Dereito

O Dereito é a orde normativa[2] e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica[3], baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.

A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.

A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional, etc.).

Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independientemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).

O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente, etc.).[4][5][6][7][8][9]

JMR-Memphis1
A representación da deusa Iustitia (literalmente Xustiza en latín) a mostra equipada con tres símbolos do Dereito: a espada simboliza o poder coercitivo do Estado; a balanza simboliza o equilibrio entre os dereitos dos litixantes; e a venda sobre os ollos representa a imparcialidade.[1]
US Department of Justice Scales Of Justice

Orixe

É de natureza controversia, sobre o tema os autores orientáronse a varias posturas, entre elas as de maior aceptación acostuman ser as seguintes:

  • O Dereito nace como unha relación de forza entre persoas desiguais, sexa material ou psiquicamente.
  • O Dereito nace como reparación a unha ofensa física ou moral que unha persoa infrinxe a outra.
  • O Dereito nace para regular a indemnización debida polo incumprimento dunha palabra dada. En xeral para regular os negocios xurídicos entre as persoas.
  • O dereito nace da necesidade de regular as relacións que xorden entre os diferentes suxeitos de dereito. Á medida que as relacións interpersoais se tornan mais complexas, o dereito vaino receptando.

Fontes

Santiago 060305 080
Facultade de dereito da USC

Son a "alma" do Dereito, son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin.

O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:

Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:

  • Os tratados
  • O costume internacional
  • Os Principios xerais do dereito
  • As opinións da doutrina
  • Resérvase, a pedido de parte, a posibilidade de fallar "ex aequo et bono" (segundo o bo e o equitativo).

Contido

Tradicionalmente, o Dereito dividiuse nas categorías de Dereito público e de Dereito privado. Porén, esta división foi amplamente criticada e na actualidade non ten tanta forza, ante a aparición de parcelas do Ordenamento xurídico nas que as diferenzas entre o público e o privado non son tan evidentes. Un dos expoñentes desta situación é o Dereito laboral, no que a relación privada entre traballador e empregador áchase fortemente intervida por unha normativa pública.

Algunhas ramas xurídicas son as seguintes:

Notas

  1. Luban, David (2001). "Law´s Blindfold". En Davis, Michael; Stark, Andrew. Conflict of interest in the professions (en inglés). Oxford University Press. p. 23. ISBN 0-19-512863-X.
  2. García Máynez, Eduardo. "El Derecho como orden normativo concreto" (PDF). Justitia.com (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2017.
  3. Castillo González, Rolando (1962). La seguridad jurídica y la esencia del Derecho (en español). Santiago de Chile: Universitaria. Consultado o 29 de outubro de 2017.
  4. Ochoa G., Oscar G. (2006). "Personas. Derecho Civil I" (en castelán). Caracas: Publicaciones Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 980-244-225-9. Consultado o 29 de outubro de 2017.
  5. Williams Benavente, Jaime (2003). Lecciones de Introducción al Derecho (en castelán) (4ª ed.). Santiago de Chile: Fundación de Ciencias Humanas. ISBN 956-7098-06-9.
  6. Cedillo Corrochano, Carmen. "Cuando el Derecho nos confunde". Desde mi mundo (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  7. "Derecho". Enciclopedia Jurídica (en castelán) (2014 ed.). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  8. Sánchez Crespo, María José. "Capítulo 11: El derecho objetivo y el derecho subjetivo". Nociones de derecho (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017.
  9. Ortúzar Fuenzalida, Sebastián Enrique. "Introducción al Derecho civil". Apuntes de derecho (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Lex.gal Base de datos das leis de Galicia dende 1981.
Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Avogado

Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

Ben de Interese Cultural

A declaración legal denominada Ben de Interese Cultural (BIC) é unha figura de protección dos bens culturais en España, establecida na Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

Cardeal

Os cardeais da Igrexa Católica, segundo o Código de Dereito Canónico, "constitúen un Colexio peculiar, ao que compete prover a elección do Romano Pontífice, segundo a norma do dereito peculiar; así mesmo, os Cardeais asisten ao Romano Pontífice tanto colexialmente, cando son convocados para tratar xuntos cuestións de máis importancia, como persoalmente, mediante os distintos oficios que desempeñan, axudando ao Papa sobre todo no seu goberno cotiá da Igrexa universal."

Constitución

A constitución é a norma fundamental, básica, dun Estado, escrita ou non, que regula o réxime de dereitos e liberdades fundamentais dos cidadáns, e os poderes (a forma de partición dos poderes, en xeral en tres: Executivo, Lexislativo e Xudicial) e institucións da organización política. Considérase a Constitución a lei básica, ou "lei de leis" pois ningunha das disposicións normativas que rexen no Estado poden contradicir os principios expresados na Constitución. É o que se denomina principio de xerarquía normativa. Isto obriga non só a realizar un xuízo previo de constitucionalidade no proceso de redacción das novas normas, senón tamén unha adaptación do ordenamento pre-constitucional á nova realidade xurídica nacida da constitución. Antes da evolución de les constitucións nacionais modernas, o termo facía referencia a calquera lei importante que determinaba o funcionamento dun goberno.As constitucións utilízanse en moitas organizacións, ora en organizacións supranacionais, en estados e nas divisións administrativas constituíntes, ora en partidos políticos, sindicatos e as organizacións non gobernamentais. As ordes relixiosas réxense tamén per constitucións aprobadas pola Santa Sé.

A constitución da India é a constitución escrita máis longa de calquera país soberano do mundo, contendo 444 artigos, 12 capítulos e 94 emendas, con 117.369 se temos como referencia a súa versión en lingua inglesa, mentres que a Constitución dos Estados Unidos é a constitución máis curta, con só 7 artigos e 27 emendas. Neste senso, a Constitución española ten 169 artigos repartidos en 10 títulos. A constitución escrita máis antiga e aínda vixente é a de San Marino que data de 1600, baseada no statuti comunali de 1300.

Corazón

O corazón é un órgano muscular dos humanos e outros animais, que bombea o sangue a través dos vasos sanguíneos do sistema circulatorio. O sangue fornece o corpo de osíxeno e nutrientes, e tamén axuda á eliminación de residuos metabólicos. En humanos, o corazón atópase entre os pulmóns, no mediastino medio da cavidade torácica.Nos seres humanos, outros mamíferos e aves, o corazón está dividido en catro cámaras: aurículas superiores esquerda e dereita; e ventrículos esquerdo e dereito. A aurícula e o ventrículo dereito adoitan ser designados en conxunto como corazón dereito e as súas contrapartes como corazón esquerdo. Os peixes, en contraste, teñen dúas cámaras, unha aurícula e un ventrículo, mentres que os réptiles posúen tres cámaras. Nun corazón saudable o sangue flúe nun só sentido a través do corazón debido ás válvulas cardíacas, que impiden o refluxo. O corazón está pechado nunha protección sacular, o pericardio, que tamén contén unha pequena cantidade de fluído. A parede do corazón está composta de tres capas: epicardio, miocardio e endocardio.O corazón bombea o sangue cun ritmo determinado por un grupo de células marcapaso no nó sinoauricular. Estas xeran unha corrente que provoca contracción do corazón, viaxando a través do nó auriculoventricular e ao longo do sistema de condución cardíaco. O corazón recibe sangue con baixa concentración de osíxeno desde o aparato circulatorio, que entra na aurícula dereita polas veas cavas superior e inferior e pasa ao ventrículo dereito. A partir de aquí, é bombeado cara á circulación pulmonar, a través dos pulmóns, onde recibe o osíxeno e libera o dióxido de carbono. O sangue osixenado despois volve á aurícula esquerda, pasa a través do ventrículo esquerdo e é bombeado para fóra a través da aorta ao sistema circulatorio, onde o osíxeno é utilizado e metabolizado a dióxido de carbono. O corazón bate cunha frecuencia cardíaca de repouso de preto de 72 latexos por minuto. O exercicio físico aumenta temporalmente a frecuencia, pero diminúe a frecuencia cardíaca de repouso a longo prazo e é bo para a saúde do corazón.As doenzas cardiovasculares (DCV) son a causa máis común de morte en todo o mundo dende 2008, correspondendo a un 30% de mortes. Destas, máis de tres cuartos son resultado da doenza arterial coronaria e ataque cerebrovascular. Os factores de risco inclúen: tabaquismo, sobrepeso, pouco exercicio físico, colesterol alto, hipertensión arterial e diabetes mal controlados, entre outros. As doenzas cardiovasculares a miúdo non presentan síntomas ou poden causar dor no peito ou dificultade para respirar. O diagnóstico da doenza cardíaca faise moitas veces tendo en conta a historia clínica, escoitando os sons do corazón cun estetoscopio, ECG e ultrasóns. Os especialistas en doenzas do corazón chámanse cardiólogos, aínda que moitas outras especialidades da medicina poidan estar implicadas no tratamento.

Creative Commons

Creative Commons (bens "Comúns Creativos") é unha Organización Non-Gobernamental (ONG), sen fins de lucro, que foi fundada e presidida orixinalmente por Laurence Lessing, profesor de dereito na Universidade Stanford e especialista en ciberdereitos. O director xeral é o empresario xaponés Joichi Ito, que aventurou que "Creative Commons converterase nunha organización de estándares dos dereitos de autor" .

De facto

De facto é unha locución latina que significa "de feito" e que se utiliza sobre todo por cuestións legais para referirse a aquelas materias ou situacións que aínda que non están no dereito ou na lei están admitidas na práctica. Contrasta coa locución de iure, que se utiliza cando si está oficializada pola lei ou o dereito.

Democracia

A democracia (do grego demos, "pobo", e kratos, "goberno", é dicir, "goberno do pobo") é un réxime político no que a soberanía reside no pobo e é exercida por este de maneira directa ou indirecta.

Máis concretamente, a democracia é unha forma de goberno na que, en teoría, o poder para cambiar as leis e as estruturas de goberno, así como o poder de tomar todas as decisións de goberno reside na cidadanía. Nun sistema así, as decisións tanto lexislativas coma executivas son tomadas polos propios cidadáns (democracia directa) ou por representantes escollidos mediante eleccións libres, que actúan representando os intereses dos cidadáns (democracia representativa).

Na práctica, na historia inicial da democracia primou o compoñente directo, pero na actualidade todos os sistemas democráticos do mundo son principalmente de tipo representativo.

Esta definición xeral ten algúns matices. Non todos os habitantes dun determinado municipio, rexión ou estado democráticos participan na política, senón só aqueles que ostentan de pleno dereito a condición de cidadáns, e dentro destes, só aqueles que elixen participar, xeralmente mediante o voto nunhas eleccións ou calquera outro proceso electoral coma o referendo.

Dereitos humanos

Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que, de acordo con diversas filosofías ou fundamentacións, toda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana a garantía dunha vida digna; independentemente de cal sexa o Dereito positivo vixente e de factores particulares como o seu status, etnia ou nacionalidade. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que permiten crear unha relación integrada entre a persoa e a sociedade, que permita aos individuos ser persoas, identificándose consigo mesmos e cos outros .

Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, irrevogables e inalienables, o que implica que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo. Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e igualitario, e incompatible cos sistemas baseados na superioridade dunha casta, raza, pobo, grupo ou clase social determinado .

Non obstante, toda decisión sobre que dereitos son humanos implica asumir unha posición respecto a que é Dereito e, implícita ou explicitamente, sobre qué é o humano. Moitas violacións ou limitacións de dereitos humanos derívanse de concepcións restritivas e excluíntes da Humanidade.

Os dereitos humanos, normalmente, divídense en dúas categorías: dereitos positivos e dereitos negativos. Os dereitos negativos poden ser expresados como un dereito positivo, pero non á viceversa. Por exemplo, o dereito dun bebé a ter pais e que o coiden, asumindo que é un dereito humano, só pode ser expresado positivamente. Outra clasificación amplamente estendida é a que ordena os dereitos humanos en tres ou máis xeracións.

Legalmente, os dereitos humanos defínense no Dereito interno de numerosos Estados e nos tratados internacionais. Para moitos, ademais, a doutrina dos dereitos humanos esténdese máis aló do Dereito e conforma unha base ética e moral que debe fundamentar a regulación da orde xeopolítica contemporánea. Pero a validez, contido e incluso a existencia dos dereitos humanos son obxecto dun permanente debate no ámbito da filosofía e as ciencias políticas. Segundo que tipo de concepción se teña sobre o Dereito, como iusnaturalista, iusracionalista, iuspositivista, vinculada ao realismo xurídico ou ao dualismo xurídico, entre outros, a categoría conceptual de dereitos humanos pode considerarse divina, observable na natureza, accesible a través da razón, determinada polos contextos nas moitas maneiras que é posible entender a Historia, unha síntese de ideas de estas ou outras posicións ideolóxicas e filosóficas ou un mero concepto inexistente e sen validez.

Fronteira

Unha fronteira define o límite xeográfico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou países.

Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "marcas" (así a "Marca Hispánica" de Carlomagno). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de Arabia Saudita con Kuwait e Iraq (aínda que xa non existen tales zonas).

A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou mercadorías, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para cruzar as fronteiras son entón necesarios pasaportes e visados, ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de inmigración ou permisos que autoricen tal estadía.

Fígado

O fígado é un órgano vital presente nos vertebrados e nalgúns outros animais, no ser humano constitúe a maior glándula do corpo humano. Localízase no canto dereito superior do abdome, baixo o diafragma, e o seu peso aproximado é de case 1,5 kg no home adulto e un pouco menos na muller; en cativos é proporcionalmente maior, pois constitúe 1/20 do peso total dun recentemente nacido. Na primeira infancia é un órgano tan grande que pode ser sentido abaixo da marxe inferior das costelas, no lado dereito. Funciona como glándula exócrina, isto é, libera secrecións en sistema de canais que se abren nunha superficie externa ou interna. Actúa tamén como glándula endócrina, unha vez que tamén libera substancias no sangue ou nos vasos linfáticos.

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Poder lexislativo

O poder lexislativo é un dos tres poderes do Estado moderno. A súa función específica é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).

Montesquieu propuxo no seu soado libro O Espírito das Leis, que era necesario que as funcións do Estado se dividisen entre distintos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), para que mediante diversos mecanismos o poder controle o poder, a fin de evitar a tiranía.

Moitas constitucións modernas, seguindo o modelo que establece o Artigo Primeiro da Constitución dos Estados Unidos, establecen un poder lexislativo bicameral (isto é: composto de dous cámaras, por exemplo o senado e o congreso do deputados. En moitos outros países, ao contrario, hai un sistema unicameral.

Soberanía

Enténdese como soberanía ao exercicio da autoridade que, na maioría de sistemas políticos da actualidade, reside no pobo e é exercida a través dos poderes públicos de acordo coa súa propia vontade e sen a influencia de elementos estraños.

Tamén a palabra "soberanía" se conceptualiza como o dereito dunha institución política de exercer o seu poder. Tradicionalmente considerouse que son tres os elementos da soberanía: Territorio, pobo e poder.

No Dereito internacional, a soberanía é un concepto clave, referido ao dereito dun estado para exercer os seus poderes.

Xurista

Xurista (do latín iurista) define a unha persoa que estuda a lei e exercer unha profesión xurídica. Se ben o termo, en sentido amplo, abrangue a calquera profesión do ámbito xurídico, en España e outros países europeos resérvase como distinción para quen acadaron un status relevante no seu ámbito.

Campos de estudo das ciencias
Ciencias naturais
Ciencias sociais
Ciencias aplicadas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.