Dereito de autodeterminación

O dereito de autodeterminación é un principio fundamental dos dereitos humanos,[1] que defende o dereito individual e colectivo a "decidir libremente o status político, e a escoller libremente o desenvolvemento económico, social e cultural". O principio da autodeterminación atópase xeralmente relacionado co proceso de descolonización que tivo lugar despois da promulgación da Carta das Nacións Unidas en 1945. A obriga de respectar o principio de autodeterminación é unha das características da Carta, que aparece tanto no seu preámbulo como no artigo 1.

Imaxe 20 setembro mobilización
A Praza do Toural de Santiago de Compostela durante a mobilización do o 20 de setembro de 2017 en apoio ao pobo catalán e o seu dereito de autodeterminación, como resposta a actuación policial do mesmo día respaldada por xuíces e e estancias políticas do Goberno de España contra as institución catalás. A dita manifestación foi unhas das moitas que se celebraron en Galicia -nas sete principais cidades-[2] e outras urbes do Estado como Bilbao[3], Palma, Madrid, Valencia ou Sevilla.

O dereito á autodeterminación é unha das normas de Ius cogens. Estas, representan o máis alto nivel de dereito internacional e polo tanto son de obrigado cumprimento.

A National Conversation launch
O primeiro ministro escocés Alex Salmond e a viceprimeira ministra durante o anuncio do plan de referendo para Escocia, en 2007.

Antecedentes

Thomas Jefferson rev
Thomas Jefferson, principal redactor da Declaración de independencia dos Estados Unidos de América, foi un das figuras máis importantes do independentismo norteamericano.

Este principio foi formulado por primeira vez polo presidente dos Estados Unidos, Thomas Woodrow Wilson nos seus Catorce Puntos, tendo unha grande importancia no Tratado de Versalles, no que se deseñaron as fronteiras da Europa Oriental e xa apuntaban á descolonización. Non obstante, moitos dos conceptos básicos do dereito de autodeterminación atópanse xa en documentos anteriores como a propia Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América.

O dereito de autodeterminación ten sido reclamado en décadas recentes por pobos de todo o mundo. Na maior parte dos casos, este dereito é reclamado por: pobos de trazos culturais e lingüísticos propios, pobos ou países que perderon a súa independencia no pasado, minorías relixiosas, ou pobos e nacións que reúnen as anteriores premisas. Estas minorías ou culturas minorizadas perseguen co dereito de autodeterminación a independencia política, co fin de evitar a súa asimilación lingüística, cultural ou relixiosa, así como a súa discriminación ou mesmo persecución por parte do Estado ao que na actualidade pertence.

Moitos estados actuais defenden o dereito de autodeterminación, mais non aceptan a súa aplicación dentro do que consideran "territorio nacional". Outros estados, no entanto, contaron e contan na actualidade co recoñecemento de tal dereito. Así, estados como a Unión Soviética posuíron constitucións que recoñecían este dereito; no caso soviético o recoñecemento do dereito de autodeterminación para as repúblicas da antiga URSS permitiu en 1990 que numerosos países, tales como Lituania, Letonia ou Ucraína, entre outros, acadaran a independencia tras a Perestroika.

Carta das Nacións Unidas

UN building
Sede da ONU en Nova York.

Cando se ratificou a Carta das Nacións Unidas en 1951, os signatarios introduciron nela o dereito dos pobos á autodeterminación e nos termos da diplomacia internacional.

O obxectivo do cláusula de autodeterminación foi facer que as ex-colonias que existían antes da Segunda Guerra Mundial puidesen escoller libremente o seu futuro. Non obstante, despois da descolonización, o dereito de autodeterminación entendeuse que era aplicable só a Estados, e está limitado aos principios da integridade territorial e á non-inxerencia nos asuntos internos. Moitas ex-colonias que tiñan comezado o seu proceso de independencia encontráronse con movementos separatistas, e houbo consenso internacional en que a autodeterminación non é aplicable a estes movementos.

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Na Declaración Universal dos Dereitos Humanos en 1970, o dereito á autodeterminación foi confinada á doutrina do protocolo internacional. En suma, as persoas teñen dereito á autodeterminación para afrontar situacións de opresión ou falta de representación por un goberno en particular.

Isto produce unha tensión entre o concepto de autodeterminación e o de integridade territorial. Este conflito foi resolto, na práctica, a través da definición de que as persoas teñen dereito á autodeterminación dos pobos que viven nun estado-nación no que máis persoas comparten a mesma cultura ou lingua.

Pacto Internacional sobre Dereitos Civís e Políticos

As Nacións Unidas proclamaron, o ano 1966, o Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos, que entrou en vigor o ano 1976 e foi ratificado polo Estado Español o 27 de xullo de 1977.[4]

O seu Artigo número 1 proclama:

  • Todos os pobos teñen dereito á autodeterminación. E en virtude deste dereito poden determinar libremente o seu status político así como tamén o seu desenvolvemento, económico, social e cultural.
  • Todos os pobos poden, para os seus propios fins, dispor libremente das súas riquezas e dos seus recursos naturais sen prexudicar, pero, ningún das obrigacións que xorden da cooperación económica internacional baseada nun principio de beneficio recíproco, e tamén do dereito internacional. En ningún caso, un pobo pode ser privado dos seus medios de subsistencia.
  • Os estados que participan neste pacto, -incluíndo aqueles que teñen a responsabilidade de administrar territorios non autónomos, e territorios en fideicomiso- promoverán o exercicio do dereito de autodeterminación e respectarán este dereito de acordo coas disposicións da Carta da Organización das Nacións Unidas.

Notas

  1. The Karen Parker Home Page For Humanitarian Law - Understanding Self-Determination: The Basics
  2. “Defender Catalunya é defender a democracia”: Solidariedade nas rúas galegas contra a represión ao 1-O, nova en Sermos Galiza o 20 de setembro de 2017.
  3. Movilizaciones multitudinarias en Cataluña, Madrid y Euskal Herria, nova en Eitb.eus do 20 de setembro de 2017 (en castelán).
  4. Status of ratifications

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

O dereito de autodeterminación nas constitucións

Amaiur (coalición)

Amaiur é unha coalición política española conformada por Eusko Alkartasuna, Alternatiba, Aralar e diversos independentes de esquerda abertzale, para concorrer ás eleccións xerais de 2011. Ten como obxectivo defender desde o País Vasco e Navarra o dereito de autodeterminación.A coalición colleu o nome da vila de Amaiur, onde tivo lugar unha das últimas batallas da conquista do reino de Navarra pola Coroa de Castela.

Antiimperialismo

O antiimperialismo é unha posición política xurdida a finais do século XIX que se caracteriza por unha categórica oposición ó imperialismo. O pensamento antiimperialista está estreitamente vinculado ó cuestionamento dos mecanismos de dependencia neocolonial caracterizados por mecanismos de suxeición económicos e financeiros, así como os chamados procesos de liberación nacional.

Aturuxo (Boiro)

Aturuxo, é unha asociación cultural de carácter nacionalista, que reivindica o dereito de autodeterminación para Galiza e o uso do galego como única lingua lexítima para o pobo galego. Informalmente, existe dende o ano 2007, máis constituíse legalmente en xaneiro do ano 2008. Dende o 16 de febreiro de 2008 tamén dispón dun local social situado no casco urbano de Boiro .

Cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco do 2014

A cadea humana polo dereito a decidir do País Vasco foi unha cadea humana de 123 quilómetros de lonxitude en favor do dereito de autodeterminación do País Vasco realizada o 8 de xuño do 2014 que uniu as cidades de Durango e Pamplona e foi organizada pola plataforma Gure Esku Dago.

Catalanismo

O catalanismo ou nacionalismo catalán é o movemento que propugna o recoñecemento da personalidade política e cultural da Cataluña ou dos Países Cataláns.

Segundo o valenciano e catalanista Joan Fuster, hai catalanistas porque hai españolistas. De feito, o catalanismo xorde como reacción a políticas centralizadoras no Estado Español (como os Decretos de Nueva Planta), avatares históricos (Tratado dos Pireneos) ou imposicións político-culturais (prohibición do catalán na vida pública).

No entanto, o catalanismo non se circunscribe ao ámbito político peninsular, pois nos últimos anos aumentou a súa presenza nas antigas comarcas catalás da Cerdanya Nord, Conflent, Vallespir e Rosselló (actualmente integradas no departamento Francés dos Pireneos Orientais), reivindicando precisamente un maior achegamento coas terras do sur.

Xeralmente, os partidos políticos, entidades ou individuos que se declaran catalanistas ou nacionalistas cataláns, adoitan considerar ben a Cataluña, ben os Países Cataláns, como unha nación. Ese grao de recoñecemento e de defensa dos seus intereses pode abranguer desde un tímido autonomismo á petición da plena independencia (véxase: independentismo).

A nacenza do catalanismo político acostuma datarse nas Bases de Manresa de 1898, momento que é considerado a entrada de Cataluña na Historia Contemporánea.

Na actualidade os partidos ou individuos que se declaran catalanistas consideran que Cataluña, ou os Países Cataláns, son unha nación e que, en consecuencia, teñen dereito a un grao elevado de autogoberno. Porén, as diverxencias aparecen sobre a organización xurídica e territorial que lle convén a Cataluña. Así, mentres unha parte opta pola chegada á soberanía do pobo catalán a través do dereito de autodeterminación, outros optan por unha ampliación do autogoberno no marco autonómico actual ou ben decántanse pola creación dun novo marco federal.

Chunta Aragonesista

A Chunta Aragonesista (CHA, tamén coñecido como Chunta ou La Chunta) é un partido político nacionalista aragonés de esquerdas. Foi creado en 1986 tra-la unión de varias asociacions culturais, sociais, pacifistas e nacionalistas aragonesas.

Comunidade autónoma

Unha comunidade autónoma é unha entidade territorial que, dentro do ordenamento constitucional do Estado español, está dotada de certa autonomía lexislativa e competencias executivas, así como da facultade de administrarse mediante os seus propios representantes.

Espazo Socialista Galego

O Espazo Socialista Galego é unha forza política que naceu como escisión de Esquerda Nacionalista dentro do Bloque Nacionalista Galego o 8 de novembro de 2008.

Euskal Herritarrok

Euskal Herritarrok ("Cidadáns Vascos", en éuscaro) foi unha coalición independentista e de esquerdas vasca xurdida en 1998 como órgano electoral da esquerda abertzale. Euskal Herritarrok tivo unha vida efémera e a súa presentación a uns comicios electorais limitouse ás eleccións autonómicas de 1998 e ás municipais e forais de 1999. En ambas convocatorias superou a marca electoral que un partido defendendo esa ideoloxía nunca obtivera na comunidade autónoma vasca: 223.264 persoas lles deron o voto[Cómpre referencia]. Nas eleccións municipais estableceron unha coalición con outros partidos de esquerda extraparlamentar e superaron a marca anterior, aínda que cómpre ter en conta que Euskal Herritarrok se presentaba nun territorio maior en extensión, ao presentar listas aos municipios e ao Parlamento de Navarra.

Por discrepancias coa liña política seguida e a organización interna, produciuse a escisión de Aralar. O partido Batzarre, que preexistía á coalición e que non é independentista, participou da coalición electoral Euskal Herritarrok, coalición que abandonou trala ruptura da tregua de ETA, ao non haber condena algunha por parte de Euskal Herritarrok.

Máis adiante, diversas correntes da esquerda abertzale entraron nun proceso de discusión e refundación de onde xurdiu Batasuna, partido político que foi declarado ilegal en España no ano 2002, permanecendo legal en Francia.

O proxecto no que se apoiaba Euskal Herritarrok era o da creación dun Estado independente para as sete provincias vascas de Euskal Herria, catro das cales están baixo administración española e tres baixo administración francesa. Para isto a esquerda abertzale defende o dereito de autodeterminación. A aplicación do mesmo consistiría na celebración dun referendo sobre o status que debería ter o País Vasco nas sete provincias. A esquerda abertzale herda un ideario socialista. Se ben a forma en que ese socialismo sería definido é difícil, acuñaron o termo de "socialismo identitario" como unha forma de socialismo adaptado á situación do País Vasco. Respecto ao emprego da violencia, a esquerda abertzale entende que esta é produto dun conflito político, e polo tanto considera a condena como unha ferramenta fútil e avoga pola superación do conflito mediante o recoñecemento da territorialidade vasca e o exercicio do dereito de autodeterminación.

Federación

Unha federación (do latín fœdus, "pacto") é un estado conformado pola reunión de varias entidades territoriais. Tamén adoita denominarse estado federal, xeralmente ten un sistema político republicano, constituíndo unha república federal, e excepcionalmente monárquico.

As federacións están compostas por divisións territoriais que se autogobernan, denominadas xeralmente estados, cantóns, rexións, provincias ou mesmo doutro modo. Estas divisións gozan dun maior ou menor grao de autonomía pero , en calquera caso, teñen facultades de goberno ou lexislación sobre determinadas materias, distintas das que corresponden á administración federal (goberno da federación). O status de autogoberno das rexións que o compoñen está establecido pola súa constitución e, normalmente, non pode alterarse unilateralmente por decisión do goberno da federación.

O modelo federal pode chegar incluso ao dereito de autodeterminación dos territorios federados, como ocorreu durante o desmembramento da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. O termo contraponse ao de estado unitario ou centralizado.

As federacións poden ser multiétnicas ou estenderse por amplos territorios, aínda que non necesariamente ten por que darse algunha destas situacións. Con frecuencia as federacións constitúense sobre un acordo orixinal entre estados soberanos. Os estados que forman a federación non acostuman ter dereito a separarse unilateralmente da mesma. Entre as federacións máis significativas contemporáneas están os EUA, México, Arxentina, o Brasil, a India, Rusia, Alemaña ou Venezuela.

A organización política ou estrutura constitucional que caracteriza unha federación coñécese como federalismo.

Himno nacional

Un himno nacional (do lat. hymnu) é unha música ou canción patriótica recoñecida polo goberno dun país como a música ou canción oficial daquela nación. Durante os séculos XIX e XX, co medre dos nacionalismos, a maioría dos países independentes adoptaron un himno nacional oficial. No caso das nacións sen estado o himno adoita ser elaborado ou recollido polos movementos de reivindicación e liberación nacional, e normalmente acaban por ser total ou parcialmente recoñecidos polo estado que ostenta a soberanía, incluso sen que a separación ou independencia se produza.

Así cancións como o Himno de Galicia, o Himno de Cataluña, ou o Himno de Euskadi, representan respeitivamente as identidades do pobos galego, catalán e éuscaro, son os seus himnos nacionais, aínda cando estes só teñen recoñecida unha autonomía e non o dereito de autodeterminación.

Un exemplo moi ilustrativo de todo o dito áchase precisamente no himno galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga; foi historicamente defendido polo nacionalismo galego, e posteriormente, coa caída do franquismo adoptado (só unha parte) como himno da nacionalidade histórica como figura no estatuto de autonomía. O nacionalismo, porén, mantén viva a versión completa do mesmo e a súa reivindicación.

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

Independentismo galego

O independentismo galego é un movemento político artellado arredor de varios sectores e partidos políticos, que avoga pola independencia política de Galicia respecto do Estado español, e a súa conversión nun estado plenamente libre e soberano.

Iniciativa Internacionalista

Iniciativa Internacionalista - A Solidariedade entre os Pobos, ou simplemente Iniciativa Internacionalista (II) foi unha das candidaturas que se presentaron ás eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 en España. O eixo do seu discurso era a defensa do dereito de autodeterminación e dun modelo económico socialista. A lista estivo encabezada polo dramaturgo Alfonso Sastre, próximo á esquerda abertzale, e outros membros da mesma foron a avogada Doris Benegas (Izquierda Castellana), o escritor e político Xosé Luís Méndez Ferrín (Fronte Popular Galega) e a dirixente de Corriente Roja Ángeles Maestro.

Liga Céltica

A Liga Céltica é unha organización non gobernamental que promove o dereito de autodeterminación e a identidade e cultura celta en Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña, Cornualles e a Illa de Man, as coñecidas como nacións celtas. Tamén fai bastante fincapé na promoción das linguas célticas propias. Está recoñecida polas Nacións Unidas como unha organización non gobernamental con "status consultivo" e é parte do "Consello económico e social".

Nacionalismo galego

O nacionalismo galego é unha corrente política que reivindica o recoñecemento de Galiza como nación e do dereito de autodeterminación para o pobo galego. Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego definiuno así:

É tamén un movemento social, coas súas dimensións culturais e políticas. Os historiadores recoñecen ó longo dos séculos, desde a prehistoria ata a nosa época, a formación dun pobo galego e da súa peculiar unidade. A corrente política á que se refire o nacionalismo galego nace a finais do século XIX con movementos culturais que logo foron ós poucos dando o paso a partidos políticos.

Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos.

Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.En 2011, debido às disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra

O Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra (PSE-EE) é a federación no País Vasco (España) do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE).

A utilización da denominación PSE é unha forma de resaltar que a federación vasca do PSOE non é unha mera sucursal do partido estatal, e adopta na súa denominación o termo Euskadi, acuñado polo nacionalismo vasco e alleo á tradición do partido ata a guerra civil de 1936. Aínda así foi o socialista Santiago Aznar quen propuxo como unha das primeiras medidas do primeiro Goberno Vasco a adopción da Ikurriña como insignia. Foi Ramón Rubial, en 1945, quen vetou a Santiago Aznar a creación, clandestinamente, no interior, dunha agrupación socialista vasca sen dependencias doutras instancias.

Existen movementos socialistas no País Vasco desde 1886, e varias zonas industriais e mineiras foron feudos do PSOE desde comezos do século XX, pero a denominación de PSE non xurdiría como tal ata os anos 70.

Nas primeiras eleccións autonómicas logo da aprobación do estatuto de 1979, no seu programa de 1980, o PSE defendía a transferencia da Seguridade Social ao Goberno Vasco, a creación dun banco público vasco, a xestión de portos e aeroportos ou o dereito de autodeterminación (tal e como se puido ver en numerosas manifestacións da época, onde era habitual ver a personaxes como "Txiki" Benegas ou Enrique Mugica)

Ata 1982 incluía non só ás Agrupacións Provinciais de Biscaia, Guipúscoa e Áraba, senón tamén á Agrupación Socialista de Navarra que en xuño de 1982 separouse para conformar o Partido Socialista de Navarra, PSN-PSOE. Así, Carlos Solchaga, por exemplo, nacido en Tudela, foi membro do organo pre autonómico vasco, o Consello Xeral Vasco, que presidiu o seu compañeiro Ramón Rubial.

A pesar de que a denominación habitual dos militantes do PSE é a de socialistas vascos, non hai que confundir ao PSE co Partido Socialista Vasco, un pequeno partido integrante da esquerda abertzale, de finais dos anos 70 e principios dos 80. Tampouco confundir co PSE, Partido Socialista Europeo.

En 1986 e debido ao surgimiento de Eusko Alkartasuna obtivo a primacía nas eleccións lexislativas vascas. Aínda que os resultados posibilitaban o establecemento dun tripartito de esquerdas: PSE - EA e EE, o PSE pacto co PNV. Jose Antonio Ardanza, líder da segunda forza, converteuse en Lehendakari grazas aos votos do PSE, abrindo unha etapa de colaboración que chegaría ata 1998, cando a mediados de devandito ano o PSE decidiu saírse do entón goberno de coalición PNV - EA - PSE.

En 1993, o PSE fusiónase con Euskadiko Ezkerra, partido procedente da integración na vida política de ETA (pm), e dá lugar a un novo partido denominado Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), que se federa á súa vez ao PSOE.

A fusión PSE-EE pretendía crear un novo partido socialista vasco que aglutinase nunha única formación política a xentes provenientes de tradicións nacionalistas e obreiras, superando as súas diferenzas e quedando unidas por un ideario autonomista, vasquista e socialdemócrata. O modelo que se quería recrear era o do Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), o dun partido socialista vasco no que tamén tanto nacionalistas vascos como nacionalistas españois puidésense sentir identificados.

Con todo, a escisión interna de Euskadiko Ezkerra (Euskal Ezkerra se coaligo con Eusko Alkartasuna e numerosos cadros integráronse en EAJ/PNV) previa á fusión e a posterior evolución do PSE-EE mostraron que en liñas xerais, sen negar a achega de EE ao PSE, a fusión de ambos os partidos foi na práctica unha absorción de EE por parte do PSE. As voces críticas á fusión falan de que máis dunha década despois dentro do PSE-EE non queda de EE máis que as siglas e algún que outro antigo militante.

Desde o 23 de marzo de 2002, o seu secretario xeral é Patxi López.

Pobos illados

Os pobos illados, tamén chamados pobos non contactados ou tribos perdidas, son comunidades que viven, ou viviron, ora pola súa propia elección (pobos que viven nun illamento voluntario) ou por outras circunstancias, sen ter contacto coa civilización global. Poucos pobos permaneceron totalmente illados da civilización global. Os activistas dos dereitos indíxenas loitan porque estes grupos sexan deixados sós, alegando que no caso contrario iso interferiría no seu dereito de autodeterminación.No 2013, estimouse a existencia de máis de 100 tribos non contactadas en todo o mundo, a maioría nas densas áreas selváticas de América do Sur, África central e Nova Guinea. O coñecemento da existencia destes grupos provén do infrecuente e ás veces violento encontro con outras tribos veciñas, así como de fotografía aérea. As tribos illadas poden non ter inmunidade para infeccións e doenzas comúns, que poden matar unha gran porcentaxe do seu pobo despois do contacto.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.