Diego Xelmírez

Diego Xelmírez foi bispo de Compostela de 1101 a 1136, e o seu primeiro arcebispo segundo privilexio papal do 26 de febreiro de 1120. É unha das personalidades fundamentais da historia de Galiza, pois a súa influencia á fronte do arcebispado de Santiago coincidiu cos reinados, na coroa de Castela, de Afonso VI, dona Urraca e Afonso VII, polo que hai autores que denominas a ese período de corenta anos como a "época de Xelmírez".[1]

Diego Xelmírez
Gelmires
Diego Xelmírez
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacementoentre1068 e 1070 en Santiago de Compostela
Pasamento? en ?
Alma máterEscola Catedralicia de Compostela
Ordes
Ordenación sacerdotal21 de abril de 1101
Consagración episcopal26 de febreiro de 1120
Arcebispo de Santiago de Compostela
1101 - 1136
PredecesorDalmacio
SucesorPedro Elías

Traxectoria

A súa data e lugar de nacemento non se coñecen, pero parece que naceu en Santiago entre 1068 e 1070,[2] aínda que a tradición sitúa o seu lugar de nacemento en Catoira, posiblemente porque seu pai, Xelmirio, era un cabaleiro ao servizo de Diego Peláez e custodio das torres de Oeste.[1] Educouse na Escola Catedralicia de Compostela e máis tarde na corte de Afonso VI. De volta a Compostela traballou na chancelería do bispo Diego Páez. No ano 1092, o conde Raimundo de Borgoña nomeouno o seu notario e secretario e, no ano 1093, administrador do honor da sé compostelá, cargo que exerceu con acerto até que foi elixido bispo Dalmacio no ano 1094. Á morte deste, no ano 1095, o clero solicitou ao rei que Xelmírez volvese ao posto de administrador, cousa que fixo en canto a sé estivo vacante.[1] No ano 1099 o novo papa Pascual II autorizou a elección dun novo bispo. Deste xeito, no tempo en que Xelmírez estaba en peregrinación cara a Roma e foi ordenado diácono polo propio Papa, foi tamén elixido bispo o 1 de xullo de 1100 e a consagración tivo lugar o 21 de abril de 1101.

Roma e Santiago

Alfons7
Miniatura medieval do mosteiro de Toxos Outos onde se representa a Diego Xelmírez ordenando a dous novos cabaleiros en compaña dunha comitiva de aristócratas. Século XIII.

Superados os receos da autoproclamación de Santiago como Sé Apostólica en tempos de Cresconio, Xelmírez acada un fecundo entendemento con Roma. Para iso desprega un labor diplomático sen precedentes que inclúe a súa viaxe persoal ao centro da cristiandade occidental.

Deste xeito, e pese a oposición dos bispos de Braga (restaurada por García de Galicia) e Toledo, consegue por medio dunha bula do papa Calisto II, a categoría de sé metropolitana en detrimento de Mérida.[3] Así, Xelmírez pasa a obter a dignidade de arcebispo no ano 1120, quedando baixo a súa dependencia os bispados de Guarda, Lamego e Idaña, nas terras portuguesas e de Salamanca e Zamora no Reino de León, e as provinciias eclesiásticas de Mérida e Braga.

Ao mesmo tempo, o Papa noméao Legado Pontificio para os Reinos de León e Galicia (incluídas as terras portuguesas), en virtude do cal convoca sínodos e concilios de enorme repercusión política e relixiosa.

A rivalidade con Braga, pola supremacía do espazo eclesiástico galaico-portugués, levouno a cometer o latrocinio de importantes reliquias atesouradas naquela sé co gallo dunha mellor custodia e protección, como as de San Froitoso. Este e outros feitos son narrados na Historia Compostelá.

Xelmirez convocou e presidiu no ano 1124 unha reunión dos bispos dos territorios cristiáns peninsulares para tratar de superar as dificultades que atravesaba o reino a través da predicación da paz e a aplicación da tregua de Deus, e establecendo unha paridade nos beneficios que obtería un morto na loita contra os "violadores da paz" (mouros), a remisión dos pecados, a imaxe dos mortos na viaxe a Xerusalén, as Cruzadas. Este xeito de entender a separación cos "infieis ismaelitas" e común en toda Europa e establece unha fronteira relixiosa entre os reinos cristiáns, dos que varios conforman o Reino de España (seguindo a Historia Compostelá) e os demais reinos europeos.

Signo-de-Diego-Xelmirez
Signo ou sinal rodado de Xelmírez, que foi o primeiro en usar a Rota (roda) pontificia na Península Ibérica. Inicialmente, o seu uso estenderíase, ademais de ós seus sucesores, a outros bispos e nobres de Galiza. Posteriormente chegará á documentación real de Portugal, Galiza e León, e finalmente a Castela.[4]

Defensa de Afonso VII

Tralo encarceramento do rei García de Galicia, Afonso VI de León cedeu o Reino de Galicia ao conde Raimundo de Borgoña, casado coa súa filla Urraca. Fillo de ambos era Afonso Raimúndez a quen o testamento do rei garantía os dereitos sobre Galicia no caso de que Urraca, xa viúva, volvera a casar. Non debe esquecerse que Afonso Raimúndez era sobriño do Papa Calisto II.

Urraca casou con Afonso o Batallador de Navarra e Aragón, que se fixo dono de Castela e León. Ante esta situación, o líder da nobreza galega Pedro Froilaz de Traba apoiou os dereitos do fillo de Urraca, Afonso, e Xelmírez nun primeiro momento aliouse co inimigo dos Traba, Airas Pérez aliado de Urraca, pero no transcurso do 1110 Xelmírez achegouse ao de Traba e o 17 de setembro de 1111 Xelmírez na presenza de Pedro de Traba corou como rei de Galicia ao neno Afonso Reimundez co fin de garantir os seus dereitos sucesorios e manter independente a Galicia do dominio navarro-aragonés.[Cómpre referencia]

O conflito dexenerou en guerra aberta onde os exércitos de Xelmírez e o conde de Traba pugnaron por manter a Galicia fora da órbita de Afonso o Batallador. As desavinzas de Urraca co seu novo home acabaron levando á raíña leonesa a congraciarse con Xelmírez e respectar os dereitos do seu fillo Afonso, que acabaría sendo Afonso VII de León e Castela.[Cómpre referencia]

Tras a súa coroación Afonso VII nomeou a Xelmírez capelán e chanceler reais e seguiu contando co apoio económico e político do arcebispo compostelán para o seu proxecto imperial.[Cómpre referencia]

Reorganización do Señorío das Terras de Santiago

Santiago GDFL050914 036
Arco do pazo pertencente ao coñecido como Pazo de Xelmírez, pese a seren posteriores a el, posiblemente de tempos de Xoán Arias, e que unen varias estancias do mesmo permitindo o paso por baixo deles.

O Señorío de Santiago abranguía as terras entre os montes do Bocelo e as costas Atlánticas, un espazo de poder autónomo baixo a soberanía prelados de Compostela.

As loitas entre o seu antecesor Diego Páez e Afonso VI, xeraron un baleiro de poder que Xelmírez acometeu resolver con acerto.

Favoreceu as peregrinacións co apoio pleno de Roma e a Orde de Cluny. Reactivou o comercio por medio da cuñaxe de moeda propia tal como fixera Diego Páez, deu pulo a expansión urbana (Rúa Nova) e impartiu xustiza con enerxía.

Construíu e organizou unha frota galega para a defensa das costas dos ataques normandos o que mantivo a raia ás invasións viquingas que desapareceron para sempre das costas galegas. Tentou facer de Santiago centro da monarquía co Panteón Real da Catedral onde se enterraron o pai e a dona do rei Afonso VII. Introduciu a reforma gregoriana. A escola catedralicia acadou sona no ámbito continental. Estableceu estudos de Retórica e Dialéctica, xunto aos de Gramática. Como se dun monarca se tratase, mandou escribir as súas propias crónicas: a Historia Compostelá, fonte fundamental para entender os avatares da España medieval.

Mandou erguer igrexas novas como a de Santa María de Sar e construíuse un gran Pazo episcopal onde se fixo rodear dunha importante Corte ao seu servizo.

Mandou reconstruír templos, como o de Ermelo (Bueu), onde estaba o mosteiro de Santiago de Ermelo. Aló consérvase unha lápida cunha inscrición referente ao bispo, feita en 1104.

Impuxo con mao de ferro a súa autoridade contra os levantiscos burgueses composteláns. Estes, nun dos seus violentos levantamentos, chegaron a aldraxar na praza pública a raíña Urraca, e sitiaron o arcebispo e a raíña no seu pazo, fuxindo ambos no último intre despois de que os rebeldes lle prenderan lume ao pazo (non o coñecido na actualidade senón un anterior situado na actual Praterías), feitos estes ocorridos nos anos 1116 e 1117. Só a axuda das tropas do conde Pedro Froilaz de Traba, permitiu a recuperación do poder sobre unha cidade dinámica inclinada á rebelión, pese a que no ano 1136 xa vello e enfermo sufriu un novo ataque ao seu pazo.[Cómpre referencia]

Non se sabe a data exacta da súa morte nin onde está soterrado.

Predecesor:
Dalmacio
 Arcebispo de Compostela - Iria 
1100 - 1136
Sucesor:
Pedro Elías

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Falque (1995), p. 9
  2. Biggs (2007), p.43
  3. Catalogo de la Coleccion Pellicer, Antes Denominada Grandezas de Espana III. Madrid: Imprenta y editorial Maestre. 1958. p. 144.
  4. de Francisco Olmos, José María (2009). El Signo Rodado Regio en España. Origen, Desarrollo y Consolidación. Siglos XII-XV. Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

21 de abril

O 21 de abril é o 111º día do ano do calendario gregoriano (112º nos anos bisestos). Quedan 254 días para finalizar o ano.

25 de maio

O 25 de maio é o 145º día do ano do calendario gregoriano e o 146º nos anos bisestos. Quedan (220) días para finalizar o ano.

Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela

A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica é a catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.

Cira, Silleda

Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Década de 1100

A década de 1100 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1100 e remata o 31 de decembro de 1109.

Historia Compostelá

De rebus gestis D. Didaci Gelmirez, primi Compostellani Archiepiscopi, Historia Compostellana ou Historia Compostelá é unha obra latina escrita a partir de 1109 dentro do círculo do primeiro bispo e despois, a partir do ano 1120, arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez.

Historia de Santiago de Compostela

A historia de Santiago de Compostela remóntase a prehistoria, a cultura castrexa, a pegada dos romanos, e como punto de inflexión o achado do enterramento do Apóstolo Santiago. A partir dese momento a cidade conformarase entorno ao centro de poder representado polo Arcebispo de Santiago e a súa representación física, a Catedral. O Camiño de Santiago marcou dende entón o devir da cidade.

Irmandiños

Na Galicia medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.

No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Soutomaior... Loitaban contra as institucións e despoxábanas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira por parte da “Irmandade Fusquenlla” (1431), e a segunda denominada “Gran Guerra Irmandiña” (1467-1469).

As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez[Cómpre referencia], contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

Moeda cuñada en Galicia

As primeiras moedas cuñadas en Galicia datan do ano 25 a.C., cando o emperador romano Augusto deu ordes de cuñar nunha ceca móbil establecida en Lucus Augusti moedas provinciais de bronce (ases, semis, dupondios e sestercios) coas que poder financiar as guerras que mantiña contra os cántabros e os astures. E durante todo o Imperio Romano seguiu a ser Lucus Augusti a ceca predominante de Gallaecia. Coa chegada dos suevos e visigodos adquiren importancia tamén Tui e Valdeorras.

A Real Casa da Moeda da Coruña (1210/1230-1665/1700) e en menor medida a Ceca de Santiago de Compostela (1079-1379) e outras Tui e Ourense serán as principais emisoras durante a Idade Media. En 1107 Diego Xelmírez conseguiu do rei Afonso VI o privilexio de cuñar moeda. Xa na época moderna A Coruña é a única que continuou producindo moeda, ata que en 1696 finaliza a súa produción.

A última ceca que se estableceu en Galicia foi a Real Casa da Moeda de Xuvia, que emitiu moeda entre 1811 e 1868.

Pazo de Xelmírez

O pazo de Xelmírez é o antigo palacio episcopal da catedral de Santiago de Compostela, situado no lado norte da catedral cara á praza do Obradoiro. Foi construído por Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago entre 1120 e 1136 pero do edificio orixinal só se conservan as portas de comunicación coa basílica: a Porta de Gramáticos, a porta da Torre e a porta da tribuna.

Pontecesures

Pontecesures é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo datos do IGE en 2015 tiña 3062 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cesurés».

Torres de Oeste

As Torres de Oeste son un sitio arqueolóxico composto polas ruínas consolidadas dunhas torres de orixe romana que serviron de enclave fundamental para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Trátase dun castelo de acceso libre e uso turístico e foi declarado Monumento Nacional.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.