Dependencia da Coroa británica

Unha Dependencia da Coroa británica (Crown Dependency, en inglés), é un territorio semi-independente que está controlado baixo soberanía do Monarca do Reino Unido, pero que non forma parte do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, e xa que logo, tampouco pertence á Unión Europea.

O grao de autonomía é ata máis elevado que o que poida ter un estado dentro dunha federación. As Dependencias da Coroa teñen moedas, matrículas, servizos postais etc., de seu.

DD. CC. Poboación Capital
Guernsey 67.728 hab. (2005) Saint Peter Port
Jersey 90.812 hab. (2005) Saint Helier
Illa de Man 75.000 hab. (2005 est.) Douglas
ManxCarRegistrationPlate
Matrícula propia dun automóbil da Illa de Man
British Crown Dependencies
Alderney

Alderney (Aur'gny en normando, Aurgny en francés) é a máis norteña das Illas Anglo-normandas. Forma parte da bailía de Guernsey. Nos seus 8 km² viven 2.400 habitantes. Saint Anne é a única parroquia da illa e o seu centro principal. Tiña o seu propio dialecto normando, o Auregnais, extinguido en torno a 1960. A pesar da poboación non falar francés, esta foi lingua oficial, xunto ao inglés ata 1966.

Conta co seu propio parlamento autónomo, Les États d'Aurigny, composto por un Presidente e dez membros elixidos.

En 1940 a totalidade da poboación foi evacuada, os alemáns ocuparon a illa ata o 5 de maio de 1945

Asemblea parlamentaria británico-irlandesa

A Asemblea parlamentaria británico-irlandesa (en inglés British–Irish Parliamentary Assembly, e en irlandés Tionól Pharlaiminteach na Breataine agus na hÉireann) é unha corpo deliberativo que consta de membros lexislativos do Reino Unido, Irlanda, e as Dependencia da Coroa británica. O seu propósito é promover un entendemento común entre os representantes electos destas xurisdicións.

A asemblea está composta de membros do Parlamento do Reino Unido e do Oireachtas (o Parlamento de Irlanda) así como cinco representantes do Parlamento de Escocia, cinco da Asemblea Nacional de Gales, cinco da Asemblea de Irlanda do Norte, un polo Tynwald da Illa de Man, un por Jersey e outro por Guernsey.

Brecqhou

Brecqhou (ou en inglés, Brechou) é unha das Illas da Canle, situada ao oeste de Sark. A súa superficie é de aproximadamente un quilómetro cadrado. Administrativamente pertence a Sark, que á súa vez é parte do Bailiazgo de Guernsey.

Desde 1993 Brecqhou é propiedade dos irmáns David e Frederick Barclay, xemelgos idénticos, máis coñecidos como os copropietarios do xornal The Daily Telegraph.Brecqhou Stamps Segundo a Lei de Reforma de Sark de 1951, o tenente é David Barclay, quen ten dereito a ocupar o asento do tenente no Chief Pleas, o parlamento de Sark.

Consello británico-irlandés

O Consello británico-irlandés (en inglés British–Irish Council, BIC) é unha Organización Internacional creada baixo o Acordo de Belfast de 1998. Os seus membros comprenden:

Os dous gobernos soberanos da República de Irlanda e o Reino Unido.

As tres administracións devoltas de Irlanda do Norte, Escocia e Gales.

As Dependencia da Coroa británica de Guernsey, Illa de Man e Jersey.O consello foi formalmente establecido cando o acordo británico-irlandés foi asinado o 2 de decembro de 1999. O seu obxectivo principal é "promover a harmonía e o mutuo beneficio da totalidade dos pobos das illas". O consello ten un secretariado, localizado en Edimburgo, Escocia, e realízanse reunións en sesións semestrais e en encontros ministeriais.

Escocia

Escocia (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta. A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707. En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area. Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.

Illa de Man

A Illa de Man (en inglés: Isle of Man; en manx: Ellan Vannin), tamén coñecida simplemente como Mann (manx Mannin), é unha Dependencia da Coroa británica, localizada no Mar de Irlanda entre as illas de Gran Bretaña e Irlanda. O xefe de Estado é a Raíña Isabel II, que ostenta o título de Señor de Man. O Señor de Man é representado por un Tenente Gobernador, pero as relacións exteriores e a defensa son responsabilidade do Goberno Británico.

A illa está habitada dende o -6500. Como unha das seis nacións celtas, ten grande influencia cultural gaélica dende o século V, e fálase a lingua manx, da familia lingüística goidélica. En 627, Edwin de Northumbria conquistou a Illa de Man xunto con gran parte de Mercia. No século IX, os pobos nórdicos comezaron a asentarse na illa. Posteriormente, os nórdicos de Escocia estableceron o Reino das Illas. O título dos reis levaría dende entón o sufixo "e das Illas". Magnus III, rei de Noruega, era tamén coñecido como "Rei de Mann e das Illas" como parte da civilización das Hébridas entre 1099 e 1103. Xurdiu entón unha cultura nórdico-gaélica e a illa ficou baixo control nórdico. En 1266, a illa converteuse en parte de Escocia, formalizado no Tratado de Perth. Despois dun período no que o control da illa alternouse entre os reis de Escocia e os de Inglaterra, a illa pasou a formar parte do control feudal da Coroa Británica en 1399. O señorío revestiu na Coroa Británica en 1765, pero a illa nunca chegou a formar parte do Gran Bretaña ou o posterior Reino Unido, mantendo o seu status como unha dependencia da Coroa gobernada internamente.

Illiña de Forvik

A illiña de Forvik (en inglés Forewick Holm ou Forvik Island, ou mesmo Fårvik), é unha pequena illiña das Shetland, ao norte de Escocia, que en xuño de 2008 declarou a súa independencia do Reino Unido.

Jethou

Jethou é unha pequena illa que forma parte da Baía de Guernsey nas Illas da Canle. Se aluga privadamente, e non está aberto ao público.

Atópase a beira sur de Herm e ten unha área de aproximadamente 18 hectáreas.

Libra da Illa de Man

A libra da Illa de Man ou Libra Manesa (Manx: Punt Ellan Vannin; Inglés: Manx pound) é a divisa oficial da Illa de Man, unha dependencia da Coroa británica. É emitida polo Goberno da Illa de Man (Reiltys Ellan Vannin en manx, Isle of Man Government en inglés). A pesar de todo, a libra da Illa de Man non é, legalmente falando, unha unidade monetaria independente, senón que se trata dunha emisión especial da libra esterlina para a Illa.

Ao non tratarse dunha moeda independente, non ten un código ISO 4217 específico. Polo tanto, comparte o código estándar internacional das moedas británicas, GBP, se ben se acostuma a empregar tamén o código non oficial IMP. O símbolo máis habitual da libra da Illa de Man é £. Subdivídese en 100 peniques.

A Illa de Man emite billetes dende 1840; e dende 1971, ano no que se leva a cabo a decimalización da libra esterlina, emite tamén moedas. A libra da Illa de Man ten o mesmo valor que a esterlina e ámbalas dúas poden ser empregadas na Illa, cousa que non sucede ao revés, xa que a libra da Illa de Man non se acepta no resto do Reino Unido. Isto aplícase sobre todo no caso dos billetes, xa que as moedas si que circulan no resto do Reino Unido debido a que teñen a mesma forma e tamaño que as moedas de libra esterlina.

Lihou

Lihou é unha pequena illa de marea dunhas 15 hectáreas de superficie, situada xunto á costa oeste da illa de Guernsey, á que queda conectada cando a marea está baixa por unha antiga calzada de pedra. Constitúe o punto máis occidental das Illas da Canle, na Canle da Manga, entre Gran Bretaña e Francia. Administrativamente, Lihou forma parte, desde xaneiro de 1995, da parroquia de St. Peter's na Bailía de Guernsey, e agora é propiedade do Parlamento de Guernsey (coñecido oficialmente como o Estados de Guernsey), aínda que houbo diversos propietarios no pasado. Desde 2006, a illa xestiónase conxuntamente polo Departamento de Medio Ambiente Guernsey e o Charitable Trust Lihou. No pasado, a illa foi utilizada polos habitantes locais para a recolleita de algas para o seu uso como fertilizante, pero hoxe Lihou utilízase principalmente para o turismo, incluíndo viaxes escolares. Lihou é tamén un centro importante para a conservación da fauna mariña e avícola, forma parte da Convención de Ramsar para a conservación das aves e plantas raras. Tamén se atopan na illa as ruínas históricas dun priorato e unha casa de campo.

Lista de illas por superficie

Esta é unha lista de illas no mundo ordenadas por superficie. Inclúe todas as illas cunha superficie de máis de 1.000 km². Por comparación, amósanse tamén os continentes da Terra. Aínda que unha illa é, en xeral, calquera masa de terra que estea completamente rodeada de auga, normalmente adóitase excluír as masas de terra o suficientemente grandes como para ser consideradas continentes. Ao clasificar Australia como continente, aínda cando hai argumentos sobre se tecnicamente é un continente ou sinxelamente parte dun continente maior chamado Australasia, Groenlandia nesta listaxe é considerada a maior illa do mundo.

Lista de países

Esta é unha lista alfabética de países do mundo.

Os países sen recoñecemento xeral sinálanse en cursiva, e se son independentes de feito, indícase cun asterisco (*) na súa situación e ofrécense máis detalles na columna de notas.

A adhesión ao sistema das Nacións Unidas divide os 206 estados listados en tres categorías: 193 estados membros, 2 estados observadores, e outros 11 estados. A columna "situación" indica estados cuxa soberanía é indiscutible (191 estados) e estados cuxa soberanía se disputa (15 estados, dos cales hai 5 estados membros, 1 estado observador e 9 estados máis).

A compilación dunha lista como esta pode ser un proceso difícil e controvertido, xa que non hai ningunha definición que sexa vinculante para todos os membros da comunidade de nacións respecto dos criterios para estado soberano. A lista ten como obxectivo incluír as entidades que foron recoñecidas como "estado de de facto" como estados soberanos, e a inclusión non debe ser vista como un endoso de calquera reclamación específica de estado en termos xurídicos.

Lista de países onde o francés é lingua oficial

Esta é unha lista de países onde a lingua francesa é oficial. Na maioría dos países desta lista o francés comparte o status de lingua oficial con outras linguas, ademais das que non son oficiais e si son faladas pola poboación.

O Vaticano rexístrase como país francófono nas organizacións internacionais coas que mantén relacións.

Ma Normandie

Ma Normandie é un himno semioficial da Illa de Jersey, unha Dependencia da Coroa británica nas Illas da Canle. Foi escrito e composto por Frédéric Bérat. Jersey foi parte historicamente do ducado de Normandía, e o francés foi durante séculos a lingua oficial administrativa de Jersey, cuxos habitantes falan unha variedade da lingua normanda.

Mar de Irlanda

O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann, manx: Y Keayn Yernagh, escocés: Erse Sea, gaélico escocés: Muir Èireann, Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, Conecta co Océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.

Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann, manx: Mooir Vannin, gaélico escocés: Muir Mhanainn). O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.

Nación constituínte

Países constituíntes ou nacións constitutivas é unha frase as veces empregada, normalmente por institucións oficiais, en contextos nos cales un número de países compón unha grande entidade ou agrupación; así o OECD usou a frase en referencia á antiga Iugoslavia e as institucións europeas coma o Consello de Europa frecuentemente a empregan en referencia á Unión Europea. Non é terminoloxía técnica e non ten un sentido legal definido; 'constituínte' é simplemente un adxectivo, e a frase non ten un sentido claro fóra dun contexto da entidade ou agrupación de países en cuestión son constituíntes ou os seus compoñentes poden ser entendidos.

Reino Unido

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Saint Peter Port

Saint Peter Port é a Capital de Guernsey, así como o principal porto. A poboación en 2014 era de 18.207. En Guernésiais e en francés, historicamente as linguas oficiais de Guernsey, o nome da cidade e as parroquias da súa bisbarra é St Pierre Port. O "porto" distingue a esta parroquia de Saint Pierre Du Bois .

Ademais de ser unha parroquia, St. Peter Port é un pequeno pobo na súa maioría de rúas estreitas e empinadas con ladeiras con vistas. Sábese que existía aquí unha cidade e posto comercial desde antes da época romana, o nome precristiá non sobreviviu na era moderna.

O código postal das direccións nesta parroquia comeza por GY1.

Os habitantes de St. Peter Port, foron alcumados "les Villais" (viláns, xente do pobo) ou "cllichards" en Guernésiais.

Sarnia Cherie

Sarnia Cherie é o himno da illa de Guernsey, unha Dependencia da Coroa británica na Canle da Mancha.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.