Der er et yndigt land

Der er et yndigt land (do dinamarqués: Hai unha fermosa terra) é o himno nacional civil de Dinamarca. Se está presente a familia real emprégase o himno real Kong Christian stod ved højen mast. A letra foi escrita en 1819 por Adam Oehlenschläger e levou o lema: "Ille terrarum mihi praeter omnes Angulus ridet" (Horacio). A música foi composta en 1835 por Hans Ernest Krøyer, e logo modificada por Th. Laub e Carl Nielsen.

Der er et yndigt land
En galego: Hai unha fermosa terra
Nuty do det er et yndigt land ubt
Himno deDinamarca Dinamarca
LetraAdam Oehlenschläger
1819
MúsicaHans Ernst Krøyer
1835
Adoptado1835
Mostra da música
Der er et yndigt land (Instrumental)

Letra

Der er et Yndigt Land Hai unha fermosa terra
Der er et yndigt land,
det står med brede bøge
nær salten østerstrand (bis.)
Det bugter sig i bakke, dal,
det hedder gamle Danmark
og det er Frejas sal (bis.)
Der sad i fordums tid
de harniskklædte kæmper,
udhvilede fra strid (bis.)
Så drog de frem til fjenders mén,
nu hvile deres bene
bag højens bautasten (bis.)
Det land endnu er skønt,
ti blå sig søen bælter,
og løvet står så grønt (bis.)
Og ædle kvinder, skønne mø'r
og mænd og raske svende
bebo de danskes øer (bis.)
Hil drot og fædreland!
Hil hver en danneborger,
som virker, hvad han kan! (bis.)
Vort gamle Danmark skal bestå,
så længe bøgen spejler
sin top i bølgen blå (bis.)
Hai unha fermosa terra,
as súas fragas de faias
medran á beira do Báltico. (bis.)
Esténdese por vales e outeiros
o seu nome é vella Dinamarca
e aquí aínda mora Freia (bis.)
Aquí pasaron a súa vida outrora
aqueles afoutos xigantes de armadura
repousando da loita. (bis.)
Dende alí acometeron ante rexementos inimigos,
os seus ósos agora descansan
baixo os túmulos nos outeiros (bis.)
Esta terra aínda é adorable,
pois azuis son o Belt e o océano,
e verdes as fragas e os outeiros. (bis.)
E nobres mulleres, fermosas doncelas,
homes afoutos e intrépidos mozos
habiten as illas dinamarquesas (bis.)
Rende honra ao teu rei e á túa patria!
rende honra a todo cidadán dinamarqués,
que contribúe co que pode! (bis.)
A nosa vella Dinamarca debe persistir
mentres se reflicte a faia
sobre a crista da onda (bis.)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Dinamarca

Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Danmark), cuxo significado literal é "a terra ou marca dos dinamarqueses", oficialmente Reino de Dinamarca ( pronunciación ) (en dinamarqués: Kongeriget Danmark), é o menor en extensión entre os países nórdicos, ademais de o máis meridional, formando parte de Escandinavia. Ten os seus límites terrestres ao sur con Alemaña e dende 1999 atópase unida por estrada e ferrocarril con Suecia pola Ponte de Oresund, ao sueste do país. Rodeada polos mares Báltico e do Norte, limita ao norte con Noruega a través do estreito de Skagerrak. Conta ademais con dous territorios dependentes, Groenlandia e as Illas Feroe, os cales gozan dun elevado nivel de autonomía. O territorio dinamarqués comprende 443 illas, entre as que destacan Selandia, Fionia, Vendsyssel-Thy, Lolland e Bornholm, a máis afastada do arquipélago. Esta posición deu a Dinamarca, historicamente, o control sobre o acceso ao mar Báltico.

Dinamarca é unha monarquía constitucional dende 1849, data na que quedou abolida a monarquía absoluta que rexera o país dende 1660, e converteuse en monarquía parlamentaria en 1901. En termos de permanencia, a monarquía dinamarquesa pode considerarse a segunda máis antiga do mundo, despois da casa imperial de Xapón, ao existir durante polo menos un milenio. Dinamarca forma parte da Unión Europea (aínda que non emprega o euro). Cando o país se adheriu á CEE en 1973, fíxoo sen as Illas Feroe, mentres que Groenlandia optou por separarse da CEE en 1985. Tamén se converteu nun membro fundador da OTAN en 1949, rematando coa tradicional política de neutralidade que o país sostivera ata ese momento.

Pola súa natureza pobre en recursos xeolóxicos, Dinamarca sostivo a súa economía na actividade agrícola grazas ás súas granxas, a explotación pesqueira e a industria naval. No último século, os dinamarqueses déronlle un pulo á industrialización do seu país e favoreceron o establecemento dun estado de benestar garantindo o acceso a servizos públicos dende que en 1933 se asinase o acordo de Kanslergade. Dinamarca foi ocupada polos nazis durante a segunda guerra mundial.

Kong Kristian stod ved højen mast

Kong Kristian stod ved højen mast (do dinamarqués: O Rei Cristian estaba no mastro maior) é o himno real de Dinamarca. Ten o status de himno nacional xunto con Der er et yndigt land, aínda que este está case exclusivamente relacionado co Casa Real Dinamarquesa e o Exército.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.