Diglosia

Diglosia (que provén do grego δίγλωσσος, "de dúas linguas") é a distribución dunha ou máis variedades lingüísticas que, dentro dunha comunidade (linguas en contacto), por mor dunha desigual repartición de usos, cumpren unhas funcións distintas e empréganse en situacións e contextos diferentes.

Orixe e evolución do termo

O concepto desenvolveuno Charles Nine Ferguson no artigo Diglossia publicado na revista Word en 1959 para caracterizar dúas variedades dunha mesma lingua, na que unha, codificada, se emprega só nos ámbitos elevados e a outra, sen codificación, só nos ámbitos privados nunha situación estable no tempo[1]. Posteriormente o concepto evolucionou para cubrir situacións que implican dúas linguas e que poden mudar no tempo:

  • Bilingüismo e diglosia.
  • Diglosia sen bilingüismo: As dúas linguas compiten nos mesmos dominios. Unha delas acaba desaparecendo.
  • Bilingüismo sen diglosia: (Fishman, 1980). Bélxica, Canadá, Suíza. Áreas monolingües, linguas protexidas polas institucións.
  • Nin bilingüismo nin diglosia.

Tras reparar en que, a miúdo, os falantes dan en empregar unhas variedades lingüísticas ou outras segundo a situación en que se achen, Ferguson denominou diglosia á relación lingüística, ás veces conflitiva, que se establece entre esas variedades.

Fishman fai unha definición máis ampla nun estudo posterior, observa que a diglosia non equivale a bilingüismo e expresa que o termo pode referir as sociedades multilingües, aquelas que empregan unha lingua vernácula e outra clásica e mesmo a calquera sociedade na cal se empreguen dialectos ou variedades funcionalmente diferentes.

Tipos

A diglosia pode ser de dous tipos:

  • Endodiglosia, cando a diglosia se produce entre variantes dunha mesma lingua (en Marrocos o árabe clásico é a lingua oficial, mentres que o árabe magrebí se reserva para usos coloquiais).
  • Exodiglosia, se se trata de dúas linguas diferentes (galego e castelán en Galicia).

A realidade galega

Os estudos sobre a realidade lingüística galega coinciden en sinalar que a situación presente en Galiza é de diglosia sen bilingüismo de xeito que os ámbitos sociais de uso para cada unha das linguas son diferentes, pois emprégase o galego para as funcións de menor prestixio social (aínda que nalgúns ámbitos comparte usos co castelán, como nos referentes á administración autonómica), deixando o castelán para representar os usos formais (o mundo da xustiza, empresarial e medios de comunicación teñen unha presenza do castelán maioritaria e estábel), aquelas funcións máis cultas e de maior prestixio. Ademais tamén son diferentes os espazos xeográficos ó empregarse o galego no rural e nos alfoces das cidades, e o castelán nos núcleos das zonas urbanas. Por último, os interlocutores varían segundo o contexto requira un rexistro máis coloquial ou elevado entre unha lingua ou outra.

Notas

  1. Benigno Fernández Salgado e Henrique Monteagudo Do galego literario ó galego común. O proceso de estandarización na época contemporánea en Henrique Monteagudo (ed.) Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Galaxia, 1995, páxina 103

Véxase tamén

Outros artigos

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

Dialecto andaluz

O andaluz é un dialecto ou variedade lingüística histórica da lingua castelá, falada en Andalucía, Ceuta e Melilla e por andaluces emigrados principalmente a outras cidades españolas. Tamén é falado en Xibraltar e convive en Portugal, nas poboacións limítrifes con Huelva. Linguísticamente, comparte moitas características coas variedades usadas en zonas de Estremadura, Castela-A Mancha e a Rexión de Murcia. Existen numerosos rexistros do dialecto andaluz no Atlas lingüístico e etnográfico de Andalucía. Tamén é denominado «modalidade lingüística andaluza».

Discriminación

A discriminación (do latín discriminare, que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.

Grego chipriota

O dialecto grego chipriota do grego moderno é falado por máis de medio millón de persoas en Chipre e varios centos de miles fóra da illa. Nunca é empregado na escrita formal pero é a lingua falada cotiá de case todos os greco-chipriotas. Hai momentos específicos nos que se pide ou se considera educado falar grego estándar, como nas clases (pero non durante os recreos), no parlamento, nos medios de comunicación, e na presenza de estranxeiros que falen grego. Hai diglosia (no senso lingüístico) entre dhimotiki e o dialecto.

Guillermo Rojo

Guillermo Rojo Sánchez, nado na Coruña o 29 de marzo de 1947, é un lingüista galego. Na súa mocidade formou parte do colectivo musical Voces Ceibes.

Joshua Fishman

Joshua Fishman (Shikl Fishman), nado en 1926 en Filadelfia e finado o 1 de marzo de 2015, foi un sociolingüista norteamericano, especialista en yiddish e creador do concepto de diglosia.

Lingua chinesa

O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).

Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna.

De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular da China fala unha variante do chinés. O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.

Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés escríbese con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero máis comunmente representan pronuncias e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base das escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronuncia.

Lingua galega

O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.

Lingua galesa

A lingua galesa ou galés (Cymraeg ou y Gymraeg en galés, pronunciado /kəmˈrɑːɨɡ/, /ə ɡəmˈrɑːɨɡ/), é a lingua falada polo pobo galés, que é membro da póla britónica das linguas célticas falada en Gales (Cymru), en Inglaterra, nalgúns sitios preto da fronteira galesa, e na colonia de inmigrantes galeses no val de Chubut, na Patagonia arxentina.

Hai tamén falantes de galés ao redor do mundo, especialmente no resto da Gran Bretaña, os Estados Unidos, Canadá, Arxentina e Australia.

Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anos e ten un status de igualdade co inglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.

Ver lingua inglesa de Gales en relación coa lingua inglesa tal e como se fala en Gales.

Lingua minoritaria

O concepto de lingua minoritaria é un termo da sociolingüística tradicional para referirse a linguas que presentaban distintos graos de precariedade.

Lingua polaca

O polaco ou polonés é unha lingua eslava do nordés de Europa, oficial na República de Polonia e no Condado de Vilnius. Forma parte da póla lequítica das linguas eslavas setentrionais e existe un algo grao de intercomprensibilidade co checo e o eslovaco.

Lingua árabe

O árabe (العربية al-'arabiyyah, ou menos formalmente 'arabi), tamén chamado arábigo ou arábico, é a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas, e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe e é moi coñecida e estudada dentro do mundo islámico. O árabe leva sendo unha lingua literaria dende, polo menos, o sexto século, e é a lingua litúrxica do islam.

O termo "árabe" pode referirse tanto ó árabe literario, que non é falado como lingua materna por ningún árabe, como ó árabe moderno estándar, ou ás diferentes variedades do árabe, xeralmente chamadas "árabe coloquial". Os árabes consideran o árabe literario a lingua estándar, e adoitan ver o resto como simples dialectos.

O árabe literario refírese tanto á lingua utilizada polos medios de comunicación do Magreb e os do Oriente Medio, como á lingua, máis arcarca, do Corán. O árabe coloquial, pola súa banda, refírese ós diferentes dialectos falados polos habitantes das zonas arriba referidas de forma habitual. En moitas ocasións, son diferentes entre os distintos lugares de tal forma que o falante dun concreto dialecto do árabe pode non comprender outro dialecto. Xeralmente, estes dialectos non son linguas literarias, pero nalgúns hai algunhas pequenas mostras de literatura.

A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia (o uso normal de dúas diferentes variedades da mesma lingua, dependendo da situación na que a persoa se atope). Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Xa que o árabe escrito de hoxe en día é substancialmente diferente do árabe dos tempos do Corán, é normal (nos países occidentais) referirse a esta última coma árabe clásico e á lingua actual dos medios de comunicación como árabe moderno estándar. Os árabes, pola contra, utilizan o termo Fuṣḥa para referirse a ámbalas dúas, poñendo énfase no seu grande parecido.

Ás veces, é difícil traducir conceptos islámicos, e outros relacionados coa cultura árabe, sen utilizar a terminoloxía árabe. o Corán está expresado en árabe e, tradicionalmente, os musulmáns sosteñen que é imposible traducilo a ninguna lingua dunha forma que todo o seu significado se manteña. De feito, ata hai pouco tempo, moitas escolas de pensamento afirmaron que non se debería traducir de ningunha forma.

O galego posúe gran cantidade de palabras derivadas do árabe: azucre, laranxa, limón, álxebra, alcol, cénit etc.

Linguas indíxenas de América

As linguas indíxenas de América ou linguas amerindias son todas aquelas linguas faladas en América antes da chegada de Cristovo Colón polos amerindios norteamericanos e amerindios suramericanos. Non corresponden a unha soa familia lingüística senón a unha agrupación xeográfica. Moitas extinguíronse ou foron substituídas polo español, o portugués, o francés e o inglés, as linguas dos colonizadores. Hoxe en día moitas linguas indíxenas deben loitar pola súa supervivencia e o seu recoñecemento, xa que están ligadas a culturas rurais, cunha forte diglosia e, moitas, sen o apoio da escritura.

Constan de varias familias de linguas, así como diversas linguas illadas e non clasificadas. En varias ocasións propuxéronse grupos maiores de clasificación que hoxe en día non gardan consenso na comunidade científica. É sumamente dubidoso que se poida falar dunha soa familia chamada amerindia, do mesma xeito que non existe unha familia de linguas papuana nin unha familia caucásica, senón que eses termos só fan referencia á xeografía.

Deste xeito tampouco se pode determinar que, xeneticamente falando, as linguas de América se orixinaran dun único devanceiro recoñecible.

Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Literatura inglesa medieval

Durante este período de tempo ten lugar en Inglaterra un importante acontecemento que cambiará a traxectoria do pobo inglés: Guillerme I de Inglaterra (o Conquistador), procedente de Francia, convértese no novo rei de Inglaterra a partir do século XI. Guillerme invadiu Inglaterra dende Normandía, levando á súa armada á vitoria na Batalla de Hastings en 1066. A conquista normanda de Inglaterra trae como consecuencia un punto e a parte na evolución da lingua do país, un parón na produción literaria do inglés e un período de desprestixio social e decadencia deste idioma. Ocasionou unha situación de diglosia na sociedade inglesa da época que contribuíu á separación das clases sociais: mentres o rei e a nobreza falaban francés, os membros da Igrexa empregaban o latín e a xente pertencente aos estamentos máis baixos da sociedade falaban "a vernácula" (inglés).

A diglosia foi o factor que provocou o progresivo proceso de crioulización que o inglés sufriu co francés e en menor medida co latín dende a Idade Media. A palabras de orixe xermánica propias do anglosaxón orixinal tales coma o adxectivo "kingly" (monárquico) ou o verbo "to ask" (preguntar) foron incorporados sinónimos franceses coma "royal" e "to question" ou latinos coma "monarchical" e "to interrogate" respectivamente.

Durante a alta Idade Media houbo escasa produción literaria en inglés debido á súa negativa situación sociolingüística. Só a partir do século XIII é cando hai unha progresiva recuperación literaria do inglés que sería o preludio do xurdimento do nacionalismo inglés a partir do século XIV.

Marrocos

Marrocos (en bérber: Amrruk, en árabe: المغرب Al-Magrib) é un país do noroeste de África. A súa longa costa atlántica chega desde o Sáhara Occidental ata o estreito de Xibraltar para dar ao mar Mediterráneo (ao norte), e continúa cara ao leste ata chegar a Alxeria, coa que limita ao leste e sueste.

Nacionalismo valenciano

O nacionalismo valenciano é unha corrente social estruturada tanto cultural como politicamente que preserva e promove o recoñecemento da personalidade política, lingüística e cultural do País Valencià ou Nación Valenciana. Como ideoloxía, formou parte da sociedade valenciana durante máis de cen anos, cunha incidencia electoral e social variable, contribuíndo á concepción política do antigo Reino de Valencia e sendo un actor decisivo na reivindicación e consolidación do autogoberno da actual Comunidade Valenciana. Baixo a accepción de nacionalismo valenciano a miúdo inclúense grupos que politicamente deberían ser cualificados de "nacionalistas cataláns" ou sinxelamente como catalanistas, xa que entenden que a nación dos valencianos son os Países Cataláns.Historicamente, o valencianismo orixínase no século XIX como un movemento cultural durante a Renaixença valenciana nunha época na que se intentaba recuperar o prestixio social do valenciano e da cultura valenciana despois de séculos de diglosia e da desaparición do reino de Valencia baixo o absolutismo borbónico con iniciativas como a restauración dos Xogos Florais por Lo Rat Penat. Sería no século XX, e como escisións de Lo Rat Penat que xurdirían as primeiras asociacións valencianistas. Un dos seus primeiros fitos sería a Declaración valencianista de 1918, se ben non sería até a Segunda República Española que o nacionalismo valenciano acadaría certa presenza política e un clima favorable á consecución dun estatuto de autonomía. A ditadura franquista acabou coas aspiracións valencianistas, e diluíu a súa tradición. Durante a década de 1960, Joan Fuster i Ortells propuxo un novo valencianismo de tipo catalanista. Estes supostos provocaron a reacción dun sector do valencianismo encabezado por Aldert i Casp que vía nas propostas de Fuster non o tradicional irmandamento con Cataluña, senón un sometemento. A división interna do valencianismo viu aparellada coa intervención do nacionalismo español que atopou nas teorías do pancatalanismo un argumentario idéneo para atacar o catalanismo e ó mesmo tempo debilitar o valencianismo dende dentro na súa reivindicación de nacionalidade histórica durante o proceso estatutario e de recuperación nacional; os episodios máis virulentos deste conflito foron coñecidos co nome de Batalla de Valencia.

Durante a década de 1980 xurdiu o movemento rexionalista chamado blaverismo, caracterizado polo españolismo e o anticatalanismo, que se agrupou politicamente arredor do partido Unió Valenciana. Na década de 1990, os dirixentes deste partido integráronse maioritariamente no Partido Popular e Unió Valenciana practicamente desapareceu sen volver ter representación política nas Corts Valencianes. A comezos do século XXI, Juan García Sentandreu intentou resucitar o blaverismo formando o partido Coalició Valenciana, incidindo coma no pasado no españolismo e no anticatalanismo, pero estas teorías fracasaron na sociedade valenciana actual, o partido non obtivo xamais representación parlamentaria, e acabou por disolverse no 2011.Hoxe en día, os académicos valencianos da Acadèmia Valenciana de la Llengua normalizaron o valenciano deixando claro que «valenciano» e «catalán» son dúas denominacións sinónimas e equivalentes para «un mesmo sistema lingüístico», sentenza filolóxica que foi ratificada legalmente por diversas sentencies xudiciais do Tribunal Supremo. O valencianismo político estivo representado nas Cortes Valencianas por Coalició Compromís. Segundo os estatutos aprovados polo principal partido da coalición, o Bloc Nacionalista Valencià, en 2009, un dos seus obxectivos é "A consecución da plena soberanía nacional do pobo valenciano", se ben contempla a possibilidade de asociarse cos territorios cos que Valencia comparte "unha mesma lingua, cultura ou historia".

Renaixença

A Renaixença foi un movemento rexurdimento cultural e literario catalán que atinxe o período comprendido entre comezos de do século XIX e 1890. O seu nome nace da vontade de facer renacer o catalán como lingua de literatura e de cultura, despois de séculos de diglosia co respecto ao castelán.

Considérase, tradicionalmente, o poema La pátria (1833) de Bonaventura Carles Aribau como o comezo deste movemento e a restauración dos Jocs Florals, a imitación dos occitanos, en 1859 foi un factor importante na difusión do movemento.

O romanticismo europeo coa súa defensa da identidade nacional dos pobos baseada na historia e nos sentimentos, constitúe unha xermolo decisivo na aparición do movemento, e na súa orientación na valorización do pasado medieval catalán e na recuperación da cultura popular e tradicional, depositaria da pureza do catalán, que para a Renaixença convértese no símbolo da identidade nacional.

A Renaixença non só se limitou a Cataluña, aínda que con menor intensidade espallouse por todos os territorios de lingua catalá. En Valencia a Renaixença entrou a través da revista El Mole. Nas Baleares van ser sobre todo mallorquinos que fixeran estudos en Barcelona os que a introducen.

Autores destacados deste movemento foron Joan Maragall e Jacint Verdaguer en poesía, Àngel Guimerá en teatro e Narcís Oller e Martí Genís i Aguilar en narrativa.

Sociolingüística

A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.