Desamortización

A desamortización foi un longo proceso histórico-económico iniciado en España a finais do século XVIII por Manuel de Godoy e fechado xa moi entrado o século XX (16 de decembro de 1964), que consistiu en poñer no mercado, mediante poxa pública, as terras e bens non produtivos en poder das chamadas "mans mortas" que non as cultivaban (case sempre a Igrexa católica ou as ordes relixiosas) que as acumularan como habituais beneficiarias de doazóns, testamentos. A finalidade principal da desamortización era acrecentar a riqueza nacional e crear unha burguesía e clase media de labregos propietarios. Ademais, o erario obtiña uns ingresos extraordinarios cos que pretendían amortizar os títulos de débeda pública.

A desamortización converteuse na principal arma política con que os liberais modificaron o réxime da propiedade do Antigo Réxime, para implantar o novo Estado burgués durante a primeira metade do século XIX.

Carlos IV

A primeira desamortización foi realizada no reinado de Carlos IV por Godoy e o ministro Cayetano Soler entre 1800 e 1808. Nela desamortizáronse bens da Compañía de Xesús, de hospitais, hospicios, Casas de Misericordia e de Colexios Maiores universitarios e incluía tamén bens non explotables de particulares.

Xosé I

Xosé I realizou tamén unha pequena desamortización que non implicou a supresión da propiedade, senón a confiscación das súas rendas para os gastos das tropas francesas, de forma que se devolveron en 1814 cando Fernando VII recuperou o trono na restauración absolutista.

Trienio Liberal

Durante o Trienio liberal leváronse a cabo outras desamortizacións tan pouco ambiciosas coma esta e igualmente desfeitas tras a caída do réxime liberal. As realmente importantes foron, sobre todo, as de Juan Álvarez Mendizábal e Pascual Madoz.

Mendizábal

A desamortización de Mendizábal, ministro de Isabel II en 1836, tivo unhas consecuencias moi importantes para a historia social de España, porque os seus resultados (xa non xestionados por Mendizábal, cesado como ministro pola raíña en maio de 1836, senón polos seus sucesores) foron relativamente pobres. En realidade, Mendizábal pretendía que o campesiñado puidese acceder á compra das terras poxadas.

Porén, como a división de lotes encomendóuselle ás comisións municipais, estas aproveitáronse do seu poder para facer manipulacións e configurar grandes lotes inalcanzables aos pequenos propietarios, pero alcanzables para as oligarquías máis adiñeiradas, que podían comprar tanto grandes lotes como pequenos. Os labregos non puideron entrar nas poxas e as terras foron compradas por nobres e burgueses adiñeirados, de forma que non puido crearse unha verdadeira burguesía de clase media en España que sacase ao país da crise.

Espartero

O 2 de setembro de 1841 o progresista Baldomero Espartero ao pouco de ser nomeado rexente impuxo a desamortización de bens do clero secular excepto uns poucos. Esta lei durou escasamente tres anos, e ao desaparecer o partido progresista a lei foi derrogada. En 1845 durante a década moderada, o goberno intenta retomar as relacións coa igrexa, o que o leva á firma dun concordato en 1851.

Madoz

Pascual Madoz, de José Nin y Tudó (1873), Congreso de los Diputados
Retrato de Pascual Madoz Ibáñez.

Durante o segundo goberno de Espartero, o seu ministro de Facenda, Pascual Madoz, realiza unha nova desamortización que foi executada con maior control que a de Mendizábal. O 1 de maio de 1855 publícase o Decreto na Gaceta de Madrid[1] e o 31 de maio a Instrución para levala a cabo. Declarábanse á venda todas as propiedades do Estado, do clero, das Ordes Militares, confrarías, obras pías, santuarios, do ex infante D. Carlos, dos propios e os comúns dos pobos, da beneficencia e da instrución pública, con algunhas excepcións. Igualmente, permitíase a desamortización dos censos pertencentes ás mesmas organizacións.

Esta desamortización tiña dous obxectivos principais: por unha banda, diminuír a débeda do país e, por outra, conseguir recursos para o plan de obras públicas. Así, o 3 de xuño de 1855, decrétase a "Lei Xeral de Ferrocarrís".[1]

Consecuencias

Como resultado das desamortizacións moitos conventos e igrexas de valor artístico foron abandonados ou botados abaixo e agora desapareceron ou son unha ruína; igualmente, moitos libros e bibliotecas conventuais dispersáronse e os seus libros foron destinados para as bibliotecas públicas da época.

Notas

  1. 1,0 1,1 Vázquez (2011); p. 17

Véxase tamén

Bibliografía

  • Tomás y Valiente, Francisco (1972). El marco político de la desamortización en España. col. Ariel Quincenal. (1ª ed. 1971). Barcelona: Ariel.
  • Vázquez Guzmán, Juan Pedro (2011). La desamortización de Madoz en la provincia de Almería (1855-1936). Almería: Universidad de Almería. ISBN 978-84-8240-181-2.
Clero

Clero é o nome colectivo que engloba de forma xeral aos homes que foron ordenados para o servizo relixioso, sacerdotes e diáconos. O nome individual é crego.

Na maior parte das relixións o clero actúa dentro e, en ocasións, fóra dos lugares de culto: hospitais, escolas, misións e incluso no exército (clero castrense).

Hai unha diferenza importante entre o clero e os teólogos. Os primeiros ocúpanse da práctica do culto, mentres que os teólogos son os estudosos da relixión e a teoloxía, e non son necesariamente clérigos (nin sequera necesariamente crentes).

O clero, en moitos países, está protexido por leis especiais (foro eclesiástico) e, en moitos casos, financiado (ou cofinanciado) polo Estado, aínda que os seus recursos proveñen en gran parte das doazóns dos seus fieis. A confesionalidade do Estado ou a total separación Igrexa-Estado poden ter moi distintas situacións intermedias.

A oposición terminolóxica entre os ámbitos relixioso (vida consagrada) e clerical (ordes sagradas) dáse entre dous termos que teñen unha gran parte do campo semántico en común, no uso habitual e en literatura. Aínda máis confusión ou equivocidade tería a terna crego/eclesiástico/relixioso. A distinción entre os tria genera hominu: praelati, continentes e conjugati (clero secular, clero regular —ou vida consagrada— e laicos) víñase explicitando desde a Antigüidade Tardía e os primeiros séculos medievais por autores como Santo Agostiño e San Gregorio o Grande.

El Rubio

El Rubio é unha localidade andaluza, pertencente á provincia de Sevilla. No ano 2009 tiña 3.567 habitantes.

Fidalguía

A fidalguía, isto é, o conxunto dos fidalgos, constituía o estamento máis baixo da nobreza na Coroa de Castela (equivalente aos infanzóns na Coroa de Aragón).

O concepto de fidalguía cambiou moito co tempo e dentro do reino, así todos os vascos, cántabros e até un 80% dos asturianos eran fidalgos mentres que en Galiza, no catastro de Ensenada só aparecían 10935 fidalgos, menos do 3% da poboación.

Juan Álvarez Mendizábal

Juan de Dios Álvarez Mendizábal, nado en Cádiz o 25 de febreiro de 1790 cos apelidos de Álvarez Méndez, e falecido en Madrid o 23 de novembro de 1853, foi un político e economista español, famoso por levar adiante o proceso de desamortización en 1836.

Leiro

Leiro é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2015 tiña unha poboación de 1.630 habitantes, o que representa unha diminución constante respecto ós anos 2004, cando tiña 1.940 habitantes, e 2003, con 1.967.

Lourenzá

Lourenzá é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.259 habitantes (2. 338 no 2014, 2.629 no 2006, 2.677 no 2005, 2.700 no 2004, 2.730 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «laurentino».

Lousame

Lousame é un concello galego situado no suroeste da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2017) ten 3.447 habitantes (1.681 homes e 1.766 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é lousamán.

É un concello principalmente agrario. Está dividido en 7 parroquias e a el pertencen 75 núcleos de poboación.

Mosteiro de Poblet

O Real Mosteiro de Santa María de Poblet (en catalán: Reial Monestir de Santa Maria de Poblet) é o prototipo de abadía cisterciense española. Localizado na comarca da Conca de Barberà, no termo municipal de Vimbodí i Poblet, en Tarragona, o primeiro cenobio foi impulsado e patrocinado por Ramón Berenguer IV, conde de Barcelona, que o entregou aos monxes bernardos da abadía de Fontfroide no ano 1149.

Foi panteón real da Coroa de Aragón, desde finais do século XIV ata a extinción da casa real de Aragón no século XV.

Enriquecido con distintas doazóns, alcanzou o seu máximo esplendor no século XIV, e a súa total decadencia e abandono en 1835 como consecuencia da desamortización de Mendizábal. En 1930 iniciouse a súa restauración, de forma que en 1935 puido dedicarse novamente a igrexa ao culto, e en 1940 retornaban á súa abadía algúns monxes. Non todos os espazos poden visitarse, por ser dependencias en clausura utilizadas polos cistercienses que de novo ocupan o mosteiro.

En 1991 foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade. Poblet, xunto con Guadalupe, El Escorial, San Millán de Yuso e San Millán de Suso son os mosteiros en España que gozan deste título.

Mosteiro de San Paio de Abeleda

O mosteiro de San Paio de Abeleda son os vestixios dun mosteiro medieval construído no século XII na parroquia de San Paio de Abeleda, no concello de Castro Caldelas.Na actualidade atópase en estado ruinoso. Foi un dos centros monásticos máis influentes da provincia, e coa reforma monástica pasou a converterse en abadía ata que a finais do século XIX, trala desamortización, os Duques de Alba apoderáronse dos bens do mosteiro.

Mosteiro de Santa María de Melón

O mosteiro de Santa María de Melón é un mosteiro de estilo románico de transición, pertencente á Orde do Císter e fundado en 1158. Está situado no concello ourensán de Melón. Estivo habitado ata 1835, cando se produciu a desamortización de Mendizábal.

Partido Democrático (España)

O Partido Democrático, Partido Demócrata ou Partido Progresista Demócrata foi unha formación política xurdida en España en abril de 1849 a partir dunha escisión do Partido Progresista cando se publica o Manifiesto do Partido Progresista Demócrata. Demandaba o pleno recoñecemento dos dereitos cidadáns e as liberdades individuais, o sufraxio universal, a desamortización de todos os bens da Igrexa, incluídos os bens civís e a abolición das quintas.

Pascual Madoz

Pascual Madoz Ibáñez, nado en Pamplona o 17 de maio de 1806 e finado en Xénova o 13 de decembro de 1870, foi un político español de tendencia liberal. Tivo diversos cargos como gobernador de Barcelona, ministro de Facenda, deputado e presidente da Xunta Provisional Revolucionaria durante a revolución de 1868. É moi coñecido pola súa obra Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar tamén coñecido como Dicionario Madoz.

Real Academia da Historia

A Real Academia da Historia é unha institución encargada do estudo da Historia de España e ten a súa sede na Vila de Madrid.

Sahagún, León

Sahagún é unha vila e municipio, situada no sueste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León. Contaba en 2008 con 2.858 habitantes.

San Paio de Abeleda, Castro Caldelas

San Paio de Abeleda é unha parroquia do concello de Castro Caldelas situada a 2 km da capital do concello. Etimoloxicamente o seu nome pode que proceda de Abeledo, co significado de terra de abeleiras. En 2011 tiña 36 habitantes (18 homes e 18 mulleres).

Santiso, Maceda

Santa María de Santiso é unha parroquia do concello de Maceda. No ano 2008 tiña 36 habitantes.

Soria

Soria é unha cidade e concello español da provincia de Soria (da que é capital), en Castela e León. Sitúase á beira do río Douro e é a segunda capital de provincia española menos poboada. Ten unha poboación de 40.147 habitantes (INE 2012) e unha densidade de poboación de 147,72 hab./km². Como monumentos máis salientables da cidade están a Concatedral de San Pedro, en estilo plateresco e a Igrexa de Santo Domingo.

Umbrete

Umbrete é unha localidade da provincia de Sevilla, en Andalucía (España).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.