Dinamita

A dinamita[1] é un explosivo feito de nitroglicerina, absorbentes e estabilizadores. Foi inventada polo químico e enxeñeiro sueco Alfred Nobel en Geesthacht, e patentada en 1867.[2]

Dynamite-5
Diagrama da dinamita:
A. Material absorbente poroso mesturado con nitroglicerina.
B. Capa cilíndrica que envolve o material explosivo.
C. Detonador.
D. Cable eléctrico que se concecta ao detonador.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dinamita.
  2. Schück & Sohlman (1929), p. 101.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cartwright, A. P. (1964). The Dynamite Company: The Story of African Explosives and Chemical Industries Limited. Cape Town: Purnell & Sons (S.A.) (Pty) Ltd.
  • Schück, H. and Sohlman, R. (1929). The Life of Alfred Nobel. Londres: William Heinemann Ltd.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
10 de xaneiro

O 10 de xaneiro é o 10º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 355 días para finalizar o ano, 356 nos anos bisestos.

25 de novembro

O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.

3 de setembro

O 3 de setembro é o 246º día do ano do calendario gregoriano e o 247º nos anos bisestos. Quedan 119 días para finalizar o ano.

Alfred Nobel

Alfred Bernhard Nobel, nado en Estocolmo o 21 de outubro de 1833 e finado en San Remo o 10 de decembro de 1896, foi un inventor e químico sueco, famoso principalmente polos premios que levan o seu nome.

DuPont

DuPont ou E. I. du Pont de Nemours and Company é unha multinacional química estadounidense. Foi fundada en 1802 por Eleuthère Irénée du Pont. É unha das máis grandes empresas do sector químico xunto con Basf ou Dow Chemical Company.

É coñecida a nivel mundial polos polímeros que inventou como: o Vespel, neopreno, nailon, plexiglás, teflón, Kevlar, Nomex, Tyvek, Sorona, lycra ou o Corian.

DuPont desenvolveu o freón (clorofluorocarbonos) como refrixerante industrial, e posteriormente alternativas máis ecolóxicas.

Explosivo

Un material explosivo, chamado tamén sinxelamente explosivo, é unha substancia reactiva que contén unha grande cantidade de enerxía potencial que pode producir unha explosión se é liberada repentinamente, usualmente acompañada dunha produción de luz, calor, son, e presión nun périodo moi breve de tempo. Un explosivo é un artefacto máis ou menos sinxelo, habitualmente provisto dun mecanismo accionador e dun material que se expande. Unha carga explosiva é unha certa cantidade de material explosivo, que pode estar composto por un só ingrediente ou unha combinación de dous ou máis.

Hai moitos tipos de explosivo segundo a súa composición química. En xeral, os materiais explosivos deben cumprir dúas características principais:

Son químicamente inestables.

O proceso de iniciación produce unha expansión súbita do material e un cambio de presión, tipicamente acompañados dun flash e un forte ruído: a explosión.O explosivo máis antigo coñecido é a pólvora. No século XIX inventouse a nitroglicerina, que é moi inestable, e máis tarde Alfred Nobel perfeccionouna e inventou a dinamita, que é máis estable.

Os explosivos son perigosos, e hainos de moitos tipos que se poden facer con produtos caseiros, do tipo de combinar ácido clorhídrico con ácido acetilsalicílico.

Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive

O Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) foi un grupo armado galego terrorista cuxo obxectivo era a independencia de Galiza e a instauración dun réxime socialista, operativo en Galicia entre 1987 e 1991.

Fixación do nitróxeno

A fixación do nitróxeno é o proceso por medio do cal o nitróxeno (N2) que se encontra na atmosfera terrestre se combina con hidróxeno ou osíxeno, converténdose en amoníaco (NH3) ou óxidos, compostos que poden incorporarse á biosfera. O nitróxeno atmosférico (N2) está formado por dous átomos de nitróxeno unidos por un triplo enlace moi forte, e é unha molécula bastante inerte, é dicir, non reacciona doadamente con outros compostos químicos para formar novos compostos. O proceso de fixación libera os átomos de nitróxeno da molécula diatómica (N2) para que poida utilizarse para fabricar compostos que poidan incorporarse ao metabolismo dos seres vivos.

A fixación do nitróxeno é esencial para todas as formas de seres vivos porque se require nitróxeno para biosintetizar compoñentes básicos de todos os seres vivos, como son os nucleótidos do ADN e ARN e os aminoácidos das proteínas, xunto con cabezas polares de fosfolípidos, aminoazucres e outros compostos. Por tanto, a fixación do nitróxeno é esencial para os ecosistemas, os cultivos agrícolas e en procesos industriais para a fabricación de fertilizantes ou explosivos (pólvora, dinamita, TNT etc.). A fixación do nitróxeno ocorre de forma natural de xeito abiótico (pola acción dos lóstregos na atmosfera) ou biótico (por acción de microorganismos) ou de forma artificial (na industria).Aínda que a fixación do nitróxeno xeralmente dá lugar a amoníaco (NH3), o termo temén inclúe outras conversións biolóxicas nas que se orixina dióxido de nitróxeno (NO2). Os microorganismos que fixan o nitróxeno denomínanse diazótrofos. Algunhas plantas superiores, e algúns animais (térmites), estableceron diversas asociacións simbióticas con diazótrofos.

A fixación biolóxica do nitróxeno descubriuna o agronomista alemán Hermann Hellriegel e o microbiólogo holandés Martinus Beijerinck.

Goma 2 (explosivo)

Para obter información sobre a banda de rock galega ver o artigo Goma 2.

A Goma-2 é un explosivo do tipo dinamita de fabricación española para uso industrial (sobre todo en minaría) pola Unión Española de Explosivos, S.A. (actualmente MAXAM). Comercialízase alo menos en dúas variantes, a Goma-2 EC e mais a Goma-2 ECO.

Foi empregada pola ETA en atentados cometidos nas décadas dos 80 e 90 do século XX.

Igrexa de San Vicenzo de Elviña

A igrexa de San Vicenzo de Elviña é un templo relixioso situado en Elviña (A Coruña).

Illa de Navassa

Navassa (en castelán: Navaza) é unha pequena illa deshabitada do Mar Caribe. É unha Área insular dos Estados Unidos, e constitúe un territorio non incorporado dos Estados Unidos, administrado polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos EUA. Con todo, a illa é reclamada por institucións privadas e por Haití.

La Sonora Dinamita

La Sonora Dinamita é unha agrupación colombiana de música cumbia, formada a finais da década dos cincuenta, creada polo propietario de Discos Fuentes como un proxecto cuxo líder da agrupación foi o falecido cantante Lucho Argaín. A súa primeira produción data do ano 1960 e foi o álbum titulado "Ritmo", que acadou un éxito rotundo en Colombia.

Nitroglicerina

A nitroglicerina (nome IUPAC trinitrato de 1,2,3-propanotriol) é un éster orgánico, que se obtén mesturando ácido nítrico concentrado, ácido sulfúrico e glicerina. A súa fórmula molecular é C3H5N3O9. O resultado é altamente explosivo. É un líquido a temperatura ambiente, o cal a fai altamente sensible a calquera movemento, facendo moi difícil a súa manipulación, aínda que se pode conseguir unha estabilidade relativa engadíndolle algunhas substancias como o aluminio. Pódese extraer empregando como precursor o xabón.

Usualmente transpórtase en caixas acolchadas a baixa temperatura para diminuír o risco de explosión, xa que se excede os 41 °C (temperatura límite estimada) prodúcese unha reacción moi violenta debido á axitación intermolecular:

A nitroglicerina é o compoñente principal dalgunhas mesturas explosivas como a abelita composta por un 65 % de nitroglicerina, 30 % de algodón pólvora, 3,5 % de salitre e finalmente un 1,5 % de carbonato de sodio.

En medicamento, úsase como vasodilatador para o tratamento da enfermidade isquémica coronaria, o infarto agudo de miocardio e a insuficiencia cardíaca conxestiva. Adminístrase polas vías oral, transdérmica, sublingual ou intravenosa.

Parlamentarismo

O parlamentarismo é un sistema de goberno no cal o Xefe de Estado (que pode ser un monarca, pénsese en Inglaterra ou presidente, como ocorre en Portugal), non detenta as funcións de Xefe de Goberno.

O xefe de Goberno, xeralmente co título de primeiro ministro, é escollido polo parlamento entre o partido ou bloque de partidos que conforman a coalición maioritaria, pero nada impide que a oposición venza. Se unha crise política dinamita a base sobre a que se sustenta o goberno, o parlamento poderá destituír o xefe de goberno do poder executivo e substituílo por outro. Teoricamente, o líder do partido ou coalición que obteña a maioría das cadeiras parlamentarias terá o dereito de escoller o xefe de goberno e compor o gabinete de goberno. Mais, ás veces, iso non ocorre. Unha desas excepcións aconteceu en Europa, co Gabinete Español, no ano 2004, pois, no mesmo, a oposición, con minoría simple no novo sufraxio, gañou as eleccións e montou un novo goberno parlamentarista, outra denominación do parlamentarismo.

A orixe do parlamentarismo remonta ao Reino de León, cando o soberano Afonso IX compartiu o poder cun parlamento (Cortes de León, 1188). Os primeiros consellos dese tipo reuníanse ó redor dunha grande mesa, na cal o rei ficaba na cabeceira en posición máis alta, e as persoas influentes ocupaban ámbolos lados. Canto máis rico, íntimo ou influente fose, máis próximo do rei podería o nobre sentarse.

Pódese dicir que Inglaterra foi o berce do parlamentarismo moderno, sendo o primeiro país en limitar os poderes do seu monarca, chegando mesmo a decapitar un rei absolutista, Carlos I en 1649, transferindo o poder de goberno á Cámara dos Lores. Actualmente o Consello dos Lores é a Cámara dos Lores ou Cámara Alta para os ingleses. En Francia é o parlamento, no cal o Primeiro Ministro é elixido por un período de 6 anos. Outro exemplo é Israel, onde o principal partido do parlamento dende o 2004 é o Likud.

Propelente sólido

Os propelentes sólidos para foguetes son aqueles nos que o combustible e o oxidante están embebidos nunha matriz sólida.

Algunhas das súas vantaxes son:

A súa alta densidade e baixo volume.

Se poden almacenar por longos períodos de tempo.

Ignición inmediata sen necesidade de operacións de enchido de propelente.

Alta fiabilidade.E algunhas das súas desavantaxes son:

A masa dos foguetes que os conteñen é lixeiramente maior que nas súas contrapartidas líquidas.

Menor rendemento que os propelentes líquidos.

Problemas de transportabilidade ao tratarse dun tipo de propelente que se inserta no foguete en fábrica: o foguete necesítase transportar ou completo ou en segmentos.

Despois de ser acendidos é moi difícil apagalos ou regular o pulo.

Os fallos de foguetes de propelente sólido soen ser catastróficos.As súas vantaxes fanno o propelente ideal para aplicacións militares.

Selección de fútbol de Dinamarca

A selección de fútbol de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarks fodboldlandshold) é o equipo representativo de Dinamarca nas competicións internacionais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Unión Dinamarquesa de Fútbol (Dansk Boldspil-Union), pertencente á UEFA. O seu maior éxito foi o título da Eurocopa de Suecia 1992.

TV3

TV3 é a principal canle de televisión pública de Cataluña, pertencente a Televisió de Catalunya. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1983, emitindo con regularidade desde o 16 de xaneiro de 1984.

Foi a segunda canle de televisión autonómica que se instaurou en España logo de ETB 1 de Euskal Telebista, ademais da primeira en emitir toda a súa programación exclusivamente en catalán. É unha peza fundamental na normalización do catalán, non só en Cataluña, xa que se pode sintonizar en Andorra, leste de Aragón, Baleares e o Rosellón.

Algúns dos seus programas máis populares foron ou son Ventdelplà, Plats bruts, Dinamita, El cor de la ciutat, Temps de silenci, La columna, Alguna pregunta més?, Polònia, Crackovia ou Els matins.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.