Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense é o órgano institucional propio da provincia de Ourense e engloba os 92 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

Coordenadas: 43°22′12″N 8°23′54″O / 43.370049, -8.398243

Deputación de Ourense
Provincia de Ourense - Escudo
Ourense, Pazo Provincial

Fundación:1836
Provincia:Ourense
Enderezo:Rúa Progreso, 32 ; 32003 Ourense
Presidente:Manuel Baltar (PP)
Orzamento:75,7 millóns de € (2015)[1]
Número de empregados:756 (2012)[2]
Concellos que atende:92
Enderezo web:www.depourense.es
Boletín oficial:bop.depourense.es

Historia

Creación

A súa creación parte do Proxecto de división territorial de España, un estudo sobre a división territorial en provincias realizada por Javier de Burgos en 1833.

Presidentes

O seu actual presidente é o conservador Xosé Manuel Baltar, concelleiro de Esgos e o seu vicepresidente é Rosendo Fernández, quen fora candidato á alcaldía de Ourense nas eleccións municipais de 2011 obtendo o peor resultado para o PPdeG dende 1991. Tras as eleccións municipais de 2015 repite Xosé Manuel Baltar como presidente, e Rosendo Luis Fernández Fernández como vicepresidente[3] tras presentarse como número dous nas listas do PP ao concello da Merca[4].

Últimos presidentes

Representación provincial

O pleno da deputación está formado por 25 deputados. A representación dos diferentes partidos políticos saída das eleccións municipais de 2019, é a seguinte[Cómpre referencia]:

Polémicas

En decembro de 2012 a Deputación de Ourense presentou o primeiro ERE dunha deputación en España. Nun principio afectaba a 32 traballadores con contratos indefinidos pero posteriormente reduciuse a 25 traballadores. O caso está a ser xulgado polo TSXG[5].

Galería de imaxes

Contedor do lixo da Deputación de Ourense en Barroso, Avión

Contedor do lixo da Deputación de Ourense en Barroso (Avión)

Parada de bus en Avión

Parada de bus da Deputación de Ourense en Avión

Notas

  1. La Diputación de Ourense aprueba inicialmente el presupuesto de 2015. www.laregion.es, 31/10/2014 (en castelán).
  2. JOSÉ MANUEL RUBÍN, A Deputación, na senda da normalización. La Voz de Galicia, 10 de decembro de 2012
  3. Baltar renovará a Rosendo Fernández como vicepresidente da Deputación. www.lavozdegalicia.es, 05/03/2015.
  4. Rosendo Fernández se asegura un puesto de edil para optar a la Diputación. www.laregion.es, 15/04/2015 (en castelán).
  5. La Diputación de Ourense defiende ante el TSXG que su ERE está «perfectamente argumentado». La Voz de Galicia

Véxase tamén

Outros artigos

Caixa de Aforros Provincial de Ourense

A Caixa de Aforros Provincial de Ourense, tamén chamada nos seus últimos anos Caixa Ourense, foi unha entidade financeira dependente da Deputación de Ourense, posteriormente incorporada a Caixanova.

Centristas de Galicia

Centristas de Galicia foi un partido político galego activo na provincia de Ourense entre 1985 e 1991. Xurdiu como escisión de Coalición Galega, aglutinaba a unha boa parte dos alcaldes da provincia procedentes da antiga UCD, presentouse en coalición co Partido Popular á maioría das eleccións, partido no que acabaría integrándose. Nas eleccións municipais de 26 de maio de 1991 formou con outras forzas a Converxencia Nacionalista Galega que acadou 137 concelleiros e 52.196 votos . En referencia á preparación do Congreso extraordinario de integración no PPdG Manuel Fraga Iribarne dixo que o nacionalismo ben entendido daba un gran paso .

Victorino Núñez que chegou a ser Presidente do Parlamento de Galicia e Xosé Luís Baltar, presidente da Deputación de Ourense tras a marcha do anterior, foron os seus principais dirixentes. En 1991 desaparece e intégrase no Partido Popular. No 2004, Xosé Luís Baltar dicía que pensaba en facer renacer este partido debido ós seus problemas co goberno de Fraga.

Club Deportivo Ourense B

O Club Deportivo Ourense B foi un equipo de fútbol da cidade de Ourense, filial do Club Deportivo Ourense, desaparecido pola disolución da SAD en xullo de 2014. Na tempada 2013/2014 xogou no grupo sur de Preferente, tempada na que ademais foi campión da Copa Deputación de Ourense, ó vencer o Verín CF no estadio do Couto na quenda de penaltis (0-0 despois dos 90 minutos regulamentarios e mais a prórroga, o 14 de xuño de 2014, no que foi o último partido oficial que disputou un equipo de CD Ourense no estadio do Couto.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

David Ferrer Garrido

David Ferrer Garrido, nado en Ourense en 1926 e finado en novembro de 1998, foi un político e dirixente ourensán.

Eduardo Olano Gurriarán

Eduardo Olano Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 16 de febreiro de 1933, é un político galego, empresario e enxeñeiro forestal.

Emilio Morenza

Emilio Morenza Martínez, finado en Ourense en decembro de 1920, foi un médico e político galego.

José Manuel Baltar Blanco

José Manuel Baltar Blanco, fillo de Xosé Luis Baltar e sucesor seu na Deputación de Ourense. Nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de [Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.

José Sabucedo Morales

José Sabucedo Morales, nado en Santiago de Compostela o 23 de xullo de 1881 e finado en Ourense o 24 de xullo de 1937, foi un avogado e político galego.

Luís Fábrega Coello

Luís Fábrega Coello, nado en Ourense o 5 de maio de 1874 e finado o 27 de decembro de 1960, foi un farmacéutico e político galego.

Pazo provincial de Ourense

O Pazo provincial de Ourense é un edificio histórico desa cidade, que na actualidade acolle a sede da Deputación de Ourense.

Premio Antón Losada Diéguez

O Premio Antón Losada Diéguez convócase anualmente desde 1985 polos concellos de Boborás e O Carballiño, co patrocinio da Deputación de Ourense.

Prémianse obras publicadas no ano anterior de entre as presentadas a concurso polas editoriais. Hai dúas categorías: creación literaria e investigación,

Pura Vázquez

Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense, no barrio do Polvorín, o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poetisa galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Poetisa en galego e castelán, e irmá da escritora Dora Vázquez, tamén se conta entre as escritoras vencelladas á emigración. Foi a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a guerra civil. Tamén foi unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Ramón Pedrayo Silva

Ramón María Pedrayo Silva, nado en Ourense o 17 de novembro de 1822 e finado na mesma cidade o 3 de maio de 1899, foi un avogado e político galego.

Velle, Ourense

Santa Marta de Velle é unha parroquia que se sitúa ao leste do concello de Ourense. Segundo o IGE en 2010 tiña 732 habitantes (351 homes e 381 mulleres), 22 menos ca en 1999.

Vitorino Núñez

para o escultor, véxase Victorino Núñez DíazVictorino Núñez Rodríguez, nado en Quiroga o 20 de maio de 1936 e falecido o 19 de xuño de 2010, foi un político galego.

Xavier Castro

Xavier Castro Pérez, nado en Cangas o 5 de xuño de 1954, é un historiador galego.

Xosé Luís Baltar

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.