Dionisio Gamallo

Dionisio Gamallo Fierros, nado en Ribadeo o 25 de agosto de 1914 e falecido en Madrid o 16 de xaneiro de 2000, foi un escritor polígrafo galego en lingua castelá, neto do pintor Dionisio Fierros.

Dionisio Gamallo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Dionisio Gamallo Fierros 1934
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento25 de agosto de 1914
 Ribadeo
Falecemento16 de xaneiro de 2000 (85 a.)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUSC; UVa
OcupaciónPolígrafo
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Formación e primeiras publicacións

Estudou primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1936. No 1938 era Delegado local de Propaganda de FET y de las JONS en Ribadeo.[1] Posteriormente rematou Filosofía e Letras[2] en 1941 na Universidade de Valladolid. No medio, xa no 1939, foi profesor axudante de literatura no Instituto de Lugo.[3]

Colaborou despois en Ya, Arriba, Informaciones, El Español e La Estafeta Literaria, entre outras publicacións.[4]

A partir de 1945 foi profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, impulsor, profesor e primeiro director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial de Xornalismo de Madrid.

Mundo académico

Entre 1953 e 1955 traballou como asesor do Servicio de Información Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.[5] Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de Estudios Asturianos e membro correspondente da Real Academia Española.[6]

Entre 1955 e 1960 exerce como director do novo Instituto de Ribadeo.[7]

Mantivo relación directa ou por correspondencia con diversas personalidades do mundo cultural en España e en Galicia, como con Ramón Otero Pedrayo, con quen mantivo relación dende os anos 30 ata a morte deste.[2]

Obra

Ribadeo a Dionisio Gamallo Fierros, polígrafo
Busto en Ribadeo.

A bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada, contando varios libros e máis de 2 500 artigos.[8] Destaca Albor (1942), caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La voz derrotada). No 1943, dúas monografías aínda inéditas: Una estirpe de escritores colombianos: los Caro e La aportación de Lugo y su provincia a la literatura galaico-castellana. No 1948, publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas" (prólogo de Dámaso Alonso). Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida y obra de Ramiro de Maeztu (1953), Menéndez Pidal en el año 1898 (1968), ¿Luz sobre la Negra Sombra? (1975), Primera etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta 1905) (1981), ou La Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín" (1984).

Recoñecementos

Dionisio Gamallo foi recoñecido con diversos premios. Entre eles:

Ademais, foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en Nicaragua (1967), nomeado "Lucense do ano" en 1987 e medalla Castelao en 1998.

Dende pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de Ribadeo, o Instituto que dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo centro pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

Notas

  1. ¡Arriba España! La Comarca del Eo, 15 de maio de 1938
  2. 2,0 2,1 Conferencia inaugural do curso 2014-2015 no IES de Ribadeo, impartida por Antonio Deaño.
  3. "Cronoloxía de Dionisio Gamallo". IES de Ribadeo dionisio Gamallo. Consultado o 20/09/2017.
  4. "Dionisio Gamallo Fierros". Galicia Dixital. Consultado o 20/09/2017.
  5. Membros correspondentes Real Academia Galega.
  6. Aparisi 2016.
  7. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/Dionisio+Gamallo.pdf
  8. Reseña biográfica na axenda escolar do IES de ribadeo Dionisio Gamallo, curso 2014/2015

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

16 de xaneiro

O 16 de xaneiro é o 16º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 349 días para finalizar o ano, 350 nos anos bisestos.

25 de agosto

O 25 de agosto e o 237º día do ano do calendario gregoriano e o 238º nos anos bisestos. Quedan 128 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

IES Dionisio Gamallo Fierros

O IES Dionisio Gamallo Fierros foi un centro educativo de Secundaria de Ribadeo. No ano 2012 foi unificado co IES Porta da Auga, constituíndo o IES de Ribadeo.

IES Porta da Auga

O IES Porta da Auga foi un centro público de ensino secundario de Ribadeo, nomeado así pola situación respecto da antiga muralla da vila, relativamente da dirección da Porta da auga. No ano 2012 foi unificado co IES Dionisio Gamallo Fierros, constituíndo o IES de Ribadeo.

Nel impartíronse clases de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, así como dalgunha rama de Formación Profesional.

IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

O IES de Ribadeo é un centro público de ensino secundario da vila de Ribadeo. Foi constituído no ano 2012 a raíz da unificación do IES Porta da Auga e o IES Dionisio Gamallo Fierros, no curso 2018-2019 ten uns 500 alumnos. En febreiro de 2014, a raíz da proposta do Consello Escolar, pasou a chamarse IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

A súa constitución implicou unha serie de obras, engadindo un novo edificio ó antigo do IES Dionisio Gamallo Fierros, que provocaron unha demora no proceso. O seu primeiro director foi Alfonso Piñeiro Funcasta.

Dende os seus comezos ven realizando diversas actividades, como intercambios internacionais co Karl Von Frisch Gymnasium ou a Feira da Ciencia de Ribadeo.

Dende o curso 2014/2015, a partir dunha indicación de Roberto Rodríguez, estableceuse a tradición de facer unha conferencia inaugural do curso.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.