Ditador

Un ditador[1] é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.[2]

Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Hitler portrait crop
Adolf Hitler paradigma de ditador

Orixe romano

Os ditadores romanos eran xeralmente propostos por un cónsul[3] e eran investidos dunha autoridade avasaladora sobre os cidadáns, pero eran orixinalmente limitados por un mandato de seis meses e non posuían poderes sobre as finanzas públicas. Lucio Cornelio Sila e Xulio César, con todo, aboliron estas limitacións e gobernaron sen estas restricións. Os romanos abandonaron a institución da ditadura despois do asasinato de César.

Era moderna

Artigo principal: Ditadura.

En súa acepción moderna, o termo ditador é xeralmente usado para describir un líder que posúe un extraordinario poder persoal, especialmente o poder de facer leis, sen que exista un poder lexislativo independente.

Ditadores modernos xeralmente ascenderon ao poder en tempos de crise. Moitas veces tomaron o poder a través dun golpe de estado, pero noutras, notablemente Benito Mussolini en Italia e Adolf Hitler en Alemaña, ascenderon ao cargo a través de medios legais e, unha vez no poder, gradualmente disolveron as súas restricións constitucionais. A concentración de poder do Partido Comunista da Unión Soviética en Iosif Stalin desenvolveuse nunha ditadura persoal, pero tras a súa morte emerxeu un sistema de ditadura colectiva. Diversas nacións latinoamericanas e africanas pasaron por diversas ditaduras, moitas baixo o mando dunha xunta militar, por exemplo en Uganda, onde Idi Amin exercía o seu poder.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ditador.
  2. Passeiweb (ed.). "Ditadura: 1. A ditadura na Roma antiga e nos dias atuais" (en portugués). Consultado o 11/01/2015.
  3. Enciclopedia Británica (ed.). "dictador" (en inglés). Consultado o 11/01/2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
13ª edición dos Óscar

A 13.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 27 de febreiro de 1941 no Biltmore Hotel dos Ánxeles. O mestre de cerimonias foi Bob Hope.

1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

28 de abril

O 28 de abril é o 118º día do ano do calendario gregoriano (119º nos anos bisestos). Quedan 247 días para finalizar o ano.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Benito Mussolini

Benito Mussolini, nado en Predappio o 29 de xullo de 1883 e fusilado en Dongo o 28 de abril de 1945, foi o primeiro ditador fascista de Europa. Acadou o poder en outubro de 1922, trala Marcha sobre Roma, e ocupou o cargo de primeiro ministro do Reino de Italia ata 1943, cando foi obrigado a entrega-lo poder. Fuxiu ó norte onde proclamou a República Social Italiana de Saló. Detido pola resistencia, morreu fusilado xunto coa súa amante, Clara Petacci.

Cónsul romano

Levou o nome de Cónsul a maxistratura romana formada que substituíu á monarquía á fronte do Estado (Véxase República Romana). Cada ano elixíanse dous cónsules.

Progresivamente van perdendo atribucións: primeiro algunhas facultades xudiciais civís e criminais (delegadas en Cuestores ou Decenviros nomeados en cada caso); despois as súas decisións deberon ser referendadas polo Senado; despois perdeu a administración do Tesouro (en favor dos Cuestores) e a dos arquivos públicos; despois perdeu o control das arcas do exército (en favor dos Cuestores Militares); máis tarde perdeu as súas funcións de censor (en favor dos Censores) e de nomear as vacantes do Senado (tamén atribuídas aos Censores); despois perdeu a facultade de nomear Cuestores (que pasou aos comicios tribunados); logo perdeu outras atribucións xudiciais (en favor do Pretor); despois as competencias sobre festas, policía e mercados (en favor dos Edís Curuis), e tamén a facultade de nomear ditador (que pasou ao Senado). Ao final só conservaba algunhas funcións menores, o poder executivo das leis e o mando do Exército.

As funcións dos cónsules, ao aumentar o territorio, houberon de ser delegadas para cada provincia: primeiro en cuestores insulares con funcións consulares (nas illas desde o -227.) e despois coa figura do procónsul (ou propretor) para Hispania Citerior e Ulterior (-197.).

O -190 estableceuse que para acceder ao Consulado debía pasarse con anterioridade polas maxistraturas inferiores, cun tempo de inactividade prefixado entre cada maxistratura (véxase cursus honorum). Como ocorreu coa censura, esta disposición fixo que o consulado fose accesíbel case en exclusiva á aristocracia.

Os Cónsules foron patricios ata as Leis do -367. (387 de Roma). Do 387 ao 412 de Roma, a cuestión é debatida, con alternativas; do 412 ao 581 de Roma, houbo un cónsul patricio e un plebeo; desde o 582 de Roma, ostentan o cargo ben un patricio e un plebeo ou ben dous plebeos, e nunca dous patricios.

Ditadura

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou ás veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Fulgencio Batista

Fulgencio Batista Zaldívar, nado como Rubén Zaldívar en Banes o 16 de xaneiro de 1901 e finado en Marbella o 6 de agosto de 1973, foi un militar e ditador cubano. Foi presidente electo de Cuba de 1940 a 1944 e gobernou de facto o país tras dar un golpe de Estado en 1952 até que foi derrocado en 1959 pola Revolución Cubana.

Golpe de Estado

Un golpe de Estado (do francés coup d'État,) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.

República Romana

Para os Estados modernos do mesmo nome, véxase República Romana (1798-1799) e República Romana (1849).

A República Romana (Res Publica Romanorum, en latín) foi o goberno representativo de Roma e os seus territorios dende o ano 510 a.C. ata o establecemento do Imperio Romano no 27 a.C.

Revolución

Unha Revolución (do latín revolutio 'dar volta') é un cambio ou transformación radical e profundo respecto ao pasado inmediato. Pódese producir en varios ámbitos ao mesmo tempo, tales como económicos, culturais, relixiosos, políticos, sociais, militares etc. Os cambios revolucionarios, ademais de radicais e profundos, e sobre todo traeren consecuencias transcendentais, han de percibirse como súbitos e violentos, como unha ruptura da orde estabelecida ou unha descontinuidade evidente co estado anterior das cousas. Se non é así, debería falarse mellor dunha evolución, dunha transición ou dunha crise. Se o que falta é o seu carácter transcendental, debería falarse mellor dunha revolta. As revolucións son consecuencia de procesos históricos e de construcións colectivas, para que unha revolución exista é necesario que haxa unha nova unión de intereses fronte a unha vella unión de intereses.

Entón, podemos dicir que revolución é un cambio brusco ou radical nas estruturas, isto pode afectar no social, económico, cultural etc.

Xulio César

Caio Xulio César (en latín: Gaius Julius Caesar), nado o 13 de xullo do ano 100 a. C. e finado o 15 de marzo do 44 a. C., foi un xeneral romano, home de estado, cónsul e autor de prosa en latín. Xogou un papel moi importante nos eventos que levaron á desaparición da República Romana e á creación do Imperio Romano. No ano 60 a. C., César, Craso e Pompeio formaron unha alianza política que dominou a política romana durante varios anos. Os seus intentos de recadar poder a través de tácticas populistas eran opostos á clase dirixente conservadora xunto co Senado romano, entre eles, Catón o Novo e Cicerón. As vitorias de César na Guerra das Galias, estenderon o territorio de Roma ata a Canle da Manga e o río Rin. César converteuse no primeiro xeneral romano en cruzar ambos mediante a construción dunha ponte sobre o Rin e o liderado da invasión de Britania.

Estes logros garantíronlle unha potencia militar incomparable que ameazaba con eclipsar a situación de Pompeio, que se unira ó Senado así mesmo despois da morte de Craso en 53 a. C.. Coa Guerra das Galias rematada, o Senado ordenou a César renunciar ó seu mando militar e regresar a Roma. César rexeitou a orde, e no canto diso desafiou o Senado en 49 a. C. cruzando o Rubicón cunha lexión, abandonando a súa provincia e entrando ilegalmente na Italia romana. O conflito deveu nunha Guerra civil, e a vitoria de César na guerra outorgoulle unha posición privilexiada de poder e influencia.

Despois de asumir o control do goberno, César comezou un programa de reformas sociais e de goberno, incluíndo a creación do calendario xuliano. Centralizou a burocracia da República e foi proclamado "ditador en perpetuidade", o cal lle proporcionaba unha autoridade adicional. Mais o conflito político subxacente non estaba resolto, e nos idos de marzo (15 de marzo de 44 a. C.), César foi asasinado por un grupo de senadores rebeldes liderados por Marco Xunio Bruto. Unha nova serie de guerras civís comezou, e o goberno constitucional da República nunca foi restaurado. O herdeiro adoptivo de César, Octavio, coñecido posteriormente como Augusto, subiu ó poder despois de derrotar a tódolos seus rivais na guerra civil. Octavio comezou a fornecer o seu poder, e comezou a era do Imperio Romano.

A maior parte da vida de César é coñecida polos seus escritos nas campañas militares, e por outras fontes do seu tempo, como as cartas e discursos de Cicerón e os escritos históricos de Salustio. As biografías posteriores de César, escritas por Suetonio e Plutarco, son tamén grandes fontes de información. César é considerado como un dos meirandes comandantes militares da historia.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.