Diccionario bio-bibliográfico de escritores

O Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores é unha obra enciclopédica de Antonio Couceiro Freijomil en lingua castelá. Trátase dunha referencia biobibliográfica de diferentes autores literarios que publicaron en Galiza. Foi editada de 1951 a 1954 en Santiago de Compostela pola Editorial de los Bibliófilos Gallegos, dentro da colección Enciclopedia Gallega. Inclúe 4169 entradas.

Diccionario Bio-bibliográfico de escritores
Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores
Os tres tomos da obra
Autor/aAntonio Couceiro Freijomil
OrixeGaliza
LinguaCastelán
ColecciónEnciclopedia Gallega
Tema(s)Literatura
Xénero(s)Enciclopedia
EditorialEditorial de los Bibliófilos Gallegos
Data de pub.1951-1954
FormatoTapa dura. 18 x 24 cm
Páxinas1472 (3 tomos)

Características

A obra é moi completa e abrangue desde autores medievais como Mendiño até autores contemporáneos como Xesús Ferro Couselo, Ramón Cabanillas ou Gonzalo Torrente Ballester. Conta cun prólogo de Francisco Javier Sánchez Cantón,[1] presidente do consello da editorial e compañeiro de Couceiro Freijomil no Instituto Padre Sarmiento. Amais, Couceiro Freijomil preparou un prólogo para ser publicado en Faro de Vigo no centenario do xornal, mais permanece inédito.

A obra está estruturada en tres volumes por orde alfabética:

Estaba prevista a publicación de forma periódica de varios apéndices coas oportunas adicións; porén, o autor faleceu pouco despois da publicación do terceiro tomo.

Se ben a obra foi escrita e publicada durante o franquismo, época na que existía a censura, é relevante a desviación na escolla dos autores e autoras, así como das obras mencionadas. Cid Fernández entende que Couceiro Freijomil tiña unha postura controvertida respecto ao nacionalismo galego, negando as contribucións políticas e limitándoo á corrente cultural do rexionalismo, cunha visión idealizada dos sentimentos de "amor á terra"[2] Segundo Miguélez Carballeira, o propósito do Diccionario Bio-bibliográfico de escritores era "restaurar durante a ditadura fascista os discursos coloniais de pré-guerra sobre a Galiza"[3], "os valores da identidade galega, mansa e sentimental, do velho regionalismo"[4]. Xa na súa obra El idioma gallego (1935) Couceiro Freijomil amósase contrario a mencionar os poetas de vangarda galegos, sinalando un cisma entre "la Galicia saudosa" e "la de los vates rebeldes"[5]

Omítense obras de Castelao como Sempre en Galiza, e cualifícase como defecto o anticlericalismo de Curros Enríquez na obra O divino sainete. De Darío Álvarez Limeses, Alexandre Bóveda, Roberto Blanco Torres, Johán Carballeira ou Manuel Lustres Rivas entre outros dise que morreron por consecuencia de los sucesos nacionales. De autores que tiveron que exiliarse como Basilio Álvarez ou Gerardo Álvarez Gallego dise que emigraron.

Non obstante, inclúese autores que deixaron escritos non só de carácter literario, senón de calquera outro tipo, xa for sobre teoloxía, xurisdición, ou medicina. Inclúense personalidades relixiosas -especialmente da Orde franciscana- que non chegaron a escribir ren, como Sancho de Figueroa Andrade ou García Blanes. Mesmo aparece incluído o propio Francisco Franco, destacando a súa carreira militar e política.

Notas

  1. Prólogo inédito, por Antonio Couceiro Freijomil en Galiciana
  2. Cid Fernández, X. M. (1982): "Postura controvertida de A. Couceiro Freijomil ante o rexurdimento e extensión da conciencia nacionalista (1916-1936)", en Boletín Auriense nº 12, páx. 275-297.
  3. Miguélez Carballeira, H. (2014): Galiza, um povo sentimental?. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 49.
  4. Miguélez Carballeira, H. (2014): Galiza, um povo sentimental?. Santiago de Compostela, AGAL. Páx. 152.
  5. Couceiro Freijomil, A. (1935): El idioma gallego. Páx. 441.

Véxase tamén

Outros artigos

  • Wikipedia:Entradas do Diccionario bio-bibliográfico de escritores

Ligazóns externas

Alfredo Tella

Alfredo Tella Comas, nado na Coruña en 1873 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1927, foi un xornalista galego.

Andrés Landín

Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910, foi un impresor, xornalista e político galego.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Aurelio Aguirre

Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e finado na Coruña o 30 de xullo de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Domingo Camino

Domingo Camino Sigüer, nado en Santiago de Compostela en 1827 e finado na Coruña o 30 de setembro de 1879, foi un xornalista e poeta galego.

Editorial de los Bibliófilos Gallegos

Bibliófilos Gallegos foi unha editorial galega fundada en Santiago de Compostela en 1949.

Fernán Páez de Talamancos

Fernán Páez de Talamancos foi un trobador galego do finais do século XIII.

Nobre de Tamallancos, era señor da casa e castelo de Vilamarín, que lle doara o rei Afonso VII e lle confirmara Fernando III.

Consérvanse oito cantigas da súa autoría, sendo cinco delas cantigas de amor, dúas xocosas e tres cantigas de escarnio.

Javier Valcarce García

Javier Valcarce García, nado en Mugardos e finado en Madrid o 23 de agosto de 1918, foi un escritor galego en lingua castelá.

Jerónimo del Hoyo

Jerónimo del Hoyo, nado en Aguilafuente (provincia de Segovia), foi un relixioso español.

José Millán

José María Millán, nado en Pontevedra en 1860 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1936, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Pero García de Ambroa

Pero García de Ambroa foi un trobador galego do século XIII.

Natural de Ambroa (Irixoa) e membro da pequena nobreza, participou baixo o mando de Rodrigo Gómez de Tratámara na toma de Córdoba e Sevilla por parte do reino de Castela. Estivo en Montpellier e Rochamadour, ao parecer facendo tempo mentres facía unha suposta peregrinación a Terra Santa.

Estivo activo como xograr na corte de Fernando III , e relacionouse con trobadores do seu tempo na corte de Afonso X o Sabio, onde parece que residiu. Consérvanse del 15 textos: 1 cantiga de amor, 1 cantiga de amigo, 11 cantigas de escarnio e 2 tenzóns con Johan Baveca e Lourenço. Adicoulle unha cantiga de mestría a María Balteira.

Vicente Gregorio Aspa

Vicente Gregorio Aspa Mazas foi un xornalista e escritor pontevedrés.

Xermán Alonso Hortas

Xermán Alonso Hortas, nado en Lugo o 18 de xuño de 1881 e finado na mesma cidade o 7 de xullo de 1937, foi un médico e escritor galego.

Álbum da Emigración

O Álbum da Emigración, creado a mediados de 2007, é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que recupera as figuras máis destacadas das colectividades galegas en América.

Álbum da JAE

O Álbum da JAE é un proxecto en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar no ano 2007, co gallo do centenario da fundación da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE).

Álbum de Mulleres

O Álbum de Mulleres é un centro de documentación dixital en liña do Consello da Cultura Galega, que botou a andar en decembro do ano 2005.

Artigos e entradas de obras de consulta

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.