Despotismo

O despotismo é unha forma de goberno na que o poder se atopa nas mans dun só gobernante.[1] Nesta, os súbditos son trátados como escravos. A diferenza da ditadura ou da tiranía, neste caso non depende de se o gobernante tiver condicións para se impor ao pobo, senón de que pobo non tiver condicións de se expresar e gobernarse, deixando o poder nas mans dun só, por medo ou por non saber o que facer. No despotismo, segundo Montesquieu, só un só goberna, sen leis e sen regras, ficando todo somentido á súa vontade e o seu capricho.

O despotismo é, sen dúbida, a forma máis simple de goberno. Está baseado nun concepto simple: o poder ten a razón. Nunha sociedade despótica, o poder é mantido incuestionabelmente polos que ostentan o poder co apoio das forzas armadas. Por causa da opresión experimentada neste tipo de réxime, os déspotas frecuentemente perciben que a súa capacidade de controlar a poboación precisa do uso de forzas armadas para tal control, especialmente nas cidades.

Alén diso, por ser unha forma de goberno tan centralizada, o despotismo ten dificultades para a xestión eficaz, tal como combater eficazmente a corrupción.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para despotismo.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Absolutismo

O absolutismo é unha forma de goberno na que o poder reside nunha única persoa, xeralmente un monarca, á que deben obedecer tódalas demais e sen que ningunha lei constitucional limite o seu poder. Abrangueu os séculos XVI, XVII, e XVIII, cando a influencia política da nobreza declinou. A teoría do dereito divino do poder real ou do absolutismo teolóxico naceu en Francia no último cuarto do século XVI e no ambiente das guerras de relixión. As catro características esenciais da autoridade real eran a de ser sagrada, paternal, absoluta e racional.

Autocracia

Autocracia (do grego αυτός autós 'un mesmo' e κράτος krátos 'goberno, poder') é un sistema de goberno autoritario, no que a vontade dunha soa persoa é a suprema lei. Refírese xeralmente á monarquía absoluta, pero especialmente ó réxime tsarista ruso, cuxo dirixente asumía o título de "Autócrata de Todas as Rusias".

Na actualidade o uso do cualificativo de "autocracia", polos políticos como sinónimo de monarquía caeu en desuso (pola aparición das monarquías constitucionais ou limitadas) e aumentou o uso como sinónimo de tiranía (dexeneración da monarquía segundo os filósofos da Grecia antiga) ou mesmo o de ditadura. O seu uso máis habitual é para establecer un parámetro de poder, por exemplo a oligarquía é o exercicio de poder por poucos, a autocracia diferénciase desta porque o poder é exercido por unha soa persoa, en vez de poucas.

Sen importar o grao ou precisión como se queira clasificar ou definir, a autocracia sempre é un sistema político diametralmente oposto á democracia.

Esta é a oposición á democracia esta constituída pola servidume implícita na autocracia.

Un exemplo de autocracia é o da Rusia tsarista, a súa constitución de 1905 e a continua dominación do tsar, que levou á fin do seu propio sistema.

Autoritarismo

O autoritarismo é un réxime político no que é postulado o principio da autoridade. Esta é aplicada con frecuencia en detrimento das liberdades individuais.

Carlos III de España

Carlos III (Carlos Sebastián de Borbón y Farnesio), nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1716 e finado o 14 de decembro de 1788, foi rei de Nápoles e Sicilia entre 1734 e 1759 e de España entre 1759 e 1788, pertencente á Casa de Borbón.

Era o terceiro fillo home de Felipe V, o primeiro que tivo coa súa segunda muller, Isabel de Farnesio, polo que foi o seu irmán paterno Fernando VI quen sucedeu ao seu pai no trono español. Carlos serviu á política familiar como unha peza na loita por recuperar a influencia española en Italia: herdou inicialmente da súa nai os ducados de Parma, Piacenza e Toscana (1731); pero máis tarde, ao conquistar Filipe V o Reino de Nápoles e Sicilia no curso da Guerra de Sucesión de Polonia (1733-1735), pasou a ser rei daqueles territorios co nome de Carlos VII. Contraeu matrimonio en 1729 con María Amalia de Saxonia, filla do Rei de Polonia.

Catarina II de Rusia

Catarina II (ruso:Екатерина Алексеевна, Iekaterina Alekseievna), chamada a Grande (nacida co nome de Sofía Augusta Federica de Anhalt-Zerbst o 21 de abril de 1729 en Stettin, Prusia e falecida o 6 de novembro 1796 en Tsarskoe Selo, preto de San Petersburgo) foi emperatriz de Rusia de 1762 a 1796. Era curmá de Gustavo III de Suecia e de Carlos III de Suecia.

Durante seu goberno realizou unha ampla reforma na sociedade rusa, modernizándoa. É considerada un exemplo de monarca do despotismo ilustrado. Grazas a esta modernización Rusia logrou obter un grande desenvolvemento e a emperatriz, aínda que sendo de orixe estranxeira, foi moi popular.

Demagoxia

Demagoxia (do grego, dmaggos, líder popular; dmos, pobo) é unha estratexia política que consiste en apelar a emocións (sentimentos, amores, xenreiras, medos, desexos) para gañar o apoio popular, frecuentemente mediante o emprego da retórica e da propaganda.

Despotismo hidráulico

O despotismo hidráulico é un termo para un despotismo mantido a través do control dun recurso único e necesario. Foi creado polo teórico alemán Karl A. Wittfogel na súa obra Despotismo oriental en 1957. Na súa forma orixinal, controlaba literalmente a auga. No antigo Exipto e na Babilonia, e por extensión Wittfogel agregaba a Unión Soviética e a República Popular Chinesa, o goberno controlaba as canles de irrigación. As persoas leais recibían unha abondosa cantidade de auga para os seus cultivos, mentres que os menos leais recibían moi pouca ou ningunha e, polo tanto, os seus cultivos estragábanse.

Se o uso deste termo pode ser usado para un (case) monopolio, en forma algo máis esotérica, por exemplo na tecnoloxía, é discutido.

Despotismo ilustrado

O despotismo ilustrado (tamén coñecido como absolutismo ilustrado) é un concepto político que se enmarca dentro das monarquías absolutas e que pertence ós sistemas de goberno do Antigo Réxime europeo. Porén, inclúe as ideas filosóficas da Ilustración, segundo as que as decisións do home son guiadas pola razón e a filosofía política do seu goberno descansa no dereito natural. Os monarcas desta doutrina contribuíron ó enriquecemento da cultura dos seus países e adoptaron un discurso paternalista.

Deşteaptă-te, române!

Deşteaptă-te, române! (en romanés: Esperta, romanés!) é o título do himno nacional de Romanía. Os seus versos están en romanés e foron compostos por Andrei Mureşanu (1816-1863). A súa música é de Gheorghe Ucenescu.

Ditador

Un ditador é un gobernante que exerce a autoridade absoluta ou autocrática e que asume solitariamente o poder sobre o Estado (a pesar do termo non se aplica as monarquías absolutistas). Un estado gobernado por un ditador chámase ditadura. A palabra ditador proben do título dun maxistrado da Roma Antiga proposto polo senado romano para gobernar o estado en tempo de emerxencias.Do mesmo xeito que o termo "tirano" (que orixinalmente era un título respectable do grego antigo), e en menor grao "autócrata", "ditador" chegou a ser usado case exclusivamente como un termo non nominal para o dominio opresivo, mesmo abusivo, con todo era raro o uso coa acepción moderna de ditador.

Ditadura

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou ás veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Goberno

Goberno é un corpo ou un ente que ten a autoridade e a potestade administrativa para facer e o poder para executar as leis dentro dun grupo ou organización civil, corporativo, relixioso ou académico. Nun sentido amplo, gobernar significa administrar ou supervisar, xa sexa un estado, un grupo de persoas, ou un conxunto de activos; é dicir, é a forma política coa que un estado é gobernado. A palabra galega "goberno" deriva do grego Κυβερνήτης (kyvernites). O goberno ou gabinete é a instancia máxima de administración executiva e é o centro desde o que o poder político é exercido sobre a sociedade. Está constituído por un órgano colexiado (por iso tamén se chama Consello de Ministros), formado por un presidente ou primeiro ministro e uns ministros ó que a Constitución ou a norma fundamental dun Estado atribúe o poder executivo.

O Goberno constitúe o centro dende o cal se exerce o poder político sobre unha sociedade. Podería dicirse que ten unha función identificadora da actividade política, é o núcleo irredutible, sen o cal parece difícil pensar na dimensión da propia política. Este pode ser analizado dende tres puntos de vista, segundo os seus actores, como un conxunto de funcións, ou polas súas institucións.

Ilustración

A Ilustración é a corrente intelectual de pensamento que se desenvolveu en Europa no século XVIII baseada no corpo doutrinal dun grupo de filósofos, na súa maioría franceses, que facía énfase na razón e na ciencia como formas de explicar o universo. Foi un dos movementos impulsor do capitalismo e da sociedade moderna. Tivo unha dinámica rápida nos países protestantes e máis lenta nos demais estados da Europa.

Materialismo histórico

No marxismo e no estudo da historia, o termo materialismo histórico (ou o que o mesmo Karl Marx chama a concepción materialista da historia) é un marco teórico para explicar desenvolvementos e cambios na historia humana a partir de factores prácticos, tecnolóxicos ou materiais, en especial o modo de produción e as limitacións que este impón ao resto de aspectos organizativos (aspecto económico, xurídico, ideolóxico, político, cultural etc.). Para o materialismo histórico son os cambios tecnolóxicos e do modo de produción os factores principais de cambio social, xurídico e político, e é nos factores materiais dese tipo onde deben buscarse as causas últimas dos cambios.

Montesquieu

Charles-Louis de Secondat, señor de La Bredé e Barón de Montesquieu, nado o 18 de xaneiro de 1689 preto de Bordeos e finado o 10 de febreiro de 1755, foi un aristócrata, político, filósofo e escritor francés, fillo dunha familia nobre, debe a súa fama teoría da separación dos poderes, actualmente consagrada en moitas das modernas constitucións nacionais.

Tivo formación ilustrada cos padres oratorianos, de xeito que se mostrou axiña como un crítico severo e irónico da monarquía absolutista decadente, así como do clero.

Paul Henri Thiry d'Holbach

Paul Henri Thiry, barón de Holbach, orixinalmente Paul Heinrich Dietrich von Holbach e coñecido como barón de Holbach, nado en Edesheim, preto de Landau, o 8 de decembro de 1723 e finado en París o 21 de xaneiro de 1789, foi un filósofo materialista francés de orixe alemá.

Sebastião José de Carvalho e Melo

Sebastião José de Carvalho e Melo, primeiro Conde de Oeiras e Marqués de Pombal, nado en Lisboa o 13 de maio de 1699 e finado en Pombal o 8 de maio de 1782, foi un diplomático e político portugués, Primeiro Ministro do rei Xosé I de Portugal. É unha das figuras máis carismáticas e controvertidas da historia portuguesa. Representante en Portugal do Despotismo ilustrado, a súa obra política marca un tempo na historia de Portugal que se coñecerá como a época pombalina.

Tiranía

Denomínase tiranía ao goberno exercido por un tirano. A orixe desta forma de goberno está na antiga Grecia, onde os tiranos realizaron reformas sociais en favor dos máis desfavorecidos e impulsaron as obras públicas.

Eurípides falaba da "tiranía que nos iguala aos deuses", pero nas Suplicantes sinalaba que

Con todo a longo prazo o sistema fracasou porque se baseaba no prestixio persoal dun individuo cuxos sucesores adoitaban recorrer á violencia para manterse no seu poder.

Na actualidade, a tiranía evoca un réxime de goberno no que se dan estes trazos:

Non existe unha verdadeira orde xurídica.

Existe unha servidume imposta aos servos.

É un goberno que usa a forza porque non ten poder nin autoridade.

Hoxe en día, mestúrase a ideoloxía e a demagoxia.A tiranía implica un dominio directo de homes por homes onde as leis son utilizadas coma ordes pois non existe un auténtico ordenamento xurídico. Pode definirse coma unha situación política inestábel sostida polo temor, o goberno do tirano adoita estar rexido pola desmesura, a falta de medida, a subxectividade, e a ausencia de equidade. O seu piar principal é o medo que inspira o uso irracional e permanente da forza sen autoridade.

A tiranía caracterízase por ser unha seudoforma de goberno onde o tirano e os seus achegados obteñen beneficios económicos pola súa posición, carecendo de todo tipo de fundamentacións éticas e sen o consentimento popular, onde a xustiza non existe e o pobo obedece pasivamente, sométese podendo ser considerados case como servos e non como cidadáns.

Baixo a tiranía o Dereito só é unha aparencia nas mans do tirano, pois o recoñecemento ou privación dos dereitos está suxeito o arbitrio ou vontade do tirano. Porén, os usos e costumes tamén están suxeitos ao arbitrio do tirano que poden e acostuman ser suplantados pola forza chegando a facer desaparecer ata a opinión pública. Por iso se pode afirmar que coa tiranía non hai liberdades nin individuais nin colectivas (tanto civís como políticas).

Réximes de forza
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.