Diario Oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Diario Oficial de Galicia
Decreto 65-2005, do 31 de marzo, polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (Pontevedra).pdf&page=2
Decreto polo que se aproba o escudo do Concello de Baiona (PDF).

Historia

Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] En maio de 2011 deixou de editarse a versión en papel, existindo desde entón só a versión dixital.

Notas

  1. Diario Oficial de Galicia. Xunta de Galicia, ed. (01/12/1978). "DOG. Nº 1. Venres, 01 de decembro de 1978". Consultado o 5 de marzo de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

1 de decembro

O 1 de decembro é o 335º día do ano do calendario gregoriano e o 336º nos anos bisestos. Quedan 30 días para finalizar o ano.

A Pescadería, A Coruña

A Pescadería, Pescaría ou Peixería, tamén coñecida como Pescadaría e Peixaría, é un barrio da Coruña que ocupa unha das áreas máis antigas da cidade.

Boletín Oficial del Estado

O Boletín Oficial del Estado (ou, na forma abreviada, BOE) é o diario oficial do Estado Español do que se encarga a Axencia Estatal do Boletín Oficial del Estado, dependente do Ministerio da Presidencia, e no que se publican as normas xurídicas e outras disposicións e actos de inserción pública obrigatoria.

O seu obxectivo é poñer á disposición de tódolos administrados os textos legais de obrigado cumprimento, sendo esta publicación o requisito imprescindible para a entrada en vixencia desas normas. Por tal motivo é unha publicación de referencia para todo xurista e persoa relacionada coa Administración central, aínda que afecte a tódolos cidadáns.

Can

O can (Canis lupus familiaris) é un mamífero carnívoro que pertence á familia Canidae, ao igual que os lobos, raposos e coiotes. En xeral, o termo 'can' emprégase para referirse á raza doméstica (Canis familiaris), a cal crese que descende dun antergo similar ó lobo, segundo distintos indicios, a secuencia do ADN e outros estudos xenéticos.. Con todo, algúns científicos sosteñen que o can é unha subespecie de lobo.

As probas arqueolóxicas demostran que o can estivo en convivencia próxima cos humanos desde hai polo menos 9.000 anos, pero posiblemente desde hai 14.000 anos. As probas fósiles demostran que os antepasados dos cans modernos xa estaban asociados cos humanos hai 100.000 anos.

Neste tempo o can desenvolveu diferentes razas que poden variar moito en tamaño e cor. Por exemplo, están os cans chihuahuas, que miden apenas unhas polgadas, en oposición aos grandes cans San Bernardo ou ao mastín. As cores dos cans varían de branco a negro, con vermello, café ou gris. De igual xeito que os humanos, son unha especie moi sociable e cazan en grupo.

A media de vida é de 12 anos, cada ano do can semella uns sete anos humanos, aínda que non é unha fórmula exacta.

Carballo

Carballo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños. É un concello grande (186,8 km²) que segundo o IGE en 2015 tiña 31.283 habitantes segundo o IGE (31.358 no 2012, 31.303 no 2011, 31.149 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballés/carballesa.

Cervo

Cervo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.369 habitantes (4.847 no 2006, 4.949 no 2005, 4.978 no 2004, 5.060 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cervense».

Editorial Compostela

A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.

Folgoso, Abegondo

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 3,54 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

Maruxa Méndez

Maruxa Méndez Otero, nada o 20 de setembro de 1914 en Lavadores (antigo concello, hoxe pertencente a Vigo) e finada en Vigo o 24 de abril de 2005, foi unha costureira e promotora da danza tradicional galega viguesa.En 1958 creou un coro que a partir de 1963 levaría o nome de Lembranzas Galegas, e ao que máis tarde se lle engadiría unha sección de agrupación folclórica. En 1974 instaurou o costume de facerlle unha ofrenda floral ao Cristo da Vitoria.

Recibiu a Medalla Castelao en 1987 e o título de Viguesa Distinguida en 1988. Leva o seu nome un festival folclórico anual que se celebra no barrio vigués de Lavadores.

Pantón

Pantón é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 2.539 habitantes (1.232 homes e 1.307 mulleres), o que supón unha diminución en 26 habitantes en relación co ano anterior.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Partido Popular de Galicia

O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. No ano 2015 contaba con 1753 concelleiros, e 15 deputados no Congreso dos Deputados. Ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 41 dos 75 escanos.

Pedrafita, Guitiriz

San Mamede de Pedrafita é unha parroquia de Guitiriz pertencente ó arciprestado de Parga. O seu nome vén do latín petra fictus, que significa pedra cravada.

Segundo o IGE en 2012 tiña 152 habitantes dos cales eran 82 homes e 70 mulleres censados en 14 grupos de poboación. En 1991 eran 215 as persoas censadas cunha densidade media de 15,7 hab/km². Esta parroquia prestou tres quendas na presentación do beneficio parroquial: á casa de Friol, á casa de Miraz e á casa de Trasmonte.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Ría de Ortigueira

A ría de Ortigueira, tamén coñecida como ría de Ortigueira e Ladrido e como ría de Santa Marta de Ortigueira, é unha ría galega situada ao norte da provincia da Coruña, en Galicia, España.

Está formada pola desembocadura do río Mera, as súas augas bañan os concellos de Cariño e Ortigueira. Debe o seu nome á vila de Ortigueira, e conta con dous portos pesqueiros, o de Espasante, actualmente sen apenas actividade pesqueira, e o de Cariño, moito máis importante.

Está catalogada como unha zona especial de conservación (ZEC) e unha zona de especial protección para as aves (ZEPA). Ademais, por ser un importante lugar de paso e invernada de aves acuáticas está dentro do Convenio de Ramsar como zona húmida protexida.

Turgalicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, é unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Vilalba

Vilalba é un concello da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2015 tiña 14.645 habitantes, dos que máis dun terzo viven no núcleo urbano. O seu xentilicio é «vilalbés» ou tamén «chairego».

Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de Viveiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos galegos en canto a superficie despois da Fonsagrada.

O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de Abadín, Muras e Xermade, polo sur, con Cospeito, Begonte e Guitiriz, polo leste, con Abadín e Cospeito e polo oeste, con Xermade e Guitiriz. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila.

Vilalba (do latín Villam Albam, 'vila branca'), posúe un rico patrimonio arqueolóxico e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de castros galaicos, entre os que destacan os castros de Gondaísque e Belesar. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a Torre da homenaxe do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á casa dos Andrade, e convertida no século XX en parador de turismo.

Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos lácteos, e algunhas pequenas industrias de embutidos, xamóns e de elaboración do queixo D.O. de San Simón.

A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o queixo de San Simón da Costa, o roscón de améndoas e os célebres capóns de Vilalba que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o 21 de decembro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.