Diocese de Iria

A diocese de Iria (en latín: Diocesis Iriensis) foi unha sede territorial galega da Igrexa Católica, predecesora da Diocese de Santiago de Compostela e finalmente da Arquidiocese de Santiago de Compostela.

Igrexa de Santa María de Iria Flavia, Padrón
Igrexa de Santa María de Iria Flavia.

Historia

O asentamento galaico-romano de Iria Flavia -antiga capital do pobo galaico dos Caporos-, xa era a finais do século IV un centro económico-social de suficiente relevancia como para conformarse nela un centro eclesiástico de ampla magnitude. Descoñécese o ano exacto da fundación da diocese, pero o seu primeiro bispo coñecido -André de Iria- aparece recollido na documentación dos máis importantes concilios relixiosos do reino de Galicia a finais do século VI.

Así pois, a fundación da diocese establecese tradicionalmente entre o século IV e VI. Desde o Primeiro Concilio de Braga asume formalmente un número de parroquias (nome co que se designaban aos antigos arciprestados) que van desde o río Verdugo ata o Golfo Ártabro.

No século VIII, aínda co establecemento do Emirato de Córdoba en Hispania, a diocese continuou a existir sen alteracións tal e como amosa a continuidade dos seus bispos en todo momento. A partir do descubrimento/invención dos restos do apóstolo Santiago entre os anos 820 e 830, os bispos irienses pasaron a residir en Compostela, trasladando a sé a Compostela no ano 1095, momento no que a diocese pasa a chamarse Diocese de Santiago de Compostela.

Bispos

A Estrada

A Estrada é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE no ano 2018 tiña 20 661 habitantes, dos cales 419 eran de orixe estranxeira. O concello ten 51 parroquias. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «estradés» (forma oficial), estradense (forma popular) ou estratense (forma culta).

A Maía

O topónimo galego A Maía pode referirse a:

A Maía, lugar da parroquia de Cambás, no concello de Aranga;

A Maía, rexión xeográfica no val do río Sar, nos concellos de Ames, Brión e Padrón. Rexistrábase en galego medieval Amaea (dende o a.854), Amaheae (a.1110) Amaia (a.1149), Amaya (a.1255), Ameyia (a.1117), nomeado xa na Parochiale suevorum coma unha das demarcacións da diocese de Iria (ca. 569), formada por unha raíz hidronímica indoeuropea *am- (posibelmente celta) co significado de ‘canle', 'leito', co sufixo –ia. A deglutinación rexístrase dende o século XIII: ena Meya..

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Camiño de Santiago

O Camiño de Santiago (en latín: Peregrinatio Compostellana) é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos supostos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II. O Camiño Francés e as rutas francesas do Camiño foron declarados pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993 e 1998 respectivamente.

Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Chronicon Iriense

O Chronicon Iriense é unha curta crónica medieval en latín sobre a historia da diocese de Iria Flavia (predecesora da arquidiocese de Santiago de Compostela), entre os anos 561 e 982.

Concatedral de San Xiao de Ferrol

A concatedral de San Xiao é un templo de culto católico situado na cidade de Ferrol (Galiza) e adicada ao patrón da cidade, San Xiao. Pertence á diocese de Mondoñedo-Ferrol e trátase do monumento relixioso máis importante da cidade.

Cresconio

Cresconio (fl. 1037-1067) foi bispo de Iria Flavia e Santiago de Compostela durante o século XI.

Crónica de Santa María de Iria

A Crónica de Santa María de Iria ou Coronica de Santa Maria de Iria é un texto da prosa galega medieval, do ámbito da historiografía. Foi escrita a mediados do século XV, e trátase dun relato da historia da Diocese de Iria, que pretendía abarcar desde o comezo dos tempos até o momento da súa composición, deténdose na época do Arcebispo Xelmírez. O seu obxectivo era reivindicar o dereito a percibir o décimo da Quinta, un imposto sobre unha serie de parroquias (situadas no que agora son os concellos de Padrón e Santiago) que o arcebispado de Santiago lle fora usurpando. Para iso, fixeron valer o seu título de diocese arcebispal, anterior a Santiago, cunha dupla estratexia: a documental, mediante a confección do Tombo de Iria, e a historiográfica, mediante a redacción da Crónica de Iria.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Gotomaro

Gotomaro foi un bispo galego da diocese de Iria que asistiu aos Concilios VI e VII de Toledo, nos anos 638 e 646, respectivamente.

Lañas, A Baña

Santa Baia de Lañas é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 348 habitantes (176 homes e 172 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 512 habitantes.

Padrón

Padrón (do latín petra, deriva de petronem< petram)[Cómpre referencia], é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Sar. Segundo o INE en 2015 tiña 8.643 habitantes (8.985 no 2010, 9.016 no 2006, 9.035 no 2005, 9.070 no 2004, 9.136 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «padronés» ou «iriense».

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Teodomiro (bispo)

Teodomiro foi bispo da diocese de Iria Flavia a comezos do século IX, até a súa morte no ano 847.

Foi quen puxo en coñecemento da corte de Afonso II de Oviedo. o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago, nalgún momento entre o ano 818, cando aínda vivía o seu predecesor, o bispo Quendulfo, e mais o ano 842. Comunicoullo ao rei, e este acudiu rapidamente desde Oviedo a visita-lo lugar, converténdose así no primeiro peregrino documentado.

A lauda sepulcral foi atopada nas escavacións realizadas por Chamoso Lamas no subsolo da Catedral de Santiago de Compostela, próximo ó suposto sepulcro do Apóstolo. Na lauda dáse constancia da data da súa morte, o 20 de outubro de 847.

Vincibil

Vincibil foi un bispo galego da diocese de Iria que asistiu ao Concilio VIII de Toledo, no ano 653.

Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.