Denominacións de Orixe de Galicia

As denominacións de orixe de Galicia abranguen diversos produtos representativos da gastronomía de Galicia, clasificados como denominación de orixe protexida. Na actualidade existen 27 produtos galegos con este distintivo, que van dende os queixos aos mexillóns, pasando polos viños os licores, a carne, o pan e ata os grelos[1].

Denominacións de orixe galegas

Bebidas espirituosas

Carnes frescas

  • Ternera gallega[2]

Queixos e manteigas

Queso tetilla entre otros
Queixo de Tetilla.

Embutidos e outros produtos cárnicos

Hortalizas

Legumes

Meles

Peixes, moluscos e crustáceos

Produtos de panadería, pastelería e repostería

Vinos DO de Galicia
Viños DO galegos.

Viños con denominación (V.C.P.R.D.)

Viños da terra

Véxase tamén

Notas

  1. http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=5856 Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine. Cultura galega
  2. "Ternera gallega". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  3. "Queixo de Arzúa-Ulloa". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  4. Queixo de Arzúa-Ulloa Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  5. "Queixo do Cebreiro". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2010. Consultado o 01 de maio de 2008.
  6. "Queixo do Cebreiro, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2011. Consultado o 01 de maio de 2008.
  7. Queixo de Tetilla
  8. Queixo de Tetilla
  9. San Simón da Costa, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  10. Queixo San Simón da Costa
  11. "Lacón gallego". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2008. Consultado o 01 de maio de 2008.
  12. Grelos de Galicia
  13. "Pataca de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  14. Pataca de Galicia, Ministerio de Medio Agricultura, Pesca e Alimentación
  15. Pemento de Arnoia, Ministerio de Medio Agricultura, Pesca e Alimentación
  16. Pemento de Herbón, Ministerio de Medio Agricultura, Pesca e Alimentación
  17. Pemento do Couto, Ministerio de Medio Agricultura, Pesca e Alimentación
  18. "O pemento de Oimbra". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  19. Pemento de Oimbra, Ministerio de Medio Agricultura, Pesca e Alimentación
  20. "El Ministerio de Industria concede la marca «Horta de Mondoñedo» a productos agrícolas y semillas". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-03. Consultado o 2018-12-04.
  21. A Faba de Lourenzá
  22. Faba de Lourenzá, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  23. "Mel de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  24. Mel de Galicia, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  25. Mexillón de Galicia
  26. Mexillón de Galicia, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  27. "Pan de Cea". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2008. Consultado o 01 de maio de 2008.
  28. Pan de Cea, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  29. Viño Monterrei
  30. Monterrei, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  31. "Rías Baixas". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 01 de maio de 2008.
  32. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  33. Ribeira Sacra
  34. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  35. Ribeiro, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
  36. Ribeiro
  37. "Valdeorras". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2007. Consultado o 01 de maio de 2008.
  38. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación Barbanza e Iria
  39. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación Betanzos
  40. Val do Miño-Ourense, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Augardente de Galicia

Augardente de Galicia (Denominación Xeográfica) (en castelán Orujo de Galicia) protexe a augardente elaborada a partir de bagazos de viños colleitados nos viñedos situados no ámbito xeográfico de Galicia.

Os produtos a protexer son: augardentes de bagazo, comercializadas ben no ano da súa obtención ou despois dun período de repouso, e augardentes de bagazo envellecidas que deberán permanecer en envases de madeira durante un período mínimo dun ano.

Son augardentes de aroma e sabor intenso, fino e delicado, exento de elementos estraños; incoloro e de aspecto transparente e limpo nas augardentes de bagazo e ambarino-torrdo nas augardentes envellecidas. A súa graduación alcohólica oscila entre os 37,5 e 50% Vol.

Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo

A Denominación de Orixe Horta de Mondoñedo é un selo que recoñece a calidade de diversos produtos da horta do concello de Mondoñedo. Foi concedido polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en decembro de 2018.

Denominación de Orixe Monterrei

A Denominación de Orixe Monterrei é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza.

Esténdese polo val do río Támega, ocupando algo menos de 500 hectáreas dos concellos de Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra e Verín; outras 13.000 tamén están dedicadas a viñedos, mais fora da denominación de orixe. As 24 adegas e 380 viticultores producen dous millóns de litros anuais de viño cualificado.Uva branca: verdello, dona branca, verdello louro

Uva tinta: mencía, bastardo, araúxa

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Os viñedos, cultivados en socalcos nas pendentes ladeiras dos ríos Miño e Sil, constitúen xa elas soas un atractivo turístico.

A D.O. Ribeira Sacra está dividida en 5 subzonas: Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil-Ourense e Ribeiras do Miño. As variedades de uva usadas son:

Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.

Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caíño tinto.

Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.Os viñedos ocupan 1.242 hectáreas. As 95 adegas, que ocupan algo menos de 3.000 traballadores, producen máis de 2 millóns de litros anuais.

O amparo dos ríos achega un microclima á zona, que coa orientación sur das pronunciadas ladeiras favorecen a correcta maduración que as uvas necesitan para a elaboración duns caldos que en xa en época dos romanos eran descritos como Ouro líquido do Sil.

Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é unha das cinco cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. O viño que produce a zona coñécese internacionalmente como ribeiro.

Denominación de Orixe Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas é unha das cinco zonas con denominación de orixe para os seus viños existentes en Galiza. Creouse en 1980, e foi recoñecida como Denominación de Orixe en 1988.

Denominación de Orixe Valdeorras

A Denominación de Orixe Valdeorras está situada no nordeste da provincia de Ourense, pertencendo a unha das cinco Denominacións de Orixe de viño de Galicia. Abarca as superficies vitícolas dos municipios de A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín e Vilamartín de Valdeorras.

Faba de Lourenzá

A faba de Lourenzá é unha variedade de feixón con Indicación Xeográfica Protexida da zona de Lourenzá.

Mel de Galicia

O Mel de Galicia é unha Indicación Xeográfica Protexida baixo a cal preténdese destacar a excelencia do mel producido en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre os requisitos de produción, procesado e envasado.

Este mel prodúcese en colmeas de cadros móbiles, por decantación ou centrifugación. Preséntase en estado líquido, cristalizado ou cremoso, podendo conter ademais, no primeiro dos casos, froitos secos. Tamén pode presentar en panais ou seccións.Dende 1997, a entón Consellería de Agricultura recoñece a denominación específica Mel de Galicia, rexistrada como indicación xeográfica protexida europea en 2007.

A denominación de orixe amparaba en 2008 a 405 apicultores (con 31.784 colmeas) e 37 envasadores, cunha produción total certificada de 620 toneladas (169 toneladas no ano 2000).

Pan de Cea

O pan de Cea é un tipo de pan con Indicación Xeográfica Protexida que se fai en panadarías do concello de San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense. A característica deste pan é a fariña, elaborada con trigo da terra. Tamén é moi importante a súa elaboración artesanal. A festa deste pan celébrase no mes de xullo.

Pan de Neda

O pan de Neda é un tipo de pan fabricado en Neda (provincia da Coruña) sen denominación de orixe aínda que recoñecido pola Xunta de Galicia pola súa calidade e importancia social e económica. O pan de Neda é coñecido dende a Idade Media aínda que foi variando de composición co tempo. Cada ano o primeiro domingo de setembro dende 1989 celébrase a festa do Pan de Neda por iniciativa da asociación de veciños de Ancos. Actualmente a festa é organizada polo Concello de Neda e os panadeiros.

Pataca de Galicia

A pataca de Galicia é unha indicación xeográfica protexida creada para destaca-la excelencia da pataca obtida en Galicia que, reunindo as características definidas no seu regulamento, cumpre con tódolos requisitos esixidos neste.

O tubérculo definido como Pataca de Galicia correspóndese coa especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada "Kennebec", destinada ao consumo humano. Esta denominación de orixe abrangue unha superficie agrícola situada anualmente en torno ás 1.500 a 1.800 hectáreas de cultivo.

O terceiro domingo do mes de setembro, celébrase a festa da pataca no concello coruñés de Coristanco.

Pemento de Arnoia

O pemento de Arnoia é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria do concello ourensán da Arnoia e cultivada principalmente ao longo da comarca do Ribeiro. Unha cooperativa comezou a comercializalos no ano 1969, e aproveitando a concentración da oferta, celébrase dende entón a festa do pemento da Arnoia, declarada de interese turístico, a primeiro fin de semana (de xoves a domingo) do mes de agosto.

Pemento de Padrón

O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas. Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).

Pemento do Couto

O pemento do Couto é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria da comarca coruñesa de Ferrolterra. Toman o seu nome do mosteiro do Couto (Narón), lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos.O derradeiro domingo do mes xullo, celébrase no concello de Narón a Festa do Pemento do Couto.

Ternera Gallega

"Ternera Gallega" (denominación oficial no DOG) é unha Indicación Xeográfica Protexida relativa á carne de vacún galega. É un produto con tradición e historia xa que ten percorrido de máis de 3.700 anos. Comezou a controlarse e promoverse en 1989, sendo recoñecida pola Unión Europea sete anos despois.

O certificado refírese exclusivamente a carne de tenreiros nacidos, criados e sacrificados en Galicia e que teñen que pasar un rigoroso control de calidade. Este control incide no nacemento dos tenreiros, crianza, alimentación, coidados sanitarios, sacrificio e presentación da carne nos establecementos para a posta á venda segundo a lexislación vixente. A alimentación adecuada para estes tenreiros baséase en leite materno, forraxes e concentrados vexetais (millo, patacas, nabos...) exentos de produtos animais ou substancias prohibidas.

Os tenreiros deben sacrificarse antes de cumpriren os 10 meses. A súa carne é característica pola súa cor rosa clara ou vermella suave, infiltración graxa de cor branca, aspecto magro, textura suave e agradable sabor. Esta carne chega aos consumidores perfectamente identificada polos correspondentes certificados de calidade e contraetiquetas.

Viño da Terra de Barbanza e Iria

O Viño da Terra de Barbanza e Iria é unha Indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios principalmente da zona vitícola da ribeira da ría de Arousa, que comprende os concellos de Catoira, Valga, Pontecesures (provincia de Pontevedra) e Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e varias parroquias do Porto do Son e Lousame provincia da Coruña).

Esta indicación xeográfica foi regulamentada no ano 2007.

Viño da Terra de Betanzos

O Viño da Terra de Betanzos é unha Indicación Xeográfica Protexida galega empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola de Betanzos. Comprende os concellos de Bergondo, Betanzos, Coirós, Miño e Paderne, e algunhas parroquias dos de Abegondo, Oza-Cesuras e Sada.Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2000, constituíndo unha entidade para a comarca vitivinícola recoñecida e que está máis ao norte da comunidade galega. Esta indicación pretende recuperar o prestixio do viño dunha zona historicamente vitivinícola desde o medievo.

Viño da Terra do Val do Miño-Ourense

O Viño da Terra Val do Miño-Ourense é unha indicación xeográfica empregada para designar os viños de mesa orixinarios da zona vitícola do val do Miño, que abrangue os concellos de: Pereiro de Aguiar, Coles, Ourense, Barbadás, Toén e San Cibrao das Viñas, situados na provincia de Ourense, Galicia.

Esta indicación xeográfica foi regulamentada en 2001.

Temas relacionados con Galicia
Denominacións de Orixe de Galicia e I.X.P.
Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.