Dente

O dente[1] é un órgano anatómico duro, encravado nos alvéolos dos ósos maxilares a través dun tipo especial de articulación denominada gonfosis e na que interveñen diferentes estruturas, a saber: cemento dentario e óso alveolar, ambos unidos polo ligamento periodontal.

Os dentes interveñen na dixestión ó cortar, moer e tritura-los alimentos sólidos (dixestión mecánica). Ademais participa, xunto con outros elementos da boca, na comunicación oral.

Os dentes poden ser iguais entre si (homodontes) ou diferentes segundo a súa función específica (heterodontes). Neste segundo caso, ordenados dende o centro ata os extremos, son os dentes incisivos que cortan, os caninos que desgarran, os premolares que trituran e os molares que moen.

Dente
Girl's smile
Dentes
Denticao
Vista posterior dos dentes desde o interior da boca
Dorlands/Elsevier Tooth

Partes do dente

Tooth section international
Esquema dun dente. 1- Esmalte, 2- Dentina, 3-Polpa, 4-Enxiva, 5-Cemento, 6-Óso alveolar, 7-Vaso sanguíneo, 8-Nervio. A-Coroa, B-Raíz

O periodonto é a unidade composta polos tecidos que rodean o dente, que corresponden ó óso alveolar, ó ligamento periodontal e á enxiva. O dente propiamente dito componse de tres compoñentes mineralizados: o esmalte, a dentina e o cemento, máis unha porción central de tecido conectivo xelatinoso suave, a polpa dentaria.

A dentición e os dentes na cultura popular galega

Na Gudiña cren que, cando caen os dentes de leite, deben ser botados ó lume porque se non se fai así e cadra que os come unha galiña non nacerán outros dentes no seu sitio [2].

Refraneiro

  • Amóstrame os dentes, e direiche o que comeche.
  • Antes son os meus dentes que os meus parentes.
  • Cando penses meter o dente en seguro, atoparas co duro.
  • Cando tiven dentes non tiven pan; e agora que teño pan non teño dentes.
  • Máis quero ter pros meus dentes que pros meus parentes.
  • Malia ó dente que come a semente.
  • O dente do neno que vén temperau, logo trai un novo irmau.
  • O dente i o amigo, sofrilo co seu door e co seu vicio.
  • Onde teño os dentes alí teño as mentes.
  • Quen ten mal dente, ten mal parente

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dente.
  2. Marilena Prieto (1951): "Notas folklóricas de la Sierra Seca (La Gudiña-Orense)", en Douro Litoral, 4ª série, III-IV, 149.
Albania no Festival de Eurovisión

Albania participou no Festival de Eurovisión 12 veces, debutando no Festival de Eurovisión 2004, cando Anjeza Shahini terminou en sétimo lugar coa canción "The image of you", obtendo pase directo á final en 2005. Obtivo a súa mellor posición no Festival de Eurovisión 2012, representada por Rona Nishliu coa canción "Suus": un quinto lugar.

Dente o seu debut, Albania, chegou á final 5 veces, 2 veces no TOP 10 (2004 e 2012).

Allo

O allo é unha hortaliza que posúe un bulbo moi empregado na cociña. É de sabor forte, especialmente en cru e lixeiramente picante. A variedade máis común é a Allium sativum.

A localidade española da provincia de Cuenca, Las Pedroñeras, é coñecida como a capital mundial do allo ao celebrar a Feira internacional do allo (FIDA)

Cairo (dente)

Un cairo ou cabeiro é un dente excepcionalmente longo de certos mamíferos que sobresae cando a boca está pechada. Usados para defenderse máis que para atacar, os cabeiros, que unha vez foron dentes normais, desenvolvéronse a través de procesos adaptativos-evolutivos, converténdose nun sinal de identidade para os animais que os posúen.

Algúns exemplos de mamíferos viventes con cabeiros son o elefante, o xabaril, o hipopótamo, a morsa e o narval, e entre os mamíferos extintos atópanse o mamut e o tigre dentes de sabre.

Os dentes que co tempo se converteron en cabeiros non son os mesmos en todas as especies de animais: no elefante trátase de dous incisivos superiores, no xabaril son os caninos inferiores, que son máis desenvolvidos nos machos adultos, no hipopótamo, por último, son os caninos superiores.

Os cabeiros empréganse para producir marfil, que se usa en decoración e en xoiaría, e antigamente utilizábanse tamén para elaborar outros artigos, como teclas de piano. Posto que os animais con cabeiros están en perigo de extinción (especialmente o elefante africano), o comercio co marfil está totalmente prohibido pola Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) das Nacións Unidas.

Carie dental

A carie dental (do latín: caries, que significa "podremia"), é unha doenza dos dentes producida pola actividade de bacterias, que producen cavidades no dente. As cavidades poden ser ter unha gama ampla de cores, dende o amarelo ata o negro. Os síntomas poden incluír dor e dificultade ó mastigar. Entre as complicacións da carie están a inflamación do tecido arredor do dente, a perda de dentes e a formación de abcesos.

Cornizó

O cornizó (Claviceps purpurea) é un fungo do grupo dos ascomicetos que parasita diversos cereais, especialmente o centeo. Aparece adherido ás espigas coa forma dunha excrecencia alongada de 1 a 5 cm e de cor negra ou púrpura, unha ou dúas por espiga infectada. Tamén recibe os nomes de caruncho, cornecello, cornello, cornicelo, cornilló, cornizolo, dente de can, dentón, gornicelo ou gran de corvo . A denominación caruncho dáselle tamén a outro fungo distinto, que ataca o millo, o Ustilago zeae.O fungo segrega diversas substancias bioquímicas, das que caben destacar o ácido lisérxico e os seus alcaloides derivados: ergotamina, ergocristina, ergocriptina e ergometrina, de acción farmacolóxica diversa e combinada (vasoconstritora, psicoactiva etc.).

Crocodilo

Crocodilo pode ser calquera das 13 ou 14 especies existentes (e outras fósiles) dos réptiles da familia Crocodylidae (crocodílidos). O termo tamén é usado ás veces sensu lato para incluír todos os membros da orde Crocodilia. Discútese se o xénero Tomistoma pertence a Crododylidae ou a Gavialidae. O maior réptil hoxe na face da terra pertence a esta familia e é o crocodilo de auga salgada, que se encontra desde a India a Australia.

As diferenzas externas máis obvias entre os crocodilos e os aligátores son visibles na cabeza. Os crocodilos teñen cabezas máis estreitas e máis longas, e os morros teñen máis forma de V que de U. A mandíbula superior do aligátor é máis ancha que a inferior, e os dentes da mandíbula inferior encaixan en pequenas depresións da mandíbula superior. As mandíbulas superior e inferior dos crocodilos son da mesma anchura, e os dentes da mandíbula inferior quedan ao bordo ou pola parte externa da mandíbula superior cando pechan a boca. Nos crocodilos, cando pechan a boca o longo cuarto dente da mandíbula inferior encaixa nunha amosega da parte externa da mandíbula superior, polo que é moi visible. Os crocodilos teñen dedos máis palmados nos pés traseiros e poden tolerar mellor a auga salgada, xa que teñen glándulas do sal especializadas, que están presentes pero non son funcionais nos aligátores. Os crocodilos son os máis agresivos dentro dos crocodilianos. Diferéncianse da familia dos gaviálidos por teren un fociño máis ancho.

Dentina

A dentina, termo derivado do latín dens, dentis, "dente", tamén coñecida como marfil (non debe confundirse co marfil que compón as defensas dos elefantes) é un tecido dos dentes situado entre o esmalte dentario e a polpa.

É o segundo tecido máis duro do corpo humano (e doutros mamíferos con dentes), despois do esmalte. É de cor amarelada, e o seu alto grao de elasticidade protexe ao esmalte supraxacente contra as fracturas.

Está estreitamente vinculado á polpa dentaria, cuxas células especializadas, os odontoblastos, o elaboran deixando na súa estrutura os seus prolongamentos citoplasmáticas ou prolongamentos odontoblásticos. Ademais dos compoñentes citoplasmáticos, a dentina está constituída por unha matriz coláxena calcificada, composta principalmente por coláxeno tipo I e proteínas dsp (do 5% ao 8%) e dpp (50 %), e está atravesada por estgreito condutos ou túbulos dentarios desde o límite pulpar até o esmalte na coroa e o cemento na raíz.

A dentinoxénese é o proceso de formación de dentina polo órgano dentario.

A dentina é radioopaca pola súa relativamente alta impregnación de sales minerais. A elasticidade que presenta depende da estrutura orgánica e o contido en auga. Componse dun 65 % de materia inorgánica (hidroxiapatita de calcio), dun 25 % de materia orgánica e dun 10 % de plasma acuoso. A materia orgánica é na súa maioría coláxeno I, acompañado de proteoglicanos e glicoproteínas.

A dentina prodúcena os odontoblastos, que se sitúan entre a dentina e a polpa dentaria, e que conservan a súa relación coa dentina durante toda a vida do dente, puidiendo autorrepararse. A dentina presenta uns canalículos dentarios, que conteñen os prolongamentos citoplasmáticos dos procesos odontoblásticos.

Harpía

As harpías ("ladroas" en grego), son fillas de Electra e Taumante, e irmás de Iris. Fermosas na súa xuventude, logo trocáronse en bestas coa forma de mulleres aladas e con gadoupas. Vivían na illa de Estrófades.

As dúas harpías orixinais eran Aelo (vento tempestuoso) e Ocípete (voo rápido), os romanos engadiron a Celeno (a escura). As tres, violentas e crueis, representaban ós ventos e ás tempestades. A súa fame era insaciable, e eran moi temidas polos navegantes.

Trala súa unión con Céfiro, deron a luz ós cabalos dos heroes Aquiles, Castor e Pólux.

A lenda conta que Fineo, rei da Tracia, revela mediante profecía certos segredos dos deuses, e Zeus, alporizado, condenouno ás illas Estrófades, cun manxar diario ó que nunca podía inca-lo dente, xa que as harpías sempre lle roubaban a comida. Este castigo prolongouse ata a chegada de Xasón e os Argonautas, que conseguiron apresa-las harpías. En recompensa, Fineas revelou ós guerreiros como segui-lo camiño que lles conduciría ó vélaro de ouro.

Larva

En bioloxía chámase larva a calquera forma dun animal en desenvolvemento (ou sexa, que aínda non atinxiu a maduración sexual que é diferente do estado adulto.

A larva pode ter un aspecto semellante ao adulto ou ter formas completamente diferentes, como é o caso dos estados larvarios das bolboretas ou da libeliña. En calquera caso, aínda que a larva non posúe capacidade reprodutiva e non ten aínda totalmente formados tódolos órganos que caracterizan a especie, pode ter órganos que o adulto non ten.

O proceso de transición dun estado larvario a outro, ou ó estado adulto, chámase metamorfose.

Os mamíferos, aves e réptiles, colectivamente clasificados como Amniotas por teren en estado de embrión unha membrana chamada amnio, non presentan estados larvarios, presentan só un estado xuvenil. Cando o ovo eclosiona, ou sexa, cando o individuo nace, ten xa tódolos órganos que posúen os adultos, inda que poidan non estar totalmente formados.

A única estrutura que o xuvenil dos Amniota pode posuír e que perde a seguir á eclosión é un "dente" córneo na extremidade da cabeza que o axuda a quebrar a casca do ovo, no caso de que a súa membrana exterior estea calcificada, como ocorre coas aves e algúns réptiles.

Latin metal

O latin metal é unha denominación dentro do heavy metal atribuída a aqueles grupos que teñen unha orixe, influencias ou instrumentacións adaptadas dende a música latina, como por exemplo a inclusión de voces en español, instrumetos de percusión latina e ritmos adaptados dente outros xéneros como a salsa. As súa orixe remóntase aos anos 1970 e 1980 en países de Latinoamérica grazas a cada vez maior influencia e popularidade mundial do heavy metal e do rock da época. Nos Estados Unidos comezou a destacar comercialmente a partir dos anos 1990, con diversos selos discográficos buscando beneficiarse da medrante popularidade do pop latino, coma por exemplo na compilación Metalo do selo Grita! Records, que incluíu temas de Ill Niño e Puya entre outros.Grupos como Sepultura e Soulfly adoitan citarse como predecesores deste estilo. Ill Niño é probablemente o expoñente máis coñecido do xénero, ao acadar certo éxito comercial cos seus dous primeiros álbums e obter unha forte difusión radiofónica en diversas zonas dos Estados Unidos, coma por exemplo na área de San Antonio.

Mexacán

O mexacán común (Taraxacum officinale) é a especie máis coñecida do xénero Taraxacum e da familia das Asteráceas.

Millo

O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.

A especie forma parte do xénero Zea, que non ten conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla marela de Reid" [Cómpre referencia].

Odontoblasto

Nos vertebrados denomínanse odontoblastos as células orixinadas na crista neural embrionaria que forman parte da superficie externa da polpa dental, e que teñen como misión a formación da dentina do dente ou dentinoxénese, que está debaixo do esmalte. Os odontoblastos son grandes células columnares dispostas nunha capa epitelioide ao longo do límite entre a dentina e a polpa, que chega ata o ápice da raíz dental.

Os dentes da rádula dos moluscos tamén se orixinan por células denominadas "odontoblastos", aínda que non teñen as mesmas características.

Odontocetos

Os odontocetos (Odontoceti, Flower, 1867) constitúen unha suborde dos cetáceos caracterizados por posuíren dentes, a diferenza das baleas e especies similares (misticetos) que posúen unhas formacións quitinosas chamadas barbas, con función filtradora.

Os cogomelos na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Plistoceno

O Plistoceno é unha época xeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence ao período neoxeno, da era cenozoica, do eón fanerozoico. Sucede ao plioceno e precede ao holoceno, ambos os dous do seu período. Divídese nas idades do Plistoceno inferior, Plistoceno medio e Plistoceno superior, da máis antiga á máis recente.

Refraneiro galego sobre o cabalo

A besta amatada, de lonxe ve vir a albarda .

Á besta axionllada ponlle máis carga .

Á besta boa, dálle vara i espora .

Á besta cargada, a cincha mátaa .

Á besta comedora, pedras na cebada .

A besta e a muller, que a preste quen quixer .

Á besta golosa, taleiga de area .

A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga .

A besta mala, espora e vara .

A besta non pregunta quen a monta .

A besta pola carga, e o home pola palabra .

A besta preñada cargala ata que para; e dispois de parida, cargala cada día .

A cabaleiro novo, cabalo vello .

A cabaleiro vello, cabalo novo .

A cabalo alleo, espora propia .

A cabalo cansado, mudarlle o prado .

A cabalo comedor, ronzal curto .

A cabalo dado non lle míres o dente .

A cabalo grande, esporas grandes .

A cabalo morto, cebada ó rabo .

A cabalo novo, cabaleiro vello .

A cabalo regalado non lle miran o dente.

A cabalo regalado non se lle mira o dente.

A cabalo vello, pouca ferraia e moita cebada .

A cabalo vello, pouco verde .

A home parlanchín e faco relinchón, pouca cebada e moito albardón .

A ida de Paio Gomes, fora a cabalo e veu nas alforxas.

A mala besta no bo camiño entropeza .

A millor besta dá coa carga no chan .

A millor besta, quer aguillón, e a millor muller, quer varón .

A moza, pra festa; e pra casa, a besta .

Á muller, á cabala e á mula, pola boca lle entra a fermosura.

A muller e a besta a ninguién se empresta .

A muller e a besta que a empreste quen queira .

A viña i o poldro que os críen outros .

A vista do amo engorda o cabalo.

Abril chove prás xentes, e maio prás bestas .

Agora que ten poldro parece outro .

Amigo de verba, cabalo de herba e casa de terra, todo é merda.

Arrédate dos pés da besta, así da grande como da pequena .

Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado.

Ben sabe a besta a quen leva, i o demo a quen atenta .

Besta alegre, deitada apasta .

Besta de arrieiro vai sempre en recua e nunca sabe o que leva .

Besta de herba, besta de merda .

Besta de herba, besta de perda .

Besta de Liñares, mora de Mellide, e troita de Furelos, arrenegar de todas as tres como de todos os demos .

Besta do demo: ¿vas baleira e déitaste? .

Besta grande, ande ou non ande .

Besta mular, ou comer ou andar.

Besta na corte, non gana e come .

Besta parada non fai xornada .

Besta que anda por calquera chan, pra min a quero, non pra meu irmán .

Besta que anda por mal camiño, quéroa pra min e non pro meu veciño .

Besta que non poidas manter débela vender .

Besta que pouco anda, nunca falta quen a tanga .

Besta que xeme, á carga non teme .

Besta sen cebada, nunca fixo boa cabalgada .

Besta vella botala ós toxos .

Besta vella non admite ensiño .

Besta vella non entra en paso .

Bestas en pelo, hainas en Monterroso .

Boi corvo, burro combo e cabalo fondo.

Boi frontudo e cabalo cascudo.

Buscas un bo cabalo pra túa égoa, e dás a túa filla ó primeiro que chega .

Cabaleiro, en bo cabalo; en ruín, nin bo nin malo .

Cabalo á carreira, sepultura aberta .

Cabalo alazán non o teñas contigo en San Xoán .

Cabalo alleo non come nin se cansa; e se se cansa moito, alá o seu dono .

Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo .

Cabalo de andadura, pouco dura .

Cabalo de bamba, que non come, nin bebe nin anda .

Cabalo farto, non ten fame .

Cabalo grande, ande ou non ande .

Cabalo que ha de ir á guerra, nin o come o lobo, nin o malpare a égoa .

Cabalo que voa non precisa espora .

Cabalo, galgo e fidalgo, bos, pero non medianos .

Can, de can vello; e poldro, de cabalo novo .

Casa de terra, cabalo de herba e amigo de pousada, non valen nada.

Casa, viño e poldro, fáganos outro.

Cebada do día non fai andar a cabalaría .

Cebada do día non fai andar moito á cabalaría.

Cebada e regalo fan o bo cabalo .

Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino .

Come máis un día de sol en febreiro que cantos cabalos ten o reino.

Como come a besta, dío a besta .

Couces de égoas non matan poldros.

Da besta, a mular, e do home, o de pouco falar.

De home maricas e de muller cabalón, libértanos Señor.

De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.

Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende .

Deus nos deixe andar dacabalo de quen non entende.

Dou ó demo a besta que non gana a cebada .

Dou ó demo o poldro que en vendo égoas non relincha .

Dous cabalos rifadores non poden xuntos comer .

Dous poldros a un can, ben o morderán .

Dúas cousas quere o cabalo: paso de andadura e pescozo de galo.

En Deza, nin boa besta nin boa peza .

En Lugo, nin boa besta nin bo burro .

En maio calquera besta é cabalo .

En maio, o barrufeiro faise cabalo .

Enxame de maio vale un bo cabalo .

Hai cabalos tolos, e burros cordos .

Home reñedor, cabalo corredor e pelexo de bon viño nunca fan moito camiño .

Home rifador, cabalo corredor, xerro de bo viño e besta de andadura, nunca moito duran .

Home viúvo, cabalo picado.

Horta e torta, moza, poldra e muller que mira mal, quérense saber tratar.

Hoxe, cabaleiro, e onte porqueiro .

Ir e non vir, como os poldros á feira .

Ir por besta e volver por burro é un viaxe papudo .

Levou o demo a besta e mais quen a tangue .

Mais val a besta que carrexa, que a besta que espoldrexa .

Naide turra do rabo do poldro coma seu dono .

Negra é a pementa e cómena os fidalgos, branca é a neve e trípana os cabalos .

Nin besta de soilo herba, nin home de moita verba .

Ninguén turra do rabo do poldro coma o seu dono.

No maio, o barrufeiro vólvese cabalo .

No mes de maio, nin égoa nin cabalo .

No pisar conócese ó cabalo, e o cabaleiro no gobernalo .

No seu esterco, o cabalo engorda cando ben repousa .

Non amanses poldros nin chúfe-la muller doutro.

Non amanses poldros se queres ter ben os ósos.

Non cabalgues en poldro nin a túa muller gabes a outro.

Non hai besta sin freo nin espora .

Non hai millor cabaleiro que don diñeiro .

Non pesques con anzó de ouro nin montes poldro novo nin a túa muller gabes a outro.

Non podo dar na besta e mallo na albarda .

Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller doutro.

Non prantes árbores nin amanses poldros, nin chúfe-la muller pouco nin moito.

Nunca amanses poldros nin chufes á muller doutro.

Ó amigo e ó cabalo non hai que cansalo.

Ó amigo e ó cabalo non o leves ó teu cabo.

O barrufeiro non lle acai ben ó bo cabaleiro .

O barrufeiro, no maio vólvese cabalo .

O bo cabaleiro non se axeita nun barrufeiro .

O cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido .

O cabalo e a muller, a ninguén se han de ofrecer .

O cabalo fai a égoa .

O cabalo farto non é comedor .

Ó cabalo regalado non se lle mira o dente.

Ó cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados.

O cabalo, no seu esterco engorda, cando ben come e repousa.

O cabalo, pando, i o boi, corvado .

O cabalo regalado, cólleo cos ollos pechados .

Ó home e ó cabalo non hai que apuralo.

O millor penso do cabalo está no ollo do amo .

O millor cabalo dá un tropezón .

O ollo do amo engorda o cabalo

Ó poldro i ó mozo, albardón novo e apretado o bozo .

O poldro, antes teu que doutro .

O poldro, primeiro doutro .

O que ameaza ó cabalo, ás veces faino malo .

O que dí mal da égoa, ese é quen a merca.

O que fala mal da egua, é o que a leva.

O que non monte a cabalo, nunca se cae do cabalo.

O que soilo come o seu galo, só aparella o seu cabalo .

O que ten besta e anda a pé ben burro é .

O que ten besta e anda a pé máis besta é .

O que ten besta e anda a pé, máis besta el é .

O que ten besta soña coa albarda .

O que ten bo cabalo, ten que saber montalo .

O rocín de maio vólvese cabalo.

Odre de bo viño, cabalo saltador e home rifador, nunca duran moito co seu señor.

Onde égoas pacen, poldros nacen.

Onde hai eguas, nacen poldros.

Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora millorada .

Onde poldros nacen, égoas pacen .

Os couces das égoas non fan dano ós poldros.

Os poldros caíndo i os mozos brincando, van asisando .

Pacen os poldros o mesmo us que outros .

Para quen é o cabalo, chega ben a ferradura.

Poldro, de poldrela, becerro, de vaca vella .

Poltro, de poltrela, e boi, de vaca vella .

Polo Santiago non hai mal cabalo .

Por un cravo pérdese un cabalo, por un cabalo, un cabaleiro, e por un cabaleiro, un reino.

Quen non monta a cabalo, nunca se cai do cabalo .

Quen quer besta sin chata, a pé anda .

Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.

Quen rico ser queira, que teña egua parideira e muller goberneira.

Renego da besta que no inverno quer sesta

Se os cabalos corren pra Viana, culle os bois e vai á arada; se corren pra Quiroga, culle os naipes e xoga .

Se queres saber o que valen os poldros, vende os teus e merca os de outros .

Se queres ter un bo poldro, que cho amanse outro.

Se queres un bo poldro, que cho amanse outro .

Seis galiñas e un galo comen a ración dun cabalo.

Sete pitas e un galo comen a cebada dun cabalo .

Siñal é de boa besta a boa pata e a boa orella .

Sogra, cabalo e león, son malos de corazón.

Unha besta non fai feira .

Unha besta non quer outra .

Xanes e bestas hainos en tódalas aldeas.

Zapato burgués, besta de andadura e amigo cruñés,/ pouco duran todos tres .

Refraneiro galego sobre o rato

A bo gato, bo rato.

A muller que non sabe cociñar é coma gata que non sabe ratear.

Cada moucho ó seu souto e cada rato ó seu burato .

Cada rato para o seu burato.

Cada rato ten o seu burato.

Cada rato ten o seu niño, e cada muller o seu abrigo.

Chuvia en maio, a mexadiña dun rato.

Chuvia en marzo, nin o mexo dun rato .

Con fillos, o gato ben caza ó rato.

En marzo nin o mexo dun rato.

Entre o rato e o león, non hai comparación.

Entrou o rato no meu celeiro e fíxose o meu herdeiro.

Febreiriño corto cos seus días vinteoito, se dura máis catro non queda nin can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella na cortella, nin pastor para ir co ela, nin cornos no carneiro nin orellas ó pregoeiro.

Febreiro corto, cos seus días vinteoito, se durara máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no seu burato .

Fillo de gata, ratos mata .

Fillo de gato caza rato.

Gato con guantes non pilla ratos.

Gato maiador, nunca bo cazador.

Gato miañador, nunca foi rateador.

Gato que moito miaña, nunca moito caza.

Gato que moito miaña, poucos ratos caza.

Máis come o gato dunha vez que o rato nun mes.

Máis val ser cabeza de rato que rabo de gato .

Máis vale flaco no mato ca gordo no cu dun gato.

Mal anda o rato que non sabe máis dun burato.

Mal lle vai ó rato que soilo ten un burato.

Malia o rato que non sai do burato.

Moito sabe o rato, pero máis o gato.

Mórrense os gatos e alégranse os ratos.

Muller que non sabe cociñar e gata que non sabe ratear, nada vale.

Na casa en que non hai gatos, campan os ratos.

Na casa en que non hai gatos, non faltan ratos.

O dente do rato é bo dente que sempre deixa a semente.

O fillo da gata ós ratos mata.

O fillo do gato mata ó rato .

O gato berrador non é mal rateador.

O oficio do gato é mata-lo rato.

O que ha de come-lo rato, que o coma o gato.

O que has de dar ó rato, dállo ó gato.

O que lle has dar ó rato, dallo ó gato, anque máis come un gato dunha vez, que un rato en tres.

O rato da casa, un día ou outro se caza.

O rato e o gato non comen nun mesmo prato.

O rato non se fía dun soilo burato.

O rato que non sabe máis dun furado, cóllese axiña, se está tapado.

O rato que non sabe máis dun burato, logo o pilla o gato.

O rato que non sabe máis dun burato non é bo rato.

O rato que soilo sabe dun burato, axiña o apaña o gato.

O rato que soilo ten un burato, logo cai nas unllas do gato.

O rato vello non cai na rateira.

Onde non hai pan non o comen os ratos .

Polo rabo da coller vai o rato á ola.

Polo rabo da culler vai o rato ó pote .

Ratos arriba, que todo o branco é fariña.

Tarde se arrepinte o rato cando xa está na boca do gato.

Vale máis manta lavada de merda do gato que roída do rato.

Vale máis rato fraco que gordo no cu do gato.

Vale máis ser cabeza de rato que rabo de gato.

Cabeza
Pescozo
Tronco
Membros superiores
Membros inferiores

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.