Dieter Kremer

Dieter Kremer, nado en Waldbröl o 26 de novembro de 1942, é un romanista e lingüista alemán. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002[1].

Dieter Kremer
Nacemento26 de novembro de 1942
 Waldbröl
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Colônia
Ocupaciónlingüista

Traxectoria

Kremer recibiu o doutoramento en 1967 na Universidade de Colonia coa disertación Die germanischen Personennamen in Katalonien. Namensammlung und Etymologisches (Barcelona 1967-1972). Entre 1976 e 2008 foi profesor de lingüística románica na Universidade de Tréveris. Centrou a súa investigación, continuando o traballo do seu mentor Joseph M. Piel, na onomástica nas linguas románicas, para o que, en 1987, principiou o proxecto de investigación do Dictionnaire historique de l'anthroponymie roman (PatRom) que comezou a se publicar en 2004.

Kremer, editou numerosas actas de congresos e volumes colectivos, en especial os 7 volumes do XVIII Congreso Internacional de Romanística celebrado en Tréveris en 1986. Vencellado coa cultura galega é presidente da Deutsch-Galicische Gesellschaft[2] e fundador do Galicien-Zentrum (Centro de Documentación de Galicia) na Universidade de Tréveris.

Obra

  • (con Joseph M. Piel) Hispano-gotisches Namenbuch. Der Niederschlag des Westgotischen in den alten und heutigen Personen- und Ortsnamen der Iberischen Halbinsel. Heidelberg 1976.
  • (con Naidea Nunes Nunes) Antroponímia primitiva da Madeira e Repertório histórico da Madeira. Séculos XV e XVI. Tübingen 1999.
  • Wörter und Namen. Vermischte Beiträge zur historischen romanischen, insbesondere portugiesischen Lexikographie und Kulturgeschichte. 2 Bde., Berlin/Boston 2018 (pendente de saír do prelo).
  • (obra colectiva) Dictionnaire historique de l’anthroponymie romane (PatRom). Niemeyer, Tübingen, dann De Gruyter, Berlin/New York/Boston 2004 ff. (inconclusa)
    • I/1: Introductions. Cahier des normes rédactionnelles. Morphologie. Bibliographie. 2007
    • I/2: Bibliographie des sources historiques. 2010
    • II/1: L’homme et les parties du corps humain (première série). 2004
    • III/1: Les animaux. Première partie. Les mammifères. 2015

Traballos sobre o galego

  • "Proyectos para un Onomástico gallego" en Verba: Anuario galego de filoloxia, n.º 6, 1979, pp. 313–339.
  • "O Onomástico de Fr. Martín Sarmiento e a onomástica galega" en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995), Consello da Cultura Galega-Universidade de Santiago de Compostela, 1997
  • Editor de Homenaxe a Ramón Lorenzo. Galaxia, 1998, 2 vol.
  • "Onomástica medieval del noroeste hispánico: Unas consideraciones" en Scripta: estudios en homenaje a Elida García García, 1998, pp. 261–296.
  • "Un século de estudios galegos, Galicia fóra de Galicia" en Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos: Universidade da Habana. Cátedra de Cultura Galega, 2000. Ed. coord. por Dieter Kremer. Centro de Documentación de Galicia da Universidade de Tréveris, 2000.
  • Editor de Onomástica galega: con especial consideración da situación prerromana Verba. Anexo 58, 2007 e Onomástica galega II: onimia e onomástica prerromana e a situación lingüística do noroeste peninsular. Verba. Anexo 64, 2009

Notas

  1. Membros da RAG
  2. Dieter Kremer na Universidade de Leipzig
Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Deutsch-Galicische Gesellschaft

A Deutsch-Galicischen Gesellschaft (DGG) (Asociación Galego Alemá) é unha asociación fundada en novembro de 1993 con sede na Universidade de Tréveris, ligada ao Galicien-Zentrum, primeiro denominado Dokumentationsstelle Galicie, desa universidade. O seu primeiro, e actual, presidente é Dieter Kremer. Entre 2003 e 2006 o seu presidente foi Alf Monjour . Conta como presidente de honra a Ramón Lorenzo .

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Joseph-Maria Piel

Joseph-Maria Piel, quen adoitaba asinar como Joseph M. Piel, nado en Mörchingen (Lorena) o 8 de xuño de 1903 e finado en Tréveris o 28 de maio de 1992, foi un filólogo e lingüista alemán, destacado polos seus estudos romanísticos e especialmente no ámbito galego-portugués, ó que dedicou boa parte dos seus traballos a antroponimia e toponimia.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.