Distrito

O termo distrito (do latín medieval districtus), designa unha división dun determinado territorio, que pode ser de natureza política, administrativa, militar, xudicial, fiscal, policial ou sanitaria.

Entendida como entidade local é parte da visión anarquista de distrito (autónomo e federalista), onde sería o carácter ideal do réxime de autogoberno.

Distritos en España

En España, a Lei de grandes cidades de 2003 prevé a creación (aínda que xa existisen con anterioridade) e define a organización do distrito como elemento de participación cidadá nos concellos de gran poboación. Os municipios aplicables da lei son todos aqueles maiores de 250.000 habitantes, as capitais provinciais ou autonómicas de máis de 175.000 habitantes, e opcionalmente, as restantes capitais provinciais, sedes de organismos autonómicos ou provinciais e cidades de máis de 75.000 habitantes cunhas características que o xustifiquen, e o aproben as Asembleas Lexislativas dos seus concellos.

Distritos en Portugal

En Portugal un distrito é unha división administrativa que data de 1835. Antes deste ano, as provincias subdividíanse en comarcas. A Lei de 25 de abril de 1835 suprimiu as provincias e as comarcas e creou dezasete distritos no continente e catro nas chamadas Ilhas Adjacentes (arquipélagos de Azores e Madeira Á fronte de cada distrito estaría un administrador xeral, que a partir de 1840 pasaria a ser designado polo gobernador civil. No século XIV e século XV, nos territorios das illas denominábanse capitanias, e estaban rexidas por capitáns donatarios.

Poucos cambios houbo desde entón. Entre eles, o cambio de capitalidade do distrito de Lamego, que pasou para Viseu, debido á súa posición máis central, e a creación do distrito de Setúbal, en 1926, que obtivo a autonomía do distrito de Lisboa.

Os catro distritos sitos en Azores (Angra do Heroísmo, Horta e Ponta Delgada) e Madeira (Funchal) suprimíronse coa entrada en vigor da Constitución portuguesa de 1976, que concedeu ampla autonomía a aquelas rexións insulares através dos respectivos Estatutos Político-Administrativos previstos na Constitución.

A Constitución prevé a creación de rexións administrativas, e o mantemento dos distritos mentres esta división non fose concretizada. No entanto, ese proceso está parado. En relación con isto realizouse un referendo que non tivo efectos por teren votado menos da metade dos electores.

Análogamente ao termo "distrito" en Portugal pode ser entendidos os Estados brasileiros.

En Portugal a designación de distrito tamén se aplica ás divisións xudiciais do país. Nese eido os distritos son chamados distritos xudiciais ou distritos da relação, por oposición aos anteriores, chamados distritos administrativos ou civis. Actualmente existen os distritos xudiciais de Guimarães, do Porto, de Coimbra, de Lisboa e de Évora.

En Portugal existen os seguintes distritos:

  1. Distrito de Aveiro
  2. Distrito de Beja
  3. Distrito de Braga
  4. Distrito de Braganza
  5. Distrito de Castelo Branco
  6. Distrito de Coimbra
  7. Distrito de Évora
  8. Distrito de Faro
  9. Distrito da Guarda
  10. Distrito de Leiria
  11. Distrito de Lisboa
  12. Distrito de Portalegre
  13. Distrito do Porto
  14. Distrito de Santarém
  15. Distrito de Setúbal
  16. Distrito de Viana do Castelo
  17. Distrito de Viseu
  18. Distrito de Vila Real

Antigos distritos portugueses:

  • Distrito de Angra do Heroísmo
  • Distrito de Funchal
  • Distrito da Horta
  • Distrito de Ponta Delgada
  • Distrito de Lamego
Belgrado

Belgrado (en serbio: Београд ou Beograd) ten unha poboación de 1,2 millóns de habitantes (1 717 800 na área metropolitana). É a capital de Serbia (desde 1817), e foi tamén a capital de Iugoslavia (1918-2003) e de Serbia e Montenegro (2003-2006).

Limita ao norte coa provincia autónoma de Voivodina (distritos de Srem, Central Banat e Sur Banat), ao E co distrito de Podunavlje, ao SE co distrito de Šumadija, ao SO co distrito de Kolubara, e ao O co distrito de Mačva. O alcalde é Nenad Bogdanović. Belgrado está dividida en 17 municipalidades (10 urbanas e 7 suburbanas).

Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.

Bogotá

Bogotá, oficialmente Bogotá Distrito Capital, abreviado Bogotá, D.C. (durante a época colonial española e desde 1991 ata 2000 chamada Santafé de Bogotá) é a capital da República de Colombia e do departamento de Cundinamarca. Está organizada como Distrito Capital gozando de autonomía para a xestión dos seus intereses dentro dos límites da Constitución e a lei. A diferenza dos demais distritos de Colombia, Bogotá é unha entidade territorial de primeira orde en Colombia, coas atribucións administrativas que a lei lle confire aos Departamentos. Está constituída por 20 localidades e é o epicentro político, económico, administrativo, industrial, artístico, cultural, deportivo e turístico do país.Está situada no centro de Colombia, na rexión natural coñecida como a sabana de Bogotá, que fai parte do altiplano cundiboyacense, formación montañosa situada na cordilleira Oriental dos Andes. É a terceira capital máis alta en América do Sur (logo da Paz e Quito), con un termo medio de 2625 metros sobre o nivel do mar. Posúe o páramo máis grande do mundo, localizado na localidade de Sumapaz.Segundo os datos do censo nacional de 2005 extrapolados a 2010, Bogotá posúe unha poboación de 7 363 782 habitantes. Ten unha lonxitude de 33 km de sur a norte, e 16 km de oriente a occidente. Como capital, alberga os organismos de maior xerarquía da rama executiva (Casa de Nariño), lexislativa (Congreso de Colombia) e xudicial (Corte Suprema de Xustiza, Corte Constitucional, Consello de Estado e o Consello Superior da Xudicatura).

No plano económico, destaca como o máis importante centro económico e industrial de Colombia. Segundo o DANE Bogotá aporta a maior parte o PIB nacional (24,5 %). e é a sétima cidade polo tamaño do PIB en Latinoamérica (duns US$92 917 millóns, por detrás de São Paulo, Cidade de México, Buenos Aires, Río de Xaneiro, Brasilia e Santiago de Chile), das cales, é a quinta máis atractiva para investir (só por detrás de Santiago, San Paulo, México e Lima). A nivel latinoamericano sitúase na vixésimo primeira posición con relación ao PIB per cápita. Segundo The Economist, Bogotá destaca pola súa fortaleza económica asociada ao tamaño da súa produción e o PIB per cápita (o máis alto entre as principais cidades da nación), as facilidades para crear empresas e facer negocios, a madurez financeira, a atracción de empresas globais e a calidade do seu capital humano; todo isto respaldado por estudos de Harvard Business Review que a destacan como o lugar do país co maior número de universidades (114) e centros de investigación. Así mesmo é a sexta cidade de América Latina para organizar eventos, é o principal mercado de Colombia e da Rexión Andina, sendo o primeiro destino do investimento estranxeiro directa que chega a Colombia (70 %), converténdoa na cidade con máis empresas estranxeiras, un dos factores que a sitúan como o maior mercado de traballo do seu país. Bogotá é a plataforma empresarial máis grande de Colombia, co 21 % das empresas rexistradas no país, e adicionalmente, na cidade atópase o 67 % dos emprendementos de alto impacto colombianos, tendo o aeroporto co maior volume de carga a nivel latinoamericano e o segundo en persoas.A importante oferta cultural atópase representada na gran cantidade de museos, teatros e bibliotecas, que lle outorgaron o recoñecemento da "Atenas Suramericana" e a capital iberoamericana da cultura 2007, ademais, é sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento nacional e internacional. Tamén se destaca a actividade académica, xa que a maioría das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade. É de destacar que a Unesco outorgou á cidade o título de Capital mundial do libro o ano 2007 e en marzo de 2012 designouna como “Cidade da Música“, como parte da Rede de Cidades Creativas da organización.

A cidade obtivo o posto 54 no índice Global Cities de 2010, sendo a única cidade global de Colombia e é considerada unha cidade global tipo Beta+ polo GaWC.

Brasilia

Brasilia (en portugués: Brasília) é a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.

Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).

A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira con Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.015 km de São Paulo.

Cidade de México

Cidade de México (oficialmente e en castelán Ciudad de México ( pronunciación , antigamente chamada Distrito Federal; en náhuatl: Āltepētl Mēxihco) é a capital e cidade máis poboada dos Estados Unidos Mexicanos. Con case 9 millóns de habitantes no ano 2016 e unha área metropolitana de máis de 22 millóns de persoas, é unha das urbes máis grandes de América Latina e do mundo.

Sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 metros de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m).

Na cidade atópanse catro dos 34 sitios Patrimonio da Humanidade cos que conta o país: o Centro Histórico, Xochimilco, o Campus Central da Cidade Universitaria da UNAM e a Casa e estudio de Luis Barragán.

Cinémathèque Française

A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.

Dinamarca

Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais de o máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak. Conta ademais con dous territorios dependentes, Groenlandia e as Illas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacan Selandia, Fionia, Vendsyssel-Thy, Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial de Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país se adheriu á CEE en 1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses déronlle un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a segunda guerra mundial.

Distritos de Francia

Os 100 departamentos franceses (départements) a fronte de cada un dos cales sitúase un prefeito, divídense en 342 distritos (arrondissements) que liderados por un subprefeito, teñen por misión axudar a aquel na aplicación das políticas territoriais e administrativas do Estado francés.

Entre 1790 e 1800 en Francia, os districts foron o primeiro nivel de subdivisión dos départements, e foron posteriormente substituídos polos arrondissements. Durante parte do século XX, denominouse district a unha forma de mancomunidade de concellos.

A capital dun distrito chámase sous-préfecture (subprefeitura) agás cando se trata do distrito da propia capital departamental, que mantén a denominación de "préfecture" (prefeitura), aínda que cumpre coas mesmas funcións para co resto das comunas do seu distrito.

Os distritos agrupan a un número determinado de comunas, a división administrativa básica, que ademais se agrupan en diferentes cantóns, organización que cumpre as funcións de partido xudicial (sede do Tribunal de Primeira Instancia) e de xeito regular, de circunscrición electoral.

Nas cidades de París, Lión e Marsella tamén denomínanse arrondissements ás divisións administrativas que agrupan aos diferentes barrios e á fronte dos cales desígnase un "maire" (alcalde).

Estados do Brasil

A República Federativa do Brasil é a unión de vinte e sete Unidades Federativas: vinte e seis Estados e un Distrito Federal, onde se atopa a capital Brasilia. Os Estados están baseados xeralmente en límites convencionais históricos que se desenvolveron co tempo.

O Distrito Federal non é un Estado en si mesmo, mais comparte algunhas das súas características, así como cos Concellos. O Distrito Federal está rodeado polos Estados de Goiás e Minas Gerais.

Hong Kong

A Rexión Administrativa Especial de Hong Kong da República Popular da China, en chinés 中華人民共和國香港特別行政區 é unha rexión chinesa formada por unha península e varias illas, entre elas a illa de Hong Kong, no Mar da China Meridional, no delta do Río das Perlas, xunto á provincia de Guangdong. Ata 1997 foi colonia do Reino Unido.

O nome da illa de Hong Kong (chinés: 香港, pinyin: Xiānggǎng) significa literalmente "porto fragrante". A transcrición "Hong Kong" está baseada na pronuncia cantonesa.

Hong Kong é unha das dúas "rexións administrativas especiais" da China. A outra é a antiga colonia portuguesa de Macau. Nestas dúas rexións administrativas especiais aplícase o modelo administrativo coñecido como un país, dous sistemas (一國兩制, yì guó liang zhì). Este sistema, cuxo ideólogo foi Deng Xiaoping, que pretendía que se aplicase a unha eventual reunificación con Taiwán, consiste no mantemento dun sistema económico capitalista baixo a soberanía dun país de ideoloxía oficial comunista. Ademais do sistema económico, estas dúas rexións manteñen un sistema administrativo e xudicial independente, e ata o seu propio sistema de aduanas e fronteiras externas.

Lisboa

Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.

A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.

Lista de concellos do Xapón

A seguir vén unha lista de concellos do Xapón con diversos datos de interese sobre cada un deles.

Manhattan

Manhattan é o nome dunha illa no río Hudson e tamén dun dos cinco distritos metropolitanos que forman a cidade de Nova York.

O distrito metropolitano ten os mesmos límites que o condado de Nova York e inclúe a illa de Manhattan así como varias illas máis pequenas (Roosevelt, Randall, entre outras), a máis diso unha pequena porción de terra continental (Marble Hill, que xeograficamente está no Bronx, pero politicamente pertence ao condado de Nova York). No ano 2004, a poboación era de 1 562 723 persoas. O condado de Nova York é o de menor área en Nova York.

Moldavia

A República de Moldavia (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Municipio

O concello ou municipio é, nas súas diversas formas, e baixo diferentes designacións, a estrutura básica de administración local en moitos países do mundo. Con orixes diferentes, consonte ás tradicións locais, os concellos modernos teñen, porén, bastantes puntos de contacto na súa estrutura e competencias.

En xeral, poden distinguirse tres tipos de concellos:

Urbanos: concellos constituídos exclusivamente, ou case, por territorio urbanizado;

Rurais: municipios constituídos por un ou máis núcleos poboacionais de pequenas dimensións e por territorio non urbanizado relativamente vasto;

Mixtos: concellos que comprenden cantidades significativas quer de territorio urbano, quer de territorio rural.Nalgúns países e nalgunhas subdivisións doutros países (como algúns estados norte-americanos), estes diferentes tipos están separados por lei, constituíndo diferentes unidades administrativas. Noutros, como en Portugal e España, todos os concellos son iguais ante a lei, aínda que por mor da súa poboación ou características estean suxeitos a un distinto trato financeiro, electoral etc. (achegas doutras administracións, número de concelleiros elixibles, estatutos de capitalidade, áreas metropolitanas etc).

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Serra Leoa

Serra Leoa é un país da África Occidental. Limita ao nordés con Guinea, ao sueste con Liberia e ao suroeste co océano Atlántico. A súa capital é Freetown.

Siberia

Siberia (en ruso: Сиби́рь, Sibir), tamén coñecida como Asia do norte, Norte de Asia ou Asia Setentrional. é unha vasta rexión da Rusia e do Norte do Casaquistán, integralmente no norte da Asia, espallándose dende os Urais até o Océano Pacífico, e para sur desde o Océano Ártico ata os montes do centro-norte do Casaquistán e ata á fronteira coa Mongolia e China. O xentilicio é siberiano/siberiana.

Washington, D.C.

Washington, D.C. (ou Distrito de Columbia, ou distrito federal americano) é a capital dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Washington, Distrito de Columbia. A cidade tamén se coñece como D.C., Washington, Capital Nacional ou Capital Federal. Está situada no leste do país, nas marxes do río Potomac, entre os estados de Maryland e Virxinia. Non se debe confundir co 42° estado americano, Washington. Por isto, Washington, a capital nacional, é xeralmente chamado Distrito de Columbia, e Washington, o estado, Estado de Washington.

O Distrito de Columbia é o distrito federal dos Estados Unidos, que posúe limitado poder gobernamental propio, sendo gobernada maioritamente polo Congreso americano. É o centro administrativo, lexislativo e xudicial do país.

A poboación de Washington é de 588.292 habitantes (2007), e a súa rexión metropolitana posúe preto de 4,4 millóns de habitantes (7,8 millóns xuntamente coa rexión metropolitana de Baltimore, localizado a 100 km de Washington). A súa construción iniciouse en 1792, instalándose o goberno federal en 1800. A cidade constitúe o Distrito de Columbia, desanexado dos estados de Virxinia e Maryland. Posúe innúmeros monumentos, entre os que se encontran a Casa Branca (residencia do Presidente dos Estados Unidos), o Capitolio dos Estados Unidos (sede do Congreso), a Biblioteca do Congreso, o Monumento de Washington, e o Monumento a Lincoln.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.