Denominación de Orixe Valdeorras


A Denominación de Orixe Valdeorras está situada no nordeste da provincia de Ourense, pertencendo a unha das cinco Denominacións de Orixe de viño de Galicia. Abarca as superficies vitícolas dos municipios de A Rúa, A Veiga, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín e Vilamartín de Valdeorras.

D.O. Valdeorras
DO Valdeorras
Industrias
46 [1]
Superficie
1 165 ha [1]
Viticultores
1 470 [1]
Produción uva
6 390 052 kg [1]
Viño cualificado
3 340 060 l [1]
Valor estimado
17 816 533 [1]
Páxina web
www.dovaldeorras.com
Enderezo
Estrada N-120, pk.463
Vilamartín de Valdeorras.

Historia

Os viños de Valdeorras atopan a súa orixe na época romana; nun microclima mediterráneo-oceánico no cal os romanos plantaron viñedos e construíron lagares. Deste xeito, crearon unha cultura de atención á viña e elaboración de viño (influenciada pola chegada da cristianización).

Tras anos de esforzo e dedicación, en 1945 recoñeceuse como Denominación de Orixe Valdeorras por Orde Ministerial. Esta entidade tiña como obxectivos traballar a recuperación de variedades autóctonas como o Godello e o Mencía, apostar pola calidade, impulsar o control, facilitar a promoción e buscar novos camiños de expansión e comercialización. Posteriormente, en 1977, creouse o Consello Regulador que rexe os destinos da Denominación de Orixe.

Numerosas investigacións para a implantación de novas tecnoloxías e a modernización do proceso de produción, conseguiron que os viños desta Denominación estean entre os mellores de España cunha alta exportación.[Cómpre referencia]

Características da zona

O viño elaborado contén calidades producidas polas características físicas da localización dos viñedos. Esta zona ourensá caracterízase por ter un clima mediterráneo-oceánico, cunha influencia atlántica, que produce invernos fríos, veráns cálidos e outonos e primaveras suaves; a situación ideal para producir viños secos de primeira calidade.

En Valdeorras, debido o paso do río Sil de este a oeste, existe un val de carácter asimétrico, é dicir, ladeiras con moita pendente na zona esquerda e máis reducida na dereita. Este é o río máis importante, mais non é o único influínte nos viñedos, xa que o Xares, Bibei, Cigüeño e Casaio, aínda que non producen vales, proporcionan ladeiras nas cales hai unha menor fertilidade e unha boa drenaxe que garante nos viñedos un rendemento moderado e con uvas maduradas adecuadamente.

Variedades

Nesta Denominación de Orixe prodúcese tanto viño branco como tinto, cada un deles coas súas características e variedades.

Por unha parte, os viños brancos que se elaboran principalmente de Godello, posúen unha cor amarela cun matiz verdoso, cun aroma franco e intenso. Por outra parte, os viños tintos, elaborados principalmente con Mencía, conteñen unha cor vermella e picota que lles proporciona unha identificación de xuventude.

Aínda que as variedades máis empregadas son o Godello e o Mencía, existen unha maior variedade tanto de uvas recomendadas coma de autorizadas:

  • Brancas recomendadas: Godello (de preferencia), Loureira, Treixadura, Dona Branca, Albariño, Torrontes e Lado.
  • Brancas autorizadas: Palomino ou Xerez.
  • Tintas recomendadas: Mencía, Tempranillo, Bracellao, Merenzao, Sousón, Caíndo tinto, Espadeiro e Ferrón.
  • Tintas autorizadas: gran negro, garnacha tintureira e mouratón.

Os tipos de viños pertencentes á Denominación de Orixe Valdeorras son os seguintes:

En viños brancos o Valdeorras Godello (100% da variedade Godello), Valdeorras Castes Nobres (mínimo un 85% de variedade recomendada) e Valdeorras Branco (elaborado con variedades recomendadas e autorizadas); e en tintos o Valdeorras Mencía (un mínimo de 85% da variedade Mencía), Valdeorras Castes Nobres (mínimo un 85% de variedade recomendada) e Valdeorras Tinto (uvas tanto da variedade recomendada e autorizada). Ademais destes dous tipos de viño (branco e tinto), tamén elaboran Valdeorras Espumoso (viño espumoso tradicional cun mínimo de 85% de Godello) e Valdeorras Torrado (viño doce elaborado de variedade tinta ou Godello).

Normativa

A Denominación de Orixe Valdeorras foi recoñecida pola Orde Ministerial do 31 de xullo de 1957, pasando a considerarse entre os mellores viños de España. Non foi ata 1977 cando se modificou dita Orde aprobando o Regulamento da Denominación de Orixe e o seu Consello Regulador (Orde Ministerial do 24 de febreiro de 1977). Posteriormente, o anterior Regulamento foi parcialmente modificado pola Orde do 2 de febreiro de 2000, ratificada pola Orde do 9 de maio do 2000. Finalmente, a Orde do 7 de marzo do 2005 volveu modificar dito Regulamento a través da Orde APA/2498/2005, do 7 de xullo de 2005 quedando recollido no BOE.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Os viños da nosa terra", separata de Faro de Vigo, 12/7/2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biobra, Rubiá

San Miguel de Biobra é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Rubiá. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 65 habitantes (36 homes e 29 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 89 habitantes.

Brancellao

Brancellao ou brancello (apúntase a súa orixe a partir da suposta forma latina *brancea ‘ramallada’) é unha variedade de videira e de uva tinta, doce e saborosa, que se cultiva no Ribeiro e outras comarcas de Galicia. Por extensión coñécese con este nome o viño que se obtén desta uva. É autóctona de Galicia. Coñécese tamén co nome de albarello. É unha planta resistente ás enfermidades e de boa calidade, porén a súa produtividade é moi baixa, polo que se trata dunha vide escasa que pode desaparecer. Os acios son de tamaño grande e pouco compactos. As bagas son de tamaño mediano, forma elíptica e cor vermella-violácea. Úsase xunta outras variedades para mesturas, mais tamén poden facerse viños varietais. Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), brancellao ou brancello é unha variedade de vide destinada á produción de viño recomendada en Galicia. Cultívase na Denominación de Orixe Rías Baixas, Ribeira Sacra e Denominación de Orixe Valdeorras. A Denominación de Orixe Ribeiro tamén utiliza esta variedade, con excelentes tintos. Tamén se cultiva en Portugal.

Comarca de Valdeorras

A comarca de Valdeorras é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é O Barco de Valdeorras. A cal pertencen os concellos de O Barco de Valdeorras, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras. En total abrangue 969,2 km², caracterízase pola súa elevación, aquí está o maior cumio de Galicia, a Pena Trevinca (2127 m). O xentilicio é valdeorrés/valdeorresa.

Denominación

Denominación pode referirse a unha denominación de orixe, entre as que destacan:

Denominacións de Orixe de Galicia

Denominación de Orixe Monterrei

Denominación de Orixe Rías Baixas

Denominación de Orixe Valdeorras

Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Denominación de Orixe O Ribeiro

Ulloa (queixo)

Queixo manchego

Xamón

pexego de Calanda

Queixo Gouda

queixo Mozzarella

queixo Camembert

queixo parmesano

Vinho do Dão

Vinho Verde

mel de La Alcarria (etc.)Pode utilizarse tamén co significado de:

significante, forma ou designación, en lingüística e, sobre todo, en terminoloxía;

nome oficial ou usado asignado a un edificio, institución pública ou localidade;

Manuel Corzo

Manuel Corzo Macías, nado en 1941, é un médico e político galego do PPdeG. Dono da adega Corzo, adscrita á Denominación de Orixe Valdeorras, labor que compaxina coa súa militancia política.

O Barco de Valdeorras

O Barco de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras en Galicia. No ano 2014 tiña 13 899 habitantes segundo o INE (13 800 no 2006, 13 700 no 2005, 13 518 no 2004, 13 507 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barquense ou valdeorrés.

É o terceiro concello máis poboado da provincia tras Ourense e Verín, e é a capital da comarca. Sitúase no extremo nordeste da provincia, a 112 km da capital pola estrada N-120. Localizado no val do río Sil, rodeado por montañas.

O Bolo

O Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o padrón municipal en 2014 tiña 1013 habitantes (1326 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) bolés.

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Viño branco

O viño branco é un tipo de viño elaborado a partir do mosto da uva, preferentemente branca, que se separa do bagazo ou bagaño para que non desprenda as substancias colorantes. Os viños brancos son famosos en Galicia sobre todo nas denominacións de orixe do Ribeiro, Valdeorras e Rías Baixas. Algunhas castes de uva como o albariño son as máis tradicionais na produción do viño branco.

Ten unha especial relevancia culinaria para engadir á cocción de carnes, peixes ou mariscos como os mexillóns. Recoméndase para acompañar nas comidas sobre todo peixes e mariscos cos que se toma normalmente fresco. Son normalmente viños novos, é dicir, viños que se consomen no mesmo ano en que foron producidos e que non se deixan envellecer.

Viño de Galicia

O viño de Galicia inclúe o viño que se elabora nas provincias da Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo. Dentro de Galicia distínguense cinco denominacións de orixe: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. En anos recentes, o país viu rexurdir a súa industria vinícola guiada polo aplauso internacional da rexión das Rías Baixas e dos seus viños albariño.

Bebidas espirituosas
Carnes
Queixos e manteigas
Embutidos
Froitas
Hortalizas
Legumes
Mel
Peixes, moluscos e crustáceos
Panadería, pastelería, repostería
Viños

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.