Descubrimento de América

O descubrimento de América referirse ás primeiras chegadas documentadas de europeos a América e as súas grandes consecuencias históricas. A poboación indíxena ocupou o norte do continente desde hai 15-30 mil anos e o sur desde hai 14,5 mil anos.[1]. A primeira chegada de europeos foi de viquingos. Construíron poboados e asentáronse entre o 960-1100 DC (século X) na Terra Nova do Canadá, no que foi unha continuación da saída deste pobo cara a Islandia e Groenlandia. Isto foi tralo aumento imporante das súas poboacións no norte europeo e o comezo no século VIII da súa expansión comercial polo Atlántico norte.[2][3]. Probablemente tamén chegaron aos actuais Estados Unidos a finais dese século. De feito, as tradicións orais atribúenlle a Erik o Roxo o descubrimento de Vinland, un 9 de outubro do ano 1000, polo que sería o primeiro europeo en pisar América. Con todo a ocupación dos viquingos non tivo unha importancia histórica posterior na poboación do continente.

No século XV un segundo descubrimento, e que habitualmente se lle chama descubrimento de América, si foi importante e supuxo unha ocupación do territorio e cristianización da poboación indíxena[4]. Foi coa chegada a América dun grupo expedicionario castelán-aragonés representando ós Reis Católicos de Castela e Aragón. Partiron dende o Porto de Palos de la Frontera, comandados por Cristovo Colón, e chegaron o venres 12 de outubro de 1492 a unha illa do mar Caribe chamada Guanahani. As viaxes dos portugueses a India seguindo a costa Africana significaron un estímulo para os que crían na ruta cara ó oeste como o camiño máis curto para chegar ata Asia. Cristovo Colón foi partidario desta hipótese. Apoiado polos Reis Católicos, organizou unha viaxe de exploración que o conduciu á costa americana en 1492. Cristovo Colón cría que chegara ó continente asiático, denominado polos europeos Indias e morreu sen saber que chegara a un continente descoñecido polos europeos. O "descubrimento de América" pode abranguer non só a descuberta senón tamén a tódalas viaxes realizadas por Colón a América, á conquista de América e ao encontro e conflitos dos europeos cos indíxenas americanos e a súas culturas. Trátase dun dos momentos álxidos da historia universal porque significou o encontro de dous mundos humanos que se desenvolveran independentemente, sen que ningún coñecese a existencia do outro.[5][Cómpre referencia]

As consecuencias do descubrimento foron dramáticas para os nativos americanos. Supuxo a morte de millóns de persoas por guerras, escravitude e, sobre todo, por enfermidades. Cando Hernán Cortés, en 1519 chegou a México estimase que a poboación era de 25 millóns de persoas. Porén, as epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciu a poboación mexicana en máis do 80%, quedando só en 1 millón de persoas[6] e facilitando a conquista. Implicou a desaparición de culturas e linguas.

Desembarco de Colón de Dióscoro Puebla
Chegada de Cristovo Colón a América. Pintura de Dióscoro Puebla (1862)

As viaxes de Colón

The Four Voyages of Columbus 1492-1503 - Project Gutenberg etext 18571
As viaxes de Colón

Cristovo Colón, en representación dos Reis Católicos, realizou catro famosas viaxes dende Europa a América en 1492, 1493, 1498 e 1502. Na primeira delas chegou a América o 12 de outubro de 1492, a unha illa das Bahamas chamada Guanahani, cuxa exacta localización aínda se discute. Na terceira viaxe chegou a territorio continental na actual Venezuela.

A partir da terceira viaxe de Colón, descubrimentos e conquista progresaron conxuntamente. Durante os vinte anos que separan 1499 de 1519, cando empeza a empresa magallánica, tiveron lugar as chamadas «as viaxes menores ou andaluzas», capituladas pola coroa con outros nautas crebando o discutido monopolio colombino. No primeiro destes participou Amerigo Vespucci a quen se lle atribuíu se-lo primeiro europeo en propor que as terras ás que Colón chegara non eran en realidade parte de Asia, senón dun continente descoñecido para os europeos.

Primeira viaxe

O 17 de abril de 1492, Cristovo Colón asina cos Reis Católicos as chamadas Capitulacións de Santa Fe, documentos polos cales se autoriza e financia a expedición de Cristovo Colón ás Indias polo mar cara a occidente. Ademais concédenselle a Colón unha serie de prebendas e títulos. Tamén se asinan varias provisións e cédulas para que axuden a Colón aquelas vilas e portos de mar ás que se dirixa Colón. Unha provisión é dirixida á vila de Palos por unha sanción imposta a algúns dos veciños desta vila.

O 23 de maio de 1492, ás portas da igrexa de San Xurxo de Palos, en presenza de Cristovo Colón, frei Xoán Pérez e as autoridades locais, dáse lectura á Real Provisión, asinada polos Reis Católicos, na cal se ordenaba a certos veciños da vila palerma poñer a disposición de Colón dúas carabelas totalmente armadas e aparelladas.

Os veciños ós que é referida dita provisión contestarían:

pero a marinería da zona, que non non se vía obrigada pola real provisión, non estaba disposta a formar parte da expedición cun descoñecido, como o era Colón para aqueles homes. Independentemente da maior ou menor credibilidade das ideas colombinas, os homes de Palos nunca secundarían ó xenovés a non ser que lle acompañase algún navegante respectado na vila. Coa oposición dos veciños e dos mariñeiros, Colón recorre a unha das provisións expedidas polos monarcas na cal se lle concede permiso para recrutar mariñeiros entre os encarcerados, aínda que finalmente isto non será necesario.

Así mesmo fixo uso doutra real provisión, dirixida ás vilas das costas andaluzas:

e embargou dous barcos en Moguer, en presenza do escribán moguereño Alonso Pardo e por medio dunha comisión dirixida á vila de Moguer para que cumprisen dita provisión,[8] embarcacións que máis tarde foron desbotadas. Pero seguía sen conseguir enrolar a tripulación necesaria para a empresa.

Nestas circunstancias, e grazas a axuda dos franciscanos do mosteiro de La Rábida e a Pero Vázquez da Fronteira, vello e respectado mariño da zona, Colón coñece a Martín Alonso Pinzón, rico armador e líder natural da zona grazas ás súas moitas navegacións tanto polo Atlántico como polo Mediterráneo, coas que amasara fortuna e fama. Ademais dos ánimos e a influencia destas amizades, ó maior dos irmáns Pinzón convenceríalle tamén a proposta que, segundo o testemuño de Alonso Galego nos Preitos colombinos, Colón fíxolle a Martiño Alonso :

Sexa como for, Martiño Alonso dende aquel momento comeza unha enérxica campaña en favor da empresa. Desbota as naves que confiscara Colón en Moguer, contrata outras novas e aporta da súa facenda persoal, medio millón de marabedís, a terceira parte dos gastos en metálico da empresa. Convence ós seus irmáns Francisco e Vicente, ademais de ós irmáns Neno, destacada familia mariñeira de Moguer, cos cales consegue animar e enrolar a toda a marinería necesaria para a empresa, homes de Palos, do veciño Moguer, de Huelva, do resto da comarca e incluso de fóra de Andalucía. Marinería que agora se se arriscaba a aquela navegación, xa que o feito de que Martiño Alonso Pinzón, cos seus irmáns e cos Neno, estivesen á cabeza de dita armada era unha garantía para os homes da zona do Tinto-Odiel.

Columbus1
Primeira viaxe

Ultimados os preparativos a expedición parte do porto de Palos da Fronteira, o 3 de agosto de 1492. A escuadra colombina estaba formada polas carabelas a Pinta, a Niña e a nao Santa María. A Pinta e a Niña foron elixidas polos irmáns Pinzón e custeadas polo concello de Palos, en cumprimento da anteriormente citada real provisión. A tripulación estaba formada por uns 90 homes aproximadamente.

A expedición dirixíuse cara ás Canarias, onde Colón visitou a Beatriz de Bobadilla, gobernadora da illa de La Gomera, e ademais en Gran Canaria fixéronse reparacións a a Pinta no temón e nas velas. Finalizadas as reparacións, dende a illa de La Gomera lanzáronse á travesía do Atlántico o 6 de setembro.

A chegada a América

Kolumbus-landet-auf-guanahani 1-860x1315
Colón desembarca en Guanahani.

A viaxe non resultou fácil para ninguén, de feito houbo tentativas de insurrección, pero grazas á presenza e as dotes de mando de Martiño Alonso Pinzón conseguíronse resolver estas situacións. Cando xa se esgotaran tódolos cálculos e previsións realizadas por Colón, oíuse dende a Pinta o famoso berro de Rodrigo de Triana: Terra á vista.

O resumo do Diario de Colón conta do seguinte modo o momento da chegada a Guanahani:

A illa estaba habitada polo pobo taino. O texto arriba citado, sinala a primeira oportunidade en que os europeos utilizaron o termo "indios" para denominar xeneralizadamente ós poboadores de América, palabra que deriva do erro que cometeron ó pensar que a illa Guanahani se encontraba na zona oriental do continente asiático, que os europeos de entón confundían con India. No diario de a bordo, Colón deixa escrita a súa primeira impresión sobre os nativos que acharon:

Os tainos organizaran unha sociedade agraria, relativamente avanzada, baseada no cultivo do millo, a mandioca e o algodón, incluíndo outros importantes cultivos como o maní (cacahuete), a pementa, o ananás, a batata e o tabaco. O propio Colón relata no seu diario que cultivaban cabazas e algodón e que posuían casas e "hortas de árbores".[9] Tainos e europeos intercambiaron produtos pacificamente, pero os primeiros non tiñan posesións de ouro, principal produto que buscaban os segundos. Ó día seguinte o Diario comentaba:

Así a todo, a pesar da boa relación entre tainos e europeos, Colón xa pensaba en Guanahani, na posibilidade de escravizalos:

Arribaron despois á illa de Cuba, bautizada co nome de Juana, e posteriormente á Española. O 25 de decembro embarrancou a carabela Santa María e cos seus restos mandou construír un forte chamado de La Navidad, no cal deixou unha pequena gornición.

Baiona regreso de Colón 01-02b
Rutas de regreso desde América de Colón (abaixo) e Pinzón (arriba).

Na súa primeira viaxe Colón capturou varios indíxenas que foron levados cativos a Castela, onde os reis católicos ordenarían primeiro vendelos como escravos para logo liberalos.[10] Aqueles constituíron os primeiros americanos en descubrir Europa. O 16 de xaneiro de 1493, coas dúas naves restantes, A Pinta e a Niña, emprenderon a viaxe de retorno. Durante a travesía as dúas naves separáronse por culpa dunha forte treboada, na cal os tripulantes da Niña, ó se ver a punto de naufragar, realizaron o denominado voto colombino. Finalmente Colón, coa Niña, consegue arribar a duras penas en Lisboa, Martiño Alonso Pinzón fai o propio no porto de Baiona. As naves, por fin, chegaron a Palos o 15 de marzo con poucas horas de diferenza, e Colón marchou a Barcelona para informar ós reis da súa descuberta.

Segunda viaxe

Columbus2
Segunda viaxe

A segunda expedición saíu de Cádiz o 25 de setembro de 1493. Esta viaxe tiña como finalidade asenta-la presenza castelá nos territorios descubertos e encontrar o camiño cara á India e Catay. A primeira illa que arribou foi A Desexada (3 de novembro); despois descubriu Porto Rico e chegou á Española, onde encontrou destruído o Forte de La Navidad por unha ofensiva de Caonabo. Na mesma illa fundou a cidade da Isabela (6 de xaneiro de 1494). Continuou a súa viaxe de exploración e percorrido nas costas de Juana (Cuba) e Santiago (Xamaica). A fins de 1494 ou principios de 1495 dirixiuse cara ó sur.

Os escritos deste viaxe rexistran algunhas situacións de violencia sexual contra mulleres indíxenas, como a que relata un dos homes da súa tripulación.[11]

Tras esta viaxe dedicouse a consolida-lo dominio sobre A Española. En 1496 regresou a Castela, chegando a Cádiz o 11 de xuño.

Terceira viaxe

Columbus3
Terceira viaxe

A terceira viaxe comezou o 30 de maio de 1498. Colón partiu de Sanlúcar de Barrameda e chegou á illa Trindade a finais do mes de xullo. Do 4 ó 12 de agosto visitou o golfo de Paria, na desembocadura do río Orinoco.

Ruinas, Cubagua Island (7)
Ruínas de Nova Cádiz, na costa nororiental da illa de Cubagua.

Denominou a toda esta rexión Terra de Grazas, pola amabilidade dos indíxenas. Supuxo que chegara a un continente pola gran cantidade de auga doce.

Posteriormente explora as tres illas do actual estado de Nova Esparta, a illa principal chamouna Asunción, as outras son as actuais Cubagua e Coche. Posteriormente Cristovo da Guerra, cambioulle o nome á Asunción polo de Margarita pola gran cantidade de perlas que había.

Finalmente arribou A Española. Nesta illa os hispánicos sublevánse pola falta de riquezas, riquezas que supostamente encontrarían. Nunha das negociacións, Colón propuxo o regreso dun grupo dos seus a Cubagua para o tráfico de perlas. Fundouse un asentamento perlífero e máis tarde, en 1528, deste asentamento naceu a primeira cidade fundada por europeos en continente americano, Nova Cádiz.[12]

Á chegada do administrador real, Francisco de Bobadilla, Colón foi arrestado. Ó chegar a Castela en 25 de novembro de 1500, foi posto en liberdade, pero perdeu o seu prestixio e os seus poderes.

Cuarta viaxe

Columbus4
Cuarta viaxe

Pese ós problemas pola perda dos seus poderes, iniciou a viaxe, pero cunha serie de prohibicións, como a de tocar terra en A Española. O obxectivo desta viaxe foi encontrar un estreito (o estreito de Malaca) que lle permitise chegar ás Indias, ó oeste das Antillas, xa que se vía que estas non o eran aínda que non podían quedar moi lonxe das terras por el descubertas. Saíu do porto de Cádiz con dúas carabelas e dous navíos (A Capitana, A Galega, A Biscaína e o Santiago de Palos) o día 11 de maio. Pasando por Canarias, chegou ás Indias en 30 días.[13]

Straits of Malacca
Estreito de Malaca. Este estreito era o que buscaba Colón na súa cuarta viaxe, cría que chegara a Asia, e precisábao para chegar ás Indias.

Polos problemas xurdidos en A Española, Nicolás de Ovando, novo gobernador da colonia, non permitiu que Colón desembarcase a pesar dunha inminente treboada e que cambiase un dos seus buques por outro de mellores condicións. Colón capeou como puido o trebón e pasou a Xamaica, aínda que a tormenta non o deixou ata o 12 de setembro, 88 días despois. Seguiu cara ó oeste, descubrindo a illa de Guanaja, na costa de Honduras, achou unha embarcación con mercadores maias que lle ofreceron cacao. Na Punta Cajina (hoxe Punta Trujillo) os tripulantes baixaron a terra para asistir á primeira misa católica celebrada na terra firme de América; seguindo ó leste sorprendeunos un furacán, durante varias semanas as 4 naves foron sacudidas pola treboada e o 12 de setembro dobraron un cabo. Alí calmouse a tormenta e Colón bautizouno como Cabo Gracias a Dios (na costa de Nicaragua) por dicir "Grazas a Deus que á fin saímos desas fonduras" e de alí navegou cara ó sur.[14]

Varias viaxes seguiron a estas expedicións. Hoxe coñécense como as Viaxes Menores, as cales permitiron recoñece-la existencia do continente Americano e explorar toda a costa de Venezuela.

Consecuencias

LoC Waldseemüller map display 2007
Mapa do alemán Martin Waldseemüller de 1507, o primeiro en denominar "América" ó continente coñecido antes como "Abya Yala" (maias), "Cem Anahuac" (aztecas) e Vinland (viquingos). O mapa cartografía o océano Pacífico e o istmo centroamericano antes do "descubrimiento" atribuído a Balboa (1513). O mapa é coñecido como o Certificado de Nacemento de América atópase na Galería de Tesouros da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.

A chegada de Cristovo Colón a América está considerado como un dos feitos máis importantes da historia universal[Cómpre referencia] polas consecuencias que tivo e debe relacionarse coa primeira viaxe ó redor do mundo realizada pola tripulación de Fernão de Magalhães poucos anos despois, que abriu paso á conquista do mundo por parte de Europa.

Consecuencias a curto prazo

O contaxio das enfermidades que os europeos levaron consigo varíola, tifo, febre amarela, entre outras, producindo un colapso na poboación americana. As epidemias, como a chamada en azteca "cocoliztli" e que é unha infección bacteriana estomacal por Salmonella, traídas posiblemente polos europeos reduciron a poboación mexicana en máis do 80%. Namentres que en 1519, cando Hernán Cortés chegou a México, a poboación alí estímase que era de 25 millóns de persoas, nas seguintes décadas quedou en só en 1 millón de persoas.[6]

Consecuencias a longo prazo

Artigos principais: Colonización europea de América e Colonización europea.

A chegada de Cristovo Colón supuxo o comezo da conquista de América, cuxa primeira campaña foi a de Cuba por Velázquez, á que seguiu a do Imperio Mexica por Cortés, a do Inca por Pizarro etcétera, ata a súa finalización definitiva tralos decretos de Filipe II de abolición da conquista. A partir de aquí comezará a chamada colonización de América, aberta por holandeses, franceses etc, cuxa diferenza radica no feito de non se establecer por campañas, senón por factorías de interese comercial (contrario á Monarquía Hispánica, con desexos de crear outras Castelas en tódolos sentidos, tanto xuridicamente, administrativamente etc.)

Os idiomas posteriores que se impuxeron obrigatoriamente foron o castelán e portugués nas súas respectivas zonas de influencia e a relixión católica pasou a ser oficial; xerouse unha poboación con altos niveis de mestizaxe xenético e cultural entre os pobos orixinarios, os africanos subsaharianos, e os europeos.

A principal riqueza xerada polos territorios españois e colonias portuguesas en América foi a extracción do ouro e a prata. "Nos primeiros 150 anos de conquista, 17 mil toneladas de prata e uns 200 toneladas de ouro arribaron a España".[15]

Outra importante consecuencia da chegada dos europeos a América, foi a difusión mundial dos alimentos que foran desenvolvidos polas culturas americanas e que hoxe se estima constitúen o 75% dos alimentos consumidos pola Humanidade, entre eles o millo, a papa (ou pataca como se denomina en Galicia), a batata, a cabaza, o tomate, o chocolate, a vainilla, os pementos, a palta (ou aguacate). Outros produtos importantes desenvolvidos en América son a goma, o tabaco etc.[16]

A chegada de Colón a América causou tamén unha grande expansión da navegación e o comercio.

A partir de 1776,colonos ingleses en América remataron organizando un novo tipo de sociedade a partir de conceptos novedosos como independencia, constitución, federalismo e deron orixe ós Estados Unidos que, no século XX, substituiría á Gran Bretaña como potencia mundial dominante.

O debate terminolóxico

A expresión "descubrimento de América" para se referir á chegada de Colón ó continente americano foi criticada por diversos sectores, culturas e estudosos, dando lugar a un amplo e apaixonado debate. Este debate, estivo intimamente vencellado ó uso dos termos "Día da Raza", "Día da Hispanidade", "Día da Resistencia Indíxena" e outros creados para se referir ó mesmo suceso. O debate xeneralizouse en 1992, co gallo do V centenario da chegada de Colón a América.

O filósofo arxentino Santiago Kovadloff dixo a este respecto:

No debate terminolóxico sobre a maneira de denomina-lo acontecemento acontecido o 12 outubro de 1492 desenvolvéronse diversas posicións:

  • Postura tradicional: tradicionalmente, dende fins do século XVI, primeiro na cultura occidental e logo en todo o mundo, utilizouse o termo "descubrimento de América", para se referir exclusivamente ó acto realizado por Colón o 12 de outubro de 1492, ó chegar á Illa Guanahani conducindo unha expedición española embarcada nas famosas tres carabelas. A postura tradicional ten s súa orixe no "mito do piloto orixinal" xa presente nos testemuños do pai Bartolomé de las Casas, logo modificado por Fernando Colón na biografía do seu pai "Vida do almirante" publicada en 1571 (ver O'Gorman).
    • Postura tradicional ampliada: sen abandona-la postura tradicional hai sectores que discuten o que o termo abrangue, e sosteñen que o termo debe estenderse a tódolas viaxes de Colón a América. Esta postura entende o termo "Descubrimento de América" non como un acto senón como unha etapa, a primeira da expansión colonial de Europa, acontecida logo por outras dúas etapas: A conquista de América|conquista]] e a colonización. Algúns inclúen tamén nesta etapa outras viaxes europeas de chegada a diversas zonas de América (primeira chegada ó Pacífico, Norte América etc.)
    • Postura tradicional modificada: esta postura sostén que é incorrecto aplica-lo termo "descubrimento de América" a ningún dos actos realizados por Colón e os seus homes, e que dita denominación debe reservarse ó momento en que o primeiro europeo "descubriu" que Colón chegara a terras descoñecidas ata entón para as culturas europeas, africanas, asiáticas e polinésicas do século XV. Este momento tamén se discute, pero existe certo consenso en atribuírllo ó italiano Amerigo Vespucci. Esta postura é a que se aplicou cando os europeos denominaron "América" a ese continente.
  • Postura cronolóxica: esta postura sostén que o termo "descubrimento", a secas, ou "primeiro descubrimento", debe ser reservado para o primeiro ser humano en realizalo, e no caso en debate, para os primeiros seres humanos en poboa-lo continente americano. Esta postura é utilizada por algúns arqueólogos, antropólogos e historiadores, como por exemplo William Dancey[19] (Ohio State University). Eventualmente esta postura admitiría denominacións sucesivas como "primeiro descubrimento", "segundo descubrimento", "terceiro descubrimento", "cuarto descubrimento", de América, para se referir ás chegadas dos primeiros seres humanos, e logo dos inuit, viquingos/europeos e españois/europeos, respectivamente.
    • Postura cronolóxica modificada europea vikinga: esta postura rexeitamenta a aplicación do termo "descubrimento de América" para a chegada de Colón, porque sostén que os primeiros europeos en chegar a América foron os viquingos, debendo ser aplicado o termo á chegada a América de Leif Eriksson en 985 (ca.).
    • Postura cronolóxica modificada europea moderna: esta postura sostén que houbo outros europeos modernos que descubriron América antes da chegada de Colón, como a hipótese de Alonso Sánchez de Huelva.
    • Postura cronolóxica modificada non europea: esta postura sostén que houbo outros pobos non europeos que chegaron a América logo dos siberianos e inuit. Os casos varian entre chineses, polinésicos, fenicios, exipcios etc.
  • Postura etnolóxica: esta postura sostén que pode considerarse "descubrimento" ó realizado por cada cultura ou etnia en condicións de illamento. Deste modo tanto a chegada orixinal dos siberianos a América (e eventualmente doutras etnias), como as posteriores dos inuit, os viquingos e os españois, significaron un "descubrimiento" para cada unha desas etnias ou culturas. Neste caso, algúns estudosos propón adicionar ó termo "descubrimiento" a etnia ou cultura para a que é significativa, falando de "descubrimento de América polos viquingos" ou "descubrimento de América polos europeos medievais" etc.[20] Un exemplo desta postura é o libro The American Discovery of Europe (O descubrimento americano de Europa), de Jack D. Forbes, 2006. Esta postura abriu camiño tamén ó concepto de "Descubrimento de Europa" por parte das culturas indíxenas, cuxa existencia tamén descoñecían, concepto que utilizan algúns historiadores como Daniel Richter (Universidade de Pensilvania, en Native American Discoveries of Europe) ou o Estado de Chile que denomina ó 12 de outubro como Día do Descubrimento de Dous Mundos.
  • Postura pluralista: Esta postura acepta que para diversos grupos sociais, étnicos, lingüísticos e culturais, o termo "descubrimento de América" ten múltiples acepcións, sen tomar partido por ningunha.
  • Postura indígenista/anticolonialista: Os pobos indíxenas americanos tenderon a cuestiona-lo termo "descubrimento de América" por consideralo unha denominación eurocéntrica, que ignora a presenza dos seus antepasados en América ó momento da chegada dos españois, dando prioridade á idea de América como "terras" antes ca como pobos, co fin de lexitimar culturalmente a posterior dominación e colonización da que foron obxecto. Con esta postura coinciden os sectores opostos ó colonialismo e ó neocolonialismo para quen o termo é unha expresión de colonialismo cultural. En xeral propuxeron termos alternativos como "Invasión de América", ou "Día da Resistencia", entre outros.
  • Postura hispanista: esta postura rexeita como acto de "indixenismo" (en sentido pexorativo) e considera un ataque contra a Hispanidade, todo cuestionamento ó termo "descubrimento de América" que non signifique chegada dos españois a América con Colón. Para esta postura o termo e o feito que expresa está vencellado á superioridade da cultura hispana, occidental e cristiá, sobre as demais. Esta postura estivo orixinalmente vinculada á invención en 1915 do controvertido "Día da Raza" como Día da Hispanidade e da Raza Española, para o 12 de outubro, aínda que logo varios países temperaron o seu significado para relacionalo cunha suposta raza mestiza. Esta postura, co seu significado máis hispanista, foi difundida intensamente por algunhas ditaduras latinoamericanas nos anos 1970.
  • Postura conciliatoria: Esta postura propón "conciliar" as posturas indixenista/anticolonialista coa hispanista, sostendo que antes que poñe-lo acento na maior ou menor violencia que puidese caracterizar a chegada dos españois a América, o que se debe destacar é o feito do encontro entre dous grupos de culturas humanas que viviran separados por milenios. Esta postura propón denominar "Encontro de Dous Mundos" ou "Encontro de Dúas Culturas", ó feito da chegada de Colón a América.
  • Posturas nacionais: En varios países comezaron a aparecer posturas oficiais fronte ó 12 de outubro de 1492 e a súa denominación, en moitos casos rexeitando ou limitando a denominación "Descubrimento de América". En Arxentina, por exemplo, para o INADI (Instituto Nacional contra a Discriminación) "a idea de descubrimento e a gabanza da conquista española" é violatoria da Convención sobre Eliminación de toda Forma de Discriminación Racial e constitúe un acto de discriminación.

Notas

  1. Goldberg, Amy; Mychajliw, Alexis M.; Hadly, Elizabeth A. (2016-04-14). "Post-invasion demography of prehistoric humans in South America". Nature 532 (7598): 232–235. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature17176. Consultado o 2017-02-18.
  2. Langmoen, Iver A. (2005-12). "The Norse discovery of America.". Neurosurgery 57 (6): 1076–87; discussion 1076–1087. ISSN 1524-4040. PMID 16331154.
  3. Moltke, Ida; Fumagalli, Matteo; Korneliussen, Thorfinn S.; Crawford, Jacob E.; Bjerregaard, Peter; Jørgensen, Marit E.; Grarup, Niels; Gulløv, Hans Christian; Linneberg, Allan; Pedersen, Oluf; Hansen, Torben; Nielsen, Rasmus; Albrechtsen, Anders (2015-01-08). "Uncovering the genetic history of the present-day Greenlandic population". American Journal of Human Genetics 96 (1): 54–69. ISSN 1537-6605. PMID 25557782. doi:10.1016/j.ajhg.2014.11.012.
  4. "First Encounters: Native Americans and Christians. The Pluralism Project". Consultado o 2017-02-18.
  5. Todorov, Tzvetan (2002), El descubrimiento de América: el problema del otro, Chile, ISBN 3-598-71873-X
  6. 6,0 6,1 Callaway, Ewen. "Collapse of Aztec society linked to catastrophic salmonella outbreak". Nature News. doi:10.1038/nature.2017.21485. Consultado o 2017-02-18.
  7. 7,0 7,1 Transcrición completa da Real provisión, dada a Digo Rodríguez Prieto e outros veciños de Palos.[Ligazón morta] En castelán antigo.
  8. Comisión al contino Juan de Peñalosa, para que haga cumplir en la villa de Moguer, una cédula de SS. AA., ordenando se entreguen a Cristovo Colón, donde y cuando las pidiese, tres carabelas armadas y equipadas. Arquivo Xeral de Simancas. Signatura: RGS,149206,1
  9. Keegan, William F. (1992). The People Who Discovered Columbus: The Prehistory of the Bahamas. Gainesville: University Press of Florida. ISBN 978-0-8130-1137-0.
  10. Arciniegas, Germán (1989). América en Europa. Bogotá: Planeta; pag. 104-108. ISBN 958-614-307-4.
  11. Cristovo, Michel de Cúneo e outros (1982). Cronistas de Indias: antología, Bos Aires. "Ediciones del Pensamiento Nacional" ISBN 950-581-020-2.
    Mientras estaba en la barca, hice cautiva a una hermosísima mujer caribe, que el susodicho Almirante me regaló, y después que la hube llevado a mi camarote, y estando ella desnuda según es su costumbre, sentí deseos de holgar con ella. Quise cumplir mi deseo pero ella no lo consintió y me dió tal trato con sus uñas que hubiera preferido no haber empezado nunca. Pero al ver esto (y para contártelo todo hasta el final), tomé una cuerda y le di de azotes, después de los cuales echó grandes gritos, tales que no hubieras podido creer tus oídos. Finalmente llegamos a estar tan de acuerdo que puedo decirte que parecía haber sido criada en una escuela de putas.
    Michel de Cúneo.
  12. Cruxent, J. M. (1972), VI Conferencia Geológica del Caribe. Noticias de Cubagua., Margarita, Venezuela
  13. Diarios de Colón. Estudo realizado pola Biblioteca Cervantes, arquivo[Ligazón morta]
  14. Soler Pascual, Emilio (), Exploradores, cronistas o historiadores españoles o al servicio de España por los territorios del Nuevo Mundo y el Pacífico: Cristovo Colón., Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes [14 de outubro de 2007]
  15. Veksler, Bernardo (2006); Una visión crítica de la conquista. Argenpress.
  16. Thomas Mann (2006). 1491. Madrid: Taurus
  17. Paz, Octavio (1995). Vislumbres da India, Barcelona: Seix Barral, p. 116
  18. Kovadloff, Santiago (2006), El día del descubrimiento del otro, La Nación [1 de outubro de 2006]
  19. Dancey, William S., Editor. The First Discovery of America: Archaeological Evidence of the Early Inhabitants of the Ohio Area. Columbus: The Ohio Archaeological Council, 1994
  20. Segundo o historiador Xullo Esquerdo:
    ...descubrir non é só chegar, é tomar posesión, gravar nomes, deixar constancia de que se chegou, facer que un escribán levante acta do acontecemento, saber con maior ou menor exactitude a onde se chegou, medir, cartografar, e, sobre todo, informar a reis, cosmógrafos, cronistas, mariños, por citar algúns oficios, e público en xeral, de tal maneira que as terras ás que se chegou se incorporen ó xeral coñecemento da cultura, da civilización que envía esa expedición. Iso é descubrir.

    ESQUERDO LABRADO, Xullo, "El descubrimiento del Brasil por Vicente Yáñez Pinzón: el Cabo de Santo Agostinho", en Huelva en su Historia X - D.L.: S-122-1997; I.S.S.N.: 1136-6877, Volume: 1 Páxinas, inicial:71 - final: 94. Universidade de Huelva, 2005.
15 de marzo

O 15 de marzo é o 74º día do ano do calendario gregoriano e o 75º nos anos bisestos. Quedan 291 días para finalizar o ano.

Anatolia

Anatolia, tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do Mar Negro, en dirección ao Mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Eufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Baixa Idade Media

A Baixa Idade Media é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XII ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.

Colonización española de América

A colonización española de América foi o proceso polo que se implantou no Novo Mundo unha administración que pretendía ser imitación ou duplicado da administración peninsular contemporánea. Este período estendeuse desde o 12 de outubro de 1492, día do descubrimento de América, até o 13 de agosto de 1898, cando a bandeira española foi arriada en San Xoán de Porto Rico.

A colonización de América foi efectuada substancialmente pola Coroa de Castela (ligada ós reinos indianos dinasticamente) e é a continuación dunha primeira expansión e experiencia colonizadora do Reino de Castela nas Illas Canarias, na cal ensaiou por primeira vez a certa escala a experiencia de conquistar, repoboar e administrar un territorio novo, habitado por pobos descoñecidos, asimilándoos e cristianizándoos no proceso. Así, as tres últimas grandes illas de Canarias foron completamente sometidas nos anos 1478-1483 (Gran Canaria), 1492-1493 (A Palma) e 1494-1496 (Tenerife) aínda que o impulso colonizador arrinca moito antes, nas outras illas do arquipélago. Esta experiencia e a existencia de fórmulas desenvolvidas para solucionar os problemas de fundación de novas cidades, pactos e enfrontamentos cos naturais do país, designación e atribucións dos Adiantados militares, engrenaxe dos aparellos administrativos: relixioso, civil e militar, foron logo amplamente usadas en América, teñen os seus antecedentes afastados na experiencia da Reconquista e repoboación da Península Ibérica e explican en parte o éxito da colonización.

A partir do século XV, os territorios e indíxenas foron incorporados pola Monarquía Española a través da Conquista de América, formando parte dun proceso histórico máis amplo denominado mercantilismo, dando lugar ó Imperio Español en América. Ó longo do século XIX, coa caída do absolutismo e a transformación de España nun Estado liberal, ten lugar a independencia hispanoamericana.

Grazas á soada bula do papa Paulo III Sublimis Deus de 1537 que declara Ós indíxenas homes con todos os efectos e capacidades de cristiáns, houbo un gran contraste entre a colonización española, a anglosaxoa e francesa en América. No Imperio Español a unidade social concibíase a través da unidade da Fe da Igrexa católica.

Unha das importantes consecuencias desta colonización foi a mestizaxe en América. Os reis españois estabeleceron unha política exterior común marcada por enlaces matrimoniais con varias familias reais europeas que resultaron na hexemonía dos Habsburgo en Europa durante os séculos XVI e XVII. Por outra banda o descubrimento de América a partir de 1492 modificou profundamente a historia.

Columnas de Hércules

As Columnas de Hércules é o nome dado na antigüidade ás costas que bordean o estreito de Xibraltar por ambas as dúas beiras. O nome fai referencia a Xibraltar (Calpe en latín) ao norte, na costa europea, e ao monte Abila (mons Abila), hoxe Djebel Musa, ao sur, ao lado de Ceuta, na costa africana. As columnas recibiron os seu nome do heroe mitolóxico grego Heracles (en galego, por vía latina: Hércules). Segundo a cronoloxía xeográfica dos gregos, as columnas de Hércules constituían o comezo do mundo e foran derrubadas polo semi-deus[Cómpre referencia].

A creencia de que mais aló delas non había nada provocou a creación do lema Non Plus Ultra, que co descubrimento de América derivaría en Plus Ultra.

Cristovo Colón

Cristovo Colón, naceu na República de Xénova en 1451 e finado en Valladolid o 20 de maio de 1506, foi un navegante, cartógrafo, almirante, vicerrei, explorador e gobernador xeral das Indias durante os século XV e XVI ao servizo dos Reis Católicos, famoso polo denominado descubrimento de América para a civilización occidental en 1492, tras emprender unha viaxe a través do Océano Atlántico co obxectivo de chegar á India, malia que en troques chegou ás illas do Caribe na América Central conseguindo establecer as rutas marítimas e abrindo o camiño á colonización americana.

As terras exploradas por Colón foron inicialmente chamadas Indias Occidentais ou Novo Mundo, até a aparición, en 1507, do mapa de Martin Waldseemüller e Matthias Ringmann do obradoiro cartográfico de Saint-Dié-des-Vosges, cando se pasaron a chamar América, co gallo de que Waldseemüller leu unhas relacións sobre exploracións feitas naquel continente polo navegante italiano Amerigo Vespucci.

Malia que posibelmente non foi o primeiro explorador europeo de América, Colón foi quen descubriu un novo continente para Europa e a historia, ao ser o primeiro navegante capaz de trazar unha ruta de ida e retorno aproveitando as correntes mariñas do Atlántico que hoxe aínda se utilizan, abrindo deste modo un Novo Mundo para explorar, e explotar, nos vellos reinos europeos.

O seu antropónimo (coñecido pola latinización Columbus ou adaptado ás diferentes linguas) é unha icona mundial que inspirou innumerables denominacións, como a dun país: Colombia, e dúas rexións de Norteamérica: a Columbia Británica, no Canadá, e o Distrito de Columbia, nos Estados Unidos.

Cádiz

Cádiz é unha cidade e municipio español do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma.

Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.

O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.

Exposición Universal de Sevilla de 1992

A Exposición Universal de Sevilla de 1992 celebrouse en Sevilla, capital de Andalucía, España, no ano 1992, e foi coñecida popularmente como "Expo'92" ou "a Expo".

Como toda Exposición Universal posterior a 1931, estivo regulada pola Oficina Internacional de Exposicións. Tivo unha duración de seis meses, comezou o 20 de abril e finalizou o 12 de outubro coincidindo a data co V Centenario do Descubrimento de América, debido a este feito a súa lema foi "a Era dos Descubrimentos".

A mascota oficial da Expo 92 chamouse Curro, un simpático paxaro de pico e crista multicolor.

Ao termino da Exposición Universal as infraestruturas aproveitáronse para reconvertelas nun parque tecnolóxico chamado Cartuja 93 e un parque temático chamado Isla Mágica, ademais de usos administrativos, universitarios e de equipamento para a cidade.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Festa Nacional de España

A Festa Nacional de España (Festa Nacional d'Espanya, en catalán e valenciano; Fiesta Nacional de España, en castelán; Espainiako Jai Nazionala, en vasco) conmemora a efeméride histórica do Descubrimento de América por parte de España e o nacemento do Imperio Español. Antigamente era coñecido como Día da Raza ou Día da Hispanidade.

Idade Media

A Idade Media foi un período histórico da civilización occidental comprendido entre o século V e o século XV. Normalmente considérase a súa extensión entre a fin do Imperio Romano do Occidente, no século V (476 d.C.), e o descubrimento de América, no século XV (1492 d.C.), ou en 1453 coa caída do Imperio Bizantino, data que coincide coa invención da imprenta (Biblia de Gutenberg) e coa fin da guerra dos Cen Anos. O adxectivo relacionado con este período é medieval (ver, por exemplo, literatura medieval, arte medieval, arquitectura medieval ou ciencia medieval). Certas sociedades non occidentais, como o Xapón, atravesaron períodos históricos "de transición" que se denominan tamén como Idade Media.

A 2015, os historiadores do período prefiren matizar esta ruptura entre Antigüidade e Idade Media de maneira que entre os séculos III e VIII adóitase falar de Antigüidade Tardía, que fora unha gran etapa de transición en todos os ámbitos: no económico, para a substitución do modo de produción escravista polo modo de produción feudal; no social, para a desaparición do concepto de cidadanía romana e a definición dos estamentos medievais, no político para a descomposición das estruturas centralizadas do Imperio romano que deu paso a unha dispersión do poder; e no ideolóxico e cultural para a absorción e substitución da cultura clásica polas teocéntricas culturas cristiá e islámica (en cadanseus espazos).Adoitase dividir en dous grandes períodos: Temperá ou Alta Idade Media (do século V ao X, sen unha clara diferenciación coa Antigüidade Tardía); e Baixa Idade Media (do século XI ao XV), que á súa vez pode dividirse nun período de plenitude, a Plena Idade Media (do século XI ao XIII), e os dous últimos séculos, ou Idade Media Tardía, que presenciaron a Crise da Idade Media ou do século XIV.

Se ben hai algúns exemplos de utilización previa, o concepto de Idade Media naceu como a segunda idade da división tradicional do tempo histórico debida a Cristóbal Cellarius (Historia Medii Aevi a temporibus Constantini Magni ad Constaninopolim a Turcis captam deducta, Jena, 1688), quen a consideraba un tempo intermedio, sen apenas valor por si mesmo, entre a Idade Antiga identificada coa arte e a cultura da civilización grecorromana da Antigüidade clásica e a renovación cultural da Idade Moderna —na que el se sitúa— que comenza co Renacemento e o Humanismo. A popularización deste esquema perpetuou un preconcepto erróneo: o de considerar á Idade Media coma unha época escura, sumida no retroceso intelectual e cultural, e un aletargamento social e económico secular (que á súa vez se asocia co feudalismo nos seus trazos máis escurantistas, tal como se definiu polos revolucionarios que combateron o Antigo Réxime). Sería un período dominado polo illamiento, a ignorancia, a teocracia, a superstición e o medo milenarista alimentado pola inseguridade endémica, a violencia e a brutalidade de guerras e invasións constantes e epidemias apocalípticas.Porén, neste longo período de mil anos houbo todo tipo de feitos e procesos moi diferentes entre si, diferenciados temporal e xeograficamente, respondendo tanto a influencias mutuas con outras civilizacións e espazos como a dinámicas internas. Moitos deles tiveron unha gran proxección cara ao futuro, entre outros os que sentaron as bases do desenvolvemento da posterior expansión europea, e dos axentes sociais que produciron unha sociedade estamental de base predominantemente rural pero que presenciou o nacemento dunha incipiente vida urbana e unha burguesía que co tempo levarán ao capitalismo. Lonxe de ser unha época inmobilista, a Idade Media, que comezara con migracións de pobos enteiros, e continara con grandes procesos repoboadores (como o derivado da Reconquista na Península Ibérica, ou o Ostsiedlung en Europa Central e Oriental) viu como nos seus últimos séculos os antigos camiños (moitos deles vías romanas decaídas) se reparaban e modernizaban con airosas pontes, e se enchían de toda clase de viaxeiros (guerreiros, peregrinos, mercadores, estudantes, goliardos, etc.), encarnando a metáfora espiritual da vida coma unha viaxe (homo viator).Tamén xurdiron na Idade Media novas formas políticas, que van desde o califato islámico aos poderes universais da cristiandade latina (Pontificado e Imperio), ou o Imperio bizantino e os reinos eslavos integrados na cristiandade oriental (aculturación e evanxelización de Cirilo e Metodio); e, en menor escala, todo tipo de cidades estado, desde as pequeñas cidades episcopais alemás ata repúblicas que mantiveron imperios marítimos como Venecia; deixando na metade da escala á que tivo maior proxección futura: as monarquías feudais, que transformadas en monarquías autoritarias prefiguran o estado moderno.

Idade Moderna

A Idade Moderna queda comprendida entre dúas datas simbólicas:

1453, Caída de Constantinopla ou 1492 Descubrimento de América.

1789, Revolución francesa.Pero a Idade Moderna non comeza dun xeito brusco ou repentino. Existe dacabalo da Baixa Idade Media e da Idade Moderna, un período de transición chamado Renacemento. Con el, prodúcese un cambio notable en tódalas ordes da actividade humana.

Son características da Idade Moderna as seguintes:

Consolidación das nacionalidades.

Formación de grandes imperios coloniais, como consecuencia dos descubrimentos xeográficos e da forza política do absolutismo.

A loita contra toda potencia que quixera impo-la súa hexemonía (primeiro España e logo Francia), ata chegar ó equilibrio do século XVIII.

Aparición e desenvolvemento das ideas liberais fronte ó absolutismo monárquico que desembocaría na Revolución francesa.

Isabel I de Castela

Isabel I de Castela, nada en Madrigal de las Altas Torres o 22 de abril de 1451 e finada en Medina del Campo o 26 de novembro de 1504. Foi raíña de Castela desde 1474 ata 1504, raíña consorte de Sicilia desde 1469 e de Aragón desde 1479, polo seu matrimonio con Fernando de Aragón. É chamada «a Católica», título que lles foi outorgado a ela e ao seu marido polo papa Alexandre VI mediante a bula Si convenit, o 19 de decembro de 1496. É polo que se coñece á parella real co nome de Reis Católicos, título que usarían en diante practicamente todos os reis de España.

Casou en 1469 co príncipe Fernando de Aragón. Polo feito de ser primos segundos necesitaban unha bula papal de dispensa que só conseguiron de Sisto IV a través do seu enviado o cardeal Rodrigo Borgia en 1472. Ela e o seu esposo Fernando conquistaron o reino de Granada e participaron nunha rede de alianzas matrimoniais que fixeron que o seu neto, Carlos, herdase as coroas de Castela e de Aragón, outros territorios europeos e convertésese en emperador do Sacro Imperio Romano.Isabel e Fernando fixéronse co trono tras unha longa loita, primeiro contra o rei Henrique IV e de 1475 a 1479 na Guerra de Sucesión castelá contra os partidarios da outra pretendente ao trono, Xoana. Isabel reorganizou o sistema de goberno e a administración, centralizando competencias que antes ostentaban os nobres; reformou o sistema de seguridade cidadá e levou a cabo unha reforma económica para reducir a débeda que o reino herdara do seu medio irmán, e predecesor no trono, Henrique IV. Tras gañar a guerra de Granada os Reis Católicos expulsaron aos xudeus dos seus reinos e, anos máis tarde, tamén aos musulmáns.

Isabel concedeu apoio a Cristovo Colón na procura dunha nova ruta cara ás Indias, o que levou ao descubrimento de América. Devandito acontecemento provocaría no futuro a conquista das terras descubertas e a creación do Imperio Español.

Isabel viviu 53 anos, dos cales gobernou 30 anos como raíña de Castela e 26 como raíña consorte de Aragón á beira de Fernando II.

Novo Mundo

Novo Mundo é un dos nomes dados ao hemisferio occidental, máis especificamente ao continente americano. O termo ten as súas orixes nos finais do século XV en razón do descubrimento de América por Cristovo Colón.

O descubrimento deste novo continente expandiu o horizonte xeográfico dos europeos que até entón consideraban a Europa, a África e a Asia como os únicos constituintes do Mundo. En contraste co Novo Mundo, os continentes europeo, africano e asiático formaban o Vello Mundo. Á súa vez, a Oceanía descuberta algúns séculos despois, ficou coñecida como Novísimo Mundo.

Palos de la Frontera

Palos de la Frontera é unha localidade andaluza, da provincia de Huelva. No ano 2006 tiña 8.415 habitantes. A súa extensión superficial é de 50 km² e ten unha densidade de 168,3 hab/km². Atópase situada a unha altitude de 23 metros e a 14 quilómetros da capital da provincia, Huelva.

Situada á esquerda do río Tinto, moi preto da desembocadura e unión co río Odiel.

Palos de la Frontera é coñecida como o berce do descubrimento de América (como afirma no seu escudo), xa que nesta cidade xestouse e preparouse a primeira viaxe de Cristovo Colón facía o que el cría as Indias. Partiron do porto desta cidade o 3 de agosto de 1492, chegando o 12 de outubro de devandito ano a certas illas do actual continente americano que por entón era descoñecido polos europeos.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

República de Venecia

A Serenísima República de Venecia foi unha cidade-estado do norte de Italia, xunto ao mar Adriático, atopada en torno á cidade de Venecia. A república existiu como tal dende o século IX ata 1797. Tamén recibe o nome de Serenissima Repubblica di San Marco, xa que San Marcos é o seu santo patrono.

Vedra

Vedra é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 5.073 habitantes (2.477 homes e 2.596 mulleres) (5.059 no 2009, 5.052 no 2006, 5.054 no 2005, 5.057 no 2004, 5.037 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vedrense».

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.