Dicionario electrónico

Un dicionario electrónico é un repertorio lexicográfico (véxase dicionario) accesible mediante a internet. Segundo os criterios utilizados poden incluír maior ou menor información lingüística, existindo desde simples listaxes de palabras, a dicionarios con explicitación da categoría gramatical, inclusión da definición, repertorio fraseolóxico, organizados terminoloxicamente (como unha nomenclatura botánica ou zoolóxica como a Wikiespecies) ou con nomes propios.

Entre as utilidades coas que contan están:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Entre os doutras moitas existentes, velaí unha listaxe dos dicionarios cos que contan as linguas máis achegadas ó galego:

Bilingüe
Wordreference bilingüe;
Bilingüe galego
Galicia Flag of the United Kingdom.svg Galego-inglés e viceversa, do SLI
Multilingüe galego
Galicia Francia Alemaña Flag of the United Kingdom.svg Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela; Galizionario, dentro do proxecto wikimedia;
Terminolóxicos
Calendario celta

Calendario celta é o termo usado para referirse a unha variedade de calendarios usados polos pobos celtas en diferentes épocas da historia.

Dicionario da Real Academia Galega

O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence. En novembro do 2016 foi actualizado a 60.000 entradas.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.