Diego Sarmiento de Acuña

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Diego Sarmiento de Acuña
Conde de gondomar
Nacemento1 de novembro de 1567
 Astorga
Falecemento2 de outubro de 1626
 Haro
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático

Traxectoria

Diego Sarmiento de Acuña (1)
Estatua en Gondomar, coa lenda:
"Don Diego
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."
.

Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario maior de Toledo.

Trato coa coroa española

Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III (e trala súa morte, do seu fillo Filipe IV) en Inglaterra. Neste labor gañou a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.

En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co respaldo do Consello de Estado.

Posicionamentos verbo do Reino de Galicia

Foi membro deste consello dende 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán Xeneral de Galicia en 1625 mais non chegou a tomar posesión.[1]

Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Esta reclamación conseguiuse en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sufría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.

Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.

As cartas

Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan dirixidas a el en galego, porque os destinatarios sabían que o conde tiña en estima esta lingua. En total, foron publicadas dez cartas en galego no proxecto Gondomar,[2] dos seguintes remitentes (ordenadas cronoloxicamente):

  • Pedro Obeso de Oriona 1596
  • Lope Gallo de Avellaneda 1596
  • Juan de Lanzós y de Andrade 1598
  • María Moscoso y Sotomayor 1604
  • Sanjuan de Amorín 1605
  • Diego Sarmiento de Sotomayor 1605, 1605
  • Beatriz da Serra 1603 1603
  • Rodrigo Moscoso y Sandoval 1619
De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade'
— Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña

Galería de imaxes

Gondomar

Diego Sarmiento de Acuña.

Portrait of 1st Count of Gondomar by Simon de Passe 1622

Retrato de 1622.

Diego Sarmiento de Acuña

Retrato de 1791.[3]

Castelo de Monterreal, recinto amurallado sXVI

Castelo de Monterreal.

Valladolid - Casa del Sol - Palacio Gondomar

Palacio Gondomar ("Casa del Sol"), Valladolid.

Notas

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 31 de decembro de 2014.
  2. "Rosario Álvarez / Ernesto González Seoane (eds.) (2017), Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega".
  3. No libro "Retratos de Españoles ilustres, con un epítome de sus vidas, en la Imprenta Real de Madrid, siendo su regente D. Lázaro Gayguer, 1791."

Véxase tamén

Bibliografía

  • Maseda Maseda, Francisco Fidel, Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, 2011, Biblos, ISBN 978-84-15-08613-0.
  • Álvarez Blanco, Rosario; Rodríguez Montederramo, Xosé Luís: "Escrita epistolar en galego: a correspondencia de Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626)", Boletín da Real Academia Galega  365, 2004:253-291 (I); 366, 2005:225-303 (II).
  • Manso Porto, Carmen. Artigo: "GONDOMAR, Conde de" da Gran Enciclopedia Galega.

Outros artigos

Ligazóns externas

1 de novembro

O 1 de novembro é o 305º día do ano do calendario gregoriano (306º nos anos bisestos). Quedan 60 días para finalizar o ano.

2 de outubro

O 2 de outubro é o 275º día do ano do calendario gregoriano (276ºnos anos bisestos). Quedan 90 días para finalizar o ano.

Castelo de Monterreal

O castelo de Monterreal é un castelo da vila de Baiona, configurado por elementos construtivos do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Dende 1966, é o Parador de turismo Conde de Gondomar. Atópase na península de Monterreal.

Década de 1610

A década de 1610 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1610 e remata o 31 de decembro de 1619.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de Gondomar

Galería de imaxes do concello de Gondomar na provincia de Pontevedra.

Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés

ou gondomarense.

Hernando Ojea

Hernando Ojea, nado en Ourense en 1543 e finado en 1615, foi un relixioso galego.

Joan de Novoa

Joao de Novoa, Joan de Nova, João da Nova, João de Nova Castelia ou Xoán de Novoa, nado en Maceda (Ourense) contra 1460 e finado en 1509 en Cochin (India), foi un cabaleiro, mariño e explorador galego, de familia ourensá de liñaxe. Foi así mesmo nomeado Alcaide de Lisboa.

La Ilustración Gallega y Asturiana

La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada editada en Madrid entre 1878 e 1882.

Pazo do Conde de Gondomar

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Sarmiento

Sarmiento pode referirse a:

A familia castelá da Casa de Sarmiento, afincada en Galiza desde o século XV.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Xosé García Oro

Xosé García Oro, nado en Goiás (Lalín) o 5 de setembro de 1931 e finado en Noia o 8 de xaneiro de 2019, foi un relixioso e historiador especialista en historia da Baixa Idade Media e historia moderna do Reino de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.