Deputación de León

A Deputación de León (en castelán: Diputación de León) é o órgano institucional propio da provincia de León e ao que corresponden diversas tarefas administrativas e executivas. Engloba a todos os municipios da provincia e entre as súas funcións máis importantes atópase a de dotar de infraestruturas ás localidades da provincia así como ao seu desenvolvemento. A Deputación Provincial ten a súa sede no Palacio dos Guzmanes, situado na Praza de San Marcelo da cidade de León.

O 12 de maio de 2014 foi asasinada a Presidenta da Deputación, Isabel Carrasco[1], cando se dirixía a un mitin para as Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

SanMarcelonoche
Á dereita o Palacio dos Guzmanes, sede da Deputación.

Presidentes

  • 1979-1983: Julio César Rodrigo de Santiago (UCD)
  • 1983-1984: Manuel Cabezas Esteban (PSOE)
  • 1984-1991: Alberto Pérez Ruiz (PSOE)
  • 1991-1995: Agustín Turiel Sandín (PSOE)
  • 1995-2003: José Antonio Diez Diez (PP)
  • 2003-2007: Francisco Javier García-Prieto Gómez (PP)
  • 2007-2014: Isabel Carrasco Lorenzo (PP)
  • 2014: Marcos Martínez Barazón (PP)
  • 2014-2015: Emilio Orejas Orejas (PP)
  • 2015-: Juan Martínez Majo (PP)

Notas

  1. Morre a tiros en plena rúa a presidenta da Deputación de León, Isabel Carrasco

Véxase tamén

Ligazóns externas

As Ferrarías, A Veiga de Valcarce

As Ferrarías (Las Herrerías de Valcarce en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello da Veiga de Valcarce na bisbarra leonesa do Bierzo. Encóntrase situada ao oeste da capital do concello, no val do río Valcarce e a uns 675 metros de altitude. A súa poboación, en 2013, é de trinta e nove habitantes.

Casa Botines

A Casa Botines ou casa Fernández y Andrés é un edificio de estilo modernista, situado na cidade de León. Orixinalmente almacén comercial e residencia particular, foi construído e deseñado polo arquitecto catalán Antoni Gaudí entre 1891 e 1894, sendo esta unha das súas tres obras fóra de Cataluña, xunto ao Palacio Episcopal de Astorga e El Capricho de Comillas, en Cantabria.

Situado xunto ao palacio dos Guzmanes, sede da Deputación de León e xunto á praza de Santo Domingo, lugar de encontro entre o casco antigo e o ensanche, de estilo renacentista, foi restaurado en 1951, declarado Monumento Histórico en 1969, é na actualidade a sede de Caja España, entidade que o rehabilitou en 1996, actividade que lle valeu o premio Europa Nostra.

O nome de casa Botines deriva do apelido do fundador da sociedade, Joan Homs i Botinàs, empresario e comerciante asentado na capital leonesa, que dirixían Mariano Andrés Luna e Simón Fernández Fernández, responsables do encargo da casa a Antoni Gaudí.

Castelo de Cornatelo

O Castelo de Cornatelo é unha fortificación situada no concello de Priaranza do Bierzo, na bisbarra do Bierzo, provincia de León. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.

O castelo aséntase sobre un promontorio rochoso cortado cara ao leste e o norte por un cavorco de máis de 180 m de desnivel, polo que transcorre o regueiro de Rioferreiros. Polos seus outros dous flancos, que son de doado acceso, está protexido por unha soa muralla percorrido por un adarve defensivo ameado.

Coalición por el Bierzo

Coalición por el Bierzo (Coalición polo Bierzo en galego) é unha coalición de ideoloxía bercianista formada por partidos políticos e candidatos independentes que se presentou ás eleccións municipais de maio do 2015.

Esta coalición está formada polo Partido de el Bierzo, o Partido de la Tierra 7, e antigos militantes do MASS, o PSOE e o PP, que se uniron a esta candidatura.

Esta coalición bateu un récord na historia do bercianismo político ao ser a ocasión na que se presenta o numero máis grande de candidaturas na práctica totalidade dos concellos do Bierzo e máis Villablino, un fito que non acontecera antes. A coalición presenta 700 candidaturas en 39 concellos e 11 pedanías.

Como curiosidade a coalición ten entre os seus candidatos unha octoxenaria, que é a candidata máis lonxeva da provincia de León nestas eleccións.

Os seus líderes máis visibles son Pedro Muñoz Férnandez, candidato á alcaldía no concello de Ponferrada,Iván Alonso, secretario xeral do PB e segunda na lista á alcaldía de Ponferrada, e a súa voceira Raquel Díaz.

Os resultados de Coalición por el Bierzo nas eleccións autonómicas e municipais de 2015 foron os mellores resultados electorais que o bercianismo obtivo ata a data dende a súa fundación. A nivel municipal, CB obtivo 7.847 votos e 39 concelleiros, dúas alcaldías, presenza en 23 concellos bercianos, dous concelleiros no Consello Comarcal do Bierzo, e ademais obtivo un deputado provincial na Deputación de León. Nas eleccións autonómicas, malia os 5.026 votos, o partido non obtivo representación nas Cortes de Castela e León.

Nas eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019, Coalición por el Bierzo obtivo 5.587 votos (2,12% do voto provincial) e 25 concelleiros, o cal significa que os resultados do partido foron máis baixos que aquilos que logrou catro anos antes en 2015 .

Francisco Díaz-Fierros

Francisco Díaz-Fierros Viqueira, nado en Vilagarcía de Arousa o 4 de xullo de 1941, é un científico e escritor galego.

Isabel Carrasco

Isabel Carrasco Lorenzo, nada en Campo y Santibáñez (Cuadros, provincia de León) en 1955 e asasinada en León o 12 de maio de 2014, foi unha política española que desempeñou toda a súa carreira en Castela e León. Foi membro e presidenta do Partido Popular de León.

Juan Martínez Majo

Juan Martínez Majo, nado en Velilla de la Reina (concello de Cimanes del Tejar) en 1963, é un asesor fiscal e político leonés, membro do Partido Popular e presidente da Deputación de León dende 2015.

Leonesismo

O leonesismo é un movemento cultural e socio-político, rexionalista ou nacionalista, que persegue o recoñecemento de parte dos territorios do antigo Reino de León, denominados País Leonés ou Rexión Leonesa, é dicir: as provincias de León, Zamora e Salamanca), como rexión e nacionalidade histórica, e o seu establecemento en comunidade autónoma propia, separada de Castela e León.

O principal partido político leonesista é a Unión del Pueblo Leonés (UPL).

Mosteiro de Santa María de Carracedo

O mosteiro de Santa María de Carracedo é unha antiga abadía, xa exclaustrada, fundada no século X e pertencente ás ordes beneditina e, posteriormente, cisterciense. Sitúase en Carracedo del Monasterio, no concello de Carracedelo, na comarca do Bierzo, na provincia de León, a carón do Camiño de Santiago.

Leváronse a cabo diversas reformas arquitectónicas ao longo da súa historia, sendo en tempos modernos vítima do abandono. Actualmente está semiarruinado, aínda que rehabilitado para a súa visita. Aúna diversos estilos, destacando os elementos románicos, cistercienses e protogóticos, correspondentes aos séculos XII e XIII. O conxunto comprende as dependencias monásticas propiamente ditas e o Palacio Real.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.