Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese de Mondoñedo-Ferrol
Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis
MondonhedoCatedral.jpeg
Datos xerais
Erixida1114
(diocese de Mondoñedo)
1959
(cambio de nome)
Sufragánea deSantiago de Compostela
Información
Igrexa particularIgrexa latina
IgrexaIgrexa católica
RitosRito romano
Xerarquía
PapaModelo:Cargos da igrexa católica
BispoLuis Ángel de las Heras Berzal, CMF
Outros datos
Dioceses con nome Mondoñedo-Ferrol

Territorio

A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a Catedral de San Martiño e a Basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a Concatedral de San Xiao.

Historia

Mapa do bispado de Mondonhedo de Cornide (1764)
Mapa da diocese de 1764 realizado por Joseph Cornide.

A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da Arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.

En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.

O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.

Estatísticas

A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.

ano poboación sacerdotes diáconos relixiosos parroquias
bautizados total % total clero
secular
clero
regular
bautizados por
sacerdote
homes mulleres
1950 320.750 321.400 99,8 387 345 42 828 66 174 401
1970 348.000 312 274 38 53 540 420
1980 325.900 327.000 99,7 319 294 25 1.021 33 476 421
1990 340.000 342.000 99,4 244 217 27 1.393 35 406 424
1999 355.000 360.000 98,6 227 209 18 1.563 23 302 424
2000 357.000 362.000 98,6 222 205 17 1.608 22 287 424
2001 358.000 364.000 98,4 223 209 14 1.605 21 296 420
2002 360.000 366.000 98,4 225 214 11 1.600 19 225 424
2003 298.073 301.095 99,0 200 183 17 1.490 35 258 426
2004 286.097 288.998 99,0 204 181 23 1.402 29 303 426

Bispos da diocese

Galicia eclesiastica
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:

Sé de Bretoña

Sé de San Martiño de Mondoñedo

  • Sabarico I (866–877)
  • Rosendo I (877–907)
  • Sabarico II (907–922)
  • Recaredo (923)
  • Rosendo de Celanova (923–942)
  • Teodomiro (969?)
  • Armentario (983–1011)
  • Suario I (1015–1022)
  • Nuno I (1025–1027)
  • Adulfo (¿?)
  • Albito (1040?)
  • Suario II (1058–1071)
  • Gonzalo Froilaz (1071–1108)
  • Pedro I (1108-1112)[1]
  • Munio Afonso (1112–1136)

Sé de Vilamaior

Sé de Ribadeo

Sé de Mondoñedo

  • Martiño (1219–1248)
  • Joán II de Sebastiáns (1248–1261)
  • Nuño II Pérez (1261–1286)
  • Álvaro Gómez (1286–1297)
  • Rodrigo Vázquez (1298–1318)
  • Gonzalo (1319–1326)
  • Joán III (1327–1329)
  • Álvaro Pérez de Biezma (1326–1343)
  • Vasco (1343–1346)
  • Alfonso Sánchez (1347–1366)
  • Francisco I (1367–1393)
  • Lope de Mendoza (1393–1399)
  • Álvaro de Isorna (1400–1415)
  • Xil Soutelo (1415–1425)
  • Xil Rodríguez de Muros (1429–1432)
  • Pedro Henríquez (1426–1445)
  • Pedro Arias Vaamonde (1446–1448)
  • Alfonso de Segura (1449–1455)
  • Alfonso Vázquez de Acuña (1455–1457)
  • Fadrique de Guzmán (1452–1492?)
  • Alonso Suárez de la Fuente del Sauce (1493–1496)
  • Pedro de Munébrega (1498–1504)
  • Diego de Muros (1505–1512) (tamén bispo de Oviedo)
  • Diego Pérez Villamuriel (1512–1520)
  • Jerónimo Suárez Maldonado (1525–1532) (tamén bispo de Badaxoz)
  • Pedro Pacheco Ladrón de Guevara (1532–1537) (tamén bispo de Ciudad Rodrigo)
  • Antonio de Guevara Noroña, O.F.M. (1537–1545)
  • Diego Soto Valera (1545–1549)
  • Francisco de Santa María Benavides Velasco, O.S.H. (1550–1558), fillo dos Marqueses de Frómista (anteriormente bispo de Cartaxena de Indias, despois bispo de Segovia), morreu en 1560.
  • Pedro Maldonado, O.F.M. (1559–1566)
  • Gonzalo Solórzano (1567–1570) (tamén bispo de Oviedo)
  • Antonio Luján Luján, O.F.M. (1570–1570)
  • Juan de Yermo y Hermosa (1574–1582) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
  • Isidoro Caja de la Jara (1582–1593)
  • Gonzalo Gutiérrez Montilla (1593–1598) (tamén bispo de Oviedo)
  • Diego González Samaniego (1599–1611)
  • Alfonso Mesía de Tovar (1612–1616) (tamén bispo de Astorga)
  • Pedro Fernández Zorrilla (1616–1618) (tamén bispo de Badaxoz)
  • Rafael Díaz de Cabrera, O.SS.T. (1618–1630)
  • Francisco Villafañe (1631–1633) (tamén bispo de Osma)
  • Antonio Valdés Herrera (1633–1636) (tamén bispo de Oviedo)
  • Gonzalo Sánchez de Somoza Quiroga (1638–1644)
  • Juan Juániz de Echalar (1645–1647) (tamén bispo de Calahorra e La Calzada)
  • Francisco Torres Grijalba, O.S.A. (1648–1662)
  • Dionisio Pérez de Escobosa (1663–1668)
  • Luis Tello de Olivares (1669–1671)
  • Sebastián de Arévalo (1672–1682)
  • Gabriel Ramírez de Arellano (1682–1689)
  • Miguel Quixada (1690–1698)
  • Manuel Navarrete e Ladrón de Guevara (1699–1705)
  • Juan Antonio Muñoz Salcedo, O.S.H. (1705–1728)
  • Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor, O.S.B. (1728–1751)
  • Juan Manuel Escobar Carrera (1752–1752)
  • Carlos Antonio Riomol Quiroga (1752–1761)
  • José Francisco Losada Quiroga (1761–1779)
  • Francisco Cuadrillero Mota (1780–1797)
  • Andrés Aguiar Caamaño (1797–1815)
  • Bartolomé Cienfuegos (1816–1827)
  • Franciso López Borricón (1827–1839)
  • Tomás Iglesias Bárcones (1850–1851) (tamén Patriarca das Indias Occidentais)
  • Telmo Maceira (1852–1855) (tamén bispo de Tui)
  • Ponciano Arciniega (1857–1868)
  • Francisco de Sales Crespo y Bautista (1875–1877)
  • José Manuel Palacios y López (1877–1885)
  • José María Justo Cos Macho (1886–1889) (tamén arcebispo de Santiago de Cuba)
  • Manuel Fernández de Castro Menéndez (1889–1905)
  • Juan José Solís Fernández (1905–1931)
  • Benjamín de Arriba y Castro (1935–1944) (tamén bispo de Oviedo)
  • Fernando Quiroga Palacios (1945–1949) (tamén arcebispo de Santiago de Compostela)
  • Mariano Vega Mestre (1950–1957)

Sé de Mondoñedo-Ferrol

Publicacións

A diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses, que en 2015 ía polo número 31[3].

Notas

  1. Pardo, Enrique Cal (2003). Episcopologio mindoniense (en castelán). Editorial CSIC - CSIC Press. ISBN 9788493302313.
  2. Luis Ángel de las Heras, nuevo obispo de Mondoñedo-Ferrol
  3. "Revista Estudios mindonienses". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 05 de xullo de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo

A Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo é unha corporación de dereito público, de carácter cultural, fundada polos bispados de Ourense e Mondoñedo-Ferrol, que ten como fins a investigación e difusión da figura de San Rosendo.

Estudios Mindonienses

Estudios Mindonienses é o anuario de estudos histórico-teolóxicos da Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol. O seu primeiro volume é do ano 1985. Ao longo dos seus máis de vinte e cinco anos de vida configurouse como un referente cultural en Galicia. Posúe un fondo documental con máis de 500 cabeceiras de publicacións científicas. Mantén intercambio de publicacións con institucións académicas, universitarias e culturais tanto nacionais como internacionais. A súa sé localízase no edificio da Domus Ecclesiae de Ferrol, sé episcopal na cidade. A publicación estivo dirixida polo teólogo e catedrático da Universidade Pontificia de Salamanca Segundo Leonardo Pérez López.

Circunscricións da Igrexa católica latina en España e Andorra
Arquidioceses:
Dioceses:
Ordinariato militar:
Dioceses
Relacionadas historicamente
Catedrais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.