente a morte de 50 millóns de persoas en Europa.[1] Co réxime comunista de Iosif Stalin, marcaron o comezo dos "réximes totalitarios".

Etimoloxía e historia

O termo procede do latín dictatura que designaba na época da República romana unha maxistratura excepcional, qui confería todos os poderes a un único home: o ditador ou dictator (etimoloxicamente « o que fala »). Esta maxistratura suprema, provista de regras de designación precisas e temporaria (6 meses como máximo, aínda que podían ser renovados, se as circunstancias seguían a ser extraordinarias), era posta en práctica en caso de perigo grave contra a República. Foi abolida despois das ditaduras de Sula e de Xulio César.

A palabra ditador designa hoxe o que se denominou tirano na Antigüidade ou déspota no Antigo Réxime (aínda que tirano tamén se usou nesta última época). Esta acepción que foi desenvolta durante a Revolución francesa[2], úsase tamén na época contemporánea.

Aristóteles, na súa tipoloxía dos réximes, fai da tiranía unha forma corrompida de goberno dun só (é dicir, da monarquía). Montesquieu, na súa obra O espírito das leis (De l'esprit des lois), propón unha tipoloxía que se fixa nos gobernados : o despotismo é entón un goberno que non respecta as liberdades dos individuos e que ten por principio o temor.

Criterios contemporáneos

Co rexurdimento da democracia no século XIX, o termo ditadura toma un significado de oposición á democracia, e en onde o modelo democrático-liberal deixa de existir e a lexitimidade pasa a ser cuestionada, sendo as ditaduras modernas un movemento totalitario coa supresión dos dereitos individuais e a invasión polo Executivo dos demais poderes constituídos, (lexislativo, xudicial, ou equivalentes). Esta invasión acostuma a darse pola forza, e a supresión das liberdades individuais pasa a ser por decreto. O réxime ditatorial baséase nun líder ou nun pequeno grupo que exerce o poder absoluto sen prestar contas aos gobernados, independentemente da súa aprobación ou non.

No campo político, denomínase ditadura un réxime no cal un home (o ditador), ou un grupo de persoas, dispoñen dun poder absoluto, manténdose nel de maneira autoritaria e exercéndoo de xeito arbitrario.

O carácter absoluto do poder ven perfilado, especialmente, pola ausencia de separación de poderes (executivo, lexislativo, xudiciario). Esta confusión de poderes pode ser en proveito do executivo (o caso máis corrente) ou en favor do lexislativo (réxime asembleario). Outra característica é a ausencia de control democrático e a carencia de eleccións libres (represión dos opositores, falla de respecto da liberdade de opinión e de prensa).

O carácter arbitrario do poder tradúcese por non respectar o Estado de dereito (violación da Constitución, establecemento de leis de excepción).

Se ben moitos ditadores chegan ao poder logo dun golpe de Estado ou despois dunha guerra civil (Francisco Franco), non falta o caso do dirixente que sendo elixido democraticamente se converta nun ditador (foi o caso de Adolf Hitler, e máis recentemente Alberto Fujimori).

Ditadura e totalitarismo

Franco0001
Francisco Franco foi un militar e ditador español.

Todo sistema ditatorial ten fundamentos totalitarios, aínda que o totalitarismo poida utilizarse para conceptuar algúns movementos cuxas ideoloxías son aquelas en que a sociedade e os cidadáns están subordinados ao estado; exemplos serían o socialismo stalinista, o fascismo italiano e o nazismo alemán.

Ditadura Romana

Na antigüidade, cando a República Romana deparaba en situacións onde o xogo político podía saír fóra de control, era designado polos cónsules un ditador para asumir o poder ata que a situación volvese á normalidade.

Os poderes do ditador eran totais, podía facer a guerra ou a paz, ata o restablecemento do estado de dereito

Ditadura e tiranía

As ditaduras modernas achéganse talvez máis ás ideas das antigas tiranías do que á ditadura romana: mentres que as tiranías tendían a se perpetuar no poder, a ditadura romana era un estado de excepción en que, unha vez resolvida a gravidade da situación que a desencadeou, cesaba, voltando o estado á normalidade.

A ditadura conceptuada por Aristóteles, Platón e Maquiavelo

Segundo Aristóteles e Platón, a marca da tiranía é a ilegalidade, ou sexa, a violación das leis e regras pre-estipuladas pola quebra da lexitimidade do poder; unha vez no comando, o tirano revoga a lexislación en vigor, sobrepóndoa con regras estabelecidas de acordo coas conveniencias para a perpetuación deste poder. Exemplo diso son as descricións de tiranías en Sicilia e Grecia antiga, cuxas características semellan ás accións das modernas ditaduras.

Segundo Platón e Aristóteles, os tiranos son ditadores que gañan o control social e político despótico polo uso da forza e da fraude. A intimidación, o terror e a falta de respecto ás liberdades civís están entre os métodos usados para conquistar e manter o poder. A sucesión nese estado de ilegalidade é sempre difícil.

Aristóteles atribuíu a vida relativamente curta das tiranías á fraqueza inherente dos sistemas que usan a forza sen o apoio do dereito.

Maquiavelo tamén chegou á mesma conclusión sobre as tiranías e o seu colapso, en canta ás sucesións dos tiranos, pois este (a tiranía) é o réxime que ten menor duración, e de todos, é o que ten o peor final, e, segundo as súas palabras (sic) a caída das tiranías débese ás desventuras imprevisíbeis da sorte.

As tiranías e a relixión

O Imperio Romano, fundado por Augusto, asemellábase ás modernas ditaduras, aínda que non sexa admitido como tal. Ata a Revolución Francesa, considerábase que o poder emanaba de Deus directamente ao soberano, se o monarca oprimía os súbditos con violencia, era unha tiranía, neste caso podía ser aceptado o tiranicidio, e perdoado pola relixión. No final do século XVI, o xesuíta Juan de Mariana demostrou a doutrina que discorría sobre o abuso da autoridade e a usurpación do poder, onde, se o tirano, despois de recibir unha reprensión pública, non corrixise a súa conduta, era lícito declararlle guerra e incluso, se necesario, matalo.

Ditadura moderna

O réxime ditatorial moderno case sempre resulta de convulsións sociais profundas, xeralmente provocadas por revolucións ou guerras. As ditaduras son normalmente impostas por grupos de poder, sexan militares ou revolucionarios. Xeralmente, a imposición do movemento que resulta neste réxime de excepción é en función da defensa de intereses minoritarios, económico-financeiros, étnicos, ideolóxicos e outros. Non sempre as ditaduras se dan por golpe militar, poden xurdir por golpe de estado político; exemplo de movemento desta orde deuse coa ditadura de Adolf Hitler na Alemaña nazi (nazi) , en que o golpe se desencadeou a partir das propias estruturas de goberno; aproveitáronse as debilidades dun sistema falido e entraron partidos cuxas ideoloxías non eran democráticas. Unha vez instalados no poder, alá permaneceron e impoñéndose á vontade popular, suprimindo toda oposición (os demais partidos etc).

O caudillismo

Sempre para achar lexitimidade, as ditaduras apóianse en teorías caudillistas, que afirman moitas veces do destino divino do líder, que se encara como un salvador, cuxa misión é liberar o seu pobo, ou considerarse o pai dos pobres e oprimidos etc.

A institucionalización do poder

Outras ditaduras apóianse en teorías máis elaboradas, utilizando a lexislación imposta, moitas veces admitindo unha democracia con partidos políticos, inclusive con eleccións e algunhas veces ata permitindo unha certa oposición, aínda que controlada. Os dispositivos legais pasan a institucionalizarse, funcionando de tal forma que sempre gañará o partido daqueles que convocaron á elección.

Métodos de mantemento do poder

As ditaduras acostuman utilizar a forza bruta para se manteren no poder, aplicándoa de forma sistemática e constante. Outro medio é a propaganda institucional, propaganda política constante e de saturación, así como o culto á personalidade do líder, ou líderes, ou mesmo do país, para manter o apoio da opinión pública; unha das formas máis eficientes de impor á poboación un determinado sistema é a propaganda subliminar, onde as defensas mentais non están tan en garda contra a información que se está a introducir no inconsciente colectivo. Esta faise por saturación en todos os medios de comunicación. A censura tamén ten un papel moi importante, pois non deixa chegar a información relevantes á opinión pública que está a ser manipulada. Desta forma, fican atados os dous extremos: primeiro satúrase o ambiente con propaganda a favor do réxime, despois censúranse todas as noticias malas que poidan vir a alterar o estado mental favorábel ao sistema imposto.

As ditaduras de ideoloxías opostas na Europa

Cando da instalación no poder das clases traballadoras entre o final do sistema capitalista e inicio do comunista, Karl Marx e Friedrich Engels en 1848, ao lanzar o Manifesto do Partido Comunista, utilizaron a expresión ditadura do proletariado, onde nun Estado socialista non máis existiría a división da sociedade en burguesía e proletariado, pois o Estado detería o monopolio dos medios de produción, co desenvolvemento do Estado socialista, non debendo existir xa máis clases sociais e a sociedade sería libre e igualitaria, desaparecendo o Estado. No final da primeira guerra mundial, a democracia en Europa pasou por unha serie de inestabilidades políticas e sociais; comezaron a aparecer ideas de cuño autoritario en diversos países: Stalin , na Unión Soviética; Mussolini, na Italia; Franco, en España; Hitler; na Alemaña e Salazar, en Portugal.

As ditaduras de África e Asia

Na África e Asia cóntanse moitas ditaduras, de diversas orientacións ideolóxicas: na China, Mao Tse Tung tomou o poder despois de expulsar para a illa de Formosa (Taiwán) o exército do xeneral Chiang Kai-shek, no Irán, a ditadura de Mohammad Reza Pahlavi, derrubado en 1979 por unha revolución musulmá; na Indonesia, a do xeneral Sukarno, seguida pola do xeneral Suharto; nas Filipinas, a de Ferdinand Marcos, obrigado a abandonar o país en 1986.

As ditaduras da América Latina

Coa guerra fría aparece o compoñente ideolóxico e a participación activa das ditaduras militares nos gobernos da América Latina. En Cuba, no Chile, Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil.

Na América Latina, a historia está chea de ditaduras, golpes e contra golpes, revolucións e contra-revolucións. O principal é o caudillismo, que consiste na glorificación dun líder e na construción dun partido en torno del e non de conviccións políticas, ou ideoloxía. Despois, coa polarización causada pola guerra fría, ficou claro que esta desculpa fora utilizada para manter os ditadores no poder. Entre tantas personaxes, destacan Antonio López de Santa Anna e José Antonio Páez, en México; Francisco Solano López e Dr. Francis, no Paraguai. Na Venezuela, con Juan Vicente Gómez cuxa ditadura foi extremadamente tiránica, entre outras tantas que xurdiron en todo o continente.

Ditaduras da Arxentina

Na Arxentina, temos Juan Manuel de Rosas, Juan Domingo Perón, alén dos militares, que fixeron da ditadura arxentina un sistema extremadamente controlador e tiránico.

Ditaduras do Brasil

Getúlio Vargas chegou ao poder a través da Revolución de 1930. Baixo presión promulgou en 1934 unha Constitución democrática. En 1937, alegando unha suposta conspiración comunista, coñecida como Plano Cohen, Vargas outorga unha nova Constitución, aumentando os seus poderes e evitando eleccións directas, e instaura a censura e un Estado policial que durou ata 1945. Ese período ditatorial coñécese como Estado Novo.

A democracia restaurouse despois da caída de Vargas e foi mantida, a pesar de varias tentativas de golpe de estado, ata o Golpe Militar de 1964 apoiado e financiado polos Estados Unidos. Getúlio Vargas volveu ao cargo político máximo da república brasileira en 1950 democraticamente, porén a presión da oposición, máis especificamente da UDN e dalgúns militares, levárono ao suicidio en 1954. Debido á forte conmoción popular os movementos golpistas foron arrefriados por unha década.

Na ditadura militar que se seguiu ao golpe e durou vinte e un anos (1964-1985) houbo represión policial, exilios políticos, establecemento de lexislación autoritaria, con supresión dos dereitos civís, uso da máquina estatal en favor da propaganda institucional e política, manipulación da opinión pública a través de institutos de propaganda gobernamental e empresas privadas que se beneficiaron do golpe. A censura, torturas, asasinatos de líderes opositores institucionalizáronse polo AI-5, na práctica unha emenda á Constitución de 1967, que baseada na Doutrina de Seguranza Nacional instaurou un Estado policial.

Durante a ditadura militar, o Brasil foi gobernado por dous mariscais e tres xenerais. O primeiro goberno foi o do mariscal Humberto de Alencar Castelo Branco que durou de 1964-1967. O segundo goberno foi o do mariscal Artur da Costa e Silva que durou de 1967-1969. O terceiro goberno foi o do xeneral Emílio Garrastazu Médici que durou de 1969-1974. O cuarto goberno foi o do xeneral Ernesto Geisel que durou de 1974-1979. O quinto goberno foi o do xeneral João Figueiredo que durou de 1979-1985.

Do outro lado houbo resistencia de opositores ao goberno militar, primeiramente a través dos precarios medios legais dispoñíbeis dentro do propio réxime; posteriormente, coa intensificación da represión violenta aos dereitos civís e políticos (principalmente os dereitos de libre expresión e asociación), organizáronse grupos de protesta e resistencia que se valeron de medios diversos tales como a desobediencia civil, a clandestinidade e as accións armadas como secuestros, asaltos violentos, guerrilla urbana etc.

A chamada "loita armada" obtiña recursos a través da expropiación forzada de capital, como asaltos e con iso financiaba actividades guerrilleiras na cidade e no campo.

Ditaduras cubanas

Fulgencio Batista y Zaldívar, foi líder de Cuba de 1933 a 1940 aproveitando o levantamento popular que derrubara a outro ditador Geraldo Machado, sendo de 1940 ata 1944 o presidente oficial do país, e de 1952 a 1959 foi un ditador. Batista lidera un golpe de estado e implanta a ditadura. O golpe militar que instituíu Fulgencio Batista como líder político cubano, derrubando Carlos Prio Socarras deuse en marzo de 1952, nas palabras de Reinaldo Arenas, "a ditadura de Batista comezou logo cunha gran represión que non tiña só carácter político, mais tamén carácter moral". Desa ditadura pásase a que co triunfo da revolución en 1959, remate implantando unha ditadura comunista substituíndo un dos máis sanguentos réximes políticos que coñeceu América Latina, o de Fulgencio Batista. Fidel Castro, xunto cos seus compañeiros na revolución, afirmaban que estaban contra o réxime anterior, e só se mostraron abertamente comunistas despois da toma do poder.

Exemplos históricos : diversidade de ditaduras

Con criterios de poder autoritario, manténdose pola opresión, e con ausencia de eleccións libres, un grande número de réximes, con funcionamentos e ideoloxías diversas poden se cualificados de ditatoriais.

Notas

  1. Del Testa, David W; Lemoine, Florence; Strickland, John (2003). Government Leaders, Military Rulers, and Political Activists. Greenwood Publishing Group. p. 83. ISBN 978-1-57356-153-2.
  2. Le Robert - Dictionnaire historique de la langue française

Véxase tamén

Outros artigos

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Autocracia

Autocracia (do grego αυτός autós 'un mesmo' e κράτος krátos 'goberno, poder') é un sistema de goberno autoritario, no que a vontade dunha soa persoa é a suprema lei. Refírese xeralmente á monarquía absoluta, pero especialmente ó réxime tsarista ruso, cuxo dirixente asumía o título de "Autócrata de Todas as Rusias".

Na actualidade o uso do cualificativo de "autocracia", polos políticos como sinónimo de monarquía caeu en desuso (pola aparición das monarquías constitucionais ou limitadas) e aumentou o uso como sinónimo de tiranía (dexeneración da monarquía segundo os filósofos da Grecia antiga) ou mesmo o de ditadura. O seu uso máis habitual é para establecer un parámetro de poder, por exemplo a oligarquía é o exercicio de poder por poucos, a autocracia diferénciase desta porque o poder é exercido por unha soa persoa, en vez de poucas.

Sen importar o grao ou precisión como se queira clasificar ou definir, a autocracia sempre é un sistema político diametralmente oposto á democracia.

Esta é a oposición á democracia esta constituída pola servidume implícita na autocracia.

Un exemplo de autocracia é o da Rusia tsarista, a súa constitución de 1905 e a continua dominación do tsar, que levou á fin do seu propio sistema.

Comunismo

O comunismo é un sistema social, así como tamén un modo de organización socioeconómica, caracterizado pola propiedade en común dos medios de produción, a ausencia de propiedade privada nos medios de produción e a inexistencia de clases sociais e dun Estado.O comunismo como proxecto de socialización dos medios de produción xurdiu no século XVI baixo a forma de diversas utopías baseadas no colectivismo agrario. As máis coñecidas foron a obra Utopía de Tomás Moro e a ideoloxía revolucionaria babuvina que derivou do movemento xacobino da Revolución francesa. O ideario comunista converteuse a comezos do século XIX nun complexo proxecto económico industrial grazas ás diferentes correntes do chamado socialismo utópico, do anarcocomunismo e as ramas obreiras do comunismo cristián. O actualmente máis coñecido destes movementos foi o que adoptou a escola do denominado socialismo científico dos pensadores alemáns Karl Marx e Friedrich Engels, baixo a cal sería rebautizado como Liga dos Comunistas. Pola influencia da súa obra, o movemento comunista adoptou unha interpretación revolucionaria da historia e a forma de partido político, converténdose logo nunha organización internacional unificada baixo a doutrina marxista.

Segundo o marxismo, a historia é entendida como un permanente conflito polo excedente material, cuxo inicio se debe á aparición da propiedade. As diferentes formas de propiedade poñen fin ao comunismo primitivo e estratifican á sociedade en clases de acordo ás súas relacións de produción. As diferentes relacións de produción que vinculan aos homes e mulleres requiren da explotación, e estas relacións xeran co tempo as condicións para ser substituídas por outras formas de explotación superiores, nunha secuencia revolucionaria de modos de produción. En cada un destes modos desenvólvese unha loita de clases interna entre os diferentes tipos de traballadores e explotadores que os integran, e que se resolve co xurdimento de novas clases dominantes. Con todo, a sociedade capitalista xera unha serie crecente de crises internas e cíclicas que só poden ser resoltas polos seus traballadores asalariados nunha revolución proletaria, que require á súa vez da construción do comunismo. Para chegar a este fin debe organizarse un partido comunista que conquiste o poder político liderando unha fase de transición na que o Estado funcione como unha ditadura do proletariado. Este período termina cando desaparecen as clases sociais, o cal leva a que o Estado, de acordo á súa concepción como ferramenta de dominación dunha clase sobre a outra, deba extinguirse. A esta transición séguenlle inmediatamente dous períodos no desenvolvemento do comunismo: unha primeira fase e unha fase superior. Existen discrepancias cruciais entre as diferentes correntes do marxismo sobre cal debería ser a natureza de cada unha destas tres fases.

Ditador

Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Ditadura de Primo de Rivera

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a Ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da Ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República española.

Ditadura do proletariado

A ditadura do proletariado é un termo empregado polos postulado polo marxismo para referirse ó estado de transición revolucionaria entre o capitalismo e a sociedade comunista. O termo non se refire a unha concentración de poder nun ditador, senón a unha situación na que o proletariado ten o poder e substitúe o sistema político controlado pola burguesía (ditadura da burguesía). Esta etapa de transición é denominada tamén por moitos marxistas como socialismo.

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Franquismo

O franquismo foi o réxime político vixente en España entre 1939 e 1975, baseado no liderado do xeneral Francisco Franco Bahamonde. Tamén se chama franquismo a ditadura e ideoloxía pola que se rexiu España nesta época, tamén coñecida como nacionalcatolicismo, con elementos do fascismo.

Fronte Popular (España)

A Fronte Popular foi unha histórica coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de España. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil.

Galeguismo (política)

O galeguismo é unha ideoloxía política de tipo nacionalista que ten como obxectivo a soberanía de Galiza mediante a creación de institucións propias.[Cómpre referencia]

Goberno

Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado. A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites). O goberno ou gabinete é a instancia máxima de administración executiva e é o centro desde o que o poder político é exercido sobre a sociedade. Está constituído por un órgano colexiado (por iso tamén se chama Consello de Ministros), formado por un presidente ou primeiro ministro e uns ministros ó que a Constitución ou a norma fundamental dun Estado atribúe o poder executivo.

O Goberno constitúe o centro dende o cal se exerce o poder político sobre unha sociedade. Podería dicirse que ten unha función identificadora da actividade política, é o núcleo irredutible, sen o cal parece difícil pensar na dimensión da propia política. Este pode ser analizado dende tres puntos de vista, segundo os seus actores, como un conxunto de funcións, ou polas súas institucións.

Golpe de Estado

Un golpe de Estado (do francés coup d'État,) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.

Guatemala

Guatemala é un país da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico. A súa capital é Cidade de Guatemala.

Manuel Beiras

Manuel Beiras García, nado en Santiago de Compostela o 10 de abril de 1904 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 1996, foi un intelectual galego e político galeguista. Pai do dirixente nacionalista galego Xosé Manuel Beiras.

Miguel Primo de Rivera

Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, nado en Xerez da Fronteira (Cádiz) o 8 de xaneiro de 1870 e finado en París o 16 de marzo de 1930, foi un militar e político español. Casado con Casilda Sáenz de Heredia, tivo seis fillos, destaca entre eles José Antonio Primo de Rivera creador da Falanxe.

Myanmar

Myanmar, oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman. O censo de 2014 do país rexistrou unha poboación de 51 millóns de persoas. No 2017, a poboación roldaba os 54 millóns. Myanmar ten unha área de 676 578 km2. A súa capital é a cidade de Naypyidaw, e a meirande cidade e antiga capital é Yangon. Myanmar é membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) dende 1997.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Restauración borbónica en España

Coñécese como Restauración Borbónica o período que abrangue dende o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en 1874, en Sagunto, e que dá fin á Primeira República española e a proclamación da Segunda República española o 14 de abril de 1931. A denominación alude ao feito da recuperación do trono español por parte dunha persoa da dinastía Borbón, o futuro Afonso XII, tras a paréntese do Sexenio Revolucionario.

Este período caracterízase por unha certa estabilidade institucional, a conformación dun modelo liberal do Estado e a incorporación dos novos movementos sociais e políticos, froito da Revolución Industrial, que comeza a súa decadencia coa ditadura de Miguel Primo de Rivera en 1923.

Transición española

A transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.

No período tivo lugar a transformación social do estado español desde a ditadura ata a democracia.

Con todo, non hai consenso entre os politicólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:

A superación do errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.

A primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (PSOE) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982.

Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da II República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular).

A idea dunha transición incompleta, inacabada ou mal feita tamén é unha vertente con certo corpo dentro da sociedade do Estado español, principalmente no electorado de esquerda e nos grupos nacionalistas tirante o nacionalismo español. Tamén é unha reflexión de peso dentro de asociacións pola recuperación da memoria histórica ou de reivindiacion de dereitos dos represaliados polo réxime franquista..

Réximes de forza
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.