Dino Risi

Dino Risi, nado en Milán o 23 de decembro de 1916 e finado en Roma o 7 de xuño de 2008, foi un director de cine italiano, considerado un dos "mestres" da Commedia all'italiana xunto con Mario Monicelli, Luigi Comencini, Nanni Loy e Ettore Scola.

Dino Risi
Dino Risi Cannes
Dino Risi no Festival de Cannes de 1993.
Nome completoDino Risi
Nacemento23 de decembro de 1916
LugarMilán, Italia Italia
Falecemento7 de xuño de 2008 (91 anos)
LugarRoma, Italia Italia
Causacancro
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Educado enUniversidade de Roma "La Sapienza" e Universidade de Milán
FillosClaudio e Marco
ProfesiónDirector de cine (1946 - 2002)

Traxectoria

Risi ficou orfo con doce anos, quedando ó coidado de parentes e amigos da súa familia. [1] Estudou medicina e converteuse máis tarde en psiquiatra.

Comezou a súa carreira no cinema como asistente de dirección de cineastas como Mario Soldati e Alberto Lattuada. Máis tarde comezou a dirixir os seus propios filmes nos que deu oportunidades a futuras estrelas de cine como Sophia Loren e Vittorio Gassman.[1]

Os seus maiores logros foron Poveri ma belli, seguida por dúas secuelas tamén dirixidas por el; Una vita difficile; Il sorpasso; I Mostri ou, en curtametraxe, I Mostri; e Perfume de muller, que foi protagonizada por Al Pacino en 1992.

No 2002, foi premiado co "León de Ouro pola súa traxectoria" (Leone d'oro alla carriera) e no Festival de Cine de Venecia polo seu traballo. Dous dos seus filmes, Il giovedì e Il commissario Lo Gatto, foron mostradas nunha sección retrospectiva na comedia italiana no "67 Festival de Cine Internacional de Venecia".[2]

Deixou dous fillos, Claudio e Marco.[1]

Filmografía

  • Verso la vita (1947)
  • Vacanze col gangster (1952)
  • Il viale della speranza (1953)
  • L'amore in città (episodio "Paradiso per 4 ore", 1953)
  • Il segno di Venere (1955)
  • Pane, amore e... (1955)
  • Poveri ma belli (1956)
  • La nonna Sabella (1957)
  • Belle ma povere (1957)
  • Venezia, la luna e tu (1959)
  • Il vedovo (1959)
  • Poveri milionari (1959)
  • Il mattatore (1959)
  • Un amore a Roma (1960)
  • A porte chiuse (1961)
  • Una vita difficile (1961)
  • Il sorpasso (1962)
  • La marcia su Roma (1962)
  • Il giovedì (1963)
  • I mostri (1963)
  • Le bambole (episodio "La telefonata", 1965)
  • Il gaucho (1965)
  • I complessi (episodio "Una giornata decisiva", 1965)
  • L'ombrellone (1966)
  • I nostri mariti (episodio "Il marito di Attilia", 1966)
  • Operazione San Gennaro (1966)
  • Il Tigre (1967)
  • Straziami, ma di baci saziami (1968)
  • Il profeta (1968)
  • Vedo nudo (1969)
  • Il giovane normale (1969)
  • In nome del popolo italiano (1971)
  • La moglie del prete (1971)
  • Noi donne siamo fatte così (1971)
  • Mordi e fuggi (1973)
  • Sessomatto (1973)
  • Perfume de muller (1974)
  • The Career of a Chambermaid (1976)
  • Anima persa (1977)
  • La stanza del vescovo (1978)
  • I nouvi mostri (episodios "Con i saluti degli amici", "Tantum ergo", "Pornodiva", "Mammina mammona" e "Senza parole", 1978)
  • Primo amore (1978)
  • Caro papà (1979)
  • Sono fotogenico (1980)
  • I seduttori della domenica (episodio "Roma", 1980)
  • Fantasma d'amore (1981)
  • Sesso e volentieri (1982)
  • ...e la vita continua (TV, 1984)
  • Dagobert (1984)
  • Scemo di guerra (1985)
  • Teresa (1987)
  • Il commissario Lo Gatto (1987)
  • Il vizio di vivere (1989)
  • Tolgo il disturbo (1990)
  • Giovani e belli (1996)
  • Esercizi di stile (episodio "Myriam", 1996)

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Italian director Dino Risi dies, BBC
  2. "Italian Comedy - The State of Things". labiennale.org. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2010. Consultado o 2010-08-01.

Véxase tamén

Ligazóns externas

2008

2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

Foi designado:

O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.

Ano Internacional das Linguas.

Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.

Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU.

Ano Europeo do Dialogo Intercultural.

Ano Internacional do Saneamento.

23 de decembro

O 23 de decembro é o 357º día do ano do calendario gregoriano e o 358º nos anos bisestos. Quedan 8 días para finalizar o ano.

48ª edición dos Óscar

A 48.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 29 de marzo de 1976 no Dorothy Chandler Pavilion dos Ánxeles (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Walter Matthau, Robert Shaw, George Segal, Goldie Hawn e Gene Kelly.

65ª edición dos Óscar

A 65.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 29 de marzo de 1993 no Dorothy Chandler Pavillion dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Billy Cristal.

7 de xuño

O 7 de xuño é o 158º día do ano do calendario gregoriano e o 159º nos anos bisestos. Quedan 207 días para finalizar o ano.

Cuncha de Ouro á Mellor Película

A Cuncha de Ouro é un premio entregado na sección oficial do Festival Internacional de Cine de Donostia que concede o xurado a unha das películas a concurso. Outórgase desde o ano 1957, no que a FIAPF (Federación Internacional de Asociacións de Produtores de Films) recoñécelle a categoría A como festival competitivo non especializado.

Festival Internacional de Cine de Donostia

O Festival Internacional de Cine de Donostia (en éuscaro: Donostiako Zinemaldia, en castelán: Festival de San Sebastián, en inglés: San Sebastian International Film Festival) é un certame cinematográfico da máxima categoría (A) acreditada pola FIAPF iniciado o 21 de setembro de 1953 na cidade vasca de Donostia. Ten lugar anualmente a finais do mes de setembro.

O de Donostia é o máis importante dos festivais de cine de España e dos países de fala hispana e un dos máis lonxevos e prestixiosos de Europa. Algúns dos acontecementos máis salientables da súa historia son a estrea mundial da película Vértigo, de Alfred Hitchcock, a estrea europea da saga de Star Wars ou a estrea mundial de Melinda and Melinda, de Woody Allen.

No seu máis de medio século de existencia, o festival propiciou o descubrimento de novos talentos do mundo do cine, ó mesmo tempo que gozou da presenza e do apoio de estrelas internacionais consagradas coma Alfred Hitchcock ou Audrey Hepburn.

O axustado do orzamento e a importante competencia do resto de festivais internacionais deu lugar a unha progresiva diminución no número de estrelas de cine que acudiron a Donostia nas últimas edicións. Con todo, o papel predominante do cine e a participación da cidadanía donostiarra no certame son o que máis atractivo resulta ós participantes, que ven no de Donostia o festival de categoría A máis puramente cinematográfico de cantos se celebran. O compromiso social e o apoio ó cine independente son algunhas das características das últimas edicións.

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

O Festival Internacional de Cinema de Mar del Plata é un famoso festival de cine internacional que se realiza todos os anos na cidade de Mar del Plata (Arxentina). Este festival pertence á categoría "A", recoñecido así pola Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos (FIAPF).

Lucia Bosè

Lucia Borloni, nada en Milán o 28 de xaneiro de 1931 é unha actriz italiana coñecida como Lucia Bosè, que acadou a fama durante a época do neorrealismo. É a nai do cantante Miguel Bosé.

Marcello Mastroianni

Marcello Mastroianni, nado en Fontana Liri, Italia, o 28 de setembro de 1924 e finado en París, Francia, o 19 de decembro de 1996, foi un célebre actor italiano.

Mario Monicelli

Mario Monicelli ([ˈmarjo moniˈtʃɛlli]), nado en Roma o 16 de maio de 1915 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 2010 foi un director e guionista italiano, un dos mestres da Commedia all'Italiana.

Perfume de muller

Perfume de muller (en italiano: Profumo di donna) é un filme italiano dirixido por Dino Risi, baseado na historia Il buio e il miele, de Giovanni Arpino. Tanto Risi e o actor protagonista Vittorio Gassman gañaron importantes premios franceses e italianos. Estivo nomeado na 48ª edición dos Oscar na categoría de Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Fíxose un remake estadounidense co título Scent of a Woman.

Estreouse en galego o 8 de outubro de 2017 a través da TVG.

Sorpasso

Sorpasso («adiantamento» en italiano) pode referirse a:

Sorpasso, termo económico que describe o adiantamento dun país respecto doutro en termos de produto interior bruto (PIB).

Sorpasso, en política, e de xeito análogo á acepción económica, adantamento nos resultados electorais ou de intención de voto dun partido político respecto doutro.

Il sorpasso, película de 1962 dirixida por Dino Risi

Fiat 147 Sorpasso, modelo de automóbil.

Terence Hill

Terence Hill, nome artístico de Mario Girotti (Venecia, 29 de marzo de 1939) é un célebre actor e director italiano, particularmente recoñecido polas súas películas a carón de Bud Spencer (Carlo Pedersoli).

Vittorio De Sica

Vittorio De Sica, nado en Sora o 7 de xullo de 1901 e finado en Neuilly-sur-Seine o 13 de novembro 1974, foi un actor e director teatral e cinematográfico italiano, unha das figuras eminentes do neorrealismo. Protagonizou un cento de filmes e dirixiu outros trinta.

Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa

O Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa é un dos Premios da Academia, popularmente coñecidos como Oscars, entregados anualmente pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS). Este galardón entrégaselle ós filmes producidos fóra dos Estados Unidos co diálogo predominante non inglés.Cando se celebrou a primeira cerimonia dos Óscar o 16 de maio de 1929, non existía unha categoría separada para filmes estranxeiros. Entre 1947 e 1955, a Academia presentou o Oscar especial/honorífico ós mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. Porén, eses premios non se entregaron de forma regular (non houbo premio en 1953), e non eran competitivos xa que non había candidatos, senón simplemente un filme premiado por ano. Para a 29ª edición dos Óscar (1956), foi creado un Premio Oscar ó Mérito de carácter competitivo para os filmes en lingua non inglesa que foi entregado anualmente dende entón.

Premios
Premios César
Mellor Filme Estranxeiro
1976 Perfume de muller

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.