Devesos, Ortigueira

San Sebastián de Devesos é unha parroquia do concello de Ortigueira. Segundo o IGE en 2013 tiña 112 habitantes (62 mulleres e 50 homes) distribuídos en 41 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 225 habitantes.

Devesos
Igrexa Devesos
Igrexa de San Sebastián de Devesos.
Mapa Devesos
ConcelloOrtigueira
Área27,87 km²
Poboación112 hab. (2013)
Densidade4,02 hab./km²
Entidades de poboación41

Xeografía

Devesos está situada na parte occidental do concello, esténdese polo curso alto do río Baleo e pola aba occidental da serra da Faladoira. A parroquia linda ao norte coa parroquia de Couzadoiro polo alto de Coucemosquento e a de Freires polo rego do Lombao; polo nordeste volve a lindar con Couzadoiro e os regatos de Santaballa e Viduído; polo leste os altos da Faladoira son linde co concello de Mañón; polo suroeste e polo sur linda coas parroquias das Neves e do Ermo, e polo oeste os altos de Folgoso sepárana da parroquia de Senra.

A estrada de Ortigueira – As Pontes, atravesa a parroquia no seu lado oeste, de norte a sur, dende o quilómetro 5 até o quilómetro 9, polos lugares do Coto, Camiño Grande, Casón e Paufito.

Os ríos Baleo e Mera, os dous leitos máis importantes do concello, teñen nos cumios e nos vales profundos desta parroquia as súas primeiras fontes.

Patrimonio

A igrexa parroquial de Devesos, no Igrexario, é un templo antigo con planta de cruz latina do que se pode destacar un pouco usual pórtico lateral. Está adicado a San Sebastián, o patrón da parroquia. Un pouco afastado está o cemiterio e no seu camiño testando coa igrexa atópase a casa reitoral, do século XVII, actualmente restaurada.

Neste mesmo lugar do Igrexario e no fronte do templo érguese o edificio da Sociedade de Instrución e Recreo "A Devesana", local sufragado polos emigrantes en Cuba naturais desta parroquia, que no ano 1908 constituíran na Habana unha sociedade con este mesmo nome. Os seus fundadores, todos eles obreiros tabaqueiros, co obxecto de facilitar a instrución dos socios e familiares, inauguraron en 1912 a Escola Laica de Devesos, seguindo os postulados da Escuela Moderna do anarquista Francesc Ferrer i Guàrdia. A escola foi suspendida polo gobernador civil durante a ditadura de Primo de Rivera pola súa relación con asociacións libertarias, pero fundamentalmente pola hostilidade que os seus principios anticlericais suscitaran no cura párroco de Devesos. Despois disto a Devesana sufriu diversos avatares e actualmente acolle o centro social da parroquia.

No lugar de Portas ao que se chega por unha pista que sae do Igrexario e que vai até Penavide, atópase a medio camiño un desvío que nos leva por un camiño até a pequena ermida de Nosa Señora de Portas, moi concorrida en romaxe noutros tempos.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Devesos, Ortigueira.
Capela de Portas

Capela de Nosa Señora de Portas.

Capela de Portas 3

Inscrición na capela de Portas.

Reitoral de Devesos

Reitoral de Devesos.

Centro Social Devesos

Local social de Devesos.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ortigueira

Véxase tamén

Outros artigos

Altamira, Devesos, Ortigueira

Altamira é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 2 habitantes.

As Forcadas, Devesos, Ortigueira

As Forcadas é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 2 homes e 2 mulleres, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 2000 cando contaba cos mesmos habitantes.

Ervellaqueira, Devesos, Ortigueira

Ervellaqueira é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

Gabián, Devesos, Ortigueira

Gabián é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Barcón, Devesos, Ortigueira

O Barcón é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Cabradoiro, Devesos, Ortigueira

O Cabradoiro é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 9 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 3 homes e 6 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 13 habitantes.

O Camiño Grande, Devesos, Ortigueira

O Camiño Grande é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 2 habitantes.

O Carballal, Devesos, Ortigueira

O Carballal é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Castro, Devesos, Ortigueira

O Castro é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 9 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 4 homes e 5 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 5 habitantes.

O Coto de Arriba, Devesos, Ortigueira

O Coto de Arriba é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2009 tiña seis habitantes (tres homes e tres mulleres), catro menos ca en 2000.

O Cotorelo, Devesos, Ortigueira

O Cotorelo é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística.

O Malló, Devesos, Ortigueira

O Malló é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 2 habitantes.

Paufito, Devesos, Ortigueira

Paufito é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 2 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística que eran 2 homes, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 3 habitantes.

Pedre, Devesos, Ortigueira

Pedre é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 2 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 1 home e 1 muller, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 3 habitantes.

Penavide, Devesos, Ortigueira

Penavide é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 19 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 11 homes e 8 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 26 habitantes.

Portas, Devesos, Ortigueira

Portas é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non tiña habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 1 habitante.

Rodela, Devesos, Ortigueira

Rodela é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 6 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 3 homes e 3 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.

Seixidal, Devesos, Ortigueira

Seixidal é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 6 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 3 homes e 3 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.

Xambón, Devesos, Ortigueira

Xambón é un lugar da parroquia de Devesos no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 3 homes e 1 muller, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 7 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.