Diocese

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.

Dioceses con nome
Distribución das dioceses en Galicia.
Galicia eclesiastica
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Orixe e uso

O nome provén de tempos dos romanos, xa que se lle daba o nome de diocese ás divisións administrativas posteriores ao século III.

Un templo pertence a unha parroquia. Varias parroquias agrupadas pertencen a un decanato, os cales agrupados pertencen a unha diocese. As diocese pódense agrupar, á súa vez, en provincias eclesiásticas, á cabeza da cal áchase unha arquidiocese (tamén chamada arcebispado).

O termo diocese (de uso máis culto, bispado é máis coloquial) é utilizado por distintas denominacións cristiás, sendo a máis estendida a Igrexa católica. Así a todo, outras igrexas cristiás (non todas) utilizan o mesmo sistema xerárquico.

En Galiza

En Galiza hai 5 bispados da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela:

  • Santiago de Compostela (que é ademais arquidiocese ou arcebispado, con 48 arciprestados e 1071 parroquias).
  • Mondoñedo-Ferrol (16 arciprestados e 423 parroquias).
  • Tui-Vigo (16 arciprestados en 1994, 20 na actualidade, e 276 parroquias).
  • Lugo (28 arciprestados e 1136 parroquias).
  • Ourense (43 arciprestados en 1994, e 28 na actualidade, e 735 parroquias).

Hai ademais na Galiza territorial de administración política dous anacos que pertencen a outras dúas dioceses que non están completamente en Galiza:

  • Astorga (cinco arciprestados do oriente ourensán).
  • Oviedo (unhas poucas parroquias do oriente lugués).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Catedral

Unha catedral é un importante templo de culto onde un bispo católico, anglicano ou luterano ten a súa sé ou cátedra: outras crenzas cristiás sen a figura do bispo, como a Igrexa de Escocia, tamén manteñen a denominación de catedral. Normalmente é meirande cós templos (igrexa) que non sexan sé dun bispado ou cabeza de diocese.

As catedrais deben o seu nome a que no interior delas se impartían cátedras (inicialmente do latín cathedra, 'onde sentar', que tamén orixinaría a palabra cadeira) ós seminaristas versadas en Latín, Gramática ou Teoloxía.

O nome sé provén do latín sedis. Sé tamén se aplíca á principal igrexa cristiá, a Santa Sé.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Diocese católica latina de Lugo

A diocese de Lugo (en latín: Dioecesis Lucensis in Hispania) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No ano 2004 contaba con 296.389 bautizados sobre 296.961 habitantes. Actualmente está presidida polo bispo Alfonso Carrasco Rouco.

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da Arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Diocese católica latina de Ourense

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet.

Diocese católica latina de Tui-Vigo

A diocese de Tui-Vigo (en latín: dioecesis Tudensis-Vicensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. O seu patrón é san Telmo e actualmente está presidida polo bispo Luís Quinteiro Fiúza.

Diocese de Britonia

A diocese de Britonia (tamén chamada de Bretoña) foi unha antiga división episcopal da Gallaecia, e na actualidade é unha sé titular da Igrexa Católica.

Ferreira, San Sadurniño

San Paio de Ferreira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (143 mulleres e 150 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lamas, San Sadurniño

San Xiao de Lamas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (243 mulleres e 251 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 517 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Loira, Valdoviño

San Pedro de Loira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 298 habitantes. Ten unha superficie de 7,5 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lourido, Valdoviño

San Bartolomeu de Lourido é unha parroquia situada no sur do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes. Ten unha superficie de 3,7 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Manuel Lago González

Manuel Lago González, nado en Randufe (Tui) o 25 de outubro de 1865 e finado en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1925, foi un eclesiástico, poeta, teólogo e arqueólogo galego, en lingua galega e castelán. En 1973 foille dedicado o Día das Letras Galegas.

Méixome, Lalín

Santiago de Méixome é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 131 habitantes (73 mulleres e 58 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 146 habitantes. Pertence ao arciprestado do Deza e á diocese de Lugo.

O Sequeiro, Valdoviño

Santa María do Sequeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 686 habitantes (352 mulleres e 334 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, 23 menos ca en 1999. Ten unha superficie de 3,8 km², cunha densidade de 180,52 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Os Vilares, Guitiriz

San Vicenzo dos Vilares é unha parroquia do concello de Guitiriz, a sete quilómetros da vila en dirección nordeste. En 2012 tiña unha poboación de 574 habitantes (278 homes e 296 mulleres).

O topónimo Vilares procede do latín villa, villaris, referido a unha casa de campo, granxa ou poboación. A advocación da parroquia é na honra de San Vicenzo. Pertence á diocese de Mondoñedo e xa tiña curato no século X.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Valdoviño, Valdoviño

Santalla de Valdoviño é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2.221 habitantes (1.087 mulleres e 1.134 homes) distribuídos en 56 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.037 habitantes. Ten unha superficie de 14,3 km² (a parroquia máis ampla do concello), cunha densidade poboación de 155,31 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Divisións territoriais católicas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.