Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Diocese de Britonia
Dioecesis Britoniensis
—Transformada en sé titular—
Datos xerais
Sufragánea deBraga
Información
IgrexaIgrexa Católica
Xerarquía
PapaFrancisco
Bispo TitularPaweł Cieślik
Britonia6hcentury
Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.

Fontes

Esta diocese aparece citada no Parochiale suevorum, un documento que mostra a organización eclesiástica da Galiza da época do Reino Suevo, que se data entre 572 e 573. Aparece citada como Sedem Britonorum, é dicir, sede dos bretóns, indicando que lle pertencen as igrexas do interior dos bretóns, o mosteiro Maximi, e as igrexas sitas en Asturias.

No Primeiro Concilio de Lugo, datado en 569, cítase o bispo Mailoc, como representante de Britonia; este bispo reaparece no 572 no Segundo Concilio de Braga.

A diocese é posteriormente citada noutros concilios, xa con outros representantes en época visigoda (desde 585, o reino suevo fora incorporado aos dominios visigodos), en Toledo (IV, VII e VIII). A derradeira mención corresponde ao ano 675, no III Concilio de Braga. Algúns autores[Cómpre referencia] supoñen que o episcopado britoniense desaparece por mor das invasións musulmás, mais polo contrario modernos autores[Cómpre referencia] apuntan á continuidade da mesma baixo outra denominación. En calquera caso, a posterior diocese de Mondoñedo-Ferrol sería a herdeira da britoniense[Cómpre referencia].

Localización

O territorio da antiga diocese dos bretóns —Britonia— ocupou principalmente a franxa costeira da Mariña de Lugo ata a comarca da Terra Chá, chegando a súa influencia ata as costas da comarca do Eo-Navia polo leste, e de Ferrol polo oeste. A súa antiga sé, coñecida co nome de Mosteiro Máximo foi identificado por algúns autores como Díaz y Díaz coa basílica medieval de San Martiño de Mondoñedo, onde se atopan restos do séculos V-VI d.C. Cambiando de sé e nome en varias ocasións, a actual diocese galega de Mondoñedo é a súa sucesora histórica. Cada ano no mes de agosto a vila de Bretoña celebra o seu pasado coa Festa do Lugnasad, xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.

O asentamento desta vaga de emigrantes bretóns e a creación dunha diocese relixiosa propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos suevos.

Orixes

A diocese de Britonia debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos bretóns ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual Gran Bretaña[1]. Compelidos polas invasións anglosaxoas, grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o século IV e VII, dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de Armórica, que acabará por tomar o nome actual de Bretaña, a consecuencia deste poboamento.

É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes[1]. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña na Galiza, á parte do da Pastoriza: Bretoña (Barro), Bertonía, Bertoña etc.

Tamén o nome propio do bispo Mailoc é de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de príncipe ou xefe[2].

Bispos

Bispos coñecidos da ecclesia Brittaniensis:

Sé titular

En 1969 a diocese foi recuperada como unha sé titular da Igrexa Católica. Dende entón, os bispos titulares da mesma foron os seguintes:

  • Eugene O'Callaghan (1969 - 1971)
  • John Brewer (1971 - 1983)
  • Edward Joseph O'Donnell (1983 - 1994)
  • Paweł Cieślik (1994 - actualidade)

Notas

  1. 1,0 1,1 Bretoña, sede do bispado de Britonia.
  2. Indíxenas e romanos na Galicia céltiga, Brañas Abad, Rosa María. (1995). ISBN 978-84-605-4361-9. pp-134.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bernier, Gildas (1983). "As igrexas bretonas en Galicia". Boletín do Museo Provincial de Lugo (I): 67–74.
  • García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses, II. 1986. pp. 121–134.
  • Richards, Melville, "Mailoc", Habis, III, 1972, p. 159.
  • Thompson, E. A., "Britonia". Christianity in Britain 300-700, Edd. M.W.Barley e R.P.C.Hanson. Leicester. 1968. pp. 201–205.
  • Tovar, António, "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", Habis, III, 1972, pp. 155–158.
  • Vives, J., Concilios visigóticos e hispano-romanos, Madrid, 1963.
  • Young, Simon, The Bishops of the early medieval diocese of Britonia (forthcoming).
  • Young, Simon, "Note on Britones in Thirteenth-century Galicia", Studia Celtica, XXXV (2001), pp. 361–2.
  • Young, Simon, "The Forgotten Colony", History Today, L, oct. 2000, pp. 5–6.
  • Young, Simon, "Britonia: Camiños Novos", Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0.

Ligazóns externas

  • "Home". Britonia : The Britonian Studies Internet Resource (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2012.
A Pastoriza

A Pastoriza é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015: 3.274 habitantes (3.726 no 2006, 3.787 no 2005, 3.856 no 2004, 3.911 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «pastoricense» ou «pastoricego».

Bela de Bretoña

Bela foi un bispo galego da diocese de Britonia que asistiu ao Terceiro Concilio de Braga no ano 675. Neste concilio asinou como:

Debido á orde das sinaturas do concilio, sábese que foi consagrado bispo antes de 670, xa que o bispo Isidoro de Astorga foi consagrado nesa data e asina despois del.

Calan Gaeaf

Calan Gaeaf é o nome do primeiro día de inverno en Gales, o 1 de novembro. A noite anterior é chamada Nos Galan Gaeaf, un Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", na que os espíritos están entre os vivos. Durante esta data, a xente evita ir ós cemiterios e ás encrucilladas de camiños, xa que os espíritos adoitan reunirse neses lugares.

Calan Mai

Calan Mai ou Calan Haf é unha festividade celebrada en Gales o 1 de maio que festexa o primeiro día de verán. As celebracións comezan antes do solpor, coñecido como May Eve, con fogueiras; e coma no Calan Gaeaf, a noite anterior (Nos Galan Mai) é unha Ysbrydnos, ou "noite dos espíritos", momento no cal andan fóra e é posible practicar a arte da adiviñación. A tradición do acendido das fogueiras faise anualmente no sur de Gales dende mediados do século XIX. É o equivalente galés da festa goidélica da Beltane.

Entrelazado (arte)

O entrelazado é un elemento decorativo propio da arte medieval. Nos entrelazados, partes doutros motivos únense, trenzados ou anoados, en complexos patróns xeométricos, a miúdo usados para encher enpazos en baleiro. O entrelazado é común en Europa do norte na arte dos pobos xermánicos, e especialmente na arte insular das Illas Británicas e na arte islámica. Galicia tamén conta con elementos de entrelazado dende a cultura castrexa até a época moderna.

Fíbula celta

As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África.

Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900). Son os obxectos máis importantes da metalurxia medieval de alta calidade, e forman parte da arte celta e da arte insular.

Galacia

A antiga Galacia (grego Γαλατία) foi unha área das terras altas da península de Anatolia, na moderna Turquía. Galacia recibe o nome dos invasores galos chegados dende Tracia, que se estableceron alí e se converteron na caste dominante no século -III, seguindo a invasión celta dos Balcáns no -279. Tamén foi chamada a "Galia" do leste, xa que os historiadores romanos chamaron ós seus habitantes Galli (Galo ou Celta). Os termo gálatas é un exónimo, e o termo co que se denominaban a si mesmos é descoñecido.

Galia romana

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.

Gŵyl Fair y Canhwyllau

Gŵyl Fair y Canhwyllau (en galés, "Festa das candeas de Mary") é o nome dunha festividade galesa celebrada o 2 de febreiro. É o equivalente galés da festividade goidélica do Imbolc. É unha variación da cerimonia pre-protestante das candeas levadas nunha procesión. A cerimonia cristiá está inspirada nos festivais pagáns da chegada da primavera, e algúns dos vellos ritos que continuaron en partes de Gales suxiren un ritual mesmo máis antigo.

Ibias

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Imbolc

Imbolc é unha das catro principais festas do calendario celta, asociado co ritual da fertilidade, que foi modificado, ocupado e convertido[Cómpre referencia] polo cristianismo no día de Santa Bríxida. Historicamente a festa é tamén se coñecida en Escocia coma Latha Fhèill Brìghde, en Irlanda coma Lá Fhéile Bríde e en Gales coma Gwyl Ffraed. O Imbolc asóciase co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro.

Lingua nórica

A lingua nórica era unha das linguas célticas continentais. Suponse que se falaba na rexión do que posteriormente constituíu a provincia romana de Noricum. Só está testemuñada por dúas inscricións fragmentarias que non ofrecen suficiente información para tirar delas demasiadas conclusións sobre a natureza e características desta lingua.

Lughnasadh

Lughnasadh é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.

Metopio

Metopio (ou Metopius) foi un bispo galego da diocese de Britonia que asistiu ao Cuarto Concilio de Toledo no ano 633.

Mitoloxía celta

A mitoloxía celta é unha serie de relatos da aparente relixión dos celtas na idade de ferro. Ó igual que outras culturas indoeuropeas neste período, os primeiros celtas mantiveron unha mitoloxía politeísta e unha estrutura relixiosa. Entre o pobo celta en estreito contacto con Roma, como os galos e os celtiberos, esta mitoloxía non sobreviviu ó imperio romano, debido á súa conversión ó cristianismo e á perda dos seus idiomas orixinais, aínda que ironicamente foi a través de fontes romanas e cristiás, contemporáneas, que coñecemos detalles sobre as súas crenzas.

En contraste, a comunidade celta que mantivo as súas identidades políticas ou lingüísticas (tales coma as tribos de escotos e bretóns das Illas Británicas) transmitiu xeralmente vestixios remanentes das mitoloxías da idade de ferro, as cales foron rexistradas a miúdo de forma escrita na Idade Media.

Mitoloxía galesa

A mitoloxía galesa son os mitos e lendas propias do pobo galés. Componse en parte das tradicións folclóricas desenvolvidas en Gales, e por polas tradicións britanas anteriores ó final do primeiro milenio. Moitos dos contidos pertencen ó período pre-cristián, que sobreviviron nunha forma alterada a través de manuscritos medievais galeses como o Libro Vermello de Hergest, o Libro Branco de Rhydderch, o Libro de Aneirin e o Libro de Taliesin.

As historias en prosa dos libros Branco e Vermello son coñecidas como Mabinogion, un título dado polo seu primeiro tradutor, Lady Charlotte Guest, e tamén usado polos tradutores posteriores. Poemas como Cad Goddeu (A batalla das árbores) e listas de textos mnemotécnicos como as Tríades da Illa de Bretaña e os Trece Tesouros da Illa de Bretaña, tamén conteñen material mitolóxico. Estes textos tamén inclúen partes da Materia de Bretaña e a historia tradicional da Bretaña romana.

Outras fontes son a compilación histórica en latín do século IX Historia Britonum (A historia dos bretóns) e a crónica do século XII de Geoffrey de Monmouth Historia Regum Britanniae (A historia dos Reis de Bretaña), así como folclore posterior como The Welsh Fairy Book de W. Jenkyn Thomas 1908.

A historia galesa, antes da invasión romana, era transmitida oralmente polos druídas ós seus aprendices. Debido ás invasións por parte dos romanos e saxóns, a historia e a mitoloxía confúndense por falta de fontes escritas.

Música celta

Música celta é un termo popular que fai referencia á música tradicional dos pobos do Atlántico Europeo: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Gales (Cymru), Cornualles (Kernow), Illa de Mann, Bretaña (Breizh), Asturias e Galiza; mesturada en ocasións con patróns de música medieval.

Os instrumentos musicais que a caracterizan son o acordeón, a concertina a arpa, a guitarra acústica, o bouzouki irlandés a frauta traveseira irlandesa o violino, o bodhrán os whistles a bombarda bretoa e especialmente a sempre protagonista gaita de fol.

Existen diversos sub-tipos de "música celta".

O termo "música celta" pode referirse ás composicións musicais baseadas en patróns medievais dos pobos da fachada atlántica europea (dentro da música folk galega destacaría neste sub-tipo o gaiteiro Carlos Núñez ou Luar na Lubre), tamén pode referirse á música popular e aos cánticos populares deses pobos (no caso galego a mellor representante é Mercedes Peón), ou pode referirse a música espiritual (a irlandesa Enya é a representante deste estilo que goza do máis recoñecemento internacional).

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Sonna de Bretoña

Sonna foi un bispo galego da diocese de Britonia que asistiu ao Sétimo Concilio de Toledo no ano 646, onde asinou como:

Flórez considerou que este bispo é o mesmo que, sete anos despois, en 653, foi convocado ao Oitavo Concilio de Toledo. Ao non poder acudir, enviaría como vigairo ao presbítero Matericus, que asinaría no seu lugar:

Hai consenso nesta teoría, tamén apoiada por García Moreno e por Simon Young, aínda que non hai probas concluíntes para afirmalo.

O mesmo García Moreno tamén supón que debeu ser consagrado bispo arredor do 639, xa que ao Sexto Concilio de Toledo non acudiu representante britano (e si acudiron das demais dioceses galegas), polo que a sé estaría vacante; e no VII Concilio é precedido por bispos consagrados pouco antes do VI.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.