Densidade de poboación

A densidade de poboación é a intensidade da poboación, expresada coa relación entre o número de individuos e a superficie do territorio. Xeralmente exprésase en habitantes/km² ou habitantes/m².

World population density map
Densidade de poboación por país en 2006

Densidade de poboación biolóxica

A densidade de poboación é unha medida biolóxica común e emprégase a miúdo coma unha medida biolóxica máis apropiada que o tamaño total da poboación. Especies diferentes terán densidades de poboación esperadas diferentes, dependendo de como se clasifiquen estas. As especies con densidades de poboación moi baixas poden chegar a converterse en especies ameazadas.

Densidade de poboación humana

Crowds in Platform 1, Sun Yat-sen Memorial Hall Station 20051231
Xente taiwanesa agardando polo metro en Taipei, Taiwan.
Population density
Mapa da densidade de poboación no mundo en 1994
Galicia densidade parroq
Densidade de poboación en Galicia

Para as persoas, a densidade de poboación é o número de persoas por unidade de área. Adoita calcularse para países, cidades, rexións ou o planeta enteiro.

A poboación mundial é de 6.500 millóns de persoas, e a área da Terra é de 510 millóns de km². Polo tanto, a densidade de poboación humana da Terra é de 6.500 millóns / 510 millóns = 13 persoas por km², ou 43 por km² considerando só os 150 millóns de km² de terra firme presentes na Terra.

Varios dos territorios con maior densidade de poboación son cidades-estado e micronacións. Estes territorios combinan unha área moi pequena cun nivel de urbanización excepcionalmente alto, o que fai que teñan unha densidade máis alta que moitos dos países máis grandes.

As cidades con densidades de poboación moi altas considéranse normalmente coma superpoboadas, aínda que isto depende das infraestruturas e recursos de cada cidade. A maioría das cidades con maior densidade de poboación atópanse no sur e leste de Asia.

Outros métodos para medir a densidade de poboación

Aínda que a densidade aritmética é o método máis empregado na medida da densidade de poboación, existen varios métodos máis que poden dar unha medida de densidade máis acertada nunha area específica:

  • Densidade Aritmética – Total de poboación / área de terra (km²)
  • Densidade Fisiolóxica – Total de poboación / área de terra cultivable
  • Densidade Agraria – Total de poboación rural / área de terra agraria
  • Densidade Residencial – Total de poboación urbana dunha área determinada / área de terra residencial
  • Densidade Óptima Ecolóxica – A densidade de poboación ideal para unha área determinada dependendo dos recursos naturais desta

Véxase tamén

Outros artigos

Arganza

Arganza é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 39,99 km², na que vivían 850 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 21,26 h/km².

Barxas, León

Barxas (en castelán e oficialmente Barjas) é un concello español da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, que cobre unha superficie de 62,6 km², na que vivían 261 habitantes no ano 2010, cunha densidade de poboación de 4,17 hab/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Benuza

Benuza é un concello da comarca tradicional da Cabreira pertencente á comarca administrativa do Bierzo (provincia de León, comunidade autónoma de Castela e León) que cobre unha superficie de 172,90 km², e no que vivían 549 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,18 h/km².

A lingua galega segue viva neste concello nos núcleos de Pombrego e Soutelo da Cabreira, aínda que con fortes influencias leonesas.

Cacabelos, León

Cacabelos é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Cobre unha superficie de 32,82 km², na que vivían 5.132 habitantes no ano 2018, cunha densidade de poboación de 157,13 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Cambrils

Cambrils é un concello da provincia de Tarragona, Cataluña A súa superficie é de 35.26 km², a poboación de 27.848 habitantes e a densidade de poboación de 789.79 h/km².

Candín

Candín é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 140,90 km², na que vivían 333 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,36 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Carracedelo

Carracedelo é un concello da provincia de León, na comarca do Bierzo, que cobre unha superficie de 32,32 km², na que viven 3.680 habitantes (INE 2012), cunha densidade de poboación de 113,86 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Castrocontrigo

Castrocontrigo é un concello da provincia de León, que está situado a uns 80 quilómetros ó oeste da capital provincial. Áchase na comarca de La Valdería, próxima a da Cabreira.

O municipio ocupa unha área de 194,49 km2, e a súa poboación en 2005 era de 1.075 habitantes, o que resulta nunha densidade de poboación de 5,52 hab/km2.

Densidade

A densidade é unha magnitude física derivada que expresa a cantidade de substancia nun mesmo volume (é unha magnitude que expresa unha propiedade intensiva). A fórmula para o seu cálculo é:

onde ρ representa a densidade, m a masa do obxecto en cuestión e V o volume que ocupa.

A súa unidade no SI é o kg/m3.

Por extensión, aplícase a outros tipos de medida que dividen unha unidade fundamental entre unha unidade de lonxitude, superficie ou volume (densidade do campo gravitatorio, eléctrico ou vectorial en xeral, densidade de poboación) e coloquialmente tamén para cando o denominador é o tempo (densidade de corrente ou de fluxo electromagnético).

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Lista de países por densidade poboacional

Esta é unha lista de países e territorios dependentes ordenados pola súa densidade de poboación en habitantes por km².

Oencia

Oencia é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 98,33 km², na que vivían 349 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 3,55 hab./km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Peranzais

Peranzais (en castelán e oficialmente: Peranzanes) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 117,54 km², na que vivían 332 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 2,82 h/km².

Actualmente o núcleo de Guímara fala un galego de transición cara ao leonés, aínda que no resto dos núcleos do concello a influencia do galego é notable (sen ir máis lonxe, o nome da comarca á que pertence o concello é Fornela).

Poboación

En socioloxía e bioloxía, unha poboación é un grupo de persoas, ou organismos dunha especie particular, que viven nunha área xeográfica, ou espazo, e cuxo número se determina normalmente por un censo.

A demografía é o estudo estatístico das poboacións humanas. Aspectos varios do comportamento humano nas poboacións estúdanse en socioloxía, economía, e xeografía, en especial, na xeografía da poboación. O estudo de poboacións normalmente está gobernado polas leis da probabilidade, e as conclusións dos estudos pode non ser sempre aplicables a algúns individuos.

Provincia de Xaén

A provincia de Xaén (en castelán: Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.

A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andújar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.

Roma

Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lazio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.

A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).

Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.

No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.

Sobrado, León

Sobrado é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 36,03 km², na que vivían 363 habitantes no ano 2012, cunha densidade de poboación de 10,07 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Valboa, León

Valboa (en castelán e oficialmente Balboa) é un concello da provincia de León que cobre unha superficie de 51,04 km², na que vivían 371 habitantes no ano 2011, cunha densidade de poboación de 7,27 h/km². É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Xénova

Xénova (Zena en lígur e xenovés, Genova en italiano) é unha cidade do norte da Italia no litoral da rexión da Liguria, capital da provincia homónima, presentando na súa costa o principal porto marítimo da Italia. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 618.438 (2006) habitantes e tendo unha densidade de poboación de 2.484 hab./km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.