Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.[4]

Rosalia de castro
Albert Einstein 1947a
Gandhi Sept1944
Rosalia de castro
Albert Einstein 1947a
Gandhi Sept1944

Descrición

Diciopedia do Século 21
Os tres tomos da Diciopedia nunha biblioteca.
Museo del Prado frente
Contén tamén imaxes que foron publicadas baixo licenzas libres, como esta do Museo do Prado.[5]

Foi presentada en decembro de 2006 en Santiago de Compostela polos directores das tres editoriais: Isaac Díaz Pardo (Edicións do Castro), Víctor F. Freixanes (Galaxia) e Antón Mascato (Edicións do Cumio).[6]

A Diciopedia do século 21 representa un fito na edición galega, porque é a primeira obra destas características, redactada na vixente normativa da Real Academia Galega, que reflicte a evolución da lingua e cultura do país.

— Isaac Díaz Pardo

Froito de catro anos de elaboración e con 2.600 páxinas, ten 4.500 fotografías a cor, 850 planos e mapas (incluíndo cada país do mundo e tódolos concellos de Galicia), 425 debuxos e gráficos, máis de 80.000 entradas de dicionario e máis 45.000 biografías, topónimos e nomes propios.[7]

A primeira edición, de 4.000 exemplares, incluía o agasallo dunha medalla de Atenea, deusa da sabedoría, deseñada por Díaz Pardo.

Notas

  1. Carlos Lema, Cruz López, Alfonso Mato, Ramón Pais, Charo Portela e Xosé Manuel Soutullo.
  2. Emilio Costas, Maribel Ferreiro, Antón Furelos, Lucía González, Avelino Hermida, Cruz López, Antón Mascato, Carlos Meixome, María Pampín, Xosé Antonio Pena, Susana Rodríguez e Manoel Santos.
  3. Carlos Acevedo, Eva Almazán, Laura Almazán, Jorge Suárez e Carmen Torres.
  4. «A "Diciopedia", novo piar para o galego» Galicia Hoxe, 22/12/2006 (en castelán).
  5. Tomo 3. p. 1 686 en Google Books
  6. Iglesias, Óscar. «A 'Diciopedia' galega, catro anos de traballo editorial» El País, 22/12/2006.
  7. Publicidade da Diciopedia do século 21 en La Voz de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Abruzos

Os Abruzos (en italiano L'Abruzzo ou gli Abruzzi) é unha rexión italiana de 1,3 millóns de habitantes, con capital en L'Aquila. Limita ao norte coas Marcas, ao oeste co Lazio, ao sur con Molise e ao leste co mar Adriático.

Ocupa unha superficie de 10 798 km2, e está dividido en catro provincias: L'Aquila, Pescara, Chieti e Teramo.

Aeroescorregador

O aeroescorregador, hóvercraft ou autoesvarador é un vehículo que se apoia nun colchón de aire que reduce as forzas de fricción, sendo capaz de atravesar diversos tipos de solo así como de desprazarse na superficie da auga. Foi inventado en 1953 polo inventor británico Christopher Cockerell, quen foi condecorado polo seu traballo como enxeñeiro en 1969.

Alerxia

A alerxia (do grego: αλλεργία, reacción estraña) é unha hipersensibilidade a unha substancia en particular que se inhala, inxire ou toca, producindo uns síntomas característicos e unha reacción patolóxica do corpo de tipo inmunolóxico. A alerxia é, xa que logo, o efecto prexudicial de hipersensibilidade do organismo.

As Marcas

As Marcas (en italiano: Marche) é unha rexión da Italia central de 1 536 098 habitantes, con capital en Ancona. Limita coa Emilia-Romaña, a República de San Marino, a Toscana, a Umbría, os Abruzos, o Lacio e o mar Adriático.

Castelo de Maside

O castelo de Maside, ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira, é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.

Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949, ratificado en normativa posterior..

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Ediciós do Castro

Ediciós do Castro é unha editorial galega fundada en Sada, en 1963, ao amparo do Grupo Sargadelos como parte do complexo industrial Laboratorio de Formas impulsado por Isaac Díaz Pardo. Edita libros en galego e castelán case sempre sobre temas relacionados con Galicia. Ditas publicacións inclúen narrativa, poesía, ensaio, economía, teatro, etnografía, arte e historia entre outras.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Jörð

Na mitoloxía nórdica, Jörð (islandés "terra", antigo nórdico jǫrð, anglicizado como Jord ou Jorth; tamén chamado Jarð no antigo nórdico do leste), é unha deidade feminina. É a nai de Thor e a personificación da Terra. Fjörgyn e Hlóðyn son considerados outros nomes para chamar a Jörð.

Lemosín

Lemosín (en occitano: Lemosin, en francés: Limousin) é unha rexión francesa, situada no centro da Francia metropolitana. Conformada por tres departamentos : Corrèze, Creuse e Alto Vienne (Haute-Vienne). A súa capital (en francés : chef-lieu ou préfecture) é Limoges.

Poitou-Charentes

Poitou-Charentes (en occitano: Peitau Charantas, en poitevino-santoñés: Poetou-Chérentes) é unha rexión francesa, situada cara ao oeste da Francia metropolitana. A súa capital é Poitiers.

Agrupa os departamentos Charente, Charente-Maritime, Deux-Sèvres et Vienne.

Provenza-Alpes-Costa Azul

Provenza-Alpes-Costa Azul (en francés: Provence-Alpes-Côte d'Azur, en occitano: Provença-Aups-Còsta d'Azur) é unha rexión francesa, situada ao sueste da Francia metropolitana.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Ródano-Alpes

Ródano-Alpes (en francés: Rhône-Alpes, [ʁo.n‿alp] (AFI); en arpitano: Rôno-Arpes; en occitano: Ròse Aups) é unha rexión de Francia que comprende oito departamentos: Ain, Ardèche, Drôme, Isère, Loira, Ródano, Alta Savoia e Savoia. Ten 43.698 km² e nela habitan 5.645.407 habitantes.

Serra do Eixe

A serra do Eixe ou serra do Eixo é unha cadea montañosa de orientación NO-SL situada no leste de Galicia, a cabalo entre os concellos da Veiga e Carballeda de Valdeorras. Fai parte do macizo de Pena Trevinca.

Sotelo Blanco Edicións

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Tennessee

Tennessee é un estado dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. En 1796, converteuse no décimo sexto estado que se adheríu á Unión. É denominado o "Volunteer State" (o estado dos voluntarios), porque durante a Guerra de 1812, soldados voluntarios procedentes dese estado, tiveron un papel salientábel durante a batalla de New Orleans. A capital de Tennessee é Nashville, e a cidade máis populosa é Memphis.

Trebisonda

Trebisonda (en turco: Trabzon) é unha cidade de Turquía na costa do Mar Negro, capital da provincia homónima. A súa poboación é de 400.187 habitantes (2006)

Artigos e entradas de obras de consulta

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.