Dereita política

A dereita política é un concepto que se refire ao segmento do espectro político asociado a posicións conservadoras, relixiosas ou ben simplemente opostas á esquerda política. Engloba xa que logo a correntes ideolóxicas moi diversas cuxa separación pode ser tallante, dependendo de que consideren prioritaria a defensa da liberdade individual (liberalismo), a defensa da patria (nacionalismo, patriotismo) ou de que ante todo busquen o mantemento da orde social establecido (tradicionalismo, conservadorismo). En oposición á esquerda política, o sector máis liberal salienta o libre mercado por encima do intervencionismo das administracións públicas e busca potenciar valores e dereitos individuais, fronte a posicións colectivistas ou estatistas, mentres que o sector máis conservador é partidario do encadramento colectivo en estruturas ríxidamente xerarquizadas e disciplinadas.

A dereita máis moderada adóitase cualificar como centro-dereita, mentres que a dereita máis extremista cualifícase como ultradereita ou extrema dereita.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Adsav

Adsav (Rexurdimento en lingua bretoa) é un partido independentista bretón activo na Bretaña, que non se define a si mesmo como de esquerdas ou dereitas, aínda que a súa orixe está na dereita política. Creado logo dunha escisión dentro do Partido pola Organización dunha Bretaña Libre afirma ter 700 membros, máis isto último é considerado unha esaxeración por outras forzas políticas.

Alfonso Osorio García

Alfonso Osorio García nado en Santander o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 2018, foi un militar e político español. Durante a ditadura franquista ostentou varios cargos e despois, na transición, formou parte de diversas organizacións da dereita política, contribuíndo á formación de Alianza Popular. Sobre el, houbo unha orde de captura internacional, acusado de participar no masacre de 3 de marzo en Vitoria en 1976.

Ayn Rand

Ayn Rand, pseudónimo de Alissa Zinovievna Rosenbaum, nada nunha familia xudía en San Petersburgo o 2 de febreiro de 1905 e morta en Nova York o 6 de marzo de 1982, foi unha escritora estadounidense de orixe rusa.

Carlos Taboada Tundidor

Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense en 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego, irmán de Antonio Taboada Tundidor.

Esquerda e dereita (política)

O termo esquerda e dereita, en se tratando do espectro político, é un sistema de clasificación do pensamento político, so unha análise linear, que identifica dúas posicións antagónicas, de esquerda e de dereita, e unha terceira, de centro, que representaría unha posición moderada que aderezaría ámbalas ideas en oposición.Este sistema recoñece que cada un dos extremos reúne características propias. O pensamento de esquerda ten como principal fundamento a igualdade material entre as persoas, ou sexa, tódolos individuos deberían posuír as mesmas cousas e nas mesmas cantidades, sendo isto a manifestación da xustiza e a eliminación das loitas de clases. Por outro lado, a dereita visa garantir a plena liberdade do individuo, pois recoñece que a igualdade material é imposíbel de se alcanzar, pois cada un toma decisións persoalísimas, sobre o que ter e o que facer, e as desigualdades son froito do esforzo individual. Neste caso, o progreso e a melloría de vida serían alcanzados de modo colectivo por medio da suma de todos os esforzos individuais, no existiría a loita de clases mais a colaboración de sociedade.

Esquerda política

Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.

Golpe de Estado de Kornilov

O golpe de Estado de Kornilov foi un errado intento de golpe de Estado contrarrevolucionario levado a cabo polo comandante en xefe do Exército ruso, o xeneral Lavr Kornilov, en setembro de 1917. O Goberno Provisional Ruso e os soviets recibiron o apoio maioritario da poboación e fixeron que o golpe fracasara aos poucos días do alzamento militar.Tralo fracaso da Ofensiva de Kerenskii en xullo, o novo primeiro ministro, Aleksandr Kerenskii, nomeou ao xeneral Lavr Kornilov novo comandante en xefe do Exército ruso; desde o comezo xurdiron roces entre ambos polos desexos do xeneral de aplicar unha serie de reformas conservadoras e opostas aos consellos, que na súa opinión, debían servir para mellorar a situación militar. Pronto Kornilov converteuse no candidato das dispersas organizacións conservadoras e dos representantes da Entente para encabezar un novo goberno.

A mediados de agosto, Kornilov presentou un plan de reforma que equivalía á implantación dunha ditadura militar e que Kerenskii rexeitou, a pesar do apoio do viceministro de Defensa, o socialrrevolucionario Boris Savinkov. Kornilov prefería aplicar as súas medidas coa colaboración do Goberno, pero preparouse para facelo incluso na súa contra; Kerenskii, pola súa banda, desexaba tratar con el desde unha postura reforzada pola Conferencia Estatal de Moscova, pero fracasou pola crecente polarización política.

A finais de agosto e comezos de setembro parecía que Kerenskii e Kornilov chegarían a un acordo para aplicar as reformas políticas e militares, pero a confusa intervención do antigo procurador de Sínodo Sagrado, Vladimir Lvov, confundiu a ambos: Kornilov creu que Kerenskii aceptara plenamente os seus plans e este que Kornilov presentáballe un ultimato e pretendía apartalo do poder. Forzou entón a rebelión aberta do xeneral ao destituílo e a marcha da capital resultou un fracaso, desbaratada pola resistencia non tanto do impotente goberno coma dos consellos e, especialmente, dos bolxeviques, que se recuperaron politicamente do revés sufrido nas Xornadas de Xullo.

O errado golpe acrecentou o desprestixio e a debilidade de Kerenskii, desacreditou á dereita e acelerou os preparativos bolxeviques para tomar o poder.

Guerras sexuais feministas

As guerras sexuais feministas, tamén coñecidas como guerras sexuais ou guerras porno(s), son termos usados para referirse ó conxunto de debates entre as feministas, respecto a varias cuestións amplamente relacionadas coa sexualidade e a actividade sexual. As distintas opinións sobre sexualidade polarizaron o movemento feminista, particularmente os liderados, ó final da década de 1970 e inicio da década de 1980; e continúan a influenciar o debate entre as feministas até o presente. Os lados foron caracterizados polos grupos, feminismo antipornografia e feminismo sexo-positivo, con diverxencias en relación á sexualidade, incluíndo a pornografia, o erotismo, a prostitución, as prácticas sexuais lésbicas, o papel das mulleres trans na comunidades lésbicas, o sadomasoquismo e outras cuestións sexuais. O movemento feminista foi profundamente dividido como resultado deses debates.

Hugo Chávez

Hugo Rafael Chávez Frías, nado en Sabaneta, Barinas, o 28 de xullo de 1954 e finado en Caracas o 5 de marzo de 2013, foi un militar e político venezolano, 53º Presidente de Venezuela dende o 2 de febreiro de 1999.

José Novo Rodríguez (político)

José Novo Rodríguez, nado en Betanzos en 1893 e finado na mesma cidade o 29 de xullo de 1936 foi un xastre e político republicano de Galicia, vítima da represión na zona franquista durante a Guerra Civil.

Julio Prada Rodríguez

Julio Prada Rodríguez, nado en Ourense en 1966, é un historiador galego.

Leo Bassi

Leo Bassi, nado en Nova York en 1952, é un actor e cómico italiano.

Nelson Mandela

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918 e falecido en Xohanesburgo o 5 de decembro de 2013, foi un activista, líder político e filántropo surafricano, presidente do país dende 1994 ata 1999. Foi o primeiro xefe de estado de raza negra do país e o primeiro elixido nunha elección democrática completamente representativa. O seu goberno centrouse na disolución do apartheid procurando combater o racismo institucionalizado e fomentar a reconciliación racial. De ideoloxía nacionalista africana e socialista, presidiu o Congreso Nacional Africano (CNA) dende 1991 ata 1997.

Mandela naceu no seo da familia real tembu do pobo xosa. Estudou dereito na Universidade de Fort Hare e na Universidade de Witwatersrand antes de traballar como avogado en Xohanesburgo. Alí comezou a involucrarse na política nacionalista africana e anticolonialista, uníndose ó CNA en 1943 e cofundando a súa Liga Xuvenil en 1944. O CNA encomendouse á disolución do apartheid, o sistema de segregación racial establecido polo goberno de raza branca minoritaria dominante do Partido Nacional. Mandela foi nomeado presidente da rama de Transvaal do CNA, acadando notoriedade coa súa participación na Campaña de Desafío de 1952 e no Congreso do Pobo de 1955. Foi arrestado en varias ocasións por sedición e xulgado no chamado Xuízo por Traizón de 1956, quedando en liberdade. Influenciado polo marxismo, uniuse en segredo ó Partido Comunista Surafricano (PCS). Malia que inicialmente comprometeuse coa protesta pacífica, cofundou a organización armada Umkhonto we Sizwe en 1961 xunto con outros membros do PCS e liderou unha campaña de sabotaxe contra o goberno. En 1962 foi arrestado por conspirar para derrocar o estado e sentenciado a cadea perpetua no Xuízo de Rivonia.

Pasou os seguintes 27 anos en prisión, primeiro na illa Robben e posteriormente na prisión Pollsmoor e na prisión Victor Verster. Tras unha crecente presión doméstica e internacional e temendo unha guerra civil racial, o presidente F. W. de Klerk liberouno en 1990. Mandela e de Klerk negociaron a fin do apartheid e organizaron as eleccións xerais multirraciais de 1994 nas que Mandela liderou ó CNA para obter a maioría converténdose no presidente do país. Liderando un goberno de coalición que promulgou unha nova constitución, Mandela centrouse na reconciliación entre os grupos raciais do país e creou a Comisión para a Verdade e a Reconciliación para investigar abusos dos dereitos humanos no pasado. Economicamente, a súa administración mantivo o marco liberalista do seu predecesor malia as súas propias crenzas socialistas, introducindo tamén medidas para promover reformas territoriais, combater a pobreza e mellorar a sanidade. No marco internacional actuou como mediador no xuízo do bombardeo do voo 103 de Pan Am e actuou como secretario xeral do Movemento de Países Non Aliñados dende 1998 ata 1999. Rexeitou presentarse de novo ás eleccións do seu país e foi sucedido polo seu adxunto Thabo Mbeki. Mandela converteuse nun home de estado e centrouse en combater a pobreza e a SIDA por medio da súa fundación ata a súa morte no ano 2013 por mor dunha infección respiratoria.

Mandela foi unha figura controvertida durante gran parte da súa vida. Mentres que os críticos da dereita política denunciárono por terrorista comunista, a esquerda radical considerouno demasiado aberto a negociar unha reconciliación cos simpatizantes do apartheid. Porén, acadou a aclamación internacional polo seu activismo e está considerado unha icona da democracia e da xustiza social. Recibiu máis de 250 distincións, incluíndo o premio Nobel da Paz, e pasou a ser unha personalidade de culto. Obtivo un profundo respecto no seu país, onde adoita ser chamado polo seu nome de clan xosa Madiba, sendo descrito en ocasións como o "Pai da Nación".

Oi!

"Oi!" é o nome dado a un subxénero da música punk que busca aliñar o punk coa clase obreira. Comezou a finais de 1977, fusionando os estilos das primeiras bandas punk como The Clash e os Ramones, cos de bandas de rock británicas como os Rolling Stones e The Who, promovendo a unidade entre punks e skinheads. Orixinalmente, o estilo chamouse "streetpunk" ou "reality-punk"; non foi ata comezos dos anos 80 cando o xornalista musical Garry Bushell denominou o movemento como "Oi!", supostamente derivado da canción dos Cockney Rejects "Oi! Oi! Oi!".

As bandas de Oi! orixinais inclúen a Cock Sparrer, Cockney Rejects, Angelic Upstarts, Slaughter and the Dogs, Skrewdriver, The Lurkers, Anti-Nowhere League e Sham 69. Foron seguidos por The Business, The Last Resort, The Burial, The 4-Skins, Combat 84, Infa-Riot, The Blood, Anti-Heros, e outras.

Como bastantes skinheads foron recrutados por organizacións racistas como o Fronte Nacional, algunhas historias de música rock tachan todo o Oi! como racista. Porén, ningunha das bandas de streetpunk orixinais eran particularmente racistas, e algunhas, coma os Angelic Upstarts, sempre foron asociadas coa esquerda e participaron en campañas anti-racismo. Unha posible excepción é Skrewdriver. O primeiro material da banda é considerado habitualmente como Oi! clásico, pero a mediados dos 80 Skrewdriver dirixía unha pequena escena de rock neo-Nazi. Alén do cantante principal Ian Stuart Donaldson, a banda seguía unha liña diferente a de finais dos 70, pero a súa música era recoñecible como Oi!, aínda que eles querían afastarse do punk en xeral, preferindo o termo "R.A.C." ("Rock Against Communism" ("Rock Contra Comunismo") — como reacción ó Rock Against Racism ("Rock Contra o Racismo")). Os membros orixinais de Skrewdriver manifestaron que non querían ser asociados coa versión da banda de Donaldson.

O Oi! tamén está asociado coa dereita política, despois dos eventos do 4 de xullo de 1981 no Hamborough Tavern en Southall, Londres, cando un concerto das bandas The Business, The Last Resort e 4-Skins acabou en disturbios violentos entre a audiencia branca predominante e os asiáticos locais. A pesar diso, paga a pena mencionar que após os sucesos varias bandas Oi! non foron lentas á hora de condenaren o racismo en tódalas súas formas, ademais de negaren calquera tipo de asociación co fascismo.

Desafortunadamente estas negacións foron vistas con cinismo por algúns logo do lanzamento dun álbum recompilatorio titulado Strength Thru Oi, sobre o mesmo tempo máis ou menos. Non só o seu título era un xogo de palabras co eslogan nazi (Strength Through Joy), senón que na portada aparecía Nicky Crane, un activista nazi condenado a catro anos de prisión por violencia e racismo. Gary Bushell, responsable de compilar el álbum, dixo porén que o título procedía do disco de The Skids Strength Through Joy. Tamén negou coñecer a identidade do skinhead da frontal do álbum ata que dous meses despois apareceu no Daily Mail. Bushell, socialista por aquel entón, notou despois a ironía de ser chamado activista de extrema dereita por un xornal que apoiara a Oswald Mosley, as camisas negras, a invasión de Abyssinia por Mussolini, Abyssinia, e tolerancia con Hitler ata a fin da Segunda Guerra Mundial.

O movemento Oi! axiña comezou a perder o seu momento no Reino Unido, pero o Oi! estaba a estenderse por Europa, Xapón e máis América do Norte. Nos Estados Unidos, o fenómeno Oi! foi repetido pola explosión do Hardcore a comezos dos 80, especialmente bandas como Black Flag, Iron Cross, e S.S. Decontrol. Aínda que similar en espírito e influencia ó Oi! (particularmente nas primeiras fases), o Hardcore estendeuse como unha moda peculiar entre a clase media americana (en lugar de na clase obreira) ó aumentar a súa influencia. A mediados dos 90, comezou de novo un interese pola música Oi!, xurdindo novas bandas e un maior recoñecemente polas vellas. Con este renacemento viu un novo esforzo por afastar o Oi! do racismo.

As bandas Oi! recentes inclúen The Templars, Oxblood, The Wretched Ones, Those Unknown, The Lager Lads, Oxymoron e Hard Skin.

En Galiza a principios do oitenta aparecen os primeiros grupos Oi!, a destacar os vigueses Desvirgheitors ou Katarrak en Ourense. Mais tarde aparecen en Vigo outros como Ruín Bois ou Doctor Marten's Beat. Pero sen dúbida o grupo Oi! galego máis recoñecido son os Keltoi!, un grupo galegofalante, antifeixistas, e siareiros do Celta de Vigo.

Partido Democrático Constitucional

O Partido Democrático Constitucional (Demócratas Constitucionais, formalmente Partido da Liberdade Popular, informalmente KD ou kadetes) foi un partido político liberal do Imperio ruso, formado en 1905. Os seus membros eran chamados kadetes da abreviación KD do nome do partido (ruso: Конституционная Демократическая партия).Os escritos de Konstantín Kavelin e Borís Chicherin foron a plataforma teórica que tomou o partido e o seu líder histórico foi o historiador Pável Miliukov. Os Kadetes foron principalmente apoiados polos sectores profesionais, membros do zemstvo (unha forma de gobernos locais) e algúns industriais.

O nome informal de Kadetes non debe confundirse co concepto de cadete, que facían referencia aos estudantes das escolas militares da Rusia Imperial.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Partido político

Un partido político é unha organización política que ten unha ideoloxía determinada ou persegue un fin determinado. Os partidos políticos forman unidades organizativas e nunha democracia recoñéceselles o dereito a participar nos comicios electorais por medio da presentación de candidatos.

Revolución de Febreiro

A Revolución de Febreiro (en ruso: Февральская революция, fevralskaia revoliutsiia) de 1917 no Imperio Ruso marcou a primeira etapa da Revolución Rusa de 1917. Causou a abdicación do tsar Nicolao II, puxo fin á monarquía rusa e levou á formación dun Goberno provisional. Esta revolución naceu como reacción á política realizada polo tsar, a súa negación a outorgar reformas políticas liberais e contra a participación de Rusia na primeira guerra mundial, que inflixira grandes penurias á poboación. O réxime nacente resultou dunha alianza entre liberais e socialistas que debía dar paso a un executivo elixido democraticamente e unha asemblea constituínte.Ás crecentes pero estériles conspiracións contra o goberno autocrático de finais de 1916 uníronse as penurias da poboación, cada vez maiores, que produciron protestas a comezos de 1917. No principio do ano, ao descontento político pola falta de reformas sumáronse as privacións da poboación, moi prexudicada pola grande inflación e a escaseza de alimentos e produtos básicos. A comezos de 1917, a incompetencia gobernamental, o descrédito e oposición a calquera cambio político do monarca, as divisións entre os políticos, o desapego da sociedade educada coa autocracia, a crise económica, a reaparición de anteriores tensións sociais e económicas, a duración da guerra e o rexurdimento dos partidos revolucionarios favorecían un cambio.A duración da revolución limítase habitualmente a cinco días de comezos de marzo, aínda que os acontecementos políticos desencadeados polas protestas duraron ao redor dunha semana. Tradicionalmente considéranse dous factores como causantes da revolución: as manifestacións populares espontáneas polas malas condicións de vida e as actividades da oposición liberal e os mandos militares contra o goberno imperial.As protestas comezaron o Día Internacional da Muller por mor das privacións e pronto se estenderon entre os obreiros da capital. A pasividade de parte das forzas de seguridade da urbe, especialmente dos destacamentos de cosacos e dos rexementos da guarnición da cidade, facilitaron a súa expansión. Os días seguintes as manifestacións creceron e seguiron un mesmo patrón: confraternidade crecente entre os manifestantes e as tropas, enfrontamentos coa policía e calma nocturna. A noite do sábado, con todo, a situación cambiou coa orde do tsar de acabar coas protestas pola forza, que obrigou ás tropas da guarnición a tomar partido e a decisión do Goberno de disolver a Duma ata abril. O domingo o número de vítimas creceu notablemente e o ánimo da guarnición, obrigada a esmagar as desordes coas armas, volveuse revoltoso; rapidamente o Goberno perdeu o control da maioría das unidades militares da cidade e quedou impotente para acabar coa revolta. Pola súa banda, a Duma, contraria ata entón a enfrontarse abertamente co Goberno –preferindo un acordo de reformas co soberano–, decidiu apoiar as protestas para tratar de controlalas.

O tsar reaccionou negándose a outorgar reformas políticas e ordenando a marcha de tropas contra a capital, pero a resistencia dos altos mandos militares a enfrascarse en grandes operacións militares na retagarda, o seu convencemento da necesidade de realizar concesións e chegar a un acordo coa Duma, o control das comunicacións polos rebeldes e a falta de confianza nas tropas frustraron este intento de sufocar a revolución na capital.

O martes as últimas tropas leais ao Goberno acuarteláranse por non chegaren os reforzos esperados da fronte, o Goberno dispersárase para tratar de evitar a súa captura a noite anterior e algunhas importantes cidades uníronse ao alzamento. O xoves o tsar, privado do apoio dos seus xenerais, abdicaba no seu irmán o gran duque Miguel que, porén, non aceptou o trono ata a celebración de eleccións, o que facilitou a formación dun novo Goberno provisional acordado polos recentemente formados Comité Provisional da Duma e Comité executivo do Soviet de Petrogrado. As principais consecuencias da revolución foron o afundimento do réxime autocrático tsarista e a formación dun poder de goberno dual, compartido de xeito inestable entre o Goberno provisional e o Soviet de Petrogrado. Esta inestabilidade no poder conduciu finalmente á Revolución de Outubro, que acabou co Goberno provisional e precipitou a posterior guerra civil.

Unión Coruñesa

Unión Coruñesa é un partido político localista da Coruña, fundado en 1989 por Carlos Marcos.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.