Diario de Ferrol

Diario de Ferrol é un xornal galego fundado na cidade de Ferrol en 1998 e editado por El Ideal Gallego na Coruña.

Coordenadas: 43°29′7.49″N 8°13′50.03″O / 43.4854139, -8.2305639

Diario de Ferrol
Diario de Ferrol xornal local
Diario de Ferrol sede rúa Galiano
Sede de Diario de Ferrol na rúa Galiano.
TipoSociedade Limitada
Fundación1998
MatrizEditorial La Capital S.L.
LocalizaciónRúa Galiano, 31 Ferrol A Coruña Galicia Galiza
FundadorGermán Castro Tomé
IndustriaComunicación
Número de empregados27[1]
Páxina webdiariodeferrol.com

Historia

Antes da fundación de Diario de Ferrol houbo na cidade outros xornais. Entre os anos 1969 e 1980 editouse Ferrol Diario. Coincidindo coa crise do sector naval e a súa reconversión a desaparición do xornal. Editouse posteriormente El Norte entre 1980 e 1981[2]. Esta crise afectou duramente á cidade de Ferrol é a toda a comarca. Da mobilización social e laboral destes anos fíxose evidente a necesidade dunha prensa local. La Voz de Galicia era o xornal de referencia na cidade. O xornal coruñés tiña e aínda ten unha importante delegación en Ferrol pero co seu discurso centrado na cidade da Coruña e lonxe da defensa dos intereses de Ferrol. Estas diferenzas e en moitos casos sen prestar atención a problemas locais distanciou á cidade do xornal que chegou a ser boicoteado polos traballadores que se negaron a mercalo en protesta pola cobertura que daba ás súas protestas. En 1998 El Ideal Gallego xornal fundado en Ferrol pero editado na Coruña decidiu converter a súa edición local de Ferrol que sempre tivo boa acollida, aínda que non era quen de competir con La Voz de Galicia, nun novo xornal co nome de Diario de Ferrol[3]. O xornal tivo boa acollida dende os seus inicios esgotando a súa primeira edición. O xornal non foi quen de solucionar as carencias informativas de La Voz de Galicia pero soubo achegar máis as novas da cidade pero mantendo a distancia cos conflitos políticos e sociais. Co idioma galego o xornal mantivo a liña pasiva aparecendo en situacións moi concretas e máis forzado polo contexto das novas que trata.

Chegou a acadar unha tirada máxima de 10.000 a 12.000 exemplares[4]. En 2004 saíu a versión web do xornal pero con contidos moi limitados. Non habendo primeiramente hemeroteca dispoñible para consultar xa que actualizábase a web cada xeira e as novas deixaban de estar dispoñibles.

Notas

  1. HERMIDA, PATRICIA. "O Diario de Ferrol defende os seus 13 anos de historia". El Correo Gallego. Consultado o 7 de febreiro de 2013.
  2. "Germán Castro analiza la historia de los diarios ferrolanos ‘Ferrol Diario’ y ‘El Norte’". mundiario. Consultado o 24 de maio de 2013.
  3. Alonso, Pol. "Historia del Diario de Ferrol". Overblog. Consultado o 1 xullo de 2013.
  4. "Diario de FerroI". estructuradelacomunicacion.wikispaces.com.
2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

Apeadoiro de Aranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Castro de Santa Comba

O Castro de Santa Comba é un castro costeiro situado na illa de Santa Comba (concello de Ferrol), formada actualmente por tres illas, con orientación NO-SE. Sobre a illa central, a de maior tamaño, está a Ermida de Santa Comba, do século XI.

El Diario de Ferrol

El Diario de Ferrol foi un xornal editado en Ferrol entre 1873 e 1886.

Escola de música Charamela

A Escola de música Charamela é unha asociación musical eumesa creada o 14 de setembro de 1990 por un grupo de pais que sentían a necesidade de transmitir aos seus fillos a inquedanza pola música. O nome de Charamela fai referencia ás follas dos piñeiros. Entre os seus antigos alumnos hai profesionais da música e membros do Conservatorio Superior. Polo seu labor e o alto nivel acadado, recibiu en 2008 o premio Cultura Diario de Ferrol.

Ferrol

Ferrol é unha cidade e concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrolterra, terceira concentración urbana de Galicia, da cal é capital. Segundo o INE en 2017 tiña 67.569 habitantes, dos cales 31.692 eran homes e 35.877 mulleres, sendo a sétima cidade máis habitada de Galicia e a terceira da provincia.

Constitúe unha das cidades galegas máis importantes no eido industrial, cunha especial influencia do sector naval. Tamén conta cunha importante actividade das Forzas Armadas, principalmente da Armada Española, que ten dende o século XVIII unha das súas principais bases navais e un destacado Arsenal Militar.

O concello é unha península, aséntase de cara á ría de Ferrol, aínda que tamén conta cunha destacada fachada litoral cara ó océano Atlántico na zona rural. Limita por terra con Narón. Esa fachada marítima acolle algunhas das máis afamadas praias, como as asentadas nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Ponzos ou Covas.

Ademais da cidade, o termo municipal comprende once parroquias rurais e a vila da Graña, considerada como zona urbana a efectos legais aínda que se atope no arrabalde. O concello ten unha densidade de poboación de 852,17 hab./km² e unha superficie de 82,6 km².

Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Guadi Galego

Guadalupe Cribeiro Galego, coñecida como Guadi Galego, nada en Cedeira en 1974, é unha cantante galega.

IV Asemblea Nacionalista

A IV Asemblea Nacionalista celebrouse en Monforte de Lemos do 18 ao 20 de febreiro de 1922.

Leandro de Saralegui Medina

Leandro de Saralegui Medina, nado en Tui o 30 de xuño de 1839 e finado en Ferrol o 6 de outubro de 1910, foi un militar naval e escritor galego en lingua castelá.

Mar Cantábrico

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde a Punta Estaca de Bares na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Marcos Pérez Pena

Marcos Sebastián Pérez Pena, nado en Montevideo o 11 de novembro de 1980, é un xornalista galego.

N-651

A N-651 ou Estrada Madrid-Ferrol, é unha estrada nacional española, que une Betanzos na N-VI con Fene, onde conecta coa FE-14, que pola Avenida das Pías remata en Ferrol. Pasa por Betanzos, Miño, Pontedeume, Cabanas e Fene. Conecta coa AP-9F, en Miño (sentido Betanzos), Pontedeume, Cabanas e Fene.

A estrada N-651 formou historicamente un tramo de ramal entre Betanzos e Ferrol da Estrada da Coruña, baixo o identificador N-VI.

No ano 2016 o Ministerio de Fomento de España decidiu investir 6,2 millóns de euros na mellora da seguridade viaria desta vía entre os P. K. 20,5 e 26,9 ao seu paso pola travesía urbana de Cabanas.

Periódico

Un periódico é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal ou diario, e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal -denominado semanario- e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado. Os seus ingresos económicos xeralmente baséanse na inserción de publicidade.

Edítase, distribúese e véndese cada día nos quioscos e nos lugares acreditados. Destínanse ó público en xeral, polo cal o seu estilo é claro e conciso, e o seu contido moi variado, pero sempre dividido en seccións xerais, información e opinión, divididas á súa vez en subseccións: información nacional, internacional, local, sociedade, cultura, ciencia, saúde, economía, deportes, axenda, anuncios etcétera. No caso da información: editorial, artigos de fondo, cartas ó director, columnas, críticas (taurina, cinematográfica, televisiva, deportiva, teatral, musical), crónicas, humor gráfico, etcétera. Por exemplo, xornais coma The New York Times.

Algúns periódicos adquiriron sona pola súa aceptación dalgunha sección en particular, xa sexa que a sección é destacada en comparación con outros xornais, ou porque teña algo peculiar distintivo.

Un periódico, aínda que imparcial, pode ter unha edición con tendencia cara a certa ideoloxía, ou unha tendencia a apoiar particulares causas, pero tamén pode estar máis enfocado ás finanzas, por exemplo.

O xornal foi crucial na difusión do crecemento da conciencia social e laboral, foi un instrumento que puido intervir en favor dos máis oprimidos.

Adóitase usar a palabra "prensa" para diferenciar estas publicacións doutros medios de comunicación como son a radio ou a televisión. A orixe desta palabra está na utilización dunha prensa de imprenta sobre a cal eran imprimidas as follas de papel.

A tinta empregada na impresión de periódicos variou durante os anos; desde a clásica tintura negra e manchante, a unha tinta morada, nalgúns casos, ou incluso de color café, aínda que o desenvolvemento máis recente da tinta enfocouse a que non manche e que sexa biodegradable.

Reganosa

Reganosa (Regasificadora do Noroeste Sociedade Anónima) é unha empresa galega adicada ó almacenamento e distribución de gas natural licuado (GNL) a través da súa terminal de Mugardos, na ría de Ferrol. Da súa actividade depende directamente a subministración das centrais eléctricas de ciclo combinado que Endesa e Unión Fenosa teñen nas Pontes de García Rodríguez e Sabón (Arteixo), respectivamente, así como outras industrias vía gasoduto, buques LNG e camións cisterna. En España existen seis plantas regasificadoras: Barcelona, Huelva, Bilbao, Sagunto, Cartaxena e Mugardos.

VG-1.2

A VG-1.2 ou Vía de Alta Capacidade Ares-Mugardos é un corredor, actualmente unha vía para automóbiles, que conecta a AP-9F, á altura do polígono industrial Vilar do Colo, cos concellos de Ares e Mugardos. Foi inaugurada en outubro de 2005.En maio de 2015 a Xunta de Galicia aprobou unha modificación do plano sectorial viario da área de Ferrol que incluía novos enlaces coas estradas N-651 e AC-133.

Valdoviño

Valdoviño é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 contaba con 6.796 habitantes (6.978 no 2009, 6.896 no 2006, 6.888 no 2005, 6.854 no 2004, 6.877 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «valdoviñés».

O nome do concello fai pensar a algúns nunha agricultura baseada na vide, así Val do viño sería a orixe do topónimo. Tamén hai quen manexa outra hipótese: Val do Aviño, rego que atravesa o chan do municipio, se ben as últimas investigacións, indican que o nome provén do propietario dunha pequena explotación agraria, chamado Baldovino, Baldoviño ou Balduino, do que hai abondosa documentación nos textos medievais.Ocupa unha franxa costeira desde a praia de Campelo ata a entrada da ría de Cedeira.

Nesta poboación leváronse a cabo no século XVIII (1767) os primeiros cultivos de patacas traídas desde América.

As praias do término municipal de Valdoviño son moi populares polo seu paisaxe natural e entre os aficionados ao surf. Entre elas, destacan o areal da Frouxeira, duns 3,6 km de lonxitude, e a praia de Pantín, onde anualmente cada mes de setembro celebrase o Pantín Classic, campionato internacional de surf que comenzou súa andadura en 1988.

A lagoa da Frouxeira é un destacado ecosistema de gran valor ornitolóxico por ser lugar de descanso de aves migratorias e de cría dalgunhas especies de aves.

Xosé Bergantiños

Xosé Bergantiños Miragaya, nado en Guitiriz en 1936, é un escritor e articulista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.