Devon

Devon (Dewnens en córnico) é un condado situado na rexión do Suroeste de Inglaterra, que limita con Cornualles ao oeste e con Dorset e Somerset ao leste. O nome Devonshire utilizouse durante un tempo aínda que na actualidade caeu en desuso e utilízase só para algúns nomes oficiais como o de Duque de Devonshire. A súa capital é Exeter.

EnglandDevon
Localización do condado de Devon.

Historia

Devon foi unha das primeiras áreas de Inglaterra que estivo habitada, ao final da Idade do xeo. Crese que Dartmoor estivo habitado durante o mesolítico por tribos de cazadores. O nome "Devon" deriva do nome que deron os romanos ao pobo celta que vivía ao sur da península de Britania durante a invasión romana. Chamáronlles Dumnonii que se cre significa habitantes do val profundo.

Os romanos mantiveron a zona baixo ocupación militar durante aproximadamente 25 anos. Máis tarde, a zona serviu e fronteira entre Brythonic Dumnonia e o Wessex saxón.

Durante o século IX, o control saxón da zona veu dos viquingos e dalgunhas incursións esporádicas até a conquista normanda. Algúns nomes de orixe nórdica quedaron como mostra da presenza de viquinga no condado.

Devon participou tamén na maioría dos conflitos ingleses desde a conquista normanda, incluíndo a guerra das rosas. O feito quizais máis destacable é a chegada de Guillerme de Orange a Torquay para iniciar a Revolución gloriosa en 1688.

Devon foi produtor de cobre e doutros metais na antigüidade. O condado é tamén coñecido polos seus mariñeiros como sir Francis Drake ou sir Walter Raleigh.

O condado ten a súa propia bandeira (non oficial) dedicada a San Petroc, un santo local que conta con numerosos fieis tanto en Devon como nos condados veciños. A bandeira adoptouse no ano 2003 despois dun concurso organizado pola cadea BBC.

Política e administración

Exeter Cathedral 2923rw
Catedral de Exeter

O centro administrativo de Devon é a cidade Exeter pero a cidade máis poboada é Plymouth, e a conurbación de Torbay (que inclúe Torquay, Paignton e Brixham) é unha autoridade unitaria desde 1998, separada do resto de Devonque queda baixo a administración do Consello do Condado de Devon.

O Consello do Condado de Devon está controlado polos conservadores. O órgano conta con 62 respresentantes, dos que 38 son conservadores, 9 liberal demócratas, sete laboristas, catro UKIP, tres independentes e un verde.[1]

Hundreds

Historicamente Devon divídese en 32 hundreds:[2] Axminster, Bampton, Black Torrington, Braunton, Cliston, Coleridge, Colyton, Crediton, East Budleigh, Ermington, Exminster, Fremington, Halberton, Hartland, Hayridge, Haytor, Hemyock, Lifton, North Tawton and Winkleigh, Ottery, Plympton, Roborough, Shebbear, Shirwell, South Molton, Stanborough, Tavistock, Teignbridge, Tiverton, West Budleigh, Witheridge e Wonford.

Cidades destacadas

Lugares de interese

Notas

  1. "Tories take over county council". The BBC. 5 June 2009. Consultado o 6 June 2009.
  2. GENUKI http://genuki.cs.ncl.ac.uk/DEV/Hundreds.html
Charles Babbage

Charles Babbage, nado en Teignmouth, Devon, Gran Bretaña, o 26 de decembro de 1791 e finado o 18 de outubro de 1871, foi un matemático inglés e científico protoinformático. Foi a primeira persoa en concibir a idea do que hoxe chamariamos un ordenador. No Museo de Ciencias de Londres exhíbense partes dos seus mecanismos inconclusos.

Chris Martin

Christopher Anthony John Martin, nado o 2 de marzo de 1977 en Devon, Reino Unido, é o cantante, compositor, guitarrista, pianista e líder da banda inglesa Coldplay. É coñecido ademais polo seu activismo en campañas en favor do comercio xusto e en contra da pobreza e a fame no mundo.

Graduouse con honores en latín e grego.

Cliff Curtis

Clifford Vivian Devon Curtis nado o 27 de xullo de 1968 en Rotorua, na Illa Norte de Nova Zelandia é un actor neozelandés de etnia maorí.

Condados de Inglaterra

Os Condados de Inglaterra (counties en inglés), son rexións político-administrativas nas que está dividida Inglaterra. Cada un deles está gobernado por un Lord-Lieutenant, representante da raíña na rexión.

Agás Huntingdonshire e Yorkshire, todos son condados con funcións administrativos. Actualmente, Huntingdonshire é un distrito administrado por Cambridgeshire, e Yorkshire está dividido entre Yorkshire do Leste, do Norte, do Sur, e do Oeste.

O sufixo shire utilizouse antigamente para os condados de Devon, Dorset, Rutland e Somerset, pero hoxe en día non se emprega.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Devon Murray

Devon Michael Murray, nado o 28 de outubro de 1988 en Maynooth, Condado de Kildare, é un actor irlandés coñecido por interpretar a Seamus Finnigan nos filmes de Harry Potter.

Dorset

Dorset é un condado do Reino Unido, situado no sur de Inglaterra. Ocupa unha área de 2.653 km², cunha poboación estimada en 2010 de 714.900 habitantes. A sede do goberno está na pequena vila de Dorchester. As localidades máis poboadas do condado son as cidades turísticas de Bournemouth e Poole.

Dorset limita cos condados de Devon, Somerset, Wiltshire e Hampshire.

Dumnonia

Dumnonia é o nome latinizado dun reino ou conxunto de sub-reinos britanos da Britania posromana que existiu entre o século IV e o século VIII d.C., na península hoxe coñecida como Cornualles. Incluía a área coñecida posteriormente como Devon, así como partes de Somerset e, posiblemente, Dorset. A súa fronteira oriental estaba suxeita a continuos cambios.

Interprétase xeralmente que incluía "Cornubia" ou Cornualles, aínda que o reino de Cornualles estaba poboado por unha subtribo, os cornovii, que aparentemente posuíron un alto grao de independencia que mantiveron mesmo despois de que outras zonas de Dumnonia caesen baixo control anglosaxón, entre os séculos VII e X d.C.

Exeter

Exeter é unha cidade do Reino Unido localizada na rexión suroeste da Inglaterra, capital do condado de Devon. Conta cunha poboación de 117.600 (estimativa de 2005). O río Exe pasa pola cidade.

Francis Drake

Francis Drake, nado en Cronwdale en 1543 e finado en Portobelo (Panamá) o 28 de xaneiro de 1596, foi un corsario inglés e vicealmirante da Royal Navy británica.

Illa Devon

A Illa Devon é a segunda maior illa do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. É a 27 maior illa do mundo e a 6 de Canadá. É a maior illa deshabitada da terra. A Illa Devon abarca unha área de 55.247 km². Debido a súa relativamente alta elevación e a súa extrema latitude ao norte, na illa só habitan uns poucos bois almizcleros. A vida animal concéntrase nas planicies de Truelove, que ten un microclima favorable que permite o crecemento dalgunhas especies vexetais árticas. As temperaturas durante a breve tempada de crecemento non exceden dos 10 °C, e no inverno poden caer ata os -50 °C. Cunha ecoloxía de deserto polar, a Illa Devon recibe moi poucas precipitacións.

A Illa Devon tamén é coñecida pola presenza do Cráter Haughton, creado fai uns 39 millóns de anos cando un meteorito duns 2 km de diámetro chocou contra o que na época era un bosque. O impacto deixou un cráter de aproximadamente 23 km de diámetro, que se converteu nun lago durante varios millóns de anos. O cráter é hoxe en día un dos lugares máis parecidos á xeografía de Marte que hai sobre a terra.

Mar Céltico

O mar Céltico (Mhuir Cheilteach en irlandés, Y Môr Celtaidd en galés, Mor Keltek en córnico, Mor Keltiek en bretón, Celtic Sea en inglés, Mer Celtique en francés) é unha área do océano Atlántico que se atopa na costa sur de Irlanda. Limita ó leste co canal de San Xurxo, co canle de Bristol e co canal da Mancha. As súas augas bañan as costas adxacentes de Irlanda, Gales, Cornualles, Devon e Bretaña. As fronteiras sur e oeste son delimitados pola plataforma continental, que cae abruptamente. Ten unha fondura que varía entre os 50 e os 200 metros. Trátase dun mar rico en peixe no que abundan as sardiñas.

Muse

Muse é unha banda británica de rock alternativo inglesa formada en Teignmouth, Devon, en 1994 por Matthew Bellamy (voz, guitarra, piano), Christopher Wolstenholme (baixo) e Dominic Howard (batería). Muse é coñecida polas súas enerxéticas e extravagantes actuacións, e pola súa fusión de varios xéneros musicais, como rock progresivo, rock alternativo, space rock, pop, heavy metal, música clásica e música electrónica.

Muse leva editados sete álbums de estudio: Showbiz (1999), Origin of Symmetry (2001), Absolution (2003), Black Holes and Revelations (2006), The Resistance (2009), The 2nd Law (2012) e Drones (2015). A banda ademais publicou tres álbums ao vivo, Hullabaloo Soundtrack (2002), que é tamén un recompilatorio de caras-b, Absolution Tour (2005), HAARP (2008) e Live at Rome Olympic Stadium (2013).

Nunavut

Nunavut (en inuktitut: ᓄᓇᕗᑦ, A nosa terra), é o maior e máis recente dos Territorios Autónomos do Canadá, situado ao Nordeste do país, entre Groenlandia ao Leste, Manitoba ao Sur, e os Territorios do Noroeste ao Oeste, territorio do que se saíron o 1 de abril de 1999, de acordo cos lindeiros fixados previamente en 1993. As devanditas fronteiras recoñecían a soberanía de Nunavut sobre case todas as illas árticas do Canadá (Ellesmere, Baffin, Devon, Southampton e a metade oriental de illa Victoria e a de Melville), así como sobre a zona costeira central do Canadá sobre o Océano Ártico e todas as illas da Baía de Hudson.

Desde 1996, ano en que se produciron disturbios entre o exército canadense e varios pobos inuit (tamén chamados esquimós), como os oka, ipperwash e nativos de Gusafsen Lake, empezábase a advertir a arela destes pobos inuit por lograr unha maior autonomía para o territorio. Tras a recomendación que facía un informe da Comisión Real do Canadá sobre a conveniencia de conceder maior autonomía aos pobos aborixes do Canadá, esta chegou de forma efectiva a mediados de 1999.

O territorio posúe unha superficie de 2.093.190 km², da cal o 7,5% corresponde a augas interiores. A súa poboación é duns 29.300 habitantes, repartidos en case unha trintena de aldeas ou poboacións menores. Unha delas é Iqaluit, a capital, situada na illa de Baffin, anteriormente denominada Frobisher Bay.

Plymouth

Este artigo trata sobre a cidade inglesa de "Plymouth", para a capital de facto da illa caribeña de Montserrat véxase Plymouth, Montserrat.

Plymouth é unha cidade do condado de Devon, no suroeste de Inglaterra. Ten unha poboación de 244.000 habitantes. Atópase entre o río Plym e o río Tamar, e é parte dun dos máis grandes e espectaculares portos naturais no mundo. A cidade ten un rico pasado marítimo e foi unha das máis importantes bases do Reino Unido. Debido a isto foi un obxectivo principal para a Luftwaffe durante a Segunda Guerra Mundial.

Posúe unha liña de transbordador que a conecta coa cidade de Santander, en España.

Samuel Taylor Coleridge

Samuel Taylor Coleridge, nado en Devonshire o 21 de outubro de 1772 e finado en Highgate o 25 de xullo de 1834, foi un poeta, crítico e filósofo inglés. As súas obras máis coñecidas son Rime of the Ancient Mariner (Balada do vello mariñeiro) e Kubla Khan, así como a súa obra en prosa Biographia Literaria.

Sergio Pizzorno

Sergio Lorenzo "Serge" Pizzorno, nado o 15 de decembro de 1980 en Newton Abbot, Devon, é un guitarrista e compositor inglés, coñecido por ser membro da banda de indie rock Kasabian. Converteuse no compositor principal de Kasabian tras a marcha de Christopher Karloff.

Somerset

Somerset é un condado do Reino Unido, situado na rexión suroeste de Inglaterra. Ocupa unha área de 4.171 km², cunha poboación estimada en 2010 de 917.100 habitantes. A sede do goberno está na vila de Taunton (61.400 h), malia que é máis pequena que Bath (83.992 h) e Weston-super-Mare (71.758 h).

Somerset limita cos condados de Bristol, Gloucestershire, Wiltshire, Dorset e Devon. O norte do condado está bañado polas augas do estuario do río Severn, que separa esa parte de Inglaterra co sur de Gales.

Walter Raleigh

Walter Raleigh, nado en Hayes, Devon, contra 1552 e finado en Londres o 29 de outubro de 1618, foi un mariño, pirata, escritor e político inglés. E coñecido na súa faceta de explorador e por ter sido o que popularizou o tabaco en Inglaterra. Na literatura española era coñecido como Guantarral.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.