Dialectos do portugués

Os dialectos do portugués son as diferentes variedades existentes da lingua portuguesa. Existen diferenzas con respecto ao padrón, especialmente no Brasil, mais tales diferenzas non prexudican a intelexibilidade entre locutores de diferentes dialectos.

Portugués europeo
Dialectos de Portugal.

Evolución

O portugués europeo padrón (tamén coñecido como "estremeño") modificouse máis que as outras variedades. Mesmo así, todos os aspectos e sons de todos os dialectos de Portugal poden ser encontrados nalgun dialecto no Brasil. O portugués africano, en especial o portugués santomense ten moitas semellanzas co portugués do Brasil. Ao mesmo tempo os dialectos do sur de Portugal presentan moitas semellanzas, especialmente o uso intensivo do xerundio. Na Europa, o alto-miñoto e o transmontano teñen algunhas semellanzas co galego.

Mesmo coa independencia das antigas colonias africanas, o portugués padrón de Portugal é o padrón preferido polos países africanos de lingua portuguesa. Logo, o portugués apenas ten dous dialectos de aprendizaxe, o europeo e o brasileiro. Nótese que, na lingua portuguesa hai dous dialectos preferidos en Portugal: o de Coimbra e o de Lisboa. No Brasil, o dialecto preferido é o falado e moito mais escrito polos habitantes cultos das grandes cidades. A maioría dos dialectos, así e todo, son mutuamente intelixíbeis.

Dialectos

Dialectos de Portugal

  1. Azoriano (ouvir) - Açores
  2. Alentexano (ouvir) - Alentejo
  3. Algarvio (ouvir) - Algarve (há um pequeno dialecto na parte occidental)
  4. Alto-Miñoto (ouvir) - Norte de Braga (interior)
  5. Baixo-Beirán; Alto-Alentexano (ouvir) - Centro de Portugal (interior)
  6. Beirán (ouvir) - centro de Portugal
  7. Estremeño (ouvir) - Regiões de Coimbra e Lisboa (pode ser subdividido en lisboeta e coimbrán)
  8. Madeirense (ouvir) - Madeira
  9. Norteño (ouvir) - Rexións de Braga e Porto
  10. Transmontano (ouvir) Trás-os-Montes

Dialectos do Brasil

Hai pouca precisión na división dialectal brasileira. Algúns dialectos, como o dialecto caipira, xa foron estudados, estabelecidos e recoñecidos por lingüistas, tales como Amadeu Amaral. Con todo, hai poucos estudos a respecto da maioría dos demais dialectos e, actualmente, aceitase a clasificación proposta polo filólogo Antenor Nascentes e outros.

  1. Caipira - interior do estado de São Paulo, norte do Paraná, sur de Minas Gerais e Mato Grosso do Sul
  2. Maranhense, Piauiense (Meio Nortista) - Maranhão e Piauí
  3. Baiano - rexión da Baía
  4. Fluminense (ouvir) - Estados do Rio de Janeiro e Espírito Santo (a cidade do Río de Xaneiro ten un falar propio)
  5. Gaúcho - Rio Grande do Sul, con algunha influencia do castelán, como dicir "bueno", "griz", "cucharra" e "entonces".
  6. Mineiro - Minas Gerais
  7. Dialetos nordestinos - Conxunto de dialectos falados na Rexión Nordeste, con excepción da Baía.
  8. Nortista - estados da bacia do Amazonas (ouvir) - (o interior e Manaus teñen falares propios)
  9. Paulistano - cidade de São Paulo e proximidades (con influencia da inmigración italiana).
  10. Sertão - Estados de Goiás e Mato Grosso, estes se asemellan un pouco co dialecto mineiro.
  11. Sulista - Estados do Paraná e Santa Catarina. Este dialecto sofre innumerábeis variacións de pronuncia de acordo con a área xeográfica, sendo influenciado pola pronuncia de São Paulo no norte do Paraná e do Rio Grande do Sul no oeste do Paraná e en algunhas rexións de Santa Catarina. Hai pequenas influencias nas áreas de colonización alemá con sotaque.

Táboa de pronuncia

Letra Portugal Paraná São Paulo Río de Xaneiro Bahia
Vogais e semi-vogais
a á ou α cando tónico, ə cando átono á á á á
â α α α α α
é ɛ ɛ ɛ ɛ ɛ
ê e e e e e
e e cando tónico, ə cando átono e e (ou i, na fin de palabra) e (na fin dunha palabra ás veces non se pronuncía) ɛ (ou i, na fin de palabra)
i i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos) i (ou "j" en ditongos)
ó ɔ ɔ ɔ ɔ ɔ
o o cando tónico, u cando átono o o (ou u, na fin de palabra) o (ou u, na fin de palabra) ɔ (ou u, na fin de palabra)
u u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos) u (ou w, en ditongos e tritongos)
Ditongos
ei αj ej e ej ej
ou o ow o ow u
Vogais nasais
ã, am, an, âm, ân â non nasaliza
em, en, ên, êm, én, ém ãj non nasaliza ẽj
im, in, ím, ín ĩ non nasaliza ĩ ĩ ĩ
om, on, ôm, ôn, óm, ón õ non nasaliza õw õ õ
um, un, úm, ún ũ non nasaliza ũ ũ ũ
Glides nasais
ão ẫw ẫw ẫw ẫw ẫw
ãe ẫj ẫj ẫj ẫj ẫj
õe õj õj õj õj õj
Consoantes
b β b b b b
p p p p p p
qu kw kw kw kw kw
ca, co, cu ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku ka, ko, ku
ce, ci se, si se, si se, si se, si se, si
ç s s s s s
ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu ga, go, gu
ge, gi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi ʒe, ʒi
da, de, do, du ða, ðe, ðo, ðu da, de, do, du da, de, do, du da, de, do, du da, de, do, du
di ði di di ou dzi dʒi dʒi
ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu ta, te, to, tu (ás veces ču)
ti ti ti ti ou tsi či či
f f f f f f
v v o β (N do pais) v v v v
l l l l ou w na fin de sílaba l ou w na fin de sílaba l ou w na fin de sílaba
m m m m m m
n n n n n n
r (antes de vogal, dentro da palabra)
r (no inicio da palabra), rr r r kh kh
r (na fin de sílaba) retroflexivo, como en inglés (ou retroflexivo, no interior) kh kh
s (intervocálico) z z z z z
s (inicial ou seguido de consoante), ss s s s s s
s (na fin de sílaba) ʃ z z ʃ ʃ
ch ʃ ʃ ʃ ʃ ʃ
lh λ λ (ás veces j) λ λ λ (ás veces j)
nh ɲ ɲ ɲ ɲ ɲ
h non pronuncía non pronuncía non pronuncía non pronuncía non pronuncía
pt, ct t pt, ct pt, ct pt, ct pt, ct
Lingua portuguesa

O portugués é unha lingua romance nada na alta Idade Media na Gallaecia, que agora é Galiza e o norte de Portugal. Estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI, na época en que Portugal fundou un imperio colonial, incluíndo o Brasil en Sudamérica, Goa na India e Macao na China. Daquela xurdiron tamén varias linguas crioulas baseadas no portugués, sobre todo en África, Asia e o Caribe.

Hoxe en día é unha das linguas do mundo máis faladas, na sexta posición en canto a falantes como primeira lingua (uns 250 millóns). É a lingua con maior número [Cómpre referencia] de falantes en Sudamérica (más de 200 millóns), así como unha importante lingua franca en África.

O portugués é lingua oficial de nove países - Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea-Bissau, Guinea Ecuatorial, Mozambique, San Tomé e Príncipe e Timor Leste, sendo cooficial co español e francés en Guinea Ecuatorial, co chinés na rexión Especial Administrativa Chinesa de Macao, e co tetum en Timor Leste.

O galego e o portugués eran a mesma lingua, o galego-portugués, até como mínimo os séculos XII-XIII, cando se iniciou un proceso de afastamento debido, entre outras razóns, a que en Portugal adquiriu o carácter de lingua estatal e que Galiza se incorporou á Coroa de Castela, que posteriormente chegaría a formar España, sen se establecer por tanto como lingua oficial en Galiza, e desaparecendo como lingua literaria durante tres séculos (XVI, XVII e XVIII). O esplendor literario medieval do galaico-portugués foi descoñecido, nos dous lados da fronteira, ata a década de 1920. Hoxe en día o galego e o portugués considéranse oficialmente como dúas linguas distintas, aínda que existen posicións diferentes, incluíndo un movemento social chamado reintegracionismo, que afirma que o galego e o portugués son simplemente dúas variantes da mesma lingua.

Linguas iberorrománicas

As linguas iberorrománicas son un subgrupo de linguas románicas que se desenvolveron en territorios ocupados polos romanos cara ao ano 415[Cómpre referencia], é dicir, a Península ibérica e o norte do Magreb e as súas posteriores conquistas (Suevia).

Linguas consideradas universalmente dentro do grupo iberorrománico son o galaico-portugués (e os seus modernos descendentes, galego e portugués), o asturleonés, o castelán e o aragonés. Todas estas linguas forman un continuum geolectal con alta intelixibilidade entre linguas adxacentes.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Sistema lingüístico histórico galego-portugués

O sistema lingüístico histórico galego-portugués ou sistema lingüístico galego-luso-brasileiro, é un diasistema formado polo conxunto de linguas e variedades lingüísticas derivadas do galego-portugués medieval.

Sociolingüística

A sociolingüística é unha rama da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.