Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.

É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.

Diario de Pontevedra
Diario de Pontevedra
Fundación1 de abril de 1889
PropietarioGrupo El Progreso
DirectorMiguel Ángel Rodríguez González

Traxectoria

O actual Diario de Pontevedra é herdeiro doutras cabeceiras xornalísticas da cidade, algunhas mesmo co mesmo título. Ao longo da súa historia sufriu varias suspensións, ata a súa última resurrección, en abril de 1968.

Precedentes

Entre xuño e outubro de 1879, publicouse un Diario de Pontevedra, editado e dirixido por Claudio Cuveiro. Presentábase como "xornal de intereses xerais, noticias e anuncios". En 1881, sae outro Diario de Pontevedra, editado polo xornal El Anunciador, para eludir unha sanción gobernativa.

Primeiras etapas

El Diario de Pontevedra. Año XIV Número 3847 - 1897 abril 16.pdf
El Diario de Pontevedra. Número 3847, 16/4/1897.

Despois doutros títulos instrumentais, tamén pensados para eludir as sancións que sufría El Anunciador, o 1 de agosto de 1889 sae ás rúas un terceiro Diario de Pontevedra, propiedade de Andrés Landín. En 1922, os propietarios venden a cabeceira ao empresario Evaristo Paredes, quen tamén se ocupa da dirección. Era un xornal que inicialmente seguía a doutrina política de Montero Ríos, aínda que posteriormente derivou cara temas máis locais. Un coñecido xornalista, Alfredo Vicenti, asumiu a dirección no ano 1912.

Esta nova etapa do Diario de Pontevedra remata o 28 de febreiro de 1939, por orde do Ministerio de Interior do novo Goberno franquista.

O 15 de setembro de 1963, a cidade recupera o Diario de Pontevedra. É froito das xestións de varias institucións locais, entre as que destaca a Cámara de Comercio pontevedresa, que entende que a capital provincial necesitaba un xornal de seu. Nesta etapa, o presidente do consello de administración é Emilio González de Hoz, con Enrique Paredes como director.

As dificultades económicas obrigan a pechar en setembro de 1967, despois dunha época na que no Diario de Pontevedra asinaron persoeiros como Julio Camba, Celso Emilio Ferreiro ou Ramón Otero Pedrayo.

Dende 1968

O Diario de Pontevedra, retoma a súa actividade o 2 de abril de 1968. A xestión corre a cargo dunha cooperativa de traballadores, unha forma empresarial pouco común na prensa española. A cooperativa encoméndalle a dirección a Pedro Rivas Fontenla.

A etapa da cooperativa prolongouse ata xuño de 1999. Neste período, o Diario de Pontevedra pasou por unha fase de titulares rechamantes, lindeiros do sensacionalismo, como "Los jueves, milagro" (sobre unha baixada do prezo do gasolina) ou "Ratón de un solo agujero" (sobre a fidelidade que o príncipe Rainiero de Mónaco lle rendía á súa defunta esposa Grace Kelly). En 1976 o xornal recibiu ameazas do Frente Fascista Revolucionario, acusado de reproducir artigos de revistas roxas como Cambio 16 ou Guadiana[1].

En 1999, o Diario de Pontevedra é adquirido polo Grupo El Progreso, que coloca na presidencia a Antonio de Cora García, descendente da familia fundadora do xornal lugués e fillo da presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro. Da dirección ocúpase Antón Galocha. O Grupo El Progreso completa a modernización informática do diario pontevedrés, que pasa de ser un dos xornais galegos de aspecto máis "clásico" a se converter nun dos máis avanzados en cuestións de deseño.

En xaneiro de 2013 Antón Galocha foi relevado da dirección que pasou a ser asumida por Pedro Antonio Pérez Santiago.[2] Dende marzo do 2016, o novo director do xornal é Miguel Ángel Rodríguez González.[3]

Malia a súa pertenza ao grupo lugués, o xornal mantén o seu carácter local, mesmo nas promocións e nos enfoques das noticias. Contou cunha edición electrónica propia ata que en decembro de 2007 integrouse, como os outros xornais do grupo, na plataforma Galiciaé.

Notas

  1. "Quieren quemar el Diario de Pontevedra", artigo en Diario 16, 1 de decembro de 1976. Consultado no Arquivo Linz da Fundación March (en castelán).
  2. "Pedro Pérez, nomeado director de Diario de Pontevedra". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2014.
  3. "Miguel Ángel Rodríguez asume la dirección de Diario de Pontevedra" 9/3/2016 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

Andrés Landín

Andrés Landín, nado en Nogueira (Meis) en 1846 e finado en Pontevedra o 18 de febreiro de 1910, foi un impresor, xornalista e político galego.

Campionato de Galicia de fútbol

O Campionato de Galicia foi a máxima competición regular de fútbol do país durante as primeiras décadas do século XX. O seu precursor foi o Campionato de Galicia non oficial organizado polo Vigo Foot-ball Club entre 1905 e 1912. A partir de 1913, a Federación Galega de Fútbol comezou a organizar o campionato galego de xeito oficial. Dende a segunda edición oficial, o torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España. A medida que o campionato foi crecendo, fóronse creando varias divisións inferiores (Serie B e Serie C), recibindo o nome de Serie A a primeira categoría. Durante certo tempo, o torneo coexistiu co actual sistema de ligas estatais creado en 1929. Foi eliminado en 1940 por decisión da RFEF.

Campionato de Galicia de fútbol 1918/19

O Campionato de Galicia 1918/19 foi a quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en xaneiro de 1919 e rematou en marzo do mesmo ano. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de EspañaInscribíronse o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Real Club Coruña, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Pontevedra Athletic foi descualificado por se retirar do campo poucos minutos antes da fin do tempo regulamentario en protesta pola actuación do árbitro durante un partido fronte ó Coruña. Proclamouse campión o Vigo Sporting Club.

Campionato de Galicia de fútbol 1919/20

O Campionato de Galicia da Serie A 1919/20 foi a sexta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en decembro de 1919 e rematou en marzo de 1920. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.

Participaron o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña, o Real Club Coruña e o Pontevedra Athletic Club, porén o Real Club Coruña retirouse do campionato antes da primeira xornada e o Pontevedra Athletic non se presentou a xoga-los partidos, deixando o torneo nun cara a cara entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas.

O partido da primeira volta do campionato xogado en Coia entre o Vigo Sporting e o Deportivo da Coruña foi gañado por 5−1 polos olívicos. O 22 de febreiro debían xoga-lo Deportivo da Coruña e o Vigo Sporting en Riazor o encontro correspondente á segunda volta, mais o Vigo Sporting non se presentou alegando que non fora avisado da data do encontro con suficiente antelación e que estaba interesado en que o partido fose asubiado por un árbitro colexiado. A Federación Galega de Fútbol non considerou válidas as alegacións e concedeu os puntos do encontro ó Deportivo, ficando así os dous equipos empatados a 10 puntos na conclusión do campionato. A FGF tamén acordou que o día 29 se xogase en Riazor un encontro de desempate, que finalizou igualado cun 2−2 no marcador. A FGF decidiu que se disputase un novo partido de desempate en Oviedo o día 14 de marzo. O Vigo Sporting enviou unha reclamación á Real Federación Española de Fútbol e esta acordou considera-lo partido xogado o 29 de febreiro como correspondente á segunda volta do campionato, de xeito que xa non se levou a cabo o segundo desempate e foi proclamado campión o Vigo Sporting.

Caroi, Cerdedo-Cotobade

Santiago de Caroi é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Contou Rosalía

Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseada na vida de Rosalía de Castro en Madrid.

Galiciaé

Galiciaé ou Galiciae.com é un portal galego de internet nado o 2 de decembro de 2007.

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 157.955 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.

Grupo El Progreso

O Grupo El Progreso é un grupo empresarial galego de medios de comunicación.

O grupo está presidido, dende 1993, pola luguesa Blanca García Montenegro.

La Correspondencia Gallega

La Correspondencia Gallega foi un xornal editado en Pontevedra entre 1889 e 1917.

Luís Amado Carballo

Luís Gustavo Amado Carballo, nado en Pontevedra o 2 de maio de 1901. e finado na mesma cidade o 3 de setembro de 1927, foi un escritor galego en lingua galega, cofundador da revista Alborada e pai do hilozoísmo ou animismo. Moi relixioso, interesado pola teosofía, militou como galeguista e pertenceu ás Irmandades da Fala. Foi, xunto con Manuel Antonio, un dos poetas máis destacados do seu tempo, pertencentes ambos a xeración de 1922 (ou de 1925). Morreu prematuramente por causa dunha tuberculose. No ano 1982 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Pontevedra Club de Fútbol

O Pontevedra Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Pontevedra. Foi fundado en 1941 e actualmente xoga na Segunda División B, tras ascender na tempada 2014–15.

A etapa de maior éxito do club foron as 6 tempadas que o equipo xogou en Primeira División entre 1963 e 1970. Actualmente ocupa o posto 42 na Clasificación histórica de Primeira. Durante estas tempadas acadou un 7º posto na tempada 1965-66 e chegou a xogar 5 tempadas consecutivas na categoría. Tamén xogou 9 tempadas en Segunda, 26 en Segunda B e 24 en Terceira.

Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, equipo da cidade veciña.

Río Lérez, ría de Pontevedra

O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra.

Río Ulla

O río Ulla é un curso fluvial galego pertencente á vertente atlántica.

Selección de fútbol de Galicia

A selección de fútbol de Galicia é o equipo de fútbol formado por xogadores galegos, que representa á Federación Galega de Fútbol, independentemente de que participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola FIFA. Dado que este organismo non é membro da FIFA nin do COI, a selección absoluta galega non pode participar en torneos oficiais e só disputa partidos amigábeis a nivel internacional. Porén, en categorías inferiores participa nas competicións que organiza a Federación Española de Fútbol, e dende 1999 a Selección de Galicia de afeccionados disputa a Copa das Rexións da UEFA.

O equipo é coñecido familiarmente como «A Irmandiña», rememorando a historia da Galicia medieval, na cal se constituíron Irmandades para a defensa do pobo fronte os abusos dos señores.

Urco Editora

Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou a súa andaina en 2007 publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.