Diccionario enciclopédico galego universal

O Diccionario enciclopédico galego universal (DEGU) é unha obra enciclopédica alfabética, editada en galego, no ano 2003.


DE

GU


Diccionario Enciclopédico
Galego Universal


 
Diccionario Enciclopédico Galego Universal, DEGU, ed. Ir Indo para La Voz de Galicia, 2003
Lombo do DEGU.
Autor/aEd. e director: Bieito Ledo Cabido
Xerente: Xelasio Suárez Santiso
OrixeGalicia.
Linguagalego
Tema(s)Temática galega e universal.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
EditorialIr Indo para La Voz de Galicia
Data de pub.2003-2004
Formato195 x 290 mm
Páxinas7.680 (128 x 60 t.) [1]
ISBNISBN 84-7680-429-6 (obra completa) [2]

Descrición

Feita por Ir Indo Edicións para La Voz de Galicia, os sesenta volumes distribuíronse cos exemplares dos martes e xoves do xornal,[1] desde o 14 de setembro de 2003, en que comezou cunha tirada de 80.000 exemplares.[3]

O DEGU, que comparte en gran medida contidos coa Enciclopedia Galega Universal, inclúe, entre outra información, entradas de tódalas parroquias, comarcas, vilas e cidades de Galicia, as poboacións españolas de máis de 1.500 habitantes, cidades europeas de máis de 50.000 habitantes e poboacións de máis de 100.000 habitantes do resto do mundo.[4]

Na derradeira páxina (128 do tomo "60 vot~zw") inclúe unha fe de erratas.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Una edición muy cuidada en los contenidos y en la presentación"[Ligazón morta]
  2. Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
  3. "La Voz de Galicia lanza o DEGU, unha adaptación da Enciclopedia Galega Universal..." CCG, 17/9/2003.
  4. ""Ciudades, villas, parroquias y lugares de Galicia y del resto del mundo"". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 31 de xaneiro de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Baía Edicións

Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

East Sussex

East Sussex (galego: Sussex Oriental) é un condado non metropolitano no sueste de Inglaterra, no Reino Unido. Limita cos condados de Kent, Surrey e Sussex Occidental e ao sur co canal da Mancha.

O antigo reino de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado independentes en 1888. A capital do condado estableceuse en Lewes. No novo condado de Sussex Oriental existen tres distritos administrativamente independentes: Brighton, Eastbourne e Hastings.

Ediciones Cardeñoso

Ediciones Cardeñoso é unha editorial galega.

Edicións A Nosa Terra

Edicións A Nosa Terra foi unha empresa editorial galega, con sede en Vigo, fundada en 1987 e desaparecida en 2010.

Edicións Embora

Edicións Embora é unha empresa editorial fundada en Ferrol, en 1993, por Francisco Rodríguez López, os irmáns Carlos e Antonio Miragaya Casteleiro e Miguel Tovar Porta.

Edicións do Cerne

Edicións do Cerne é unha empresa editorial de Santiago de Compostela, creada en 1980 por Xesus Couceiro Rivas.

Editorial Compostela

A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.

Enrique Santos Gayoso

Enrique Santos Gayoso, nado na Coruña o 14 de setembro de 1947, é un historiador galego, especializado no estudo da prensa galega e dos medios de comunicación do Estado.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Madridejos

Madridejos é un concello español da provincia de Toledo, na Comunidade de Castela-A Mancha, bañado polo río Amarguillo.

Nahum

Nahum, en hebreo: נחום (finais do s. VIII a C - comezos do s. VII a C), foi un profeta menor orixinario de Galilea que escribiu o Libro de Nahum, un dos libros do Antigo Testamento, onde, en oráculos, anunciou a fin do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. É o sétimo profeta segundo a lista tradicional de doce profetas menores.

Real Audiencia de Galicia

A Real Audiencia de Galicia foi un tribunal creado en 1480. Nace como un tribunal especial para o sometemento e pacificación definitiva do reino e e restauración da xustiza real sometendo aos señores.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Saraxevo

Saraxevo, Saraievo ou Sarajevo (Sarajevo en bosníaco, croata e serbio latino, Сарајево en serbio cirílico) é a capital e principal cidade de Bosnia e Hercegovina. En 2013 a súa poboación era de 275.524 persoas (555.210 coa área metropolitana), o 80,74% bosníacos, o 4,94% croatas e o 3,78% serbios.

Sotelo Blanco Edicións

Sotelo Blanco Edicións é unha empresa editorial galega, con sede en Santiago de Compostela. Foi creada por Olegario Sotelo Blanco no mes de marzo de 1980 e está especializada en publicacións narrativas, poéticas, infantís e ensaísticas. Ademais encárgase da publicación da revista trimestral A Trabe de Ouro, que acadou os cen números, dirixida por Xosé Luís Méndez Ferrín que inclúe artigos sociopolíticos e textos inéditos desde o ano 1990.

Verín

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é a segunda vila da provincia en poboación, despois de Ourense.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

West Sussex

West Sussex (galego: Sussex Occidental) é un condado non metropolitano no sur de Inglaterra, Reino Unido. Limita cos condados de Sussex Oriental (con Brighton e Hove), Hampshire e Surrey. O condado de Sussex dividiuse nas rexións administrativas leste e oeste, con consellos do condado separados, en 1888. Non obstante, ata 1974 en que se produciu a división real, seguiron formando un único condado.

Ángel Elduayen

Ángel Elduayen Mathet ou Ángel Elduayen Mathé, nado en Madrid o 6 de marzo de 1855 e finado na mesma cidade o 19 de xullo de 1927, foi un político español.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.