Dinastía Shang

A dinastía Shang comeza e no ano 1766 a.C. e remata no 1122 a.C.. Apodérase da Dinastía Xia, emprendendo esta nova dinastía, onde se inicia o comercio. Son inventados o arco e a frecha, o calendario chinés e perfecciónase a escrita.

LiBai-Kalligraphie
Historia da China
Os Tres Augustos e os Cinco Emperadores
-2205 Dinastía Xia
-1570 Dinastía Shang
 -1046 Dinastía Zhou
 -722 Primaveras e Outonos
 -453 Reinos combatentes
 -221 Dinastía Qin
 -206 Dinastía Han occidentais
9 Dinastía Xin
  25 Dinastía Han orientais
 220 Tres Reinos
 265 Dinastía Jin e
 304 Dezaseis Reinos
 420 Dinastías do Nortee do Sur
 581 Dinastía Sui
 618 Dinastía Tang
 690 Dinastía Zhou
 907 As Cinco Dinastías e os Dez Reinos
 960 Dinastía Song
 907 Dinastía Liao
1032 Dinastía Xixia
1115 Segunda dinastía Jin
1234 Dinastía Yuan
1368 Dinastía Ming
1644 Dinastía Qing
1912 República da China
1949 República popular
  Taiwan
China 1
Extensión da dinastía

Soberanos da Dinastía Shang

Orde de
reinado
Anos de
reinado
Nome en
Chinés
Pinyin Notas
01 29 Tāng Un rei sabio; derrocou ao tirano Jié (桀) de Xià (el 夏)
02 02 外丙 Wài Bǐng  
03 04 仲壬 Zhòng Rén  
04 33 太甲 Tài Jiǎ  
05 29 沃丁 Wò Dǐng  
06 25 太庚 Tài Gēng  
07 36 小甲 Xiǎo Jiǎ  
08 12 雍己 Yōng Jǐ  
09 75 太戊 Tài Wù  
10 11 仲丁 Zhòng Dīng  
11 15 外壬 Wài Rén  
12 09 河亶甲 Hé Dǎn Jiǎ  
13 19 祖乙 Zǔ Yǐ  
14 16 祖辛 Zǔ Xīn  
15 20 沃甲 Wò Jiǎ  
16 32 祖丁 Zǔ Dīng  
17 29 南庚 Nán Gēng  
18 07 陽甲 Yáng Jiǎ  
19 28 盤庚 Pán Gēng Move a capital a Yin (Anyang); idade de ouro dos Shang
20 21 小辛 Xiǎo Xīn  
21 21 小乙 Xiǎo Yǐ  
22 59 武丁 Wǔ Dīng Primeiro nome histórico; ósos oraculares
con protoescritura chinesa
23 07 祖庚 Zǔ Gēng  
24 33 祖甲 Zǔ Jiǎ  
25 06 廩辛 Lǐn Xīn  
26 06 庚丁 Gēng Dīng Kang Ding (康丁 Kāng Dīng)
27 04 武乙 Wǔ Yǐ  
28 03 太丁 Tài Dīng Wen Ding (文丁 Wén Dīng)
29 37 帝乙 Dì Yǐ  
30 33 帝辛 Dì Xīn Zhòu (紂), Zhòu Xīn (紂辛) ou Zhòu Wáng (紂王)

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Arte chinesa

Dende as orixes das historia chinesa creáronse obxectos en bronce, xade e óso, que recolleron o espírito e efecto buscado nos rituais chamanistas.

Estas formas en bronce e xade amosna por primeira vez un dos principios esenciais da arte chinesa: a síntese entre o espírito creador artístico e a función social e xerárquica á que estaban destinados dende a súa concepción. O primeiro deles mostrábase na exquisitez das formas, na orixe dos temas decorativos tomando como paradigma as forzas da natureza e a súa acción sobre o espírito humano, e no gran coñecemento técnico dos materiais que caracterizaron a tódalas formas artísticas.

Como complemento tanto a diversificación das formas como a iconografía coa que se adornaban correspondían ós principios de xerarquización social e uso ritual que caracterizou os inicios da civilización chinesa coa Dinastía Shang e a Dinastía Zhou. Nesta última dinastía xorden as escolas de filosofía que afondaron na relación do individuo co seu entorno e a consideración social do mesmo, establecendo os fundamentos teóricos sobre que se desenvolvería a teoría chinesa da arte séculos máis tarde.

Referímonos fundamentalmente ó taoísmo e ó confucianismo, senón por iso afirmar que existe unha clara división entre o que algúns consideran arte taoísta como manifestación disgregada dunha suposta arte confucian.

Calendario chinés

O calendario chinés (chinés tradicional:農曆; chinés simplificado: 农历; pinyin: nónglì) é un calendario lunisolar, a diferenza do calendario gregoriano occidental que emprega calendario solar.

O calendario chinés divídese en seis meses de 29 días e seis meses de 30 días, o que resulta en anos de 354 días. De aí que o calendario chinés non coincida co calendario occidental que, en xeral, ten 365 días. Cada mes lunar iníciase na lúa nova e o Aninovo Chinés está determinado pola segunda lúa nova despois do solsticio do 21 de decembro (ou solsticio de inverno), que ocorre entre finais de xaneiro e mediados de febreiro segundo o calendario gregoriano.

Para axustar o ciclo lunar de 354 días ó ciclo solar de 365 débese intercalar un mes cada dous ou tres anos, á diferenza do calendario gregoriano solar que engade un día cada catro anos.

Dinastía Xia

A dinastía Xia (chinés: 夏, pinyin: Xià, Wade-Giles: Hsia), que segundo as crónicas chinesas durou dende o século XXI a. C. ao século XVI a. C., é considerada como a primeira dinastía na historia chinesa. As memorias históricas de Sima Qian recollen os nomes dos 17 reis desta dinastía. Foi seguida pola dinastía Shang e, segundo o relato de Sima Qian, precedida polo período lendario dos tres augustos e cinco emperadores.

O carácter 夏 desta dinastía forma parte do nome da rexión chinesa actual de Ningxia, e aparece tamén no nome poético de China Huáxià (華夏).

Dì Yǐ

Dì Yǐ (帝乙) foi un rei da dinastía Shang da China de 1101 a 1076 a.C.

Escrita chinesa

A escrita chinesa é un sistema de escrita vello de case 4000 anos. É un sistema logográfico que emprega un número de signos moi grande, chamados caracteres, que representan palabras ou morfemas individuais. Este sistema servíu como forza unificadora durante a historia da China pois é independente das realizacións orais. Desde a épocda dinastía Quin en diante utilizouse unha lingua escrita padrón (nun principio chinés clásico e logo chinés vernáculo) como intermediario entre os diferentes dialectos chineses.

O número de caracteres chineses contidos no dicionario Kangxi é de aproximadamente 47.035, aínda que un gran número deles sexa usado moi raramente, moitos produto da acumulación ao longo da historia. Os estudos emprendidos en China mostran que para unha completa alfabetización se require un coñecemento de entre 3.000 e 4.000 caracteres.

Handan

Handan é unha cidade de China, unha das maiores da provincia de Hebei, no centro norte do país.

Está na beira occidental da gran chaira chinesa ao pé das Montañas Taihang, que fan fronteira coa provincia de Shanxi.

Situada nun dos berces da civilización chinesa, tense constancia de asentamentos no área dende a Dinastía Shang no segundo milenio antes da nosa era. A primeira mención data do 500aC pero a súa fama é consecuencia de ser elixida coma capital do Estado de Zhao (386-228aC) durante o período dos Reinos Combatentes.

A poboación da municipalidade era de 8 499 000 (2004) para 12.000km2, dos que 1 390 000 considéranse da cidade propiamente dita.

Henan

Henan (en chinés 河南|河南, en pinyin Hénán) é unha provincia da República Popular da China, localizada no centro do país. É o berce da civilización chinesa con 3 000 anos de historia rexistrada, e permaneceu o centro cultural, político e económico ata hai aproximadamente mil anos. Entre os seus tesouros artísticos salientan as ruínas da capital da dinastía Shang, Yin Xu, e o mosteiro Shaolin. Catro das oito capitais históricas chinesas están en Henan: Luoyang, Anyang, Kaifeng e Zhengzhou are located in Henan.

Cunha superficie de 167 000 km2, Henan cobre unha gran parte do fértil e densamente poboado planicie do norte da China. As provincias veciñas son Shanxi, Shaanxi, Shandong, Hebei, Anhui e Hubei. Henan é a terceira provincia por poboación, con 94 millóns de habitantes e mais é a quinta economía provincial e a primeira das provincias do interior, aínda así o seu PIB é baixo comparado con outras provincias orientais e centrais, e Henan está considerada unha das zonas menos desenvolvidas da China, cunha industria tecnolóxica e un sector servizos escasamente desenvolvidos e concentrados arredor de Zhengzhou e Luoyang, continuando a súa economía dependendo do aluminio e do carbón, así como da agricultura, a industria pesada, o turismo e o comercio polo miúdo.

Historia da China

A historia da China, como cronoloxía dunha das civilizacións máis antigas do mundo con continuidade até a actualidade, ten as súas orixes na conca do río Amarelo, onde xurdiron as primeiras dinastías Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antigüidade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradición historiográfica moi precisa, que ofrece unha narración continua dende as primeiras dinastías até a idade contemporánea.

China é unha das civilizacións antigas máis vellas de todo o mundo que durou dende antes de que Cristo nacese até os nosos tempos. O zodíaco chinés ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o dragón e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

A enorme extensión de territorio ocupado polo estado actual da República Popular China fai que a historia de todo este territorio sexa a dun gran número de pobos. O fío condutor da historia china céntrase no grupo étnico han, que están intimamente asociados á evolución da lingua chinesa e o seu sistema de escritura, baseado nos caracteres. Nesta continuidade cultural e lingüística establécese unha liña expositiva da historia da civilización china, que, dende os textos máis antigos do I milenio a. C., como os clásicos confucianos, e polas grandes historias dinásticas promovidas polos emperadores, se segue utilizando. Os descubrimentos arqueolóxicos do século XX, moi en especial os dos ósos oraculares, que recollen as primeiras manifestacións escritas en chinés, contribuíron nas últimas décadas a un coñecemento máis detallado das orixes da civilización china.

A narración tradicional china da historia baséase no chamado ciclo dinástico, mediante o cal os acontecementos históricos explícanse como o resultado de sucesivas dinastías de reis e emperadores que pasan por etapas alternas de auxe e declive. Os emperadores poñíanlle aos anos o seu apelido, o 1700 foi en china o ano 38 da era Kangxi, mentres que o 1750 era o ano 15 da era Qianlong. Incluso hoxe en día, en Taiwán ao ano 2007 denomínase en certos contextos como o 96 da República. Este uso das dinastías e os seus emperadores para a propia datación dos anos fixo imprescindible o dominio da cronoloxía dinástica para penetrar no estudo da historia de China.

Historia de Handan

Pola súa situación próxima ao berce da dinastía Shang foi lugar de asentamentos dende o segundo milenio antes da nosa era. A primeira mención escrita do lugar aparece no tempo das Primaveras e Outonos (719-476 aC) da dinastía dos Zhou Orientais.

Historia do mundo

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido. Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

II milenio a. C.

O segundo milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 2000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 1001 a. C.

Idade de Bronce

A Idade de Bronce é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán.

Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).

Lingua chinesa

O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).

Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna.

De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular da China fala unha variante do chinés. O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.

Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés escríbese con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero máis comunmente representan pronuncias e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base das escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronuncia.

Século -XI

século XII adC < século XI adC > século X adC

O século XI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 1100 a. C. e terminou o 31 de decembro de 1001 a. C.

O século XI a.C. en Europa forma parte do período da Idade de Ferro onde continúan os cambios postos en marcha no século anterior, de modo que as antigas civilizacións da Idade de Bronce ceden o control a novos pobos.

Yin Xu

Yin Xu é unha antiga capital da China. Localizada preto da cidade de Anyang, no norte da Provincia de Henan, Yin Xu foi a capital do estado durante a última parte da dinastía Shang. As ruínas testemuñan unha nova era na historia da China, cunha economía, sistema político e militar, tecnoloxía e cultura desenvolvidas, no que era unha sociedade de escravos típica. As inscricións en oráculos atopados no lugar representan a máis antiga escrita chinesa coñecida.

Yin Xu foi descuberta a comezos do século XX, efectuándose as primeiras escavacións en 1928. De 1926 a 1937 foron realizadas quince escavacións. Desde 1950, téñense feito múltiplos estudos do lugar. En 1961, Yin Xu foi proclamado lugar histórico protexido e en 2006 declarouse Patrimonio Mundial da UNESCO.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.