Diáspora galega

Coñécese como diáspora galega o proceso de emigración masiva do pobo galego que se produciu durante as tres últimas décadas do século XIX ata ben pasada a metade do século XX. Na segunda década do século XXI por mor da crise en Galicia e España iníciase unha segunda vaga de emigración galega, principalmente cara países do norte de Europa (Alemaña e Inglaterra), normalmente mozos con estudos e un nivel cultural medio-alto.

Monumento aos emigrantes
Monumento aos emigrantes (Oleiros), Luis Seoane,

A xénese do proceso

Nas súas orixes obedeceu a razóns económicas e sociais, marcadamente á pobreza como consecuencia da falta de traballo, a isto sumáronselle razóns políticas, fundamentalmente pola represión franquista, que en Galicia comezou en xullo de 1936, ó pouco de estalar a guerra civil.

Á Irmandade Galega Curros Enríquez de Rosario, no día da miña partida. Castelao, 1946
Castelao, considerado como unha icona do exilio galego.

Na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, xornalista, escritor, médico, e artista plástico, atópase unha icona deste proceso e das súas consecuencias.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Álvarez, D. (2017): Galegos na diáspora 1989-2009. ISBN 9781544182995

Ligazóns externas

Amauta Castro

Rafael Xoán Muñoz Castro, que usa o heterónimo literario Amauta Castro, nado en Barakaldo en 1981, é un poeta e tradutor galego residente en Xirona.

Avelino Díaz

Avelino Díaz Díaz, nado na Órrea (Riotorto) o 14 de novembro de 1897 e finado en Buenos Aires o 29 de marzo de 1971, foi un xornalista e poeta galego.

Carlos López García-Picos

Carlos López García-Picos, nado en Betanzos o 19 de outubro de 1922 e finado en Oleiros o 23 de decembro do 2009, foi un compositor galego, principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores. Tivo unha especial relevancia na diáspora galega, amosando durante os anos que permaneceu en Buenos Aires (Arxentina) un constante compromiso coa colectividade galega que se reflectiu en moitos aspectos da súa obra, así como na súa participación como director de distintas agrupacións corais como o coro Os Rumorosos do Centro Betanzos de Buenos Aires, o coro Alborada da Casa de Galicia de París, a Coral Rosalía de Castro da Asociación Galega e a agrupación coral do Centro Gallego de Buenos Aires.Profundamente comprometido co papel que xogan os compositores nos tempos que lles toca vivir, García-Picos escribiu un artigo de pensamento que transloce as súas inquedanzas sobre isto: "Problemática de los compositores gallegos actuales".

Darío Lamazares

Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e falecido o 7 de decembro de 2007 en Buenos Aires, foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.

Delmi Álvarez

Edelmiro Álvarez Jiménez, nado en Vigo en 1958, é un fotógrafo documentalista galego, máis coñecido como Delmi Álvarez.

Emigración

O termo emigración refírese a deixar o propio país para ir vivir a outro. Tamén por extensión se denomina emigración ós movementos de poboación que se producen dentro do propio país. O termo emigración refírese ademais ó conxunto de habitantes que trasladan o seu domicilio; xa sexa por un tempo ilimitado ou temporalmente, dun país, rexión ou pobo a outro distinto.

Aínda que se trata do mesmo fenómeno, denomínase inmigración cando o punto de observación é o da recepción de masas migratorias e emigración cando o fenómeno é observado dende o lugar emisor.

As razóns que empuxan a emigrar ó ser humano polo miúdo responden a unha necesidade de carácter vital que pode ser suscitada por cuestións de restrición económica, política e/ou medioambiental.

Na actualidade os países cun índice meirande de emigración son os de África, Sudamérica, e Asia, ós que os países desenvolvidos deron en chamar países do Terceiro Mundo ou países en vías de desenvolvemento.

Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela foi fundada no ano 1974, a partir da antiga Facultade de Filosofía e Letras na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Federación Mundial de Sociedades Galegas

A Federación Mundial de Sociedades Galegas foi unha institución creada para reunir as múltiples agrupacións asistenciais e culturais do conxunto da diáspora galega, como consecuencia do crecemento destas sociedades. Aprobouse a súa creación no Congreso Rexional da Emigración Galega en Santiago de Compostela o ano 1965, e foi finalmente creada no Congreso da Emigración Galega en Ourense en 1968, aínda que estabeleceu a súa sede na cidade da Coruña. Toma como idiomas oficiais o galego e o español. Esta Federación organizou os Congresos da emigración galega a partir do ano 1971, así como as Asambleas da Federación Mundial de Sociedades Gallegas a partir de 1974

Fillos de Galicia

Fillos de Galicia é un portal de Internet e comunidade virtual que se enfoca na cultura galega e a súa diáspora. O sitio, nacido en 1997, trata de unir e promover a relación entre os galegos e os seus descendentes arredor do mundo. A comunidade ofrece diversos contidos e servizos, como recursos para aprender a lingua galega ou atopar familiares en Galicia ou na emigración usando o Atopadoiro. Fillos.org é un dos webs máis populares no que respecta ao pangaleguismo, a Galicia e máis especificamente á súa diáspora.[Cómpre referencia] En setembro de 2010 Fillos integrou parte dos seus sitios web en Blogaliza.

Inmigración

Chámase inmigración á entrada a un país de persoas que naceron ou proceden doutro lugar. Representa unha das dúas opcións ou alternativas do termo migración, que se aplica aos movementos de persoas dun lugar a outro e estes desprazamentos levan un cambio de residencia ben sexa temporal ou definitivo. As dúas opcións dos movementos migratorios son: emigración, que é a saída de persoas dun país, rexión ou lugar determinados para dirixirse a outro distinto e inmigración, que é a entrada nun país, rexión ou lugar determinados procedentes doutras partes. De maneira que unha emigración leva como contrapartida posterior unha inmigración no país ou lugar de chegada.

Así pois, resulta válido estudar as migracións desde o punto de vista do país de acollida (ou mellor dito, de entrada, xa que non sempre os inmigrantes reciben unha boa acollida no país de entrada), xa que a situación é moi diferente e ata a miúdo oposta á do país ou lugar de emigración. Unha enorme gama de situacións políticas e problemas exponse pola case sempre inevitable diferenciación cultural, económica e social existente entre as poboacións inmigrantes e as do país de recepción, e ata entre os mesmos inmigrantes cando proceden de países e ata de continentes distintos.

Inmigración galega en Cuba

Os galegos en Cuba contan cuns 15 300 membros aproximadamente esparexidos principalmente na Habana, Cárdenas, Matanzas, Pinar del Río, Camagüey, Trinidad, Cienfuegos, Santa Clara, Santiago de Cuba e Guantánamo. Chegaron procedentes de Vigo, cara o porto da Habana entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e das presións políticas. Moitos galegos que chegaran á illa desprazáronse despois cara a México e os Estados Unidos entre a década de 1920 e a de 1940.

Inmigración galega en México

Os galegos, contan con máis 10 000 membros aproximadamente dispersos principalmente no Distrito Federal, Estado de México, San Luis Potosí, Querétaro, Veracruz, Xalisco, Puebla, Michoacán, Campeche e Nayarit. Chegaron procedentes da Habana, Cuba, contra o Porto de Veracruz entre os anos 1821 e 1877, fuxindo da fame e nas presións políticas, que existían en Cuba. A súa segunda chegada a México produciuse entre a década de 1920 e a de 1970. O Centro Galego de México, no D.F. é unha asociación cultural, onde se difunde e transmite a cultura galega a todo aquel que estea interesado nela.

O centro galego de México é o principal difusor de Galicia en México dende 100 anos atrás, unha porcentaxe de galegos mantívose unida polos apelidos, a lingua, o folclore, a gastronomía, os negocios e a música, pero outra importante porcentaxe viuse absorbida pola cultura mexicana sen intención algunha de formar parte das asociacións de españois instituídas no país.

Lingua galega

O galego ([ɡaˈleɣo̝]) é unha lingua indoeuropea que pertence á póla de linguas románicas. É a lingua propia de Galicia, onde é falada por uns 2,4 millóns de galegos. Á parte de en Galicia, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, aínda que sen estatuto de oficialidade (agás en casos puntuais, como na Veiga), así como pola diáspora galega que emigrou a outras partes de España, a América Latina, os Estados Unidos, Suíza e outros países de Europa.

O galego moderno forma parte do grupo de linguas ibero-occidentais, unha familia de linguas románicas que inclúen o portugués, e que se desenvolveu dende o latín vulgar falado na provincia de Gallaecia, e evolucionou ao que os lingüistas chaman galaico-portugués, falado no Reino de Galicia. As diverxencias dialectais son observables entre as formas do norte e do sur do galaico-portugués en textos do século XIII, mais as dúas variedades eran semellantes abondo para manter un alto grao de unidade até mediados do século XIV, coa literatura galego-portuguesa medieval. A diverxencia continuou até o presente, producindo as modernas linguas galega e portuguesa.O léxico do galego é predominantemente de orixe latina, malia que tamén contén un certo número de palabras de orixe celta e xermánica, entre outros substratos e adstratos. Tamén incorporou certo número de palabras do árabe de Al-Andalus, principalmente a través do castelán.

A Real Academia Galega é consonte a Lei de Normalización Lingüística vixente, a entidade competente para a fixación das normas da lingua galega, non obstante as actuais normas elaboráronse na súa orixe conxuntamente co Instituto da Lingua Galega, teñen tamén un papel destacado o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e o Consello da Cultura Galega.

Manuel Fraga

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego.

Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido. Tivo as carteiras de ministro de Gobernación e vicepresidente segundo do Goberno durante o mandato de Arias Navarro. Foi un dos pais da Constitución española de 1978.

Presidiu Alianza Popular e o Partido Popular e foi o terceiro presidente da Xunta de Galicia, o que ocupou o Pazo de Raxoi durante máis anos, dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005.

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego é unha novela social e histórica do galego Xosé Neira Vilas, publicada na Arxentina o 5 de xaneiro de 1961 por Follas Novas, distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en prosa, despois do poemario Dende lonxe (1960). Memorias foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza. Daquela Neira traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase a escribir no café.

En 1968 saíu a segunda edición, primeira en Galicia, polas Ediciós do Castro de Isaac Díaz Pardo. Versa sobre o agro galego visto polos ollos dun neno, e é a obra máis editada da literatura galega, con máis de 700 000 exemplares vendidos. En 1978 foi incluído canda Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977), nun único volume: O ciclo do neno, número 29 da Colección Arealonga de Ediciones Akal. Está dedicado a todos os nenos e todas as nenas que falan galego.

Pangaleguismo

O pangaleguismo é o pensamento a prol da unión dos galegos con independencia da súa residencia ou non en Galiza. A palabra foi acuñada en 1918 no contexto da Irmandades da Fala por Antón Villar Ponte e o concepto veu sendo empregado por diversos intelectuais galegos desde entón. Fai referencia á cuestión da dualidade da identidade galega (Galiza + diáspora galega) e ten de ver con outras como a galaicidade (termo acuñado por Valentín Paz-Andrade) ou galeguidade (no senso que lle daba Ramón Otero Pedrayo), a galusofonía a Galiza Mundial e na acepción de Antón Villar Ponte refírese á consolidación nacional e mais á expansión internacional da identidade galega: pangaleguismo quer dicir defensa das formas e valores da conciencia cívico-cultural galega dentro e fóra dos lindeiros da Galiza territorial.Tamén existe unha acepción cunha connotación máis limitada pola que o Pangaleguismo que consisite en incorporar Portugal no deseño político futuro do nacionalismo galego.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Ricardo Flores

Para o xornalista, escritor e político anarquista mexicano véxase Ricardo Flores Magón.Ricardo Flores Pérez, nado en Sada en 1903 e finado en Buenos Aires en 2002, foi un escritor galego e un dos máis sobranceiros autores teatrais da diáspora galega.

Xesús Calviño de Castro

Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893 e falecido en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.