Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[2]

Dicionario biográfico de Galicia
Autor/aEditor: Bieito Ledo Cabido
OrixeGalicia.
Linguagalego
Tema(s)Biografías.
Xénero(s)Consulta.
EditorialIr Indo Edicións, 36210 Vigo
Data de pub.novembro de 2010
Formato210 x 300 mm, cartoné
Páxinas1.046 (I: 368 + II: 334 + III: 344)
ISBNI: ISBN 978-84-7680-665-4[1]
II: ISBN 978-84-7680-685-2
III: ISBN 978-84-7680-686-9

Descrición

Véxase tamén: Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia.

Con máis de 4.100 biografías de galegos de tódolos tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.

IR INDO
Tomo
1
Abad
Docampo

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
2
Docobo
Moreiras

 Dicionario biográfico de Galicia








 
IR INDO
Tomo
3
Moreiras
Zumalave

 Dicionario biográfico de Galicia








 

O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:

Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.

Crítica

Na obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros relevantes como Álvaro Cunqueiro, Luís Amado Carballo, Gonzalo López Abente, Marcial Valladares ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.

As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa a entrada "Castelao", "Reixa, Antón" ou "Risco, Vicente" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón" e "Martínez-Risco Agüero, Vicente". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.

Notas

  1. Base de datos de libros editados en España
  2. A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Anunciación Casado Atanes

Anunciación Casado Atanes, coñecida como Pasionaria, nada en Cualedro en 1887 e finada en Viana do Bolo o 21 de agosto de 1936, foi unha política galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Dolores Vilavedra

Dolores Vilavedra Fernández, nada en Vigo o 4 de agosto de 1963, é profesora de Literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela. Forma parte do consello de redacción da revista Grial, e dirixe a sección de crítica literaria. Coordinou o Diccionario da literatura galega, en catro tomos, que publicou Galaxia. Colaborou durante anos no Diario cultural da Radio Galega.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Enrique Santos Gayoso

Enrique Santos Gayoso, nado na Coruña o 14 de setembro de 1947, é un historiador galego, especializado no estudo da prensa galega e dos medios de comunicación do Estado.

Eugenio Arbones Castellanzuelo

Eugenio Arbones Castellanzuelo, nado en Ponteareas en 1884 e falecido en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico e político, asasinado polos sublevados ó comezo da guerra civil.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

José Rodríguez Carracido

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Bragado

Manuel Bragado Rodríguez, nado o 14 de decembro de 1959 en Vigo, é un pedagogo, editor e escritor galego. Foi durante 24 anos o director editorial de Edicións Xerais de Galicia.

Marina Mayoral

Marina Mayoral Díaz, nada en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942, é unha escritora galega en galego e castelán.

Miguel Cabo Villaverde

Miguel Cabo Villaverde, nado en Santiago de Compostela en 1970, é un historiador galego.

Milagros Bará

Milagros Bará Viñas, nada en Pontevedra o 6 de novembro de 1962, é unha comunicadora, produtora, realizadora e directora de cine galega.

Xosé María Dobarro

Xosé María Dobarro Paz, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1950, é profesor e escritor, investigador da literatura galega.

Xoán Acuña

Xoán Acuña Naya, tamén coñecido como Xanetas, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado na mesma cidade o 30 de agosto de 2001, foi futbolista galego. Xogaba de porteiro e permaneceu toda a súa carreira deportiva no Deportivo da Coruña. Foi internacional coa selección española.

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Artigos e entradas de obras de consulta

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.