Depósito legal

O depósito legal é a obrigación legal feita a calquera editor de libros ou publicacións de enviar un ou máis exemplares de calquera obra impresa no país a un repositorio específico, xeralmente a súa biblioteca nacional. Esa doazón é normalmente empregada para libros e xornais, mais co avance da tecnoloxía e dos novos medios de comunicación, algúns países xa están alterando as súas lexislacións para incluír filmes, mapas e até mesmo sitios web da internet.

Historia

Na antigüidade, a Biblioteca de Alexandría xa tiña un sistema de depósito legal e modernamente foi Francia a que instituíu o depósito legal en 1537[1]; Inglaterra fundou o depósito legal en 1662[2]. Esta lei existe en varios países, como Alemaña, Brasil, España, Estados Unidos de América e Portugal. Nalgúns deses a doazón de libros ao repositorio nacional é un prerrequisito para pedidos de rexistro de números de ISBN ou para o recoñecemento de dereitos de autoría.

O número de exemplares a seren depositados poden variar, sendo xeralmente entre un e catro, mais algúns países requiren depósitos maiores, como Polonia, que obriga ao depósito de 19 copias de calquera nova obra.

Xeralmente os órganos do goberno tamén son obrigados a obedecer a leis extras de depósito legal, o que pode obrigar os documentos públicos a seren distribuídos a un gran número de bibliotecas para acceso público.

Notas

  1. CUNHA, Murilo Bastos da; CAVALCANTI, Cordélia Robalinho de Oliveira. Dicionário de Biblioteconomia e Arquivologia. Brasília, Briquet de Lemos, 2008. Páxina 55. ISBN 9788585637354
  2. http://www.scielo.br/pdf/pci/v16n3/15.pdf
Augusto Ferrer-Dalmau

Augusto Ferrer-Dalmau Nieto, nado en Barcelona o 20 de xaneiro de 1964, é un pintor español de estilo realista e temas históricos. Especializouse en cadros de temática militar ecuestre que retratan en moitos casos diversos aspectos e épocas das Forzas Armadas de España, con gran naturalismo e atención ao detalle, desde unha óptica épica e idealizada.

Biblioteca Nacional de Australia

A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.

Biblioteca Nacional de Gales

A Biblioteca Nacional de Gales (galés: Llyfrgell Genedlaethol Cymru; inglés: National Library of Wales) é a biblioteca na que actualmente se realiza o depósito legal en Gales. Está localizada en Aberystwyth. É un organismo patrocinado pola Asemblea de Goberno.

Cyril Evans, organizador da conmemoración do centenario da institución expresou que "a biblioteca está considerada como unha das grandes bibliotecas mundiais,e que dispón dunha reputación internacional que fai que todos os homes e mulleres galeses estean moi orgullosos".O galés é o principal medio de comunicación desta institución, malia que como en todos os servizos públicos se admite tanto o galés como o inglés.

Biblioteca Nacional de Portugal

A Biblioteca Nacional de Portugal é unha biblioteca localizada en Lisboa, Portugal, que reúne unha ampla colección de documentos e publicacións portugueses. Foi creada o 29 de febreiro de 1796, co nome de Real Biblioteca Pública da Corte, co obxectivo de poñer todos os fondos da Biblioteca Real á disposición de todos os usuarios o máis rapidamente posible, a diferenza da tendencia europea da época, que consistía en restrinxir a consulta os documentos tan só a un público selecto de eruditos. O edificio actual foi inaugurado en 1969, obra de Porfírio Pardal Monteiro.

A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorio portugués, mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.

A Biblioteca está a adaptar os seus fondos ás novas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través da internet. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras de The European Library.

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca cabeceira do sistema bibliotecario galego. Foi deseñada polo arquitecto americano Peter Eisenman e forma xunto con outros seis edificios a Cidade da Cultura de Galicia, localizada en Santiago de Compostela.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Cinémathèque Française

A Cinémathèque Française (en galego: "Cinemateca Francesa") é unha institución francesa con sede en París, fundada en 1936, que se dedica a coleccionar, conservar, restaurar e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico mundial. Malia ser unha asociación privada, está financiada principalmente polo Estado Francés.

Colectivo Libertario Arco da Vella

O Colectivo Libertario Arco da Vella foi unha organización anarcocomunista de ámbito galego fundada en 1979. Participou nas negociacións para a formación do Bloque Nacionalista Galego en 1982, chegando asistir á súa I Asemblea Nacional fundacional no Frontón de Riazor, na Coruña. Finalmente decidiu abandonar como consecuencia do nome elixido.

A comezos dos 80 publicou en Santiago de Compostela catro números da revista Arco da Vella, escrita integramente en lingua galega e que contou cunha tirada de 1000 exemplares, con depósito legal. Tiña unha liña claramente anarcocomunista, libertaria, galeguista e pro-CNT e nela se trataban temas como a identidade galega ou o antimilitarismo.

É citada en diversos foros e publicacións como organización anarcoindependentista xunto con outras como a que sería a súa homóloga en Euskadi, Askatasuna. Unha das súas militantes de máis relevancia sería Rosa Bassave, colaboradora na revista homónima así como en A Nosa Terra.

Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña é o órgano institucional propio da provincia da Coruña e engloba os 93 concellos desta, encargándose de ofrecer diversos servizos aos cidadáns ademais de fomentar a colaboración entre os municipios.

EDUGA

EDUGA, Revista Galega do Ensino é unha publicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Fondevila, Burres, Arzúa

Fondevila (provén de fondo + de + vila, do latín Fundus, 'a parte baixa dunha vila' ) é un lugar da parroquia de Burres no concello coruñés de Arzúa na Comarca de Arzúa. Tiña 7 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 4 eran mulleres.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Historia de Galicia (Faro de Vigo)

Historia de Galicia é o título dunha obra temática, en lingua castelá, sobre a historia de Galicia, composta por catro tomos, obra de varios historiadores galegos, publicada por Faro de Vigo en 1991.

ISBN

ISBN é a abreviatura do número internacional para a catalogación de libros (International Standard Book Number), código de 10 ou 13 díxitos que identifica biunivocamente calquera libro editado legalmente no mundo.

Inaciu Galán

Inaciu Galán y González, nado en Xixón en 1986, é escritor, xornalista e activista en defensa do asturiano. Traballou desde o ano 2003 na SER, TeleGijón e na TPA desenvolvendo a súa actividade xornalística sempre en asturiano. Fundou e dirixe a revista literaria Formientu. Desde febreiro de 2012 é presidente de Iniciativa pol Asturianu. É un dos modernizadores e difusores do xénero do monólogo en asturiano , e publicou en 2008 a primeira escolma do monólogo moderno, Antoloxía de monólogu modernu ¡Pa echar unes rises!, seguida en 2011 de Más monólogos… ¡Pa echar unes rises! .

Murguía (revista)

Murguía. Revista Galega de Historia, chamada así en referencia á Manuel Murguía, un dos historiadores máis sobranceiros de e sobre Galicia, é unha publicación semestral editada en Santiago de Compostela inicialmente baixo os auspicios da Asociación Galega de Historiadores e do grupo Colectivo Murguía, e na actualidade polo Instituto Galego de Historia. Está dirixida polo doutor en Historia Contemporánea Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e coordenada pola doutora en Historia Medieval Alexandra Cabana Outeiro, fundadores da publicación.

Comezou a súa andaina no ano 2003, tendo publicados 36 volumes até finais de 2018. O seu ISSN é 1696-9197 e o seu depósito legal é C-1640-2003. Inicialmente cunha periodicidade cuadrimestral, desde 2012 edítase cada seis meses.

Pazo de Hermida

O Pazo de Hermida é unha construción civil situada en Lestrobe, é un dos lugares máis singulares do concello de Dodro. Está declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento. É coñecido tamén como Torres de Lestrobe, e actualmente é unha casa de turismo rural.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Érbedo

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.