Desenvolvemento sustentábel

Denomínase desenvolvemento sustentábel a un concepto económico, ecolóxico e social aparecido no final do século xx coa constatación de que o desenvolvemento económico precisa ponderar o impacto humano por explotación dos ecosistemas e na biodiversidade coa preservación da calidade de vida das poboacións humanas a nivel global. Iso implica, por exemplo, a xestión racional e equilibrada dos recursos minerais e e uso racional dos recursos dos ecosistemas do planeta.

A idea de desenvolvemento sustentábel ten por base o principio de que o ser humano debería gastar os recursos naturais de acordo coa capacidade de renovación dos mesmos, de modo a evitar o seu esgotamento.

A súa definición é "o desenvolvemento que atende ás necesidades do presente sen prexudicar a capacidade das futuras xeracións de atender as súas propias necesidades" que se formalizou por primeira vez en 1987 no documento das Nacións Unidas coñecido como o Informe Brundtland.[1] Denominado así pola primeira ministra norueguesa Gro Harlem Brundtland, froito da Comisión Mundial de Ambiente e Desenvolvemento de Nacións Unidas, creada durante a Asemblea das Nacións Unidas en 1983. Dita definición asumiuse no Principio 3º da Declaración de Río (1992) aprobada na "Conferencia das Nacións Unidas sobre o ambiente e o desenvolvemento". É a partir deste informe cando se acatou o termo inglés sustainable development.

PS20andPS10
A enerxía termosolar de concentración utiliza un recurso natural como a enerxía solar, e é por tanto unha fonte de enerxía renovable. De esquerda a dereita centrales térmicas solares de torre PS10 e PS20, en Andalucía, España.

Notas

  1. El derecho privado y la sustentabilidad ambiental (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Agricultura de guerrilla

A agricultura de guerrilla é unha forma de acción directa non-violenta relacionada coa reforma agraria e o desenvolvemento sustentábel.

Alemaña

Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Deutschland [ˈdɔʏtʃlant] , en alto sorabo: Němska, en baixo alemán: Düütschland, en baixo sorabo: Nimska, en dinamarqués: Tyskland, en frisón: Dütschland, en romaní: Jermaniya) oficialmente República Federal de Alemaña ( pronunciación ) (en alemán: Bundesrepublik Deutschland [ˈbʊndəsʁepuˌbliːk ˈdɔʏtʃlant] ) é un estado federal da Europa central. Alemaña está bordeada polo norte co mar do Norte, Dinamarca, e o mar Báltico, polo leste con Polonia e a República Checa, polo sur con Austria e Suíza, e polo oeste con Francia, Luxemburgo, Bélxica e os Países Baixos. O territorio alemán espállase ao longo de 357.021 km² e está influenciado, na meirande parte do territorio por un clima temperado estacional.

Cunha poboación por riba dos 82 millóns de habitantes, constitúe o país máis poboado entre os membros da Unión Europea e o terceiro entre os países cunha maior comunidade estranxeira. A rexión chamada Xermania, habitada polos Xermanos, foi coñecida e documentada antes do ano 100 a. C. Dende o século X os territorios alemáns formaron parte do Sacro Imperio Romano que duraría ata o ano 1806. Durante o século XVI, as rexións setentrionais alemás convertéronse no centro da Reforma protestante. Como nación-estado moderno, a primeira unificación alemá produciuse en 1871, durante a guerra franco-prusiana. Trala segunda guerra mundial, Alemaña foi dividida en dous estados separados polas fronteiras formadas polas tropas aliadas en 1949. Os dous países reunificáronse de novo en 1990. Alemaña foi un membro fundador da Comunidade Económica Europea en 1957, convertida na Unión Europea en 1993. Asemade, o país forma parte da Zona Schengen e adoptou a moeda da Unión, o Euro, en 1999.

Alemaña é unha república parlamentaria federal constituída por dezaseis estados (en alemán: Bundesländer). A capital e principal cidade do país é Berlín. É membro das Nacións Unidas, OTAN, o G8, e do G4; así mesmo foi un dos países asinantes do protocolo de Quioto. O país constitúe a quinta maior economía por PIB e o principal país exportador no ano 2007. En termos absolutos, é o segundo país do mundo cunha maior dotación orzamentaria á cooperación ao desenvolvemento, e o sexto en gasto militar. O país desenvolveu un alto nivel de vida e estableceu un complexo sistema de seguridade social. Posúe unha posición chave nos asuntos exteriores europeos e mantén diversos acordos de colaboración internacionalmente. Alemaña está recoñecida como un líder científico e tecnolóxico en diversos eidos.

Arte lixo

Arte lixo é un evento cultural que se celebra na vila de Redondela durante os últimos días de agosto e os primeiros de setembro e organizado polo colectivo Sengashoil. Integra diversos actos culturais, todos eles enfocados no concepto de sustentabilidade e responsabilidade medioambiental, fomentando a reciclaxe e o desenvolvemento sustentábel.

Auga mineral

A auga mineral é a auga de manancial que contén substancias minerais disoltas. Estes minerais alteran o seu sabor ou danlle un valor terapéutico. Sales, compostos sulfurados e gases están entre as substancias que poden estar disoltas na auga. A auga mineral pode ser preparada ou pode producirse naturalmente.

Tradicionalmente, a auga mineral era usada ou consumida directa do seu illó, o que comunmente se coñecía como tomar as augas ou tomar a cura, e devanditos sitios eran referidos como termas, balnearios (spa), baños ou augas. Frecuentemente, un activo centro turístico medraría ao redor dun sitio de augas minerais (aínda en tempos antigos, como Bath). Tales desenvolvementos turísticos resultaron en vilas termais e hoteis balnearios.

En tempos modernos, é moito máis común que as augas minerais sexan embotelladas na fonte e distribuídas para o seu consumo. Existen máis de 3.000 marcas de auga mineral dispoñíbeis comercialmente a nivel mundial.

Biocombustible

O biocombustible é o termo para denominar calquera tipo de combustible que derive da biomasa -organismos recentemente vivos ou os seus refugallos metabólicos, tales como o esterco da vaca-. Os restos orgánicos foron a primeira fonte de enerxía que coñeceu a humanidade: a madeira ou os excrementos secos son biocombustibles.

Se se administra ben, a madeira dos bosques pode ser un recurso renovable. Deste xeito propúxose a biomasa como fonte de enerxía. Unha destas biomasas sería a lavra de madeira (un exemplo), produto da limpeza dos bosques ou ata da súa explotación racional.

Os combustibles de orixe biolóxica poden substituír parte do consumo dos combustibles fósiles tradicionais (petróleo, carbón). Os biocombustibles máis usados e desenvolvidos son o bioetanol e o biodiésel.

O bioetanol, tamén chamado etanol de biomasa, obtense a partir de millo, sorgo, cana de azucre ou remolacha. Brasil é o principal produtor de Bioetanol (45% da produción mundial), Estados Unidos representa o 44%, China o 6%, a Unión Europea o 3%, India o 1% e outros países o restante 1%.

O biodiesel fabrícase a partir de aceites vexetais, que puideron ser usados ou non. Neste último caso acostúmase usar raps, colza, soia ou jatropha, os cales son cultivados para este propósito. O principal produtor de biodiésel no mundo é a Alemaña, que concentra o 63% da produción. Séguea a Francia co 17%, os Estados Unidos co 10%, a Italia co 7% e Austria co 3%.

Cuba

Cuba (oficialmente República de Cuba), é un país situado na illa de mesmo nome, localizada no norte do mar Caribe. A nación de Cuba abrangue a illa homónima, a Illa da Juventud, e varios arquipélagos. A súa capital e meirande cidade é A Habana. A segunda maior cidade é Santiago de Cuba. Limita cos Estados Unidos polo norte, coas Bahamas e Turks e Caicos polo nordeste, con México polo oeste, coas Illas Caimán e Xamaica polo sur, e con Haití e República Dominicana polo sueste.

A illa de Cuba estivo habitada por varias tribos mesoamericanas antes da chegada do explorador Cristovo Colón en 1492, quen reclamou a terra para o Reino de España. Cuba permaneceu como colonia de España ata a guerra hispano-estadounidense de 1898, despois da cal foi brevemente administrada polos Estados Unidos ata que obtivo a independencia en 1902. A fráxil república enfrontouse á radicalización política e a problemas sociais, e malia os esforzos de fornecer o seu sistema democrático, Cuba caeu baixo a ditadura do presidente Fulgencio Batista en 1952. O crecemento do malestar e da inestabilidade deron paso ó derrocamento de Batista en xaneiro de 1959 polo Movemento do 26 de xullo, que estableceu un goberno socialista co liderado de Fidel Castro. Dende 1965, o país estivo gobernado polo Partido Comunista como un estado unipartidista.

Cuba é a meirande illa do Caribe, e cunha poboación de 11 millóns de habitantes, é a segunda illa máis poboada despois da Española. É un país multiétnico, no que o seu pobo, cultura e costumes teñen diversas orixes, incluíndo os aborixes taínos e ciboney, o longo período de colonialismo español, a introdución de escravos africanos, a estreita relación coa Unión Soviética durante a guerra fría, e a proximidade xeográfica cos Estados Unidos.

Cuba ten unha alta clasificación nos indicadores de saúde e educación, cun elevado Índice de Desenvolvemento Humano de 0.815 no 2014. Segundo os datos presentados polas Nacións Unidas, Cuba foi a única nación do mundo que conseguiu no 2006 a definición que o Fondo Mundial para a Natureza fai do desenvolvemento sustentábel, cunha pegada ecolóxica de menos de 1,8 hectáreas per capita, (no 2006 de 1,5 hectáreas), e cun IDH de máis de 0.855.

Decrecemento

Decrecemento é un concepto económico, mais tamén político, acuñado na década de 1970, parcialmente baseado nas teses do economista romanés e creador da bioeconomía, Nicholas Georgescu-Roegen as cales foran publicadas no seu libro The Entropy Law and the Economic Process (1971).

A tese do decrecemento baséase na hipótese de que o crecemento económico - entendido coma aumento constante do Produto Interior Bruto (PIB) - non é sustentábel polo ecosistema global. Esta idea é oposta ao pensamento económico dominante, segundo o cal a mellora do nivel de vida sería independente do crecemento do PIB e por tanto, o aumento do valor da produción debería ser un obxectivo permanente da sociedade.

A cuestión principal, segundo os defensores do decrecemento - dos cales Serge Latouche é o máis notorio - é que os recursos naturais son limitados e polo tanto non existe crecemento infinito. A mellora das condicións de vida debe, entón, obterse sen aumento do consumo, mudándose o paradigma dominante.

Economía

Economía (do grego οίκος [oikos], 'casa', e νομος [nomos], 'regra', polo tanto "dirección dunha casa") é unha ciencia social que estuda a produción, distribución, comercio e consumo de bens e servizos. A economía dise normativa cando recomenda unha opción sobre outra, ou cando fai un xuízo subxectivo de valor. Pola contra, a economía dise positiva cando intenta predicir e explicar obxectivamente as consecuencias de eleccións, dadas unha serie de premisas e/ou un conxunto de observacións. A elección de que premisas facer na construción dun modelo así como que observacións destacar son, non obstante, normativas.

A economía, que se centra en variables mensurables, divídese en dúas ramas principais: microeconomía, que trata dos axentes individuais, tales como fogares e empresas, e macroeconomía, que considera a economía na súa totalidade, e trata da oferta e demanda agregadas de diñeiro, capital e mercancías. Os aspectos que reciben a particular atención en economía son: asignación de recursos, produción, distribución, comercio, e competencia. A lóxica económica aplícase cada vez máis a calquera problema que implique a elección en situación de escaseza ou determinar un valor económico .

O paradigma económico preponderante é unha combinación da economía neoclásica e da macroeconomía chamada a síntese neoclásica. Varias escolas de economía heterodoxa intentan explicar os fenómenos económicos utilizando premisas, formalismos ou paradigmas diferentes.

Chámase economista ó profesional que traballe nun dos moitos campos da economía ou teña un grao académico nesta materia.

Global Biodiversity Information Facility

A Global Biodiversity Information Facility (GBIF) é unha organización internacional que trata de que os datos científicos sobre biodiversidade estean dispoñíbeis na Internet usando servizos web. Os datos son proporcionados por moitas institucións de todo o mundo, e a estrutura da información da GBIF fai que estes datos sexan accesíbeis e permite buscas nun único portal. Os datos dispoñíbeis a través do portal da GBIF son principalmente datos de distribución de plantas, animais, fungos e microorganismos, e datos de nomes científicos.

A misión da GBIF é facilitar o acceso libre e aberto aos datos de biodiversidade do mundo para propiciar un desenvolvemento sustentábel. As prioridades, cun énfase en promover a participación e traballar con socios, inclúen mobilizar datos sobre biodiversidade, desenvolver protocolos e estándares para asegurar a integridade científica e a interoperabilidade, construír unha arquitectura informática que permita a interconexión de distintos tipos de datos provenientes de fontes dispares, promover a construción de capacidades e catalizar o desenvolvemento de ferramentas analíticas para unha mellor toma de decisións.

A GBIF trata de formar ligazóns informáticas entre recursos de datos dixitais de todo o espectro da organización biolóxica (de xenes a ecosistemas), e conectar estes con problemas importantes para a ciencia, a sociedade e a sustentabilidade usando xeoreferenciación e ferramentas de información xeográfica. Traballa en asociación con outras organizacións internacionais como a asociación do Catálogo da Vida, Biodiversity Information Standards (TDWG), Consortium for the Barcode of Life (CBOL), a Encyclopedia of Life (EOL) e GEOSS.

Gro Harlem Brundtland

Gro Harlem Brundtland, nada en Bærum o 20 de abril de 1939, é unha política, diplomática e médica norueguesa, e un líder internacional en desenvolvemento sustentábel e saúde pública. Foi membro do Partido dos Traballadores da Noruega (social-demócratas) dende a súa xuventude, en febreiro de 1981 tornouse a primeira muller xefe de goberno do seu país.

Médica de profesión, en 1974 foi nomeada ministra do Medio Ambiente por Bratelli.

En 1977, Brundtland foi elixida vice-presidente do grupo parlamentario socialdemócrata.

En setembro de 1981 perdeu a xefatura do goberno, logo da derrota dos socialdemócratas nas eleccións parlamentarias. Nas eleccións de 1985, o seu partido foi o primeiro da Noruega, mais a unión de Kåre Willoch obtivo a maioría parlamentaria por un só voto de diferenza. Entre 1986 e 1989 dirixiu un goberno minoritario socialista. Dende 1983 ata 1987 presidiu a Comisión Brundtland, da Organización das Nacións Unidas, dedicada ao estudo do medio ambiente e a súa relación co progreso. En 1990, ocupou novamente a xefatura do goberno ao derrotar a M. Syse.

No día 18 de marzo de 1992, nunha viaxe cunha caravana de xoves noruegueses a Manaus (AM), ela plantou un dos marcos inaugurais do Parque do Mindu,unha samaumeira. A árbore hoxe é un símbolo da defensa da ecoloxía e da ruptura de límites fronteirizos.

En 1992 abandonou a dirección do Partido dos Traballadores.

Na consulta popular sobre a integración da Noruega na Unión Europea (1994) adoptou unha posición positiva, a pesar do resultado final ter sido desfavorábel.

Desde 1998 ata 2003 foi directora xeral da Organización Mundial da Saúde.

José María Figueres

José María Figueres Olsen, nado en San Xosé o 24 de decembro de 1954, é un empresario e político costarriqueño, experto internacional en Desenvolvemento Sustentábel e Tecnoloxía. Foi Presidente de Costa Rica de 1994 a 1998, ministro de Comercio Exterior de 1986 a 1988, e ministro de Agricultura e Gandería de 1988 a 1990.

Lawrence Gonzi

Lawrence Gonzi, nado en Pietà o 1 de xullo de 1953, é un político de Malta, primeiro ministro dende o 23 de marzo de 2004, e ministro de finanzas. É o líder do Partido Nacionalista.

ONU Mulleres

A Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e o Apoderamento das Mulleres, tamén coñecida como ONU Mulleres (en inglés: UN Women, en francés: ONU Femmes é unha entidade das Nacións Unidas destinada a promover a apoderamento da muller e a igualdade de xénero.ONU Mulleres foi creada en 2010 e iniciou a súa actividade en 2011; é produto da unificación dos mandatos e recursos de catro entidades pequenas e súa primeira xefa foi Michelle Bachelet, presidenta do Chile. A súa actual directora-executiva é Phumzile Mlambo-Ngcuka, da Suráfrica.

Pazo de Lourizán

O Pazo de Lourizán é unha casa señorial situada no lugar de Herbalonga da parroquia de Santo André de Lourizán do concello de Pontevedra.

Pegada ecolóxica

A pegada ecolóxica é un indicador ambiental que mide o efecto das actividades dunha comunidade de seres humanos sobre o seu contorno expresado en número de hectáreas de ecosistemas produtivos. O obxectivo principal da pegada ecolóxica é o de avaliar o impacto que exerce sobre o planeta un determinado modo de vida e o seu consecuente grao de desenvolvemento sustentábel.

Principio de precaución

O principio de precaución é un proceso que prevé como se debe protexer o ambiente ou a saúde pública ante posibles perigos do cal non están determinados ditos perigos.[Cómpre referencia] Esta medida non pode ser tomada como un medio de proteccionismo.

Reserva da biosfera

As reservas da biosfera son ecosistemas terrestres ou costeiros ou mariños, ou unha combinación dos mesmos, que se recoñecen no plano internacional do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB, Man and the Biosphere Programme), que é iniciativa da UNESCO.

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MAB creáronse ata o 2017 669 reservas da biosfera. Están en 120 estados da UNESCO e 20 deles son reservas transfronteirizas.Con esta designación, o programa MAB, iniciativa da UNESCO, pretende que se leve a cabo unha demarcación, xestión e conservación destes ecosistemas e da súa biodiversidade e culturas. Nunha reserva da biosfera débese incluír unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade, unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación, e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable. Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Tim Flannery

Timothy Fridtjof Flannery, coñecido xeralmente como Tim Flannery, nado o 28 de xaneiro de 1956 en Melbourne, é un zoólogo especializado en terioloxía e paleontólogo australiano, e ademais militante ecoloxista, especialmente coñecido pola súa loita contra o cambio climático.

Os seus traballos céntranse no estudo dos mamíferos, a paleontoloxía, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel.

Verdegaia

Verdegaia é unha asociación ecoloxista galega, fundada en 2006.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.