Digital object identifier

O DOI ou identificación de material dixital (en inglés, digital objet identifier) é un sistema estándar para legalizar a propiedade intelectual de obras difundidas a través de calquera tipo de formato dixital, por exemplo Internet. É un sistema parecido aos identificadores URI. Unha forma común de empregar o sistema DOI é dar ás publicacións científicas un número específico que calquera pode utilizar para localizar a través da Rede o citado artigo. A diferenza do sistema URL, usado nas páxinas web, o sistema DOI non cambia co paso do tempo, aínda que o artigo sexa recolocado nun enderezo distinto posto que leva a información incorporada en forma de metadatos.

O sistema de control DOI foi elaborado pola Corporación Nacional para Iniciativas de Investigación (CNRI), unha asociación estadounidense non lucrativa destinada a promover o desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación no campo da investigación científica.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bibcode

O bibcode é un identificador empregado por numerosas bases de datos astronómicas para citar referencias bibliográficas. O bibcode foi desenvolvido para ser empregado no SIMBAD e a Base de datos de obxectos extragalácticos NASA/IPAC (NED), pero úsase máis amplamente no Sistema de Datos Astrofísicos, tamén da NASA.

PubMed

PubMed é un motor de busca de libre acceso á base de dados MEDLINE de citacións e resumos de artigos de investigación biomédica. Ofrecido pola Biblioteca Nacional de Medicina dos Estados Unidos como parte de Entrez. MEDLINE ten ó redor de 4.800 revistas publicadas en Estados Unidos e en máis de 70 países de todo o mundo desde 1966 ata a actualidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.