Die Linke

Die Linke (A Esquerda, en alemán) é un partido político alemán creado pola fusión de Linkspartei.PDS e a WASG o 16 de xuño 2007.

Os presidentes do partido son Lothar Bisky, dirixente histórico do Linkspartei.PDS, e Oskar Lafontaine, ex presidente do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). A Esquerda sitúase politicamente á esquerda de todos os demais partidos representados no Bundestag (parlamento federal alemán), denominando a súa ideoloxía como socialismo democrático. A finais de xullo de 2007, contou con algo máis de 70.000 membros, dos cales 60.000 procedían do Linkspartei.PDS, 9000 da WASG; outros 1500 entraron no partido durante os primeiros días despois da fusión.

A Esquerda é un dos partidos máis votados no leste de Alemaña, con representación en todos os parlamentos rexionais. No oeste está representada no parlamento de Bremen e, desde 2008, tamén en Hesse, Baixa Saxonia e Hamburgo.

A nivel europeo, o partido está afiliado na Esquerda Unitaria Europea.

Die Linke
A Esquerda
Partido político de Alemaña
Die Linke logo
Dirixentes e organización
LíderKatja Kipping e Bernd Riexinger
MocidadesLinksjugend Solid
Historia
Fundación16 de xuño de 2007
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático
Anticapitalismo
Antimilitarismo
Ecoloxismo
Representación
Bundestag
69 / 709
Landtags
157 / 1.821
Europarlamento
7 / 96
Outros datos
SedeBerlín, Alemaña,
PublicaciónNeues Deutschland
Páxina webwww.die-linke.de
Kipping riexinger die linke 2014
Katja Kipping e Bernd Riexinger

Ideoloxía

A Esquerda defende un "socialismo democrático", que define dunha forma máis radical que o SPD, rexeitando o "modelo capitalista da RFA". Segundo o propio partido, é a "única forza de esquerdas" no parlamento alemán.

En política exterior, defende un antimilitarismo radical, refugando todas as misións das Forzas Armadas Alemás (Bundeswehr) no estranxeiro (incluídas as misións de paz con mandato da ONU) e esixindo unha "superación" de alianzas como a OTAN.

De todos modos, dentro do partido existen varias tendencias, oscilando entre un comunismo radical e posicións máis reformistas que buscan unha cooperación coas forzas de centro-esquerda, SPD e Os Verdes.

Historia

A Esquerda é o resultado da fusión do Linkspartei.PDS —partido sucesor do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED), o principal partido da RDA— e a Alternativa Electoral polo Traballo e a Xustiza Social (WASG), un pequeno partido escindido do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD) en 2005. Mentres o Linkspartei estaba representado principalmente no leste do país, a WASG foi un partido maiormente occidental, con forte presenza de sindicalistas.

Nas eleccións federais de 2005, para as que o Linkspartei abriu as súas listas para os membros da WASG, esta coalición conseguiu o 8,7% dos votos e 54 escanos, converténdose na cuarta forza máis votada de Alemaña. Os dous partidos formaron un grupo conxunto no Parlamento Federal, presidido por Gregor Gysi (quen antes fora presidente do Linkspartei) e Oskar Lafontaine (dirixente da WASG). O 16 de xuño de 2007, finalmente, ratificouse a fusión oficial de ambos partidos.

Nas últimas eleccións ao Parlamento Alemán en 2013, Die Linke, acadaría un total do 8,6% dos votos conseguindo un total de 64 escanos no parlamento e case 3,6 millóns de votos. Die Linke perdería ao redor dun 3,3% dos votos e 12 escanos respecto aos resultados obtidos nas antereriores eleccións.

Véxase tamén

  • Política de Alemaña
  • Partidos políticos de Alemaña

Ligazóns externas

A Esquerda

A Esquerda é o nome de varios grupos políticos europeos, que deben o seu nome á esquerda política:

A Esquerda, partido de Italia;

A Esquerda, partido de Luxemburgo;

A Esquerda, (Die Linke), partido de Alemaña.

Altona

Altona (en baixo saxón: Altno) é un distrito situado na parte oeste da cidade Hanseática de Hamburgo con 245.511 habitantes (2008). Foi, durante varios séculos, unha cidade independente baixo a administración da coroa dinamarquesa, mais o 1 de abril de 1938 foi incorporada a Hamburgo mediante a Lei de Groß-Hamburg (Lei da gran Hamburgo).

Distrito de Fulda

O distrito de Fulda é unha subdivisión administrativa do Regierungsbezirk de Kassel que se atopa no leste do estado de Hessen, en Alemaña.

Ennepetal

Ennepetal é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Renania do Norte-Westfalia. Está situada ao sur da rexión do Ruhr e pertencente ao distrito de Ennepe-Ruhr-Kreis.

Fulda

Fulda é unha cidade do estado de Hessen, Alemaña. Atópase á beira do río Fulda e é a sede administrativa do distrito homónimo (Kreis). En 1990, celebrouse o 30º festival de Hessentag nesta cidade.

Gotha

Gotha é unha cidade capital do distrito de Gotha, en Turinxia, Alemaña. A súa superficie é de 69.52 km² e a poboación de 46.497 habitantes (2006) e ten unha densidade de poboación de 669 h/km². A corporación municipal está composta por 12 concelleiros da CDU, 10 Die Linke, 6 SPD, 5 Independentes, 2 Bürgerinitiative e 1 non adscrito.A cidade existe cando menos desde o século VIII, cando o seu nome aparece como Villa Gotaha nun documento asinado por Carlomagno, foi a antiga capital do ducado de Saxonia-Coburgo-Gotha, máis tarde substituída por Coburgo tras a anexión do ducado de Saxonia-Coburgo-Saalfeld. É nesta cidade onde primeiro se publicou o Almanaque de Gotha (1764). Gotha xogou un importante papel no movemento obreiro alemán, en 1875 fundouse aquí o Partido Socialista dos Traballadores Alemáns (SPD) ao se unir o Partido de Traballadores Socialdemócratas de Alemaña, liderado por August Bebel e Wilhelm Liebknecht, e a Asociación Xeral de Traballadores Alemáns, fundada por Ferdinand Lassalle, o seu programa, coñecido como o Programa de Gotha foi duramente criticado por Karl Marx.

Joachim Gauck

Joachim Gauck, nado o 24 de xaneiro de 1940 en Rostock, no actual estado de Mecklemburgo-Antepomerania, daquela pertencente á Alemaña nazi, é un ex-pastor luterano é actual Presidente da República Federal de Alemaña. Sendo cidadán da entón República Democrática Alemá (RDA) tivo un papel activo no proceso da reunificación alemá. Joachim Gauck foi unha figura central en protestas pacíficas que levaron á caída do muro de Berlín en 1990. Desde entón ten sido político independente e publicista, tendo un papel de relevancia como xestor do arquivo deixado pola Stasi.

En 2010 foi candidato a Presidente de Alemaña, perdendo por poucos votos fronte ao candidato da CDU Christian Wulff. Dous días despois da renuncia deste último, ao ser investigado por corrupción e tráfico de influencias, o 19 de febreiro de 2012, foi escollido como candidato común para á presidencia da Alemaña, exceptuando o partido Die Linke, que a peseres de ter cadeira no Bundestag non foi convidado a participar deste consenso. O 18 de marzo de 2012 foi elixido pola Asemblea Federal (Bundesversammlung) obtendo case o 80% dos votos.

Klaus Wowereit

Klaus Wowereit, nado en Berlín o 1 de outubro de 1953, é un político alemán do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD). Desde o 16 de xuño de 2001 é o alcalde-presidente de Berlín e desde o 13 de novembro de 2009 é vicepresidente federal da SPD.

Partido Comunista Alemán

O Partido Comunista Alemán (DKP, en alemán: Deutsche Kommunistische Partei) é un partido comunista marxista-leninista fundado na Alemaña Occidental en 1968 como substituto do Partido Comunista de Alemaña (KPD), ilegalizado polo Tribunal Federal en 1956.

Partido Comunista de Alemaña

O Partido Comunista de Alemaña (KPD, en alemán Kommunistische Partei Deutschlands) foi un partido político alemán de ideoloxía comunista, fundado en 1918. Non debe confundirse co Partido Comunista Alemán (en alemán Deutsche Kommunistische Partei) orixinado en 1968.

Partido Socialista Unificado de Alemaña

O Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED) foi un partido político alemán. Gobernou a República Democrática Alemá dende a súa fundación o 7 de outubro de 1949 até as eleccións do 18 de marzo de 1990.

Partido da Esquerda Europea

O PEE é un partido político de ámbito europeo que agrupa no seu seo a unha gran parte dos partidos comunistas e anticapitalistas europeos.

Petersberg, Hessen

Petersberg é un concello alemán que se atopa no distrito de Fulda, no estado de Hessen.

República Democrática Alemá

A República Democrática Alemá (abreviado RDA; alemán: Deutsche Demokratische Republik, abreviado DDR), tamén coñecida informalmente como Alemaña do Leste ou Alemaña Oriental, foi unha república socialista establecida en 1949 na zona de ocupación soviética de Alemaña trala segunda guerra mundial, ademais de Berlin Leste, unha porción da cidade baixo control das Forzas Aliadas. Xeograficamente a Alemaña Democrática ocupaba a parte nordeste da actual Alemaña, correspondente aos actuais estados de Mecklemburgo-Antepomerania, Saxonia-Anhalt, Saxonia, Turinxia e Brandeburgo, abranguendo unha área total de 108.179 km². Facía fronteira con Checoslovaquia ao sur, Alemaña Occidental ao sur e ao oeste, Polonia ao leste, e a súa parte norte estaba bañada polo mar do Norte.

En 1989, unha revolta popular provocou un troco no goberno, até entón en mans do Partido Socialista Unificado de Alemaña (en alemán: Sozialistische Einheitspartei Deutschlands), negándose os soviéticos a intervir. Así, o 9 de novembro dese mesmo ano caía o Muro de Berlín e, finalmente, o 3 de outubro de 1990, os Länder (estados) do leste de Alemaña foron integrados como novos estados federais dentro da nova República Federal de Alemaña. A transformación comunista durante a historia da República foi máis forte na industria, na agricultura, e na maioría do sistema educativo, mentres que as profesións de ciencia e enxeñaría, as igrexas e incluso as tradicións burguesas preserváronse. A política social, que se tornara nunha ferramenta de lexitimación crítica nas últimas décadas, mesturaba elementos comunistas e tradicionais por igual.

Schwerin

Schwerin é unha cidade alemá, capital do estado de Mecklemburgo-Antepomerania. Segundo datos do 2011, conta con 95.300 habitantes, o que a converte na segunda cidade máis populosa do seu estado, tras Rostock.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.