Departamentos de Francia

A República francesa atópase dividida administrativamente en cen departamentos (en francés: départements), 96 departamentos metropolitanos e catro departamentos ultramarinos (francés: départements d'outre-mer), os DOM. Cada departamento constitúe tanto unha división administrativa como un estado e unha colectividade territorial (en francés: collectivité territoriale).

Os departamentos están numerados por orde alfabética do nome, agás o departamento do Territorio de Belfort, os departamentos da rexión parisiense, os departamentos de ultramar e os departamentos que mudaron o nome dende a súa creación. Os números dos departamentos forman parte da vida cotiá, pois atópanse nas placas dos automóbiles, nos códigos postais e nos números da seguridade social.

Os departamentos metropolitanos numerábanse orixinalmente por orde alfabética, ata que se produciu o cambio das denominacións e a desmembración do departamento da Illa de Francia en 1964.

Trala división do departamento da Córsega (cuxo número era 20) en dous novos departamentos, en 1976, a Córsega do Sur (Corse-du-Sud) e a Alta Córsega (Haute-Corse) recibiron novos códigos, respectivamente o 2A e o 2B. Estes novos códigos aparecen nas placas dos automóbiles e nos números da seguridade social (soamente para as persoas nadas despois da subdivisión), en canto ao vello código, continúa a ser empregado no código postal e nos números da seguridade social das persoas nadas antes de 1976.

A derradeira grande mudanza no carácter dos departamentos tivo lugar o 2 de marzo de 1985, cando foi aprobada unha lei que transferiu a xestión ao executivo local os dominios descentralizados, ata entón exercidos polo prefecto (préfet) como presidente do departamento, ao presidente do Consello Xeral (Conseil Général). O prefecto conserva no departamento a xestión dos dominios reservados ao Estado francés como representante do goberno francés.

Departamentos e rexións de Francia
Departamentos e rexións de Francia
Avespa asiática

A avespa asiática (Vespa velutina), é un tipo de avespa orixinaria de Asia. Procede da China, a India e Indonesia. Considérase especie invasora en Galicia.

Existen numerosas subespecies de vespa velutina; unha delas é a Vespa velutina nigrithorax (Carpenter & Kojima, 1997), descrita en 1905 por du Buysson de Darjeeling (India). Aclimatada de xeito natural a un medio de temperado a subtropical, esta subespecie foi introducida en Francia (probablemente antes do 2004). Atópase na Asia continental ata o norte da India e nas montañas da China, zonas xeográficas nas que o clima é comparable ó de gran parte de Francia ou o norte de España, Galicia incluída, o que explicaría que fose posible a súa instalación e colonización de novos territorios en Europa.

Departamento de Reunión

Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no Océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique. A súa capital é Saint-Denis.

Ten estatuto de rexión administrativa, así como Martinica, Guadalupe e Güiana.

Guadalupe, Francia

Guadalupe (en francés Guadeloupe) (palabra derivada do árabe Wad al luben que significa "río escondido") é un pequeno arquipélago das Antillas, no mar Caribe, e que actualmente é un departamento de ultramar de Francia. Atópase a 600 km ao norte das costas de América do Sur e ao sueste da República Dominicana. Antigamente chamábase Karukera, que significaba "a illa das belas augas". Foi descuberta por Cristóbal Colón dándolle o seu actual nome en honra da Virxe Santa María de Guadalupe, orixinaria de Estremadura. Popularmente, na cultura crioula chamase Gwada.

Güiana Francesa

A Güiana Francesa (en francés: Guyane) é un departamento de ultramar de Francia xunto á costa do mar Caribe, en América do Sur. Limitada ao norte co océano Atlántico, ao leste e sur co Brasil e ao oeste co Suriname.

A súa área é de 90.000 km², e conta con 191.309 habitantes (xullo 2004). A súa capital é Caiena. O idioma oficial é o francés, aínda que tamén se fala o patois.

Neste territorio, a Axencia Espacial Europea ten o Centro de lanzamento de Kourou, sede dos cohetes Ariane.

Martinica

A illa de Martinica (en francés Martinique) é un departamento de ultramar francés localizado ao norte de Trinidad e Tobago, en augas do Mar Caribe (como tal, constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea). Esta illa pertence ás Pequenas Antillas Francesas do leste do mar Caribe, unha das illas de Barlovento. É montañosa e de orixe volcánico. Cristovo Colón foi o primeiro navegante en descubrir a illa o 15 de xuño de 1502 mais, excepto en 3 ocasións en que foi ocupada brevemente por outras nacións, a illa permaneceu baixo dominio francés desde a súa colonización no ano de 1635. Martinica está dominada polo Monte Pelée, o cal fixo erupción o 8 de maio de 1902 destruíndo completamente o primeiro asentamento europeo na illa (Saint Pierre) e matando a máis de 30.000 persoas.

Nova Caledonia

Nova Caledonia (en francés: Nouvelle-Calédonie), é un país de ultramar en Oceanía que forma parte da República Francesa, e xa que logo da Unión Europea (UE).

O territorio, situado no suroeste do Océano Pacífico, está composto dunha illa principal e varias illas máis pequenas ao seu redor. A capital é Noumea.

Racing 92

O Racing 92 é un club francés de rugby con sede en Colombes (periferia de París) formado en 2001 como resultado da fusión dos históricos Racing Club de France (cinco títulos de liga) e US Métro. O nome orixinal do club era "Racing Métro 92", e foi reducido a "Racing 92" en 2015. O número "92" do nome fai referencia ó departamento de Altos do Sena no que está o estadio Ives-du-Manoir, que é o fogar do equipo. Ese departamento da rexión da Illa de Francia ten o número 92 na lista de departamentos de Francia. O recinto de xogo con capacidade para 14,000 seareiros foi construído en 1907 e foi a sede central dos Xogos Olímpicos de 1924. Está previsto que en 2017 se inaugure o novo estadio do club na localidade veciña de Nanterre, co nome Arena 92 e capacidade para acoller a 32,000 persoas.

Na tempada 2015/16 o Racing 92 chegou por vez primeira á final da Copa de Europa, caendo ante os Saracens ingleses por 21 a 9. Na mesma tempada gañou por 26 a 21 a final da Liga francesa na que se enfrontaba ó RC Toulon. Ese encontro foi presenciado no Camp Nou por 99,124 persoas, pasando a ser o novo récord mundial de asistencia nun partido de clubs de rugby.

Río Loira, Francia

O río Loira (La Loire en francés) é un río de Francia de 1020 quilómetros, o máis longo de Francia. Nace no Mont Gerbier de Jonc (departamento de Ardèche). A súa desembocadura esta no estuario de Nantes, na Bretaña histórica, agora departamento da Loire-Atlantique. A súa conca é de 117.000 km², a quinta parte do territorio de Francia.

O río Loira dá nome a seis departamentos de Francia (Indre e Loira, Loire, Haute-Loire, Loire-Atlantique, Maine-et-Loire e Saône-et-Loire), unha rexión (Pays de la Loire), e ao val de Loire, clasificado no ano 2000 como patrimonio mundial pola UNESCO. Nesta parte do Loira encóntranse unha morea de castelos dos reis de Francia.

San Martiño, Francia

San Martiño (francés: Saint-Martin), oficialmente a Colectividade de San Martiño (en francés: Collectivité de Saint-Martin) é unha colectividade de ultramar de Francia situada no Caribe. Constituíuse o 15 de xullo de 2007. abarca o 60% da parte norte da Illa de San Martiño e os illotes veciños, o maior dos cales é Tintamarre. O 40% do sur da illa, Sint Maarten, é un dos catro países constituíntes que forman o Reino dos Países Baixos.

A súa capital é Marigot. Ten unha poboación de 36.286 (censo de xaneiro de 2011) en 53´2 km2.

Está separada da illa de Anguila polo Canal Anguilla.

Subdivisións de Francia

Mapas de localización dos 96 departamentos franceses e das 22 rexións de Francia, os departamentos de alén mar tamén son rexións.

Francia metropolitana
Departamentos de ultramar

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.