Desobediencia civil

A desobediencia civil é a negativa a obedecer unha lei, un regulamento, unha organización ou un poder xulgado inicuo polos que o impugnan.

Midge potts arrested
Arresto dun activista contra a guerra por desobeciencia civil nas escaleiras da Corte Suprema de Washington, D.C., (Estados Unidos) en febreiro de 2005.

Características

Trátase do mecanismo de protesta social ás leis e decretos dalgún goberno ou poder establecido. Esta desobediencia pode ser de forma pacífica e non violenta, mantendo unha actitude de protesta contra a autoridade co fin de rectificar os erros que a xuízo de quen protestan, esta cometeu.

O ensaísta estadounidense Henry David Thoreau describiu estes principios na súa obra Desobediencia civil, publicada en 1849, tras a súa negativa a pagar un imposto destinado a financiar a guerra contra México.

Véxase tamén

Bibliografía

  • José Antonio Pérez , Manual práctico para la desobediencia civil, 1994, ISBN 84-7681-167-5

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
18 de marzo

O 18 de marzo é o 77º día do ano do calendario gregoriano e o 78º nos anos bisestos. Quedan 288 días para finalizar o ano.

Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Coronelismo

O Coronelismo era o sistema político de Brasil baixo a Vella República, de 1889-1930. O poder local era confiado aos "coroneis", os terratenentes fideis ao goberno.

Hexemonía

Hexemonía é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ó seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.

Fálase de hexemonía política ou de grupo hexemónico para referirse a aquel grupo as propostas do cal gozan dun nivel de aceptación preeminente entre as clases dirixentes, o tema da hexemonía política e cultural é a base do pensamento de Antonio Gramsci un dos pais do Partido Comunista de Italia (PCI).

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Marcha do sal

A marcha do sal, tamén coñecida como marcha de Dandi e o sal Satyagraha, foi un acto de desobediencia civil non-violento que se produciu na India colonial iniciado por Mohandas Gandhi para producir sal coa auga do mar. Con este acto, reivindicouse unha práctica que fora común até que os oficiais británicos introduciron impostos na produción do sal, declararon as actividades de reclamación do sal como ilegais e empregaron o uso da forza repetidamente para frealo. A marcha, de vinte e catro días, comezou o 12 de marzo de 1930 como unha campaña de acción directa e protesta non violenta en contra do monopolio británico do sal, conseguindo a atención internacional, dando un gran pulo ó movemento de independencia da India e comezou o Movemento internacional de desobediencia civil.

A marcha foi o desafío organizado máis significativo contra a autoridade británica dende o movemento de non cooperación de 1920–22, e foi seguido pola declaración de soberanía de Purna Swaraj e o autogoberno polo Congreso Nacional Indio o 26 de xaneiro de 1930.Gandhi liderou a marcha de Dandi dende a súa residencia, Sabarmati Ashram, preto da cidade de Ahmedabad. 78 persoas comezaron a marcha con Gandhi, que pretendían camiñar 390 km até a vila costeira de Dandi, que se atopa en Navsari, no estado de Gujarat. Como o obxectivo de Gandhi e os seus seguidores era producir sal sen pagar impostos, un número crecente de indios uníronse no seu camiño. Cando Gandhi crebou coa lei do sal ás 6:30 am o 6 de abril de 1930, millóns de indios imitárono e comezaron a facer actos de desobediencia civil contra o Raj Británico. A campaña tivo un efecto significativo en todo o mundo, e especialmente nas actitudes británicas cara á soberanía india e o autogoberno.

Metapolítica

A metapolítica é a ciencia da relación do fundamento último da política e as funcións nas cales a política debe actuar.

Enténdese que o fundamento metapolítico, sexa el a liberdade, a igualdade, a relixión ou a raza, é máis importante do que o sistema en si e que por tanto debe definir e sempre estar por enriba dos medios políticos específicos.

Oposición política

Oposición é acto ou efecto de opor ou colocar contra de algo ou alguén.

En política refírese ao partido ou grupo de partidos que titúlanse contrarios ao goberno.

En réximes de goberno bipartidarios a posición de cada partido político fica sempre establecida entre o partido de goberno e partido de oposición. En réximes multipartidarios a cada elección os partidos divídense en partidos de goberno, oposición e independentes.

Hai varias formas de se facer oposición, sexa institucional (dentro das institucións democráticas, como os partidos e o parlamento) ou non-institucional, até formas máis radicais como a subversión e o terrorismo.

Plutocracia

Unha plutocracia (πλουτοκρατία, do grego ploutos 'riqueza' e cracia 'goberno') é unha forma de estado no que existen influencias desequilibradas na toma de decisións a favor dos que ostentan as fontes de riqueza.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeira Intifada

A Primeira Intifada (tamén coñecida simplemente como a "intifada") foi un levantamento palestino contra a ocupación israelí dos Territorios Palestinos, durou dende decembro de 1987 a 1993. O levantamento comezou no campo de refuxiados de Jabalia e estendeuse rapidamente Gaza, Cisxordania e Xerusalén Leste.Ao comezo as accións palestinas baseabanse principalmente en accións de desobediencia civil non-violentas e resistencia, and it was the first time that Palestinians acted together and as a nation. Non houbo folgas xerais, boicots dos produtos isrelís, negativa a pagar impostos, graffitis, nin barricadas, pero as manifestacións palestinas incluían lanzamento de pedras ás Forzas de Seguridade de Israel.A violencia entre palestinos foi unha característica da Primeira Intifada, con execucións xeralizadas de presuntos colaboradores israelís.

Mentre que as Forzas israelís mataron uns 1100 palestinos, os palestinos mataron uns 165 israelís e uns 1000 palestinos, presuntos colaboradores, áinda que menos da metade tiñan un contacto provado co goberno israelí.A Segunda Intifada durou dende setembro de 2000 a 2005.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Protesta

A protesta expresa unha reacción contraria a eventos ou a situación. As protestas poden adoptar moitas formas diferentes, desde as declaracións individuais ás manifestacións masivas. Os protestantes organizan unha protesta como unha maneira pública de que as súas opinións se escoiten nunha tentativa de influenciar á opinión pública ou á política do goberno, ou poden emprender a acción directa tentando decretar directamente as mudanzas desexadas por eles mesmos.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Rebelión

Unha rebelión é, na maioría dos casos, unha manifestación de rexeitamento á autoridade. Isto pode variar desde a desobediencia civil ata un intento organizado e armado de destruír a autoridade estabelecida. O termo tamén se usa para facer referencia á resistencia armada dun grupo insubordinado fronte a un goberno estabelecido. Aqueles quen participan nunha rebelión, son denominados rebeldes.

Un termo similar é o de sedición, que se entende como un grao menor de rebelión. O motín pode entenderse, en termos militares e mariños, como unha rebelión localizada nunha unidade ou barco, pero tamén como un termo máis xenérico. Os conceptos ou termos que teñen un contido semántico máis amplo son os de revolta ou levantamento.

Represión

Represión política é a acción de conter, deter ou castigar actuacións políticas ou sociais dende o poder por parte das autoridades públicas, negando ou impedindo o exercicio dos dereitos e liberdades (expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación) que adoitan considerarse propias dos sistemas democráticos.

Decotea vai acompañada de violencia, tanto legal como informal. A forza do exemplo de quen sofre esa violencia fai que, por temor, o resto da sociedade se reprima a si mesma no exercicio da liberdade, que queda así anulada para todos, agás para o poder e para aqueles no beneficio dos cales se realiza a represión.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Sociocracia

Sociocracia, é, en suma, o goberno social. Forma de goberno teórica onde a sociedade como un todo sería detentora do poder.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.